LaBiRiNToS Da ViDa

larroy_1.JPG
Ireime de vosoutros, algún día,
e deixareivos os meus medos
e os meus soños..."
("Derradeiro Adeus", M.MONTERO VILLAR)

Nos meus tempos adolescentes, influenciado por algunha flor do mal, cheguei a escribir uns desordenados versos que, máis ou menos, dicían:

Un coitelo acaricia as minhas veas,
un temblor percorre o meu corpo,
escachando vellas feridas
e inundandome de sangue...

Agora, nestes días de inxente tristura,
ben podera escribir algunha elexía porque motivos teño dabondo anque non sexa tempo de poesía. O meu pai, ese home, terceiro pola esquerda, que aparece na foto na compaña dos irmaos, suicidouse o luns pasado cortándose con un coitelo as veas da man e da gorxa, asulagando de sangue e bágoas a chaira das nosas vidas e convertindo o noso presente nun aterrador laio, onde só hai un tempo baldeiro, feito de silenzos e preguntas sen respostas.
Hoxe, esnaquizado pola dor da perda e a tortura síquica dos feitos, só loito na procura dunha maior doses de serenidade e reflexión.
Bicos e apertas.
"
11/03/2005 14:15

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Manuel

PACO, SABES QUE OS QUE TE QUEREMOS A TI E ÓS TEUS, SEMPRE ESTAREMOS CONVOSCO.
2005.03.11 15:11 email: manuel.alejandro.martinez.rendo (arroba) sergas.es

Fecha: 11/03/2005 15:20.


gravatar.com
Autor: pepe penas

Paco:non podo dicir nada..aqui tes un amigo para o que che faga falta.
Unha aperta

Fecha: 11/03/2005 16:47.



Autor: dorvisou

Manoliño, moitas gracias. Seino ben, ese cariño que recibimos non ten prezo.

Pepiño, nestes días longos a minha mirada perdíase no coto da Us, en Ribó...e no ceu.
Eu tampouco teño palabras. Agora toca levantarse e asumilo, intentar ser positivos e superar moitos sinsentidos.

Fecha: 11/03/2005 17:57.


gravatar.com
Autor: peke

Jo, Paco, acabo de quedar estantía. Síntoo de verdade. Non sei que se pode dicir nestes casos porque as palabras non abondan. Estou aquí para o que queiras; xa o sabes.

Fecha: 11/03/2005 22:19.


gravatar.com
Autor: peke

Volvo pasar por aquí un bastante preocupada. Os meus correos andan un chisco tolos e non podo acceder a algúns. Se me necesitas -supoño que non, que xa tes amigos reais abondo, pero por se acaso- o ucasi (arroba telefonicapuntonet) de momento non falla. Gustaríame axudarte de algún modo, malia sabelo imposible.

Fecha: 12/03/2005 02:23.



Autor: dorvisou

Cando teña un pouco de acougo contareiche algunha cousa. Hoxe volvín o traballo e pouco a pouco teño que ser eu mesmo.
Moitas gracias pola tua amistade.Eres un encanto. Gracias.

Fecha: 12/03/2005 03:21.


gravatar.com
Autor: muralla

¡Dios mío! Acabo de quedarme de piedra. No sabes cuanto lo siento. Sólo puedo decir eso. Mi pensamiento está y estará contigo y los tuyos.
Si desde aquí puedo ayudarte en algo sólo dímelo.
Rezaré por él y por ti.
Un abrazo fuerte y bicos.
Carmiña.

Fecha: 12/03/2005 20:50.



Autor: mad

Joder, me he quedado helada... Lo siento infinito, de verdad que sí...
Moitos, moitos, moitos beixos e moita forza

Fecha: 12/03/2005 21:41.



Autor: xesus

Síntoo, Ánimo! E segue escribindo. Apertas
xx

Fecha: 13/03/2005 21:18.



Autor: dorvisou

Gracias, gracias a todos.
Non podería ser doutro xeito, todo o cariño que estou a recibir dos meus é o mellor bálsamo contra o sofremento e o desánimo.

Fecha: 14/03/2005 02:01.


gravatar.com
Autor: Xaquin

Nestes dias tan escuros so me keda dicir ke ese sanque vertido só sexa para a sua paz e trankilidade;ke Deus desexaba para el,e k dentro do malo sempre hay algo bonito k recordar, un sentimento, un momento,por iso xe mando dende aqui un sentido abrazo e un pesame que a pesar de ser unha palabra leva consigo todo os ánimos dun rubiño k kere coma un irman o teu fillo e ke recorda con cariño aquelas fotos k nos facias naqueles inocentes entroidos. Un abrazo moi grande e bikiños para toda a familia.

Fecha: 16/03/2005 23:53.



Autor: dorvisou

Xaquín, unha aperta moi grande. Cando teña un momento enviareiche un correo.

Fecha: 18/03/2005 03:34.


gravatar.com
Autor: angope

Paco, paquiño, acabo de descubrir esta foto, e non che podo dicir o que sinto. O único animo de un galego nos madriles.

Fecha: 30/05/2005 21:17.



Autor: dorvisou

Gracias amigo Anxo. Eu tamén che quero moito.

Fecha: 31/05/2005 03:55.


gravatar.com
Autor: entre o lusco o fusco

Paquiño, acabo de descuvrir a foto, e ainda que sa te vin dende esa, quero facerche chegar o meu agarimo,sabes canto te quero e que estou aqui, pensa que os que se van nunca nos deisan, as razons da vida resultan incomprensibles as veces. un biquiño e animo,recorda que hai que seguir.biquiños e apertas.......

Fecha: 18/07/2005 13:49.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]