CRuCeSaRTe

CRuCeSaRTe

Hoxe tiña que falar de min pero non sei que decir...

Este pasado fin de Semana celebrouse no auditorio de Vila De cruces o Festival CRUCESARTE . A xuntanza inagurouse o día 23, coa exposición de pinturas de Paco Lareo (Piloño), Armindo Iglesias (Piloño), Lucía Dubra (Carbia) e Xosé Sánchez (DORVISOU). A escultura estivo presente no acto con obras de Xosé Sexto (Loño) e Xosé Taboada (Cumeiro) e da fotografía encargouse, Paco Penas (como non, DORVISOU). Pola tardiña actuaron as bandas locais de música, primeiro fixoo a Unión Musical de Ponteledesma e despois a Artística de Merza.

O Domingo, continuou o certame cultural das terras de Carbia, cos grupo de gaitas O ARCO DE Merza, PUNTEIROLO das Cruces, as corales de Cumeiro, Carbia Camanzo, o orfeón Nosa señora de Hoy-Vas, os gaiteiros de Tras Xoán de Cruces e pechou o festival Voces Da Terra xunto do Tenor Cesáreo torres (Carbia).

 

Unha xuntanza na que tiven o pracer de participar pero non o de estar alí presente, motivos laborales non me deixaron voar. Ben que o sentín, outra vez será.

Está claro, que ese rapaz da foto non son eu. É o meu querido corresponsal en Galiza, recollendo un agasallo e diploma a nome de D. Paco Penas :-).

Moitas grazas a todos.

 

27/02/2008 13:06

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Meris

Pois o certo é que me gustaria ter ido, pero pilloume noutro país... Meus pais si foron e gustoulles moito. Será que a terra nai tira (Carbia e Merza)
Eu conformareime con ver as fotos...

Fecha: 27/02/2008 19:10.


gravatar.com
Autor: Aurora

Felicitoche polas túas fotos votolles unha ollada de cando en vez, por certo quen é o teu corresponsal? Un destes días voute chamar. Bicos desta túa prima.Chao, chao.

Fecha: 27/02/2008 19:17.


gravatar.com
Autor: Manolito

Eu xa sabía que aquel cheiro a líquido de revelado na barra das patacas tarde ou cedo ia dar os seus froitos. Noraboa Paco

Fecha: 28/02/2008 13:01.


gravatar.com
Autor: Manuel Busto

Amigo Paco: Cando pasa polo meu blog deixas a pegada dun ciclón e abráiasme coas túas loanzas.
De Crucesarte quero dicirche que non me acoprdei de pasar por alí pero vexo que tes o mellor embaixador do mundo.
Unha aperta.

Fecha: 28/02/2008 13:44.


gravatar.com
Autor: Mercedes Seixo

Eu si que tiven a sorte de pasar por alí, como non podía ser doutra maneira. E unha vez máis marivollome sabendo que teño tantos artistas compatriotas, é unha gran alegría, por outra parte puiden conversar con Paco Lareo, o cal sempre enche a unha de satisfacción. Moitas grazas Dorvisou polas túas fotos!bikos

Fecha: 28/02/2008 14:29.



Autor: Paco Penas

MERIS, Carbia e Merza, non dis ti nada, media historia do Deza.

AURORA, minha prima, ¿cando nos veremos?...o meu corresponsal é Uxio, o meu fillo. Aínda imos ter que ir ao diario de Patricia para voltar a abrazarnos :-)

MANOLITO, JEJE, non esquencerei do día que o can me tricou cos dentes os negativos que tiña a enxoitar na eira.

MANOLO, o meu corresponsal anda cos seus primeiros escarceos coa arte. Ogallá se deixe arrastrar polo vendaval.

MERCEDIÑAS, disfruta desa xente, quen podera compartir anque só fose un café, os domingos pola tarde :-)

MOITAS GRAZAS A BICOS A TODOS.

Fecha: 01/03/2008 12:49.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]