Se muestran los artículos pertenecientes al tema SeMeNTe Da TeRRa.

25/04/2008

DoNa Mía

 

Eu teño un canciño bonito abofé

que baila a muiñeira na punta do pé,

na punta do pé, erguidas as mans,

eu teño un canciño que baila ao serán

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, velaí vai.

Minha queridísima Peke, agora vas ter que presentala en sociedade no ateneo e xa sabes, cartela de vacinación ao día, ensinarlle a comportarse (non sei se che servirá de algo a túa experiencia na materie)... e máis dunha vez terás que tomar unha dose de trankimazim para non volverte loca cando che faga pipi polas pernas ou che roia o coiro do escritorio :-)

Tamén has de ter en conta que unha boa educación sexual pode servirlle de moito no futuro. Unha cadela con pedigrí nunca ha de xuntarse con cans de palleiro.

Bicos para ti e para ela.

 

Etiquetas: , ,

25/04/2008 11:08 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 3 comentarios.

20/04/2008

YaMiL OMaR...ARTista

 


 

 

 

ZooM


Nese empeño de sentir a xente de cerca andamos. Camiños feitos ao andar, quenllas da vida, ríos do amor...

 

 

 

Recordando as palabras dun amigo que me decía, "que se aprende máis da vida, compartindo unha semana coa xente dun povoado indíxena que en tres anos metido no formigueiro de Manhattan" doume conta de que tamén, no entorno, se aprende máis falando unha tarde con alguén que discutindo con outros cen anos.

 

E digo esto, porque esta pasada semana tiven o pracer de compartir un tempo real con unha persoa moi especial. Yamil Omar, un artista cunha trastenda de moitas luces e cores. Un humanista con pedigrí que através das ideas e da palabra tamén é capaz de construir un espazo donde é imposible non amar o ser humano sobretodas as cousas. Un home que fala moi lenemente sen graves sons, que sempre anda na procura da beleza das palabras para construir un xardín de emocións.

Yamil é un home canario con raices palestinas, un poeta pintor, humanista escultor... Nos seus ollos aínda podes percibir o brilo das súas tardes de gloria, o run_run dos aplausos e nos seus silenzos... a triste soedade do actor cando se van apagando as luces do esceario.

Colómbia, Cuba, Puerto Rico, Sierra Leona, España, Austria, Holanda, París, Londres, Egipto, Arabía Saudí...

 

 

 

Etiquetas: , ,

20/04/2008 11:37 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 3 comentarios.

15/04/2008

iNTeRFeReNCiaS... Paco Lareo

Email0002

 

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN

“INTERFERENCIAS”

VIGO

A miudo encontramos ó camiñar , soños, ilusións que son reais ata o espertar, este sería o caso das INTERFERENCIAS como ilustración máxica dunha historia garimosa de alegres garabatos inarmónicos que se organizan entre si para ensinarnos que formamos parte daquel debate cultural, que mestura ao sufremento coa ledicia para obter a enerxía simplificadora das accións cotiáns, resolvedoras de todalas dúbidas que poidan garantir a nosa existencia.

¡ Cal sería a tensión daquela primeira INTERFERENCIA! Que me dou o acordo do recordo da memoría, da existencia. Este glorioso momento pilloume nas gallas dunha cerdeira nas cereixas da Ascensión, cereixas de liberdade, admiración, sorpresa, sensación de vivir, garabateando na miña concencia para sempre a miña primeira INTERFERENCIA.

PACO LAREO

Email0001

Etiquetas: , ,

15/04/2008 11:19 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.

04/04/2008

LiBeRTaDe...con maiúsculas

IMG_8554

DE CERCA NINGUÉN É NORMAL


Unha frase de Caetano Veloso que describe moi ben as sensacións compartidas con Román Morales, o luns pola tarde, paseando polos montes de Ifonche.

Non vos perdades este DOCUMENTO

Etiquetas: , ,

04/04/2008 02:15 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 2 comentarios.

27/03/2008

RaMóN DoMíNGueZ



Para hacerte feliz vamos a construir un planeta
en el que, para poder crecer no hay que hacerse mayor.
No hay que hacerse mayor, que hay que hacerse mejorrrrrrr.


Ramón Domínguez (Los Cristianos 1980), cantautor, fotógrafo, bohemio...acaba de presentar o seu segundo traballo discográfico. Ramón, no seu afán por demostrar que o sur tamén existe e que dalgún xeito é un povo con inquietudes que van máis alá das sombrelas, das praias e do sol, loita na procura dunha maior identidade para o seu povo. Los Cristianos , Arona, un povo de mariñeiros atrapado hoxe pola voracidade da industria do turismo e sometido aos devaneos do capitalismo.
Os cantautores comprometidos co destiño do home son coma eses anxos da garda na cama para velar da nosa utopía, dos nosos soños...A súa poesia é un bálsamo para o noso enfermizo espíritu.
Grazas Ramón , por ese lindo despertar AL SOL...

Etiquetas: , ,

27/03/2008 11:31 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.

25/03/2008

Ao aMiGo... Locus amoenus



Etiquetas: , ,

25/03/2008 04:53 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.

11/02/2008

PiNToR Que eSCRiBeS CoN aMoR

clausura 004

 

Vázquez pintor no centro da foto, arroupado pola calor humana de Damían Paío, Xabier Parcero, Carlos Negro e Antón Lamazares. Na Solaina de Piloño, nunha tardiña desas que ensanchan o corazón dos homes.

Através do maior dinamizador de AQUAM LATAM polo mundo, atopeime coa grata nova do premio da letra E da asociación de escritores galegos , a laboura de Xosé Vázquez pintor no eido das letras. Poderíamos dicir que os premios moitas veces non son xustos; unhas veces porque non se fai acopio de tal recoñecemento e outras porque quédanse curtos. Neste caso, eu daríalle ao amigo Xosé todas as letras do abecedario, polo sua laboura como escritor de poesía, teatro, ensaio, narrativa... pola súa actividade dinamizadora no mundo do teatro, Pola defensa dos valores de identidade da nosa terra através de calquer manifestación cultural que reclamase da sua presenza... e sobretodo, por algo que xamais debe quedar nun segundo plano, eses anos dedicados ao oficio de mestre. Ao millor, mira ti, é nesta silandeira actividade, no mundo da ensinanza, onde se faga merecedor, o noso amigo Xosé de tódolos premios que aínda non se criaron. Abofé que si...

O día 7 de Xuño, nas terras de Melide, o sol brilará con máis intensidade que nunca para dar, se cabe, máis claridade ás ideas da tribo.

O día 7 de Xuño, quen estivera alí cun sacho na man para axudarlle a plantar ese buxo ou sobreira. Estou seguro que o xosé é capaz de facer un enxerto de sobreira en Buxo para deixar deste xeito corpo e alma na memoria do tempo.

Os meus parabéns, labrador de palabras, como decía onte...e amante das abellas, como digo hoxe.

 

Etiquetas:

11/02/2008 13:30 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 2 comentarios.

aS MauS Que iNCHaRoN o Río GRaNDe De FoRNeLoS


o Río

ZooM

As maus que incharon o Río Grande de Fornelos

navegan arestora polas pedras resecas

e teñen os ollos todos cubertos de noite

sen luz nin esperanza algunha para a deshora,

cando o sismo rompa as previsións e alcance o récord

do tremor sobre a códea da Terra que mancaron.

 

 

As maus que daban couto ao camiño natural

das augas mansas, crucifícanse en Serra Armada

e piden clemencia polo estrago e a traición.

 

 

Pero endexamais o gromo da cerdeira nova

que a penas alcanza un metro enriba da agonía

e a sobreira que deu pel para a casa de abellas

e o carballo do San Ramón que case era músico

e a Pedra da Laxe dos magostos e os iconos

protohistóricos e o fume branco da mañá

que anuncia xente en acordar e ánimas de almorzó

e a figura da nai abrindo a porta do ceo

para o can, as vacas, a egua, os porcos, as galiñas...

 

de certo nunca entenderán nada do que foi culpable desta morte e non se cagan en Deus

 

 

Xosé Vázquez Pintor en Banzados (I Premio Uxío Novoneira)

Etiquetas: ,

11/02/2008 13:21 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa No hay comentarios. Comentar.

20/04/2007

eSTaMPaS RuRaiS...

PaiSaXe GaLeGo

THe CouNTRY... PHoToFRiDaY ... PaíS

 

As aldeas aínda son como o xardín do mundo...


 

Etiquetas: , ,

20/04/2007 10:36 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 8 comentarios.

15/01/2007

DoRViSou aRT-GaLLeRie oN-LiNe...

Outro que bebeu auga da fonte do novello

PePe Do Rei
Despois do post do amigo Pepe Penas , tamén nado na aldea de Dorvisou e a quen, por certo, conecín pola rede, tamén quero traer a este recuncho a outro pintor máis da aldea máis cibernética do universo.
Pepe do Rei escomenzou a pintar, en boa parte, para recompensar o vacío dos que aman a súa terra e que por circunstancias puntuales, se foron dela.
Fai uns anos, mergullado na política e soñando que así se podíAn cambiar o rumbo das cousas, loitaba contra deses monstruos de encoros e na defensa dos nosos ríos.
Logo, un pouco desanimado e asqueado de tanta vaidade e lambecús fai as maletas e vaise unha tempada para a illa da Palma,
sendo alí onde escomenza unha nova etapa traballando e nas súas horas libres tomando clases e pintando.
Agora, de volta a súa terra goza e padece pero non lle importa .
E dicía DORVISOU a aldea máis cibernética porque xa me diredes ¿onde hai unha aldea con quince casas, sen taberna, sen conexión a internet e con un , dos e tres blogs? ¿que, onde...?
’Ei parroquia! ¡Saúde e terra!


Etiquetas: , ,

15/01/2007 03:01 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 10 comentarios.

30/11/2006

FaCaL SuPeRSTaR

facal_do_superespacio


Foto cedida por Checha

Erase unha vez un home de nome Facal que procedía doutra galaxia e coidaba que todo os humanos desaproveitaban
o grande potencial que atesouraban por iñorantes e indolentes.
Esa enerxía da mente que xunto da enerxía do cosmos e o bocadillo das once
abren as portas do paraiso os terrícolas que non despegan as ás do chan.
Facal é o grande filántropo en canto as ideas e consellos,
pedra filosofal com máis influencia no povo que Aristóteles, platón e Sócrates xuntos.
Home despercutido, que como os cans madruga moito para folgar máis tempo.
Home dun gusto francés exquisito en canto a arte de vivir,
e a elegancia personificada a hora de pedir... Sen esquencer esa estraña capacidade camaléonica de adaptación o medio,
que nos explica moi ben como sucedeu a transformación da folclórica Espanha da peseta na Espanha sen ganas de folclore do euro,
cando pasou de pidir un peso a dous euros...

Etiquetas: , ,

30/11/2006 11:51 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 6 comentarios.

30/10/2005

SeMeNTe Da TeRRa

20051030115917-clodomirus-1-jpg
Hai homes que mercan unha illa para ser felices. Hai outros homes que lles chega con ter un muiño.
Xosé Taboada é un deses que para ser feliz non precisa dun camión ou dunha parcela na lúa.
Un home que vive na parroquia de Cumeiro, Vila de Cruces,
en armonía e agradecido a esa terra onde se criou.
Un home que traballou arreo na vida para dar uns estudos as súas fillas e manter unha familia.
Emigrante nos seus tempos máis mozos, albañil de profisión, artista de corazón.
Pintor, escultor... e poeta de silenzos e grandes soños.
A súa casa é un verxel en pleno corazón do Deza,
centos de esculturas de madeira e pedra deixan sen palabras a quen se achega a ela.
Unha galería acocha numeradas unha morea de obras de arte talladas en madeira,
outra galería, como un museo , nos permite facer un percorrido a través do tempo para amolecer a alma.
Ese muiño, que aparece na foto, é unha das súas grandes paixóns,
un muiño propiedade dos seus devanceiros.
Restaurado coas súas propias mans e do seu mesmo peto.
O muiño foi inagurado polo alcalde do concello anque como el dixo
" a placa de mármore conmemoradora do feito tívena que pagar eu tamén"
¡Vivir para contar...!

30/10/2005 11:05 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 4 comentarios.

21/07/2005

ReTRaToMaNía

pacolareo_3.jpg
A única diferencia entre un tolo máis eu é que eu non estou tolo.(Salvador Dali)
21/07/2005 02:44 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 3 comentarios.

14/04/2005

o NoSo CuRa

20060826212532-img-26001-1.jpg
Escoiteille dicir a minha nai de que non era cura, que era un diácono e pensei que xa estaba a falar mal do cura novo.
Mais deseguida entendin que non era certo cando dixo que, daba gloria escoitalo cando predicaba e que moito se preocupara de ir a pedirlle cartos ao Obispo para arranxala igrexa.
Cada día estou máis orgulloso de ser da república independente de Dorvisou.
14/04/2005 03:13 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 2 comentarios.

25/10/2004

o GaLLeGuiTo De CaRBia

manuel_maria_.jpg
Manuel Iglesias naceu en Carbia (Vila de Cruces) o día 22 de xaneiro do ano 1870. Aos catorce anos emigra a Arxentina levando unha carta de recomendación para outro paisano das terras de Carbia que vivía por aqueles lares e unha maleta de madeira chea de ilusións e esperanzas.
O seu primeiro traballo foi de carpinteiro ingresando anos máis tarde nos ferrocarriles arxentinos. Foi aquí onde escomenzou a forxar un novo sono. O entusiasmo que despertou nel o último grito de inxenieria como era a máquina de vapor, levouno a estudar e curiosear por cantas publicacións técnicas chegaban a el. No ano 1896 construie un torno na sua propia casa que lle servirá máis adiante para facer as pezas do que sería o primeiro coche feito na Arxentina.
Con moita paciencia e outra tanta destreza emprega uns catro anos en darlle xeito a idea de construir o seu propio automóvil. Os engranaxes do cigüeñal, o diferencial, a caixa do cambio con marcha adiante e marcha atrás e tantas outras pezas feitas artesanalmente con inxenio e inventiva.


A algarabía que se montou na rúa co enredo de D, Manuel foi monumental, os rapaces ían detras como rapaces que eran, os vellos quedaban pasmados como vellos que eran a até os cans chegaron a morderlle unha roda porque o confundiron con um monstruo. De ahí que lle chamaran ó coche "el mataperros".
Mais a sua capacidade de criar non rematou aquí senón que continuou facendo outras cousas como unha máquina que aproveitaba as virutas das carpinterias para criar enerxia ou mesmo un proxecto para arranxar certos problemas que acaecian no termo municipal onde vivian cando chovía. E tamén coido que foi o primeiro en ter familia numerosa porque xa me diredes como se poden facer tantas cousas e ter trece fillos. ¡ menudo tio!
Se queredes saber da sua vida picade aquí


casa natal en Carbia, ano 1960.

casa natal en Carbia, ano 2000.
25/10/2004 12:36 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 15 comentarios.

08/10/2004

HaJi ABDaLHaSiB

Un galego de Besexos

fotoabdelhasib[1].jpg
Ramón Castiñeira Pardo, de familia orixinaria de Vila de Cruces pasou a chamarse Haji Abdalhasib aos 27 anos, logo de converterse ao Islam tras unha estancia de ano e medio en Gran Bretaña. Asegura que os valores tradicionais da cultura galega non distan moito dos ideais espirituais musulmáns.

Castiñeira foi un dos fundadores, en 1980, da Comunidade Islámica en España, con sede en Granada e delegación en Galicia. Na actualidade vive nos Emiratos Árabes, onde dirixe un centro de estudios islámicos, o Jumeira Islamic Learning Centre. Ademais, é responsable dos programas en lingua inglesa sobre o Islam na TV de Dubai e na canle vía satelite IQRA.

Tamén é membro directivo do Islamic Mint, organización que acuña e distribúe o dinar de ouro e o dirham de prata, e que avoga polo retorno a un sistema monetario baseado no diñeiro de valor intrínseco.

Abdalhasib ten 46 anos, dúas mulleres e nove fillos, algúns residentes en Galicia. Con respecto á guerra de Iraq, condena a "brutal agresión" de Estados Unidos e critica "o apoio incomprensible que lle está prestando España á política imperialista dos Estados Unidos" ( Texto recollido en VIEIROS).

Tamén podedes ver en nese portal unha entrevista ou a mesma conversa inteira nun CHAT para saber algo máis de este singular personaxe
08/10/2004 21:31 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 7 comentarios.

13/09/2004

O Pintor De Dorvisou

pintor_3.jpg
Fai dous anos estiven na casa do pintor con unha tía del que vive en Santiago Estivemos falando del e ollando un amplo arquivo fotográfico do seu tempo. Pouco sei da sua obra, só que na casa hai algún cadro del e que a maior parte da sua obra reside en Madrid e na Habana. Falamos este pasado vran Paco Lareo e máis eu de facer un seguimento das súas andanzas e oxalá podamos contar coa colaboración tamén de Pepe Penas, con quen xa teño ganas de compartir un tempo real con el e coñecelo físicamente, xa que a nosa relación escomenzou no google. ¿ non si, Pepiño?
13/09/2004 02:25 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 7 comentarios.

05/08/2004

PEPE DA ZARRAGRANDE

pepe_4.jpg
Estaba o mestre morrendo e mandou chamar un virtuoso múseco para que lle ensinase novos aires de flauta.
Ante o desmesurado interés por aprender, un dos seus discípulos perguntoulle: Pero, ¿ para que quere aprender novos aires de flauta si vai morrer?.
E o mestre contestou : Para eso mesmo, para sabelo cando morra.


D.Xosé María López foi o practicante de Vila de Cruces moitos anos. Ao xubilarse decideu facer realidade un dos soños que aniñaran na sua cabeza cando era neno e púxose, nada menos, que a contruir un observatorio para contemplar os astros e o universo.
Iluminado no seu camiño pola sombra estelar de dous personaxes ilustres da comarca do DEZA como foron "o sabio de Lalin D.Ramón Aller e "o matématico de Bermés" D. Xosé Rodríguez púxose man a obra e escomenzou a construir o observatorio astronómico de Zarragrande sendo xa unha visita obrigada a todo aquel que se achega o concello de Vila de Cruces. Situado no monte da zarragrande, fronte o castro de Cumeiro e que até fai uns anos contaba co telescopio de maior alcance da Galiza.
Estudia matématicas, lé revistas e libros de astrofísica e mesmo está a escribir as súas memorias. Memorias, que se nos antoxa a quen escoitamos da sua boca mil batallas libradas, moi interesantes.
Un home desos imprescindibels para facer máis grande a hestoria dos povos.
"
05/08/2004 02:18 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 5 comentarios.

06/07/2004

A MÁIS GRANDE PROBA DO AMOR

ollares.jpg
O meu padriño Francisco do muñeiro de Ollares tamén lle dixo un día a minha madriña Aurora da casa do carpinteiro de Circes que quería envellecer o seu lado.
¡Que bonito!
06/07/2004 02:19 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 14 comentarios.

24/06/2004

PACO do Ferreiro

pacolareo_2.jpg
O artista é um ser insatisfeito com o mundo, por isso ele cria. (anónimo)
24/06/2004 02:28 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 7 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]