09/05/2008

DoRViSou

 

Cando chegamos a certa idade parece que temos a obriga de sabelo todo. Digoo,  porque os que temos fillos facemos moitas veces o ridículo intentando maquillar a nosa propia iñoranza.

Se non queredes pasar por parvo cando o voso fillo vos pregunte algún día, que cousa é DORVISOU, non vos perdades este video.

Etiquetas: , ,

09/05/2008 03:22 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza. Hay 1 comentario.

01/05/2008

ToDo e NaDa...

IMG_2109

ZooM

Estou na minha praia dos enoxados. A marea alta tragou a praia inteira dun bocado. Nestas horas da mañán adoito a estar sempre so pero hoxe, ao carón da pedra na que estou sentado, hai unha señora esparramada na areia. Unha señora que semella non pensar en nada.

Máis lonxe, sempre lonxe da pedra na que estou sentado, hai tamén dúas mulleres e un home bebendo  mate. Os tres falan, falan e falan sen dicir nada. ...

E todo elo, mentras estou sentado nunha pedra, escribindo e pensando na fascinación de non pensar en nada.

Etiquetas: , ,

01/05/2008 04:36 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home. Hay 8 comentarios.

29/04/2008

iMaGiNe...

Meus amigos, coido que xa teño a necesidade de mollalos pés nunha fonte ou nun río. O bidé non é a mesma cousa.

Debe ser por mor da calima destes días ou do fume que chega da Gomera, síntome raro... a cabeza vai para un lado e os pés para o outro.

 

 

Etiquetas: , ,

29/04/2008 04:03 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza. No hay comentarios. Comentar.

25/04/2008

DoNa Mía

 

Eu teño un canciño bonito abofé

que baila a muiñeira na punta do pé,

na punta do pé, erguidas as mans,

eu teño un canciño que baila ao serán

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, velaí vai.

Minha queridísima Peke, agora vas ter que presentala en sociedade no ateneo e xa sabes, cartela de vacinación ao día, ensinarlle a comportarse (non sei se che servirá de algo a túa experiencia na materie)... e máis dunha vez terás que tomar unha dose de trankimazim para non volverte loca cando che faga pipi polas pernas ou che roia o coiro do escritorio :-)

Tamén has de ter en conta que unha boa educación sexual pode servirlle de moito no futuro. Unha cadela con pedigrí nunca ha de xuntarse con cans de palleiro.

Bicos para ti e para ela.

 

Etiquetas: , ,

25/04/2008 11:08 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa. Hay 3 comentarios.

23/04/2008

NeN Pais SeN FiLLoS NeN FiLLoS SeN PaiS

Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.

(Fuxan os ventos)

Etiquetas: , ,

23/04/2008 10:51 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo. Hay 4 comentarios.

21/04/2008

PiNGuS 2001 ...sangue de Cristo

 

Pingus 2001

Un dos novos pecados capitais...

Ás veces as cousas máis caras non teñen porque ser as mellores. Pero eso, só ás veces.

Collela botella do pingus nas mans, acariñala e volvela a gardar foi un placer. Teñoo claro, non vacilo, este é un viño de GARDAR. Hai outros que son para beber.

Etiquetas: ,

21/04/2008 23:34 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: NA LAREIRA. Hay 2 comentarios.

20/04/2008

YaMiL OMaR...ARTista

 


 

 

 

ZooM


Nese empeño de sentir a xente de cerca andamos. Camiños feitos ao andar, quenllas da vida, ríos do amor...

 

 

 

Recordando as palabras dun amigo que me decía, "que se aprende máis da vida, compartindo unha semana coa xente dun povoado indíxena que en tres anos metido no formigueiro de Manhattan" doume conta de que tamén, no entorno, se aprende máis falando unha tarde con alguén que discutindo con outros cen anos.

 

E digo esto, porque esta pasada semana tiven o pracer de compartir un tempo real con unha persoa moi especial. Yamil Omar, un artista cunha trastenda de moitas luces e cores. Un humanista con pedigrí que através das ideas e da palabra tamén é capaz de construir un espazo donde é imposible non amar o ser humano sobretodas as cousas. Un home que fala moi lenemente sen graves sons, que sempre anda na procura da beleza das palabras para construir un xardín de emocións.

Yamil é un home canario con raices palestinas, un poeta pintor, humanista escultor... Nos seus ollos aínda podes percibir o brilo das súas tardes de gloria, o run_run dos aplausos e nos seus silenzos... a triste soedade do actor cando se van apagando as luces do esceario.

Colómbia, Cuba, Puerto Rico, Sierra Leona, España, Austria, Holanda, París, Londres, Egipto, Arabía Saudí...

 

 

 

Etiquetas: , ,

20/04/2008 11:37 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa. Hay 3 comentarios.

15/04/2008

iNTeRFeReNCiaS... Paco Lareo

Email0002

 

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN

“INTERFERENCIAS”

VIGO

A miudo encontramos ó camiñar , soños, ilusións que son reais ata o espertar, este sería o caso das INTERFERENCIAS como ilustración máxica dunha historia garimosa de alegres garabatos inarmónicos que se organizan entre si para ensinarnos que formamos parte daquel debate cultural, que mestura ao sufremento coa ledicia para obter a enerxía simplificadora das accións cotiáns, resolvedoras de todalas dúbidas que poidan garantir a nosa existencia.

¡ Cal sería a tensión daquela primeira INTERFERENCIA! Que me dou o acordo do recordo da memoría, da existencia. Este glorioso momento pilloume nas gallas dunha cerdeira nas cereixas da Ascensión, cereixas de liberdade, admiración, sorpresa, sensación de vivir, garabateando na miña concencia para sempre a miña primeira INTERFERENCIA.

PACO LAREO

Email0001

Etiquetas: , ,

15/04/2008 11:19 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa. No hay comentarios. Comentar.

10/04/2008

TaJiNaSTeS RoJoS

IMG_8412


ZooM

Os Tajinastes en fror son coma un agasallo para os ollos. Curiosa planta que vive a rás do chan durante seis ou oito anos como unha roseta e que remata por florecer durante unhas seis ou oitos semanas, unha soa vez na sua vida, e que chega a alcanzar os tres metros.


Etiquetas: , ,

10/04/2008 02:22 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza. Hay 2 comentarios.

09/04/2008

EsTaMPaS... dun povo.

Vilaflor

ZooM

A min que me sementen como facía meu avó coa ferraia, a mandas...

Cada día que pasa amo con máis intensidade este pensamento agrícola. Ao melhor é un xeito de comulgar coa terra.

IMG_8487

ZooM

 

Etiquetas: , ,

09/04/2008 10:41 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home. No hay comentarios. Comentar.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


http://dorvisou.blogia.com
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]