Blogia

DoRViSou

FoToXeNia CaSTiZa

arte na rúa

De Madrid quédome co parque do retiro , coa súa oferta cultural e tamén, como non, coa robaliza salvaxe do Portonovo :-)
fotos Madrid 176

fotos Madrid 189

fotos Madrid 166

To Be oR NoT To Be

os@
¡Ois tío, que non é un oso, é unha osa!
- E a min que
Chulapos

ReaL LiFe

Real life

ReaL LiFe in PHOTOFRIDAY
***
Madrit non me deixou indiferente. Só cometín un erro, non se pode querer ollar Madrit de Día e Madrit de noite en catro días.
Non podemos pasar do Buda do mar ao museo do prado en catro horas. Corremos o risco de confundila bacanal de Tiziano cos saraos da Bermudez ou da Berrocal.

ReMeSQuiDe II

IMG_2260
Faltaba este treito da ponte para completar o post :-)
A vella ponte de táboas xa só é un vestixio do pasado.

a PoNTe De ReMeSQuiDe

IMG_2262

Alguén debería pidirlle a Xunta que restaurase a vella ponte de Remesquide para pasealos recordos daqueles Domingos pola tarde.
Nada que ver coas obras dos enxeñeiros do ave, o seu mentor foi o Canteiro de Santomé. Ese home que chamaba polo seu nome a todos menos a Fraga, que lle dicía Don Manuel.

EsTaMPaS MaRiÑeiRAS

veleiro_2


Kruzenshtern">
veleiro


Russian barquiñas
Quero ser um marinheiro , sulcar o azul do mar
vaguear de porto em porto até um dia me cansar... (Rui Veloso)
Pois aínda disfrutarei uns días máis destas velas estampas. Ata o día 19 o veleiro Kruzenshtern, xunto do buque Academik Sergey Vavilov, fondearan na bahía dos Cristianos. Un, que xa estaba acostumado só a ollar a chegada dos caiucos, ten agora a oportunidade de deleitarse
con estas portentosas chalanas rusas.
O veleiro Kruzenshtern e o segundo máis grande do mundo, mide 114 metros de eslora, os seus mastros miden 51.3 metros de altura e leva uns 179 persoas a bordo. A súa misión e grabar secuencias e localizacións exteriores para unha película de talla internacional.
Esperemos que sexa do agrado do noso amigo e crítico cinéfilo Pawley . Beleza nas estampas non lle ha de faltar, vamos... pensou eu.


O GRaNDe BuFFeT

No CaBo Da HoRTa

Wholesome in PHoToFRiDaY

A amistade e a felicidade non precisan de grandes banquetes. Tamén podemos atopalas compartindo un bocadillo de sardiñas cun amigo á sombra, no cabo da horta.

o SaNTo PaCo

o santo Paco
Sacando a pasear o santo que levo dentro cheguei a determinación de roubar o banco de España para repartir o bote convosco. E que a modernidade sen santos reais, sen milagres e sen mitos viventes é un pouco aburrida, non si?
-

Máis COMFORT GaLaiCo

CoMFoRT GALAICO

"Comfort" non sei, pero reconfortante parece...

Tiña pensado poñer a foto dos jatus, pero como xa a puxera noutra ocasión, preferín acompañala desta outra para que as minhas fans se entreteñan e non se aburran de ver sempre as mesmas. Por certo, estaba pensando que a minha amiga Peke , con este ambente que reflexan as dúas fotos ía a relaxarse de moito coidado na minha aldea. Posiblemente lle prestase tanto como a brisa mariña. Alí, tampouco da golpe ninguén... :-):-):-):-):-)

 

 

 

CoMFoRT...

confort

CoNFoRT en PHOTOFRIDAY

eSTaMPaS oF GaLiZa

IMG_2279

O xornal anunciábao: nubes na cabeza para hoxe e mañá, con neboas ao mencer...Séchu Sende en Made In Galiza


¿Porque será que os galegos temos fama de andar coa cabeza nas nubes, ho?

GoZoS e SoMBRaS

Rio Ulla

A integridade da cantería na paisaxe rural é xenuina.

IMG_2234

Ínsua da Peregrina, Remesquide, Vila de Cruces.

e MáiS PRaiaS

IMG_2284

Na Galiza profunda tamén temos praias de herbas, de doces augas, de fermosas sombrelas...

 

 

PRaiaS

1
PHoToFRiDaY... BeaCH...PHoToFRiDaY

MeNCeR e SoLPoR...

TF sur

Hai uns anos acostumaba a disfrutar dos menceres sempre camiño da casa entre recendos e carraspeos. Agora, uns cantos anos despois, acostumo máis a disfrutar dos solpores con chill out e gintonic...

Aos cuarenta é o tempo do home :-)

 

Solpor in vidrio

FaNTaSía

fantasía

FaNTaSía en PHOTOFRIDAY

 

Un ser humano sen fantasía pareceríase moitísimo a unha vaca. Aínda así, négome a crer que as vacas non sexan un pouco fantasiosas tamén.

 

iN SiTu...

 
Este recuncho da illa ten algo especial para min. É un deses lugares con certo influxo onde
calquera pode chegar a sentirse protagonista da súa propia historia.
Sentarse naquela terraza pola tardiña, pidir unha xerra de cervexa e deixarse levar polas emocións non é máis que empezar.
É unha lástima que as cervexas custen 3.80 €... a felicidade completa parece que nunca é de balde.
 
 
o miradoiro

a CoR DaS CoReS

o moucho do Deza.
Fai un tempo un amigo agasallou ao meu fillo con este cadro. O cadro que colga das paredes da sala da minha casa é coma un xarope de marmelada para o meu espíritu. No fondo do cadro concorren as minhas cores máis primarias. O azul do ceu, o verde dos prados de cubelos, os ocres das terras de fonfría, as follas e landras dos carballos da capilla, o moucho dos rebordaos e até a frescura da auga da fonte do novello.
O problema está en que Uxio quere recuperar o cadro para a súa nova cova na Coruña e a min paréceme razonable... discutilo.
Anque presinto que só quédame esperar da súa indulxencia ou restrinxirlle as chamadas do móbil :-)

PeNSaNDo eN Ti...

GALIZA

...Sen Palabras.