Blogia

DoRViSou

A FoTo do VeNReS...eN PHoToFRiDaY

<center>A FoTo do VeNReS...eN PHoToFRiDaY</center>

BoY_ PHoToFRiDaY _CHiCo
Esta semana PHoToFRiDaY bríndanos a oportunidade de colgar unha foto baixo o lema "BOY".
Despois dun tempo, decanteime por esta sen saber moi ben por que.
Posiblemente porque son dous nenos moi queridos por min e que non deixan de sorprenderme sempre,
coa sua naturalidade i estilo ao poñerse fronte ao toro.
O titudo de muchachos tamén podíase prestar a outras connotacions que non estarían acompañadas demais
con algunha desas poesías de Allen Ginsberg
que tantas referencias fan ao mundo dos adolescentes.
Pero, en fin,hoxe non será o día...

¿Ti eS DaQuí ou VeS aS FeSTaS...

<center>¿Ti eS DaQuí ou VeS aS FeSTaS...</center>

Domingo, 3 de Setembro, medianoite no sur de Tenerife , festas do Carme no povo dos Cristianos.
Como cada ano celébrase a procesión levando a virxe polas rúas máis céntricas até o peirao.
Alí mesmo, suben a virxe a un barco e acompañada doutros barcos engalados para as mellores ocasións
e continuan coa procesión polo mar entre grolos de viños e talladas de cochino.
De volta a terra, unha sen par sesión de fogos de artificiais esbozan na oscuridade da noite a máis bela escintilación de fantasía e cores.
Mentras, nun pequeno palco unha orquestra ameniza a festa na que participan os lugareños mailos turistas que deseguida
se chegan alí onde hai traxín. E foi nese lúdico intre, cando se achegaron dous caiucos ao porto arrastrados polos barcos de salvamento enmudecendo a terra e aterrando o ceu. Lonxe queda aquela imaxe dos primeiros caiucos , parece que fai moito tempo e só pasaron uns meses. Debe ser que este povo está acostumado o sofremento e asimila con facilidade tanta penuria e tanto horror.
Unha viaxe que non vai a ningures, como os camiños que pretende inagurar o alcalde do meu povo según versións da oposición ou mesmo, aquela ponte que inagurara Baltar sen rio.
Un sinsentido da vida, unha fuxida a ningures...
A sensación de contrastes e tan grande como unha feira de mentiras, un povo rico, un povo pobre, un home branco, un home negro...un que arrouta porque está cheo e o outro porque ten fame.

probas...

Technorati Profile

aRTe No RuRaL

<center>aRTe  No RuRaL</center>

"TRaPaLLaDa"
Pedra, madeira, ferro, tella, poliester e herbaseca.
129 x 88
Autora: Angustia de Marica

FaLaNDo eN PLaTa...

<center>FaLaNDo eN PLaTa...</center>

SiLVeR_PHoToFRiDaY_ SiLVeR
 
En plata é o idioma no que tiñan que falar os nosos políticos... 
 

aRTe Na SoLaiNa

<center>aRTe Na SoLaiNa</center>

 

 

 

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA,

sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza...

 

Fai xa dous anos que non actualizo o blog da Solaina. O feito de vivir lonxe fisicamente non debería ser un problema, sempre que o compromiso sexa firme para seguir adiante. Intentareino, non importa desde onde o faga, ben desde o blog da Solaina ou desde aquí. Tampouco se vai ser unha vez a semana ou dúas ao mes...O que de verdade importa é que dalgún xeito teño que ser cabal e xusto coas minhas ideas e non deixar morrer este "fervor" da paixon.

 




SuLFaTeiToR MaN

<center>SuLFaTeiToR MaN </center>

CIRCLE_PHoToFRiDaY _CÍRCULO
Sulfateitor man deseguro que xa contemplou máis dunha vez esta estampa.
Un espectáculo visual da propia natureza das cousas.
Agora ben, non sei se ao meu cuñado, que foi quén as sulfatou, pensará o mesmo...

FRieND FoR eVeR

<center>FRieND FoR eVeR</center>

 

Esta semana o tema de photofriday é friend. Non tiven dúbida, el é algo máis que un amigo, un anaco de min...

Un rapaz o quén lle gustaría parecerse o seu pai, anque só fose para ter un fillo como el.

Espero e desexo que o espíritu Bravú desa cidade atlántica che acompañe sempre nesa estadía pola terra

¡ánimo chavalote!

 

 

 

GRANDES FESTAS EN DORVISOU

<center>GRANDES FESTAS EN DORVISOU </center>

E chorei, chorei cando escoitei dicir "NON TE VISTAS QUE NON VAS"
 

Summer

<center>Summer</center>

PHOTOFRIDAY

Lástima que nas vacacións o tempo sexa tan relativo como incerto.
Aínda me doen os ollos de tanto miralo Berce .
Por certo, estrenei unha nova lente, un 28/300 mm F3.5-6.3. Un zoon xeitoxiño para camiñar menos anque a sua calidade non ten nada que ver co meu favorito APO MACRO 150mm  EX DG HSM , un F2.8 que oferece unha calidade moi superior e que axuda a exercitalos músculos do que che fai danzar.
Este ano non tiven tanto tempo libre coma outros anos. Compromisos familiares fixeron que estivese máis tempo coas ás pegadas a lama da terra.
Espero resarcirme nas vindeiras nunha forte aperta con todos aos que quero tanto. 

ALiCia No País DaS MaRaBiLLaS

<center>ALiCia No País DaS MaRaBiLLaS</center>


E soñei outra vez máis...

con Alicia, na primaveira da vida, correndo polos prados cheos de margaridas

antre paxariños piadores e bolboretas de moitas cores,

mentras as vaquiñas pacían e "reían" en libertade ao son da modernidade,

contemplando os nosos montes floridos de toxos e mimosas,

cheos de castiñeiros, sobreiras e carballeiras.

E soñei outra vez...

con G-Alicia no país das marabillas, con esa Galiza rural e culta libre de

ENDESA, REDESA, GAMESA, e a nosa golosa señora de FENOSA...

¿ONDE ESTÁ O NOSO EVO MORALESSSSSS...?


auToMoTiVe_ PHOTOFRIDAY_AUTOMOTRIZ

<center>auToMoTiVe_ PHOTOFRIDAY_AUTOMOTRIZ

PHOTOFRIDAY_2

antes de que existira o home...

Mirarlle a cara a minha nena, mentras lle leía esta poesía foi moi emocionante.

Ela con sete anos xa sabe que o home non é consecuente co medio ambente, que hai que reciclalo, educalo e senón taparlle a boca e atalo.

 

Opá...vamo a por er mundiá

<center>Opá...vamo a por er mundiá</center>


Os espanhóis, os espanholitos, xa parece que non son uns caracóis, uns caracolitos...

AuToMoBiL en PHOTOFRIDAY

<center>AuToMoBiL en PHOTOFRIDAY</center>

PHOTOFRIDAY

 

Son un pasmón

peatón

con opinión,

decindo a verdade núa

pola rúa.

Nunca fun usuario

de automobil suntuario

nin tampouco utilitario

camiño a pé

e por iso é polo que

vexo o mundo tal cal é

( Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra.1969)

 

 

INDIXENCIA, INOPIA, PIOCA...

<center>  INDIXENCIA,  INOPIA,  PIOCA...</center>

A pobreza en... PHOTOFRIDAY
A pobreza pode ter mil caras e tamén, como non, mil camiños. Unha das pobrezas máis miserables é do espíritu, a podremia da vontade, a maldade enquistada e a iñoranza disfrazada no corpo dun rico.
 Por certo, gustaríame fotografiar unha idea polo aire, un pensamento, unha sensación...
Bueno, será outro día, hoxe teño cousas máis importantes que facer...
 

AMOOTE, Willy

<center>AMOOTE, Willy</center>

 

 

 

Onte falando co meu amigo Paco Lareo comunicoume a triste nova do finamento de Antonio Taboada "willy".

Paco Lareo contaba con poucos datos do suceso, díxome que quedara irrecoñecible, que o tren o machacara contra os raíles, que o matara vivo.... Que había xente que o vira baixar cara ó río coma noutras tantas veces...pero no camiño, perdeuse para sempre a sombra dunha puta idea...

A primeira cousa que se me pasou pola cabeza foi esa conversa que tiven con él, unha noite de vran en Compostela, sobor da fugacidade do tempo, da arte, da vida ...Ese presente que xa deixou de selo para convertir o tempo en pasado e agrandar o caixón do olvido. Tamén lembrei ese día que o coñecin, a primeiros dos oitenta, na feira cultural do día catro en Vila de Cruces, recitando na feira do gando, os seus poemas cunha coroa de follas de loureiro na cabeza...

A xente que o coñecía sabía que se perdía porque era como un labirinto, a xente que non o coñecía equivocabase ata onte.

Adeus, fillo de tratante de cabalos...como dicías nos curriculuns. Verémonos algún día e xa me contarás por que se suicida a xente.


 

 


 

 

 

CóNTaLLe uN CoNTo...

<center>CóNTaLLe uN CoNTo...<center>

Eu tamén teño a impresión de que os nosos institutos estan cheos de rapaces aos que, os pais xamais lles contaron un conto nas casas...

 

PHOTOFRIDAY_ NeW

<center>PHOTOFRIDAY_ NeW</center>

PHoToFRiDaY new, novo, nuevo (nova foto, novos caiucos...)
Só temos que pensar como serían agasallados os inmigrantes se chegasen en yates ou nesas moles transceoánicas que levan "jichiños" do primeiro mundo facendo turismo...

A DaNZa DoS CaiuCoS

<center>A DaNZa DoS CaiuCoS</center>

Como cada mañan ao espertar, avelino, un vello pescador xubilado, séntase no porto dos cristianos ao abeiro da casa do mar coa súa cansina ollada perdida no horizonte do Atlántico, para ver os caiucos chegar.

 

Hoxe a feira de variedades no porto Dos Cristianos é de contrastes, barcos de cheos de turistas para facer excursións, veleiros que danzan ao son do mar e caiucos perdidos no tempo e no espazo cheos de inmigrantes desnortados, famentos, estafados e sobordetodo sen libertade.

Avelino pasa todas as mañans falando coa xente que se para a comtemplar esa estampa xa tan familiar para os que vivimos por estos lares. Avelino só se deixa levar por ese sentido do humor rancio e inoportuno dos que non atenden a razóns para repertir, cada vez que chega un caiuco " eses se non se rien de noite non se ven" ou mesmo" a eses dámoslle bocadillos e piden solomillo".

O triste é que non deixa de ser a sensación compartida dunha maioria do povo que aínda hoxe ten fora das illas máis dun millón de canarios que tiveron que emigrar nunhas condicións similares noutros tempos de fame e miseria. Ainda me atrevería a dicir, porque non, que así tamén pensan alguns politicos que viven cos ollos pechados a realidade dun problema social. Está claro que a diferencia é de cor.

 

 

Los Cristianos

LaBiRiNToS Na NoiTe...

<center>LaBiRiNToS Na NoiTe...</center>

Din que o home que sempre está serio é que non entendeu nada...agora xa sei porque onte pola noite, me reía tanto no HaRR’YS BaR e hoxe pola mañan case non me rio nada.
Despois das vacacións sempre sufro unha pequena metamorfose. Ao rematar de traballar, Calquer luceciña de neón anula a minha vontade e me deixa sen GPS no medio da noite...e, o que é pior, sen saber quen manexa a meu carriño feito de nabos. É cuestión só de días ou semanas...deseguida me desbodará o caudal do encorol dos meus triglicéridos para dicir " BaSTa Xa"

Bueno, pois de aí, que a minha presenza polas leiras do BLoGoMiLLo sexa máis ben escasa. Xa sei, que para postear non teño que pasar ningún control de alcolemia, pero tampouco quero que as minhas arroutadas lle fagan sombra as minhas fotografías.
Unha aperta de ledicia a toda a minha parroquia.