o CReGo VaLVeRDe...

Hai xente que se enterou pola radio, a outros contáronllo por teléfono, algúns lérono nos xornais, e os máis despistados, que sempre os hai, enteraranse mañan.
Esta noite moita xente morrerá rebentada e desangrada antre os ferros dun coche, outros esnaquizarán a cabeza ao caer polas escaleiras dunha discoteca ou contra o recanto dun penedo, moitísimos terán que empuñala palma da man na boca do estómago para non vomitalos fígados... xa sei que todo soa un pouco forte, é o que ten a realidade cando é visceral. tamén é certo que moita xente "morrerá" de pracer, pero botando un polvo deses que faga tembrala terra para despedilo ano e escomenzalo outro, algúns vivirán a noite máis feliz da súa vida bailando e ata ligando, moitos se aburriran coma nunca pero manán levantaranse convencidos de que foi unha noite especial. E outros, os poucos, serán quen de ata superar un control da garda de tráfico...
¡Eu, eu...cústame crer que faga tembrala terra, como moito, no millor dos casos, levantareime pola mañá convencido se que foi unha noite especial. Tampouco é o pior!
Feliz día e mellor noite a todos os meus amigos.
SeN CoMeNTaRioS...
PHoToFRiDaY_Depth of Field_ PHoToFRiDaY
Vai chegar o día que na minha aldea só se podan sacar fotos con moi pouca profundidade de campo por mor das putas néboas dos encoros de Merda. Xa sei que estamos no Nadal e hai que manter a calma, pero mecajundios...(si con minúscula, non sexa que se ofenda alguén ou me peche Blógia o blog por blasfemar o día de Navidá.)
Eu quería falar sobor da profundidade de campo , que foi unhas das primeiras cousas que me entusiasmou no mundo da fotografía, pero xa non me queda jás. O carnaval acaba conmigo, espero que as fotos vos sirvan de exemplo.

Moita profundidade de campo é como cando non hai néboas e se pode ver todo nítido desde a eira ata o cabo da horta. Bueno, máis ou menos...