Blogia

DoRViSou

eXPo

<center>eXPo<center>

A arte é a única forza capaz de reconquistar ao ser humano sometido ao poder político ou á tecnoloxía. (Nadine Gordimer)

BoaS FeSTaS...

<center>BoaS FeSTaS...</center>

Como pensei en ti esta noite, Whitman, mentres camiñaba polas rúas baixo as árbores con dor de cabeza tímido mirando a lúa chea....
¡Que melocotones e que penumbras!¡Familias enteiras comprando de noite!¡Corredores cheos de maridos!
¡Esposas nos aguacates, nenos nos tomates!- e ti, García Lorca. Que facías entre as sandías?
 
Entendo que o texto de Allen Ginsberg non sexa correctamente político para desexar unhas boas festas do nadal a ninguén pero aínda así, máis de un debería dar grazas a Deus por non ter escollido algún outro que dicía :
"Va Jack
Ponme sobre tus rodillas
Pégame y fóllame
Gólpeame el culo con la mano...
Empálmate pegándome
Cuando estés empalmado fóllame..."
O que máis me gusta do Nadal son os bons viños que se beben para celebrar que aínda estás vivo.

Boas Festas do Nadal e oxalá no vindeiro ano cúmpranse  todolos vosos mellores desexos.

SoCieDaDe CoNSuMiSTa...

<center>SoCieDaDe CoNSuMiSTa...</center>

"señorita azafata
o menú fíxome dano,
sería vostede tan grata
de achegarme ao baño"...mecano
Pozi, un non pode chegar a darse conta da cantidade de cousas que se pode chegar a fotografiar. Unhas mereceran máis a pena que outras pero do que non teño dubida e que sempre hai que levar a cámara ata os lugares máis insospeitables...

RaZoaMeNToS MeTa-FíSiCos...

<center>RaZoaMeNToS MeTa-FíSiCos...</center>

-Weight - PHoToFRiDaY - PeSo
Ás veces é un gran peso que non che deixa voar e noutras non che fai máis que soñar...
¡a familia ten estas cousas!
A foto é unha das minhas preferidas, o meu fillo Uxio, a minha compañeira de viaxe, mirador da fervenza do Rio Toxa, ano 89-Municipo de Silleda ...

JaTuS_SeRiaL

<center>JaTuS_SeRiaL</center>

Había máis jatus...É o que ten a fotografía dixital, despois da primeira todas son gratis.

a FeLiCiDaDe DoS MiCHiÑoS De DoRViSou

<center> a FeLiCiDaDe DoS MiCHiÑoS De DoRViSou

No antigo Egipto foron deuses e iso non se esquece tan fácilmente.

O mesmo que os congregados de Theleme que non tiñan leis nen estatutos e que, nun interesante exercicio democrático, cada un facía o que lles viña en ganas, durmían, bebian, comían, follaban... eu tamén quero ser un D. GaTo .


FuTuRo iNCeRTo....

<center>FuTuRo iNCeRTo....</center>

Os nenos galegos que non nacen están agochados coma paxariños de inverno tralas silveiras.
Albiscan. Axexan. Ven o panorama e din: ¡ Que naza outro!. A min deíxame estar aquí quentiño, no ventre dos soños...

Nós xa estamos resabiados. Aceptamos como normal o goberno da mediocridad.
Pero o neno galego que aínda non naceu tómase tempo para reflexionar.
Mira polo ollo da pechadura, colle medo, e agóchase nun recuncho do faiado onde se fai invisible.


-¡ Anda, ho! Sae de aí.
-Non quero nacer.
-¿E logo por que ?.
-Non vexo porvir.
-Veña, ho, sae, que xa falaremos con Cacharro...


Texto de Manolo Rivas recollido nas páxinas de Secundino Lorenzo . Un home coa conciencia moi tranquila, apaixoado da natureza e defensor da Galiza dos mil rios.

-eXPeRiMeNTaL-

<center>-eXPeRiMeNTaL-</center>

 - PHoToFRiDaY
É algo experimental. Non é un doce. Non se come.

.

RiNCóN DeL aRRoZ

<center>RiNCóN DeL aRRoZ</center>

eMPeDRaT
L’empedrat é un prato que non ten nada que ver coa realidade política do País Catalán,
a non ser pola cantidade de ingredientes do que está composto.
Anque moitas veces cando ofrezo este plato a xente quedanseme mirando e din " xa estamos outra vez co estatut"
Os meus clientes sempre teñen sentido do humor. Comer ben, ademais de ser unha necesidade fisiolóxica, é unha boa terapia e tamén, como non, un gran prazer.
Bueno, pois xa sabedes onde...El Rincón del Arroz, Los Cristianos - Tenerife.
Outro día postearei sobor dos seus postres orgásmicos

PiCaDiLLo CoNTRaTaCa...

<center>PiCaDiLLo CoNTRaTaCa...</center>

TaRTaR oF TXaKa

Sen comentarios... ¡non vaia ser o demo que me pechen o blog por axitador de masas!

BoN PRoVeiTo...

<center>BoN PRoVeiTo...</center>

Eu tampouco como calquer cousa...
canta razón tiña aquel que dicía que os ingleses inventaran a sobremesa para esquencerse da comida.
Esta foto pertence a unha serie de fotos que estou facendo para expoñer no propio restaurant onde traballo . É un dos pratos que máis me gusta recomendar  pola sua presentación. Un carré de cordeiro de leite asado cunha salsa de romeiro e mel.
A vista é o primeiro dos sentidos que participa nesa comuñon entre o cliente e os manxares, sempre que o cliente non sexa cego, claro está. Tamén é onde un cociñeiro pon de manifesto a seu arte. Sempre digo, que un mal cociñeiro nunca deberá perder o tempo decorando un plato, ademais de mal cociñeiro sería tamén un insensato.
Espero que vos aproveite a todos...Amén

¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SeN eLa...

<center>¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SeN eLa...</center>

Non sei se terei moito tempo para dicir nada porque  o temporal xa está aquí.
Non había mellor día para dar conta dun bon cocido,  que hoxe  coa   chuvia nos vidros despacio a bater
O mencia non estivo mal  para a "sesión vermú" mais deseguida nos decantamos por un  cepas viejas de Mariano Garcia  para maior reconforto dos sentidos.
Agora, pola noite, mentras arrouto, boto de menos a París de Noya
Aínda así... son feliz.

 
 

aRTe Na Rúa ...

<center>aRTe Na Rúa ...</center>

"aRTe Na Rúa" posiblemente sexa o titudo da próxima exposición que faga no centro cultural do povo das Galletas_Arona .
"Pensando en verde" era outra alternativa, mais como non gusto das exposicións temáticas vou facela máis variada.
Estou traballando para completal as fotos con pequenas arroutadas. O problema é que as minhas arroutadas traducidas o castelan perden senso. Bueno, pérdeno se é que o tiñan, claro...

MáiS aRTe Na Rúa

<center>MáiS aRTe Na Rúa</center>

A estética aborda o difícil problema da beleza e da súa relación cos obxectos artísticos e destes coa natureza e o home.

aRTe Na Rúa

<center>aRTe Na Rúa</center>

Contaba unha vez Manuel Vicent que se de todo o universo un pensa en todo o que non precisa,
ao final só queda unha ensalada, algúns versos de Virgilio, unha contra verde dunha ventá,
unha parede de cal e unha tarde moi longa para leriar -eso dígoo eu- cunha amiga sobre nada en particular, mentras uns cans copulan na praia ...(Salvador Pániker en Caderno Amarelo)

iMPeRFeCCióN

<center>iMPeRFeCCióN</center>

Imperfection - PHoToFRiDaY - inperfección
Os espellos son capazes de rirse de un mesmo á cara.
Son capaces de maquilla-la imperfección ou transfigura-la realidade. Son máxicos e confabuladores.
Cando miras un espello podes chegar a entender ese fotógrafo que levas dentro
e que non deixa de interpretar calquer reflexo que brila ós teus ollos.
¡...e todo isto, sen chamarme Narciso!

GaLiZa CaLiDaDe

<center>GaLiZa CaLiDaDe</center>


O artista, coñecedor das súas limitacións como humano que é, sempre anda nesa procura da beleza.
E na propia natureza das cousas atopa esa inagotable fonte de inspiración para dar xeito as ideas e criar un mundo novo.
Os primeiros queixeiros de San Simón e Tetilla quixeron homenaxear deste xeito eses encantos naturais da muller. Esta lúdica, erótica e festiva idea é un amalgama onde case participan os cinco sentidos dos humanos para goze do corpo e alma.

¿TeN CuRa eSTa Loucura?

<center>¿TeN CuRa  eSTa Loucura?</center>

Tenho pensamentos que, se pudesse revelá-los e fazê-los viver,
acrescentariam nova luminosidade às estrelas,
nova beleza ao mundo e maior amor ao coração dos homens...
(Xa sei que o dixo primeiro Fernando Pessoa )
a loucura non ten cura

iNTeGRaCióN

<center>iNTeGRaCióN</center>

AUTORRETRATO
(Fagan o favor, piquen no enlace e comproben cos seus ollos as sete diferencias)
 
O ESPELLO
Un home espantoso entra e mírase no espello.

—¿Por que se mira vostede no espello, pois que non pode verse a si mesmo sen desagrado?

O home espantoso respóndeme:

—Señor, segundo os inmortais principios do 89, tódolos homes teñen iguais dereitos; xa que logo, posúo o dereito de mirarme; con agrado ou desagrado, iso non atinxe máis que á miña conciencia.

En nome do sentido común, seguramente tiña eu razón; pero, desde o punto de vista da lei, el non ía trabucado.( Xela Arias )

Bueno, eu como o R. Madrí, nen tanto como dicen "algunhas" nen tampouco como dín "algúns"...o que si é verdade é que me amparo tamén nos principios do 89.



aMeNCeReS PoLíTiCoS

<center>aMeNCeReS PoLíTiCoS</center>

 
Miradas cruzadas e impasibles   ao tempo.
É curioso e non deixa de ser importante, como Fraga, agora que recuperou a libertade de dicir que o lle peta volve a removela merda  .
Importante, porque deixa moi claro, se alguén tiña dúbida, que había dentro dese espantallo vivente ou intérprete comediante. 
Nestes momentos da minha vida non me interesa a política pero non podo pasar dela. A realidade da noxo e máis que o escomenzo de algo novo parece o fin da terra. 
¡Joer, como me levantei hoxe!