Blogia

DoRViSou

FoTuS PaCuS

<center>FoTuS PaCuS</center>

¡Hoxe pola tarde, a minha Iria chegoume con esta foto do seu irmán Uxio para que a poñese no meu blog.
Díxome que só poñía fotos dela e que él tamén era fillo meu.
E como na minha casa mandan as mulleres...!

aS PRiNCeSiÑaS No MuiÑo

<center>aS PRiNCeSiÑaS No MuiÑo</center>

¿Por qué saco tan boas fotos?...diría Friedrich Nietzsche

WoRN III

<center>WoRN  III</center>

PHOTOFRIDAY
WoRN...(e van tres) 
 
 
Si Pepe, si...fotos sacadas na casa de Cándido en Dorvisou.  Esa casa onde ti naciches, esa casa onde aprendiches o arte da tauromaquia e que tanto che valeu para lidiar touros bravos detrás deses mostradores dos bancos. En esa palleira, da que falas no anterior comentario, só quedan vestixios do que foi o seu pasado.
Estas fotos non deixan de ser unha testemuña da fugacidade, da caducidade, do paso do tempo...
¡ Van por ti, meu amigo! 
 
 

WoRN II (segunda parte...)

<center>WoRN II (segunda parte...)</center>

PHOTOFRIDAY WoRN II

Xa o dicía Baruch Benedict Spinoza , que non nacera en Dorvisou , se non queres repeti-lo pasado, estudiao...

¿Alguén se atreve a dicir o que pode ser esta MaQuiNaRia BaND?




WoRN, uSaDo, GaSTaDo...

<center>WoRN, uSaDo, GaSTaDo...</center>

PHOTOFRIDAY
WORN,usado, gastado...
Cando eu nacín o mundo xa estaba feito, xiraba sempre do mesmo xeito.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...pouco puden facer por cambialo.


o TReCe...De RaMoNa Do Rei

<center>o TReCe...De RaMoNa Do Rei</center>

¡Ah no, cifra fatal!... No humillaréis

el valor de Don Mendo; no podréis;

todos iguales para mí seréis...

¡Trece, catorce, quince y diez y seis!..
¡Ramona do Rei non era supersticiosa , non tiña malos agoiros, mais aquela pintura vermella sangrante...!

WaRMTH...CaLoR

<center>WaRMTH...CaLoR</center>

PHOTOFRIDAY
WaRMTH...Se de calor falamos que outra cousa pode quentar máis que o sol.

eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...

<center>eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...</center>

Despois do ataque de morriña que me entrou onte ao velas fotos de Acedre ,
hoxe fun na procura do meu Outono.
Un paseo polos montes da Esperanza fíxome soñar con el, castiñeiros de amarelas follas e ourizos recachados, cogomelos...
ese sol do mediodía, ese aire fresco,  ese cheiro a terra mollada...
Esa sensación de libertade nos cumes do Teide non ten prezo.


Se BeBeS NoN BeBaS...

<center>Se BeBeS NoN BeBaS...</center>

Se bebes nen conduzca-lo tractor nen vaias botalo millo xamais...

Hoxe, confeso en público, que onte volvin a beber.

Non sei canto mais sei ben  con quén.

Queda xustificada tanta loucura nas letras desta canción " Non todo o que é borracho é polo gusto de selo, só Deus coñece a alma que palpita en cada ebrio...(Tango de Carlos Gardel)

¡Lastima que non lle poda prometer a minha nai nunca máis volvelo a facer!

)

BiMBioS e FieToS by Paco Penas de Dorvisou

<center>BiMBioS e FieToS by Paco Penas de Dorvisou</center>

BiMBioS e FieToS EN PHOTOFRIDAY
Hai palabras "agrícolas" que non deixan de ser como unha testemuña do paso do tempo. Hoxe grazas o tema "delicate" dese trasteiro cheo de miradas instintivas como é photofriday, rescatei dúas das que non agroman acotío das nosas bocas.
Eses "grelos" da foto son como unha sinal inequívoca de que na terra aínda hai vida.

HoMuS FeSTiVuS...

<center>HoMuS FeSTiVuS...</center>

Conta Salvado Pániker nun dos seus diarios que na idade media celebrábase a festa dos locos,
unha festa onde cregos, burgueses, obispos e plebeios se enmascaraban para recitar, cantar, bailar e fornicar...e dicir
alterar o orde cósmico ou natural das cousas.
Agora podo entender, como sendo un neno me proía tanto o corpo nas víspras das festas,
non eran as ansias por ir o día siguente a misa cantada da unha, non, era máis outra cousa...
Esa idea relixiosa dunha festa non era otra cousa que a solda da brincadeira,
o freo da propia gula carnal da foliada.
A verdade é que estou pensando en facerme apóstata e ateo tamén.

LeoNoR, LeoNoR...FRoiTo Do ReaL aMoR.

<center>LeoNoR, LeoNoR...FRoiTo Do ReaL aMoR.</center>

Éramos poucos e pariu a avoa...
¡Xa veremos como chegamos agora ao fin de mes!

SeMeNTe Da TeRRa

<center>SeMeNTe Da TeRRa</center>

Hai homes que mercan unha illa para ser felices. Hai outros homes que lles chega con ter un muiño.
Xosé Taboada é un deses que para ser feliz non precisa dun camión ou dunha parcela na lúa.
Un home que vive na parroquia de Cumeiro, Vila de Cruces,
en armonía e agradecido a esa terra onde se criou.
Un home que traballou arreo na vida para dar uns estudos as súas fillas e manter unha familia.
Emigrante nos seus tempos máis mozos, albañil de profisión, artista de corazón.
Pintor, escultor... e poeta de silenzos e grandes soños.
A súa casa é un verxel en pleno corazón do Deza,
centos de esculturas de madeira e pedra deixan sen palabras a quen se achega a ela.
Unha galería acocha numeradas unha morea de obras de arte talladas en madeira,
outra galería, como un museo , nos permite facer un percorrido a través do tempo para amolecer a alma.
Ese muiño, que aparece na foto, é unha das súas grandes paixóns,
un muiño propiedade dos seus devanceiros.
Restaurado coas súas propias mans e do seu mesmo peto.
O muiño foi inagurado polo alcalde do concello anque como el dixo
" a placa de mármore conmemoradora do feito tívena que pagar eu tamén"
¡Vivir para contar...!

PouCo MeNoS Que ReiNVeNTaNDo a FeSTa

<center>PouCo MeNoS Que ReiNVeNTaNDo a FeSTa</center>

Agora si que chegou o tempo de apaga-lo móvil, a televisión, o ordenador, aparcar o coche, desconeta-lo GPS...para sentarme fronte a unha lareira a debulla-lo futuro.
¡Ai se non fose pola múseca e polo Citadelle!

ToDa a TeRRa éCHe PaíS...

<center>ToDa a TeRRa éCHe PaíS...</center>

Ollando esta foto, lémbrome daquelas palabras do sobranceiro Bush
cando dicía que para loitar contra dos incendios,
o mellor era tala-los árbores.

Que PaSa NeNG...???

<center>Que PaSa NeNG...???</center>


Menos mal que non me atrevin a preguntarlle que miraba, Cool
cada día gústame menos facer fotos a descoñecidos.
calquer día...

¿SeRá, SeRá...?

<center>¿SeRá, SeRá...?</center>

¿Será verdade que ó pechar os ollos o mundo desaparece para sempre?
¿será como senón houbesemos vivido nunca ...?

LOGO

LOGO

...

Eu...PaSaBa PoR aQuí

<center>Eu...PaSaBa PoR aQuí</center>

"Non penses que che espío,
non chego a ser tan ruin;
é unha parvada que ti creas
que quero pillarte nun desliz"(Luis Eduardo Aute)

aRRouTaDaS by PaCo PeNaS

<center>aRRouTaDaS by PaCo PeNaS</center>

Ninguén pode ollar por ti. A técnica é un aprendizaxe pero o xeito de velo mundo é algo unico e intransferible. Podemos saber manexar a mellor das cámaras fotográficas pero sen esa dose de "locura" que se precisa para vela vida baixo outro prisma, non se poden facer grandes cousas no mundo da arte. A beleza das cousas está nos nosos ollos, e tamén no corazón diría peke..así que, a xeito de moralexa, exercita os sentidos se non queres que a túa vida perda sentido.