Blogia

DoRViSou

NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa

<center>NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa</center>

Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas sobor duns fentos verdes, que cheiraban a frescura, a vida...
Un pouco máis tarde él mesmo, tixola, tesoiras na man, se dispoñía a fritilas con un pouco de unto
para unha maior comuñon dos nosos sentidos.
Ás veces penso, que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla
ía desaparecer,debaixo das augas, dos malditos encoros...

CoNSPiCuouS_ ViSiBeL_ NoToRio....

<center>CoNSPiCuouS_ ViSiBeL_ NoToRio....</center>

Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas que cheiraban a rio, a vida, sobor duns fentos verdes. Un pouco máis tarde el mesmo, tixola, tesoiras e unto na man, se dispoñía a brindarnos un tenderete para os nosos sentidos.
Ás veces penso que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla
ía desaparecer, debaixo das augas, dos malditos encoros...

ouToNo TRoPiCaL...

<center>ouToNo TRoPiCaL...</center>

E pensar que moita xente só mira para o chan...

<center></center>

eddd

ReaLiDaDe PoLiTiCaMeNTe DeSViRTuaDa...

<center>ReaLiDaDe PoLiTiCaMeNTe DeSViRTuaDa...</center>

¡Ai Deus,Deus,Deus...!
¡Canta desgana, canta perguiza...!
Sinto a necesidade de volver a beber auga desta fonte, na procura desa dose de inspiración para seguir facendo fotos, para seguir enchendo de fabas de cores o meu saco da fantasía, para seguir medrando...axeno os esforzos de Zapatero e Rajoi por arranxar cada un a súa nación.
Intentarei buscar un oco para pasear pola muralla nesos días estranhos agarrado da man de Gradicela, a sombra dun paleon para investigar na dorfunteca unha cuestión personal na costa dos arrieiros... para seguir soñando con un mundo máis xusto e "máis" mellor.

ffff

ffff

ffff

VACAlandia

<center>VACAlandia</center>

Ás veces sinto morriña. Non me extrañaría que na outra vida houbese sido unha VaCa...
Dicir aos amigos que ando un pouco liado. Por un bando,a calor que aplatana ou achicharra a minha vontade, fai que a minha presenza polo blogomillo sexa máis ben escasa.Tamén que a casa sempre está chea de amigos e familiares que non deixan de aproveitarse de ter un amigo no sur deTenerife... Agora os nenos, coa súa volta a escola, axudaran un pouco a normalizar todo e manteño a espranza, de que a inspiración non me abandone para seguir facendo novas fotos e arroutando.
¡Ei parroquia!¡saúde e terra!

O aMoR Da TRoiTa

<center>O aMoR Da TRoiTa</center>

Presenteille unha amiga e deseguida lle pediu o seu movil para enviarlle non sei que de multimedia. O día siguente ela ensinoume un mensaxe que dicia: "me gustaría dormir con mi boca pegada a tu clítoris para decirte con la lengua cuanto te quiero"
¡Carallo co amor a primeira vista!

Adeus august

Antes de esquencer como se postea quero dar as grazas a santa providencia por sobrevivir a est

<center></center>

O Meu MuNDo NoN DeiXa De SeR uNHa INTeRPReTaCióN...

<center>O Meu MuNDo NoN DeiXa De SeR uNHa INTeRPReTaCióN...</center>

Un deles abriu a carteira e amosandolle uns cantos billetes de 500 euros díxolle ao outro " ¿tes? ¿queres? ¿canto queres ter?...e deseguida me decatei de que estaban a falar de amor. Ese tesouro máis ben escaso nesta sociedade consumista onde todo ten unha etiqueta e data de caducidade.
"

TeNeRiFe By Night

<center>TeNeRiFe By Night</center>

A imaginação consola os homens do que não podem ser. O humor consola-os do que são.
(Winston Churchill)

Eu Tamén QuiXeRa SeR uN SNoB...

<center>Eu Tamén QuiXeRa SeR uN SNoB...</center>

O pensamento é unha reflexión da luz nun punto concreto das nosas neuronas, pensar é contemplar de maneira interna o reflexo da realidade. Somos fotosensibles.(frases, citas)



Xa chegou ese momento máis axitado no meu termómetro laboral, as dores corporais confunden as minhas neuronas e moitas das sensaciones non deixan de ser unha bagatela.
Para acompañalas fotos dun texto, sen perder moito tempo ou mesmo para aproveitalo mellor, sempre me quedará esa longa biblioteca de homes que altruistamente escriben como anxos para os homes que povoamos esta terra.

xx

xx

xx

VoLVeR, VoLVeR...a SeR uN NeNo ouTRa VeZ

<center>VoLVeR, VoLVeR...a SeR uN NeNo ouTRa VeZ</center>

Non podes volver atrás
porque a vida che empuxa
como un oubeo inacabable.
Fillo meu é mellor vivir
coa alegría dos homes
que chorar ante o muro cego. (José Agustin Goytisolo)


Ás veces teño sensacións ou pensamentos vagos que me deixan descomposto.
Fai un pouco, ollando nesta foto do meu amigo Pol, un rapaz que coñecin fai uns días e que vive en Catalunya, sentin unha necesidade, como de ir a praia a facer castelos de areia, pero dos de verdade, para pechalos políticos mentireiros. Ganas de xogar a pelota e esbourala dunha patada contra a sociedade para meterlle un gol o SIDA ou mesmo, de xogar a facer máxia e que desapareza a xente do mundo uns días, para que este respire e colla un pouco de cor.

Non sei, será esta puta calor ou a queimada da noite pasada. Atópome raro, como medrado...

aTTRaCTiVe - aTRaTivo...

<center>aTTRaCTiVe - aTRaTivo...

Recordo a minha xuventude e aquel sentimento que nunca máis volverá; o sentimento de que eu podía durar máis que todo, máis que o mar, máis que a terra, máis que todos os homes...

(Charles Colton)



Non vou entrar a xuzgalo sex-appeal dos meus modelos...Só dicir que me encanta o descaro, o desafío co que se enfrentan o obxetivo.
¡ ay, divina xuventude!

ReTRaToMaNía

<center>ReTRaToMaNía</center>

A única diferencia entre un tolo máis eu é que eu non estou tolo.(Salvador Dali)

LeTaNíaS DoS BiCoS

<center>LeTaNíaS DoS BiCoS</center>

O día que atopemos un bico fósil poderemos saber se o amor existeu na era cuaternaria.(R. Gómez De La Serna)


Ao final, os amigos sempre son os que mellor saen nas fotos. Sintoo polos máis tímidos pero voulle fazer unha pequena homenaxe desde esta humilde bitácora durante os vindeiros días. Se algún se sinte ferido ou ben, non é amigo, que se atreva a dicirmo...

Os CRaVoS De CRiSTo

<center>Os CRaVoS De CRiSTo</center>

Foto adicada a peke, quen padeceu nas súas carnes o feito de ver como unha pasiflora súa florecía cara o xardín do veciño

SiLKy - SeDoSo
Arte na Solaina de Piloño

<center>SiLKy - SeDoSo<h5>Arte na Solaina de Piloño</h5></center>

O cadro é de Paco Lareo