O meu amigo Román Morales é un camiñante canario que pateou en tres anos e medio Sudamérica dende a caribeña Santa Marta, Colombia, ata a terra do fogo, Ushuaia. Conta con un arquivo fotográfico de cinco mil imaxes da viaxe, un libro "buscando el Sur" onde recolle unha boa parte das peripecias vividas e podo dicir, que a caixa da súa memoria aínda bota fume doce anos despois da aventura. Un dos mellores artigos que atopei pola rede é este de Eduardo Galeano, un escritor nado en Montevideo, e que nos acerca un pouco a realidade dos feitos.
"Ao queixo, en Francia chámanlle fromage; pero é igual: todo o mundo sabe que é o queixo" dicía un galego culto e resabido licenciado na facultade da vida.
Moito aGRo, pouco PoP e menos aRT. A minha querida aldea de Dorvisou está a convertirse nun museo. Hórreos asolados pola indiferencia, fontes esquencidas no tempo, muiños sen fariña nen relón, corrupiñas e corredoiras tupídas de silvas e toxos...e o vello barreiros de Jaime Do Souto sen vida á sombra dos sabugueiros.
Cando as flores do xerrón se miran ao espello acordasen do recuncho do xardín no que naceron. (Ramón Gómez De La Serna)
Ela pediume que non a sacara na foto. Eu díxenlle que perdera coidado porque só me interesa o cadro... Mais xa se sabe, que con estes angulares non se pode fiar de ninguén. Posiblemente foi a última vez que engañei a unha muller.
-Non está mal, espiña,non está mal -dixo Candela conciliador-. pero moito me temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas. Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas. Aquela noite pintou un branquísimo lenzo.Branco sobre branco. Logo fixo un corte de navalla na palma da man e co seu sangue pintou unha vaca.Unha vaca vermella e feliz sobre a neve.(Manuel Rivas en uN MiLLoN De VaCaS)
Claro está que Mariano Espiña, o mesmo que esta vaca ou Laxeiro tamén eran do reino do Laranxo.
Doce kilómetros con sete encoros non deixa de ser un crimen contra a natureza. Os pescadores de troitas quedaran sen paraiso e as minhas queridas aldeas da ribeira do Ulla despertaran cada mañan debaixo dun ameazador cobertor de néboas. Así deste xeito, non me extraña que os nosos queridos rios crien en vez de troitas, monstruos que berran atrapados no cemento mentras certos políticoscertos non fan outra cousa que calar.
Non sei se é o mesmo manexar unha foto no PC que no cuarto escuro. Posiblemente facelo no PC sexa moito máis fácil e non con elo lle ímos quitar méritos ó artista...ou non?. Só podo dicir que esta xoia do Picasa2, co que retoquei un pouco a minha foto, é estupendo. Un programa que mercou google para oferecelo de balde aos seus usuarios. Rescata e ordena os arquivos de imaxes e conta con unhas ferramentas moi completas e sinxelas de usar para "xogar" coas fotos. O programa está en inglés e pódese baixar dende aquí, tamen se pode baixar o parche en español dende esta outra páxina para compensar os máis desfavorecidos coma min.
Facía uns días que lle escoitara dicir que buscaban unhas mozas, que non era preciso que falaran o seu mesmo idioma, que non era para falar con elas. Uns días despois vín-nos bailar con elas... non tiñan cabeza, só pernas. ¡AAAAAGGGG...non me fagades moito caso, teño uns 38.5 "decibelios" de febre!
...Pero xa o alcacén non está para gaitas. Unha retirada a tempo vale máis co mellor trofeo. Un saúdo a todos, e pouco a pouco, despois destas pequenas e ben merecidas vacacións, irei poñéndome o día nas leiras do blogomillo.
Un problema no servidor de Blogia fixo que non podera despedirme neses últimos dias antes de voar o paraiso de G...ALICIA e as súas maravillas. Agora desde o reino do Laranxo, da Isolina Crespo, de Laxeiro, de Paco Lareo, do aviador Loriga, do matemático Aller, de Caladinha, de Pepe Penas, Carmen Adán, Neira Vilas ou outros tantos, desde as terras de Carbia, do DEZA, do Ulla, do Arnego e sen foto...MoiToS BiCoS SeN CoNDoN para todos.
Ao mesmo tempo que recibo o "testikulo" de dorfun aproveito para presentar en sociedade unha das frores do meu xardin.
Tamaño total dos arquivos de música do meu PC: Pois uns cincoepico XiGaS, que comparada coa carpeta das imaxes é máis ben pouquiña.
Último disco me comprei: Fai uns dias, ía paseando e vin nun escaparate dunha tenda "Amigos" de Carlos Núñez. Non é doado atopar música galega por este recuncho do Atlantico e moito menos usual comprar música nestes tempos que corren.
Canción que estou escoitando:
Inescapable de SuRaBHi. Unha voz impresionante que me recorda moito a Madrededeus, moi relaxante para escomenza-lo día.
5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
-"A paixao" de Rui Veloso e "Dunas" de G.N.R (por tantas e tantas razóns...) -"Negra Sombra", en calquera das súas versións, e toda a música galega en xeral. -Calquera balada de Eagles, Led Zepelin, Bon Jovi, Boston, Scorpions, Santana...(Ufff, como se nota que xa cumprín os cuarenta) -"So long" ou "Suzane" de Leonard Cohen. (aínda hoxe alucino...como cando fumaba porros detras do palleiro) - Desde fai uns dias "fala povo, fala" xa é como unha mosca detrás das orellas...jeje
¡Ah!, falando de música, tamén teño que dicir que me encanta o hip-hop, ¿como non vou gustar do hip-hop se na minha casa soan vintecatro horas o día os violadores do verso, nach scracht ou supernazamacho?...só faltaría
Tiña moita razón Manuel Rivas cando traducía aquelo de "There´s no such thing as a free lunch" como: Non hai nada como unha boa papatoira da XuNTa. ¡Con gaita ou trombón, empanada ou lacón...! ¡Bon proveito Galicia!
A verdade é que atópome un pouco devanado. Sinto como se tivese o espíritu amoado ou ferida a vontade. Tamén é certo que moitos foron quenes de facer da nada poesía... (lástima que os meus non podan comer dela)
Foime un pouco difícil escoller a foto para o tema de hoxe. Xa sei que o mundo é moi grande, seino desde que escomencei a camiñar. Primeiro desde a minha casa até a escola da Capilla e máis tarde desde Dorvisou até o Castro de Cumeiro para coller a "guagua" escolar... Si,o mundo é moi grande. E a minha aldea, desde a chousavella, tamén.
...jeje, como se nota que só me quedan uns días para colle-las vacacións.
Unha das ventaxas de vivir nas Ilhas Canarias é que a roupa seca antes. ...Unha desventaxa é que no podo facer nada por "botalos". De sabelo, houbera cruzado o Atlántico, pois eles si poden facelo. De todolos xeitos, como este ano estarei por aí, intentarei carrexar voto convencendo a minha nai e a minha sogra de que, agora con ZP, non lle quitaran a paga senón votan o PP.