Moitas veces penso que este mundo sin deuses sería moito máis xusto. Cada día que pasa o meu santuario é menos monoteista, tanto rindo culto o Rioxa, Priorato, Somontano ou Ribeira do Duero. Tanto me da que me da o mesmo...
Si peke, está un pouco retocada. Esta que aquí che deixo é a orixinal. Cando revelaba en BN disfrutaba moito sombreando ou manipulando dalgún xeito as fotos. Unhas veces ás coloreábamos un pouco con acuarelas ou ás virábamos con productos químicos. Agora,con estos fabulosos programas de fotografía podes facer até milagres e senón que lle pregunten aos asesores de imaxe de Manuel Fraga...jeje. Tampouco quero dicir con esto que todas estén retocadas porque a calidade que me ofrece esta cámara dixital é boa, aínda tendo en conta que descoñezo moitas das posibilidades que me ofrece.
Ás veces gustaríame facer unha interpretación máis lúdica dos meus traballos como fotógrafo, mais agora, nesta hora maina da noite, non teño ganas nen argumentos para catalogar esta foto... polo que, mellor será seguir escoitando a María do Ceo cantando fados, lendo os blogs dos amigos e mudalo verbo.
Alguén dixo,falando de fotos, que se miras de noite e de lonxe, a través dunha ventana, a silueta dunha muller bailando ao ritmo dunha música que ti non escoitas...témo-la radiografía dunha fotografía. Claro, se a muller baila ao compás da música de Carlos Nuñez a fotografía é de concurso.
Tiña moita razón Pepe Carvalho, cando dicia que o sexo maila gastronomía eran as cousas máis serias que había. Eu, o mesmo que el, tampouco como calquer cousa.
¡E pensar que hai homes que non "perderon" tres minutos da sua vida en contemplar a beleza dunha rosa! ¡E pensar que hai mulleres que xamais lle temblaron as pernas cun orgasmo! ...non sei que cousa será máis triste
Hoxe disfrutei como un anano das cousas máis mundanas. Desde lava-lo coche a man con caldeiro e unha esponxa nun regato de auga, cousa non moi usual neste sur de Tenerife até quedar pasmado ollando unha ringleira de formigas carrexando pequenas frores para celebrar o mes das noivas, o mes da consagración de María, o mes das cántigas, o mes das frores. E xa non digamos nada do almorzo con caldo galego, lacón con grelos e tarta de Santiago... e ademais, se lle engadimos que pagaron outros, xa me contaredes.
Con imaxinación, así é como se pode retratar ese mundo tan máxico das ilusións, dos sentimentos... Unha foto co paso do tempo tamén é un reflexo da nostalxia. Si, esta foto foi na primaveira do ano 1991, nunha tardiña das moitas que subía co meu fillo até a Torre de Hércules...
E de fondo a illa da Gomera... Esta escultura de ferro vaise convertindo nun dos meus lugares preferidos para facer fotos. E un dos recunchos máis soleados da illa, é un deses paraisos onde aínda se pode soñar e reflexionar. como dicía o meu amigo running: ¡Cantas cousas pode inspirar un vello blues! ¡ cantas vidas podes vivir en tres minutos!... e que lindo é darte conta de todo elo.