Blogia

DoRViSou

<center></center>

oLLaReS

<center>oLLaReS </center>

Só hai unha portada pero tíñamos outras, rezaba aquela revista de contido "político" que se chamaba "eL JueVeS"...pois aquí tamén.

ZooNMaNía...

<center>ZooNMaNía...</center>

Agora podo entender aquelo de que non hai mellor zoon que os pes.
Unha lente fixa ofrece unha boa calidade a cambio de ter que andar moito máis, pois cada vez que queres un novo encadre tes que moverte de un lado ao outro.
Entendo, que neste mundo non se poda ter todo e tamén que o tamaño non importe, pero...
¡coño, un 70-300 axudaríame a fotografiar o mundo sen ter que viaxar!

aS FoToS DoS VeNReS

<center>aS FoToS DoS VeNReS</center>


É unha pena ter que rebaixar tanto a calidade das fotos para postear. Esta, que xa non é a primeira vez que aparece nesta páxina, é unha das minhas preferidas. Aparece un pouco maquillada porque estou a xogar co PIKASA, que é un programiña moi completo para rescatar, ordear e tratar os arquivos e as imaxes..
Desde Tenerife bicos "analóxicos e dixitais" con moito sol.

ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo

<center>ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo</center>


-¡Que fermoso é todo isto! Xamais me sentira tan ben en ningures.
Tareixa a do longo rabo asentiu cun sorriso sabichón:
Si, é fermoso. Pero non vais pensar que é así todos os días ¡ Que máis quixeramos nós! (cousas de Xenoveva)

BiCoS No eSPeLLO...

<center>BiCoS No eSPeLLO...</center>

Eso é, bicos nos espellos é o que fago coa alegría que me da este novo apeiro de labranza. Só fixeron falta dúas fotos para darme conta de que ese obxetivo tiña algo especial no xeito de ollalas cousas. Foi un amor a primeira vista.
Tamén teño a obriga de recoñecer que a nova cámara supúxome mercar un coche sen moito futuro e agora, por culpa do obxetivo, a minha "companheira de viagem" tivo que elexir unha lavadora de segunda categoría. Eso si, custoume moito chegar a convencela de que todas as lavadoras son igualiñas.
¡Ay deus! ¡canta salíva temos que gastalos pobres por un pedazo de ceu!

¿De oNDe ViMoS?(...dunha cea)

<center>¿De oNDe ViMoS?(...dunha cea)</center>

Jajaja...a verdade é que rímonos ben pouco de nós mesmos. Tamén é certo de que somos os únicos animais que o facemos.

PLaSTiC - PLáSTiCo

<center>PLaSTiC - PLáSTiCo</center>



Unha aRRouTada visual como a de hoxe non precisa dos meus comentarios.
Xa sei que estou un pouco vago. Farei algo por amañalo.
Bicos e apertas.

DeixaNDo Que CoRRa o aiRe...

<center>DeixaNDo Que CoRRa o aiRe...</center>

Ao final das boyas está a felicidade do home. Lástima que para alcanzala haxa que ir saltando de unha en unha e non caer.

o NoSo CuRa

<center>o NoSo CuRa</center>

Escoiteille dicir a minha nai de que non era cura, que era un diácono e pensei que xa estaba a falar mal do cura novo.
Mais deseguida entendin que non era certo cando dixo que, daba gloria escoitalo cando predicaba e que moito se preocupara de ir a pedirlle cartos ao Obispo para arranxala igrexa.
Cada día estou máis orgulloso de ser da república independente de Dorvisou.

CoReS QueNTeS

<center>CoReS QueNTeS</center>

Para min a cámara non deixa de ser un ollo que ve.
Sempre teño a necesidade de incorporala como unha articulación máis do corpo cada vez que saío da casa.
A minha compañeira xa escomenza a estar celosa.

HoT- QueNTe-CaLieNTe

<center>HoT- QueNTe-CaLieNTe</center>


Un venres máis, unha foto máis...
O tema de hoxe era caralludo para unha foto un pouco máis voyeur, mais como non quero ferila sensibilidade de ninguén, ímolo deixar así.
¿Onde se vota?
...Pois, entrades polo enlace de photofriday, que está debaixo da foto, e atoparedes na parte superior o siguente texto:
"VOTE! Cast your votes for Noteworthy from the 'Tiny' Challenge!"
Picades na palabra Tiny, xa que sempre se vota a foto da semana pasada,e a dereita aparecen todas as fotos publicadas, entrades na páxina de arroutadas e tamén, por favor, na de jaio la espia, exercendo o voso dereito a votar en "cast noteworthy vote"
Só se pode votar até o domingo pola noite. Así que veña....VoTaNDo que é XeRuNDio

<center></center>

aRRouTANDo...

<center>aRRouTANDo...</center>

Ollando fotografías dos grandes mestres de fotógrafos como David Hamilton, Fulvio Roiter, Bill Brandt... Cheguei a conclusión de que ademais de saber é sempre importante estar aí.
O mesmo que pensaba Fernando Pessoa cando lle escribía á súa queridisima Ofelia, aquelo de "como podería eu amar-te se ti non esistises ou como podería eu posuir-te se ti non estiveses nua, detras daquela pedra..." Bueno, máis ou menos.

<center></center>

MuRMuLLoS e BuRBuLLaS

<center>MuRMuLLoS e BuRBuLLaS</center>

Aquí está a primeira foto da nova Canon D20. Queda inagurado este novo pantano...


Metido e sometido neste enredo da fotografía e a pintura cheguei a estes murmullos fotográficos de Frank Baquet e ó comentario tan puntual de Severino pénelas que fixo dos voos das bolboretas e caramelos de plástico, das pinturas, do meu irmao da alma Paco Lareo.
Son dúas opcións moi válidas para argumentar o meu traballo de hoxe. Ese fío que separa a realidade dos sonos...
A primeira foto dixital da minha, aínda incomprendida e amada, cámara de fotos. Foi hoxe pola tarde, fai un pouquiño...eso é a fotografía, unha instantánea, non hai porque esperar a mañá.

ReTRosPecTiVa

<center>ReTRosPecTiVa</center>

Si, posiblemente sexan estes, ou outros, os cadros que xamais pintarei.


PaiSaXe

O millor, como dicía siloam nos comentarios do último post, é non comparar.


NeBoaDa


Un día atopei, camiñando por unha rúa, unha pintada no chan que simplemente dicía "SoY uN aRTiSTa" e moito me dou que pensar.

TiNY...PeQueCHo...DiMiNuTo

<center>TiNY...PeQueCHo...DiMiNuTo</center>



Ao mellor tiña razón CHarles Baudelaire cando dixo que a fotografía convertírase no campo dos pintores fracasados. Non o sei, só podo dicir que Através dela podo alcanzar cuotas insospeitables de benestar estético. Que grazas a fotografía podo contemplala natureza das cousas desde outro lugar no mundo. Así como que, através de ese pequecho boraco podo mergullarme nesa inmensidade ante á que moitos pecharan os ollos.

¡PoLoS CRaVoS De CRiSTo!

<center>¡PoLoS CRaVoS De CRiSTo!</center>

Semana Santa...e a procesión vai por dentro.

PaiSaXeS eViDa..

<center>PaiSaXeS eViDa..</center>

Semana Santa...e a procesión vai por dentro.