Blogia

DoRViSou

GLoW

<center>GLoW</center>



A estas horas da noite poñerme a escribir algo supoñería fumar un pitillo máis e como o tabaco perxudica moitisimo a saúde mellor será que vaia durmir.
¡Ah! non deixedes de botarlle unha ollada os participantes de photofriday. Hai fotos boísimas.
¡Ata mañá...ZZZZZZZZZZZ!

Un guanche na bicycle

Un guanche na bicycle

¿Os guanches? Algúns cronistas os describirón como tipos altos, fermosos e tirando a rubios( i eu que pensaba que éste era o perfil dos celtas).Hai quen dí que descenden do home cromañon e que están emparentados con os vascos e tamén con algunhas tribus bereberes do Cáucaso.
Bueno,ou moito dexenerarón ou a hestoria minte

ReTRaTo DuN PaRVo

<center>ReTRaTo  DuN PaRVo</center>

Teño que confesar, por se alguén aínda non se había dado conta, de que son un aldeas. Fai un días fun a consulta dun médico, despois de contarlle o meu problema díxome que con ese volante fose a pedir vez para que me mirara outra persoa. Saín de alí e fun-me a coller o número para esperar o meu turno. Collín o 91 e ían polo 31, así que senteime e escomencei a ler o xornal moi sosegadamente. Pasarón unhas dúas horas e aínda ían polo cincuenta e pico, levanteime de moi malas pulgas e fun protestar o mostrador porque me parecía aquelo unha tomadura de pelo. A señora que estaba atendendo a outro, nen se molestou en mirarme e moito menos en facerme caso. Despois de dúas horas e cuarenta e cinco minutos chegou o meu turno.
- Buenas tardes, díxome un señor que acababa de escomenzar a súa xornada de tarde mentras eu levaba xornada e media perdida esperando. Doulle os papeis, míraos, levanta a cabeza e con moita amabilidade dime que esto non é alí, que me poña na outra cola onde di, saúde mental.
Unha señora que está o meu lado mírame e sorrí con certa sorna e complicidade. Eu devólvolle o sorriso e moi resiñado, rinchando os dentes, diríxome a outra esquina murmurando polo baixiño¡ tranquiño Paquiño, ¡tranquiliño Paquiño...!

TeiDe DiXiTaLiZaDo

<center>TeiDe DiXiTaLiZaDo</center>

Allí donde existe sensibilidad se sucede automáticamente la aptitud técnica, pero nunca al contrario. También tenemos que reconocer que consiste ante todo en el talento, esto es, la capacidad cultural y también fisiológica de considerar, describir y comunicar mediante la palabra, la música, el dibujo.....y la fotografía, el acontecer de nuestro espacio existencial.(Fulvio Roiter)

CoNTRaSTeS

<center>CoNTRaSTeS</center>

¿Cada cuánto tiempo se logra hacer una fotografía realmente magistral?-si se es afortunado, acaso se consiga una vez al año. Lo demás no es sino una rutina, una acumulación de centenares de miles de fotogramas. Existe una tremenda desproporción entre los kilómetros de película impresionada y esa única imagen verdaderamente bella. (Thomas Höpker

oLLaReS Do TeMPo

<center>oLLaReS Do TeMPo</center>

As sensacións que tiña cando revelaba unha foto en blanco e negro eran outras. Alí, no laboratorio, tamén se manipulaban as imaxes, sombreabase con unha cartulina ou coa man para reservar unhas zoas e expoñer máis outras. Para viralas en cor sepia tíñamos que preparalos líquidos. Si, todo era un pouco máis romantico...
Non podo deixar de ser un romántico, pero non me fagades moito caso porque estou que me mexo polos pantalóns de gusto cos enredos que me ofrece á DIXITAL.

HouBo uNHa VeZ...

<center>HouBo uNHa VeZ...</center>

Nun tempo houbera alí, xa se sabe, árboles, herbas, flores. Chovía. Verdeaba a tona da terra. Abrollaban asa froitas e os froitos. Facían o seu niño e cantaruxaban merlos, papuxas, estorniños... Ían e viñan as bolboretas e, no xergón de follas murchas que amarelaban o chan no Outono, rebulía por veces algunha cobreguiña rebuldeira ou solazábase un lagarto arnal.




Pero onde el vai que as cousas foran así. Só o recordaban con morriña, os máis vellos, que andaban a contalo unha vez e outra e a doérense do que logo sucedeu.
Todo ocorrera en poucos anos. Aconteceu que calquera podía facer unha casa. Calquera podía estarricar paredes contra o ceu...
Texto:Xosé Neira Vilas, (o home de pau-1998)

LaGoS Do TeiDe

<center>LaGoS Do TeiDe</center>

FaCeS

<center>FaCeS</center>

PHoTo FRiDaY III



Moitas caras ten a vida. Esta é unha das máis fermosas.
Tan pronto como vin de que ía o tema de photofriday esta semana, xa sabía que foto colgaría...Hoxe non tiven dúbida algunha.

LaBiRiNToS Da ViDa

<center>LaBiRiNToS Da ViDa</center>

Ireime de vosoutros, algún día,
e deixareivos os meus medos
e os meus soños..."
("Derradeiro Adeus", M.MONTERO VILLAR)

Nos meus tempos adolescentes, influenciado por algunha flor do mal, cheguei a escribir uns desordenados versos que, máis ou menos, dicían:

Un coitelo acaricia as minhas veas,
un temblor percorre o meu corpo,
escachando vellas feridas
e inundandome de sangue...

Agora, nestes días de inxente tristura,
ben podera escribir algunha elexía porque motivos teño dabondo anque non sexa tempo de poesía. O meu pai, ese home, terceiro pola esquerda, que aparece na foto na compaña dos irmaos, suicidouse o luns pasado cortándose con un coitelo as veas da man e da gorxa, asulagando de sangue e bágoas a chaira das nosas vidas e convertindo o noso presente nun aterrador laio, onde só hai un tempo baldeiro, feito de silenzos e preguntas sen respostas.
Hoxe, esnaquizado pola dor da perda e a tortura síquica dos feitos, só loito na procura dunha maior doses de serenidade e reflexión.
Bicos e apertas.
"

LaGoS Do TeiDe

<center>LaGoS Do TeiDe</center>

Ás veces é difícil ser
e o que hai non sempre é o que é
e o que é
non é sempre o que ves.

(Pedro Guerra en Daniela)

oBSeSióNS

<center>oBSeSióNS</center>

PHoTo FRiDaY II


Quenes sufrimos de cando en vez unha crisis de ansiedad ou pánico sabemos moito de obsesións, do horror, da angustia. Obsesións que atrapan, que anulan a vontade, que deforman a realidade...

<center></center>

PaRaDoR Do TeiDe

<center>PaRaDoR Do TeiDe</center>

Cámara: Sony DSC-707


Decía Thomas Höpker que para un fotógrafo escribir algo verdaderamente profundo sobre as súas fotografías era o mesmo que decir algo profundo sobor da súa vida, e que se debía evitar dentro do posible, a non ser que un fose unha persoa de idade, un escritor impar ou un personaxe de fascinante personalidade.
Pois eu, que non perteñezo a ningunha desas categorías, vou ter que seguir coas minhas arroutadas, que case nunca teñen moito que ver coas minhas fotografías, e deixar que as imaxes falen por si mismas sempre que teñan algo que decir.

SoN uN NeNo, SoN uN NeNo...

<center>SoN uN NeNo, SoN uN NeNo...</center>

Agora podo entender aquel corpo en festa do meu amigo Ramón de Dorvisou cando comprou un tractor novo ou a Manuel de Xaime cando lle paría unha vaca.
¡Ai!¡tanta felicidade xunta non pode ser boa!

áNGeLus

<center>áNGeLus</center>

Co rigor informativo que acostuma esta bitácora quero profundar no manifiesto vacio de poder en San Cayetano, perdón...quería decir no Vaticano.
Parece ser que despois da traqueotomía que lle practicaron ao Pontifice, alguén pensou na posibilidade de contratar a José Luis Moreno para salvalo ritual do Ángelus. Ao final o afamado ventrílocuo perdeu o avión e tivo que ser un arzobispo quen oficiara a oración.
Seguiremos informando.

ToTuS TuuS

<center>ToTuS TuuS</center>

Co rigor informativo que acostuma esta bitácora queremos profundar no manifiesto vacio de poder en San Cayetano, perdón...quería decir no Vaticano.
Parece ser que despois da traqueotomía que lle practicaron ao Pontifice, alguén pensou na posibilidade de contratar a José Luis Moreno para salvalo ritual do Angelus. Ao final o afamado ventrílocuo perdeu o avión e tivo que ser un arzobispo quen oficiara a oración.
Seguiremos informando.

<center></center>

ViSióNS III

<center>ViSióNS III</center>

Medos antigos tantas vezes visitados,
tantas vezes também compreendidos,
só compreendidos, nunca decifrados.(Dos Poemas Noturnos de Celso Japiassu

ViSióNS II

<center>ViSióNS II

E dixo o touro ao morrer "sinto deixar este mundo sen probalas pipas FaCuNDo"