Blogia

DoRViSou

UN POST DE AMOR NA TERRA

<center>UN POST  DE AMOR NA TERRA</center>

Esta é unha desas fotos que pasou moito tempo no caixon do olvido.
Unha foto desas das que pensaba que técnicamente non merecían a pena
e resulta que rematou sendo unha das minhas preferidas.
A máxia do desenfoque dalle un aire anxelical a eses dous seres humanos.
Unha bela estampa de amor antre un filho e unha mamae.
Bueno, eso penso eu.

DESASOSEGO

<center>DESASOSEGO</center>

Nunha viñeta vese un dormitorio cunha cama de matrimonio.
O marido asomado no peitoril da ventá ollaba pasmado o carapucho explosivo
da bomba atómica, que non deixa de ser unha especie de incendio provocado,
sobre os tellados e azoteas da cidade. A mulher, ainda deitada e soñolienta,
escoita o ruido da explosión e pergunta ó marido moi inqueda:
-¿qué pasa?
Ao que lle resposta, como se dun bombeiro se tratase, para mante-la calma:
- Tranquila, tranquila, que non pasa.

IRIA

<center>IRIA</center>

Perguntoulle unha amiga a minha cativa:
¿ e logo Iria, quen é a máis lista da tua escola?
-Carmen Noelia, contestou a nena.
-¿Carmen Noelia?
-si, Carmen Noelia, a minha mestra,

Está claro que hai perguntas que non lle deberíamos facer os nenos
a non ser que non nos importe facer o parvo.

NO PEIRAO

<center>NO PEIRAO</center>

Escoitou pola radio que a nova ministra de agricultura e pesca é unha muller galega de Ourense.( "Espinosa" carteira a da cultura do agro e pesca). Está feliz, nótaselle nos músculos da cara. Ela Tamén soña con un mundo moito mellor...

MARUXÍA

<center>MARUXÍA</center>

Ceos alternando nubes e claros con precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá nas Rías Baixas.Ventos do sudoeste na costa de Lugo. Pola tarde soprarán frouxos en todo o litoral e de dirección variable. Maruxía a marexada pola mañá e mar rizo a maruxía pola tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

MINIMALISMO

<center>MINIMALISMO</center>

Demasiada desproporción antre Ceu, Mar e Terra.

Nos tamén deixámo-la nosa seña,
Facemos hestoria anque por onde pasemos
non medre a herba nunca máis.
Somos bichiños dominantes, cheos de razón...

SOMBRAS NA NOITE

<center>SOMBRAS NA NOITE</center>

Abrímo-la porta e os nosos ollos bateron coa sombra daquel cadaver
colgado, nas escaleiras da azotea.
Ela berrou coma unha porca polo San Martiño,cando lle clavan o coitelo.
E coma un lostrego, sostendo un do outro, fuximos instintivamente cara a ningures.
¿Quén era? ¿quén era?...perguntaba ela cos ollos en branco
mentras o seu corpo abaneaba coma unha xostra.
Tranquila, tranquila, decía eu .
(o mesmo que lle acertei a decir unha vez que lle dera un calambre nunha perna, a minha compañeira)

VEXO CHOVER...

<center>VEXO CHOVER...</center>

Vexo chover a través dos vidros...
é de noite... e a luz do farol
reflicte no asfalto.

Un home enchoupado corre
costa abaixo na procura
de acubillo.

Vexo chover a través dos vidros...
escoito o son intermitente das pingueiras
sobre o frio pavimento.

O ruído dos motores cambia de rexistro...
motores diesel con turbos flamantes.

Vexo chover a través dos vidros...
e escribo estos versos mollados.
(Poema da minha amiga Machi Moreira)

CURRICULUM VITAE

<center>CURRICULUM VITAE</center>

"Os rapaces da aldea somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos...Neira Vilas


Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambealo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
En Dorvisou non había nenos progres
nen hoxendía hai executivos con garabata.
Síntome un armadanza criado no ocaso do arado romano.

DON CARNAL

<center>DON CARNAL</center>

ZOOM

Mentras estou a "postear" unha voz amiga encargase de deixarme clariño
cales deberían ser as minhas prioridades nesta mañan, víspera da primaveira.
É como a voz da minha conciencia. Un anxo con sexo que me sirve de guía.
Ela,compañeira de viaxen, sabe moi ben que non teño outras que non sexan aquelas
onde podan albiscar os meus sentidos un fisquito de pracer.
¡Agora subo, meu ben, a cortarche as uñas dos pes!