Blogia

DoRViSou

DÍA DE PORTAS PECHADAS a felicidade.

<center>DÍA DE PORTAS PECHADAS a felicidade.</center>

Nogalha, esa é a palavra que melhor define o meu estado de ánimo
no día de hoxe. Non fixen nada. Só me deixei levar polo instinto dun animal
ferido no día despois. Almax, aspirinas efervescentes,
un pouco de froita e moita auga para atallar tan grande resaca.
Menos mal que o ron era de calidade,
un PLANTATION rum Venezuela Vintage 1992,
porque senón aínda estaría nas berzas.

A MEMORIA DO BOI

<center>A MEMORIA DO BOI</center>

Catro sementales da cultura na horta da SOLAINA DE PILOÑO mais un louco sen colina
Miguél Anxo Fernán-vello, Paco Penas, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Bragados de Xerais e Paco Lareo


Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss.
O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez.
Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas .
Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala.
Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis.
A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme.
¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos.
Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa.
E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe;
vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura.
Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo.
Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé.
O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza.
Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba.
-Vai vello, Manuel.
-Vai.
-Son os anos, coma nos.
-Son.
E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas.

A MEMORIA DO BOI do meu amigo Xosé Vázquez Pintor

<center></center>

"Si tus fotografías no son lo suficientemente buenas es que no te has acercado lo suficiente dijo Rober Capa". Y el murió al pisar una mina en la guerra de Indochina en el años 1954. Paradojas del destino

GOZOS E SOMBRAS

<center>GOZOS E SOMBRAS</center>

Dete-lo tempo conxelando o movemento.
É unha das fotos que máis me fixo reflexionar sobor da fugacidade do tempo.
Agora tenho a sensación de haver vivido aqueles anos na Corunha
coma un bohemio en París.
Todo escomenzou nunha velha pensión da rua do Orzan
e rematou quince anos despois, nunha profunda reflexión na praia de Riazor.
Atrás quedaba un tempo indefinido de indescifravels sabores e colores.
De primaveiras, de manhans floridas, de febriles poesías inconcretas,
do solsticio romeiro de veráns rendindo-lhe culto ao corpo,
de outonos carregados de melancolia e sombras inconformistas
E de invernos empapados de literatura da vida e roncas palavras...

VIVIR sen morrer no intento

<center>VIVIR sen morrer no intento</center>

O difícil exercício do arte de vivir ben conformandose co suficiente
sen deixarse deslumbrar polo que escraviza.
A felicidade debe de ser outra cousa..

BANANAS

<center>BANANAS</center>

A foto de hoxe adíco-lha a incombustivel jaio porque foi ela o primeiro que me veu o pensamento
cando iba no coche e vin o cartel da foto


A verdade é que cando escribo son consciente das minhas limitacións linguísticas
que non fan outra cousa que merma-la minha vontade.
E ademáis, teño que confesalo, sempre que o fago,
unha sombra a xeito de nube que ameaza con chover
tápame o sol. Esa "nuvem" leva o nome de pawley, de jaio,
descalza, vendell, graciela, a tola de María e outros que leo cada día.
Nunha pequena conversa online con Pawley contábame
que cando el escomenzara neste mundo bitacorero,
esa forza instintiva de superación foi o que o levou a traballar con máis ánimo cada día.
E con esas ansias de superarme ou motivarme me sento a diario neste recuncho.
Esta bitácora non pretende ilustrar mentes inquedas
nen aspirar a cuotas de popularidade non soñadas.
Máis ben, pretende ser un berro calado contra os pecados capitales do mundo
E a mediocridade dos deuses que o amparan... cousas intrascendentes que acontecen.
Nada, que como xa tedes taxi eu son o cama-eros galego nas Canarias que non regresou a terra no xacobeo (soa ben e todo).

OVNIS nas Canarias

<center>OVNIS nas Canarias</center>

Estábamos sentados na azotea tomando unhas cervexas
cando se achegou un obxeto voador non identificado que aterrizou no tellado.
Baixaron dela uns jichiños moi espabilados
e sen mediar palavra, de dous tragos,
bebéronnos as cervexas e fuxiron de contado.

Vivo nunha ilha onde conviven un cento de razas,
baixo un mesmo ceu, sol ou lúa...

KAGUYA

<center>KAGUYA</center>

Éramos poucos e pareu a avoa
Xa me parecía que eses sorrisos ían máis alá dun pose. Estaban alucinadas.
¡Un home, un home!- decían

Sen título

<center>Sen título</center>

Gracias a minha amiga Piedad son un gregueriano convencido.
Un sempre ten a curiosidade, non sei si é para sentirme máis vivo,
de interpreta-lo que acontece.E acontecen, moitas veces, cousas na vida
que mesmo se escapan os nosos límites.
Sen ánimo de entrar en guerras, ¿ Quen se atreve a poñerlle o casacabel o gato?
Ou, o que é o mesmo, Titula-la foto?

GRACIAS por tu me escolheres, LUPITA

<center>GRACIAS por tu me escolheres, LUPITA</center>

Vejo melhor os ríos,
cando vou contigo pèlos campos até a beira dos rioS.

Sentado ao teu lado reparando nas nuvens
reparo nelas melhor....
Trouxeste-me a natureza para o pé de min,
por tu existires vejo-a melhor,mas é a mesma.
Por tu me amares, amo-a do mesmo modo, mas mais,

Por tu me escolheres para ter te e te amar,
os meus olhos fitaran-na mais delongadamente
belas todas as cousas.

Amanha virás, andaras comigo a colher flores pelo
campo

e eu andarei contigo pelo campo a ver-te
colher flores...


FERNANDO PESSOA

ECUACIÓN ...

<center>ECUACIÓN ...</center>

Un home namorado xeme como un louco na ausenza da sua amada:
-Leyla, Leyla...E cando ao fin se presenta ela, di él: Vaite,vaite de ahí.
Non me quites o pracer do meu sofremento.

¿somos raros ou que?

A METAMORFOSE

<center>A METAMORFOSE</center>

Hainos de tódolos cores,
gordos, fracos, altos e baixos,
rubios e morenos, con pelo, sen pelo,
bigotudos, canosos e barrigudos.
Profesores do ensino a maioria, empresarios,
funcionarios e aprendices da vida...
Un circo de variedades onde todo escomenza con abrazos
e curiosidade para rematar bébedos e confundidos
no espello, non máxico, do paso do tempo.
Reloxio non marques ás horas, parecen decir algúns
mentras outros se resisten a cree-lo.

Non sei. E que as ceas de antigos alumnos,
cando se escomenzan os coarenta,
parecen outra cousa. Gústanme, sí, pero...

SEN DEUS

<center>SEN DEUS</center>

Queremos mitos viventes, reais e verdadeiros.
Unha nova vara para reconduci-lo rebaño.
Xa estamos cansos de tanta farsa
acochada detras de vestutos espantallos de farrapos.

¿ SAPIENS, BRUTUS OU ERECTUS ?

<center>¿ SAPIENS, BRUTUS OU ERECTUS ?</center>

Perguntaron-lle a alguén sobor dos efeutos da meditación e respostou:
Antes de practica-la meditación estaba moi deprimido.
¿E agora?
- Agora sigo igoaliño de deprimido, pero xa non me importa.


¿Serán esas, acaso, as sensacións da maioria dos políticos
despois de deixa-la política?

ARROUTADAS EN DO MAIOR

<center>ARROUTADAS EN DO MAIOR</center>

As persoas non somos nada fronte a inmensidade do ceu que nos cobre
e podemo-lo ser "todo" na propia soedade.
Vivimo-lo tempo que nos parece. Nada o pode medir, nada o pode deter.
A vida é unha burbulla de relatividade no infinito. unha bagatela, unha xoia....sempre depende de nos.

Xa o dixo Manu chao: "Eu son un parrandeiro, non un intelectual da múseca"

NOSA SEÑORA DE FENOSA

<center>NOSA SEÑORA DE FENOSA</center>

Aqueles xeitos de felina engatusaronme deseguida e a temperatura das súas fazulas plantoulle lume a minha curiosidade por saber se chegarían a fundirse os nosos corpos abrazados...

KOPAS EN SALVAXE COMPAÑA

<center>KOPAS EN SALVAXE COMPAÑA</center>

Chegamos o Tropicana e ainda non rematara a camareira de poñernos uns habanas
xa estaba Rodrigo desafiando a sorte na pista de baile con duas extranxeiras.
Cando se acercou a busca-la copa díxolle con malicia Luis de Malpica:
¡Oes, non sexas parvo e mórdelle a orella!
-¿Cal delas?,perguntou coma quen non quere a cousa, Rodrigo
¡Home!...será a que non ten pendiente, non vaia ser o demo que rompas un dente.

XÉNEROS...

<center>XÉNEROS...</center>

El chamoulle "eletrodoméstico" i ela quedou calada, sem palavras.
Sentíndose aldraxada e ferida no seu ego. Xa estaba cansa de escoitar
aquel estrebillo socarrón, mil veces repetido, da vella escola machista.
Pola tarde escoitou na radio que vinteduas mulleres morreran asasinadas
no que levamos de ano.
E chorou de mágoa e medo, na soedade, de non estar nen con ela mesma...

AREAIS

<center>AREAIS</center>

Areais da praia das torradas,
salvaxe natureza, mar, ceu e terra...

<center></center>

Costa da morte