Blogia

DoRViSou

AGROPOP-ART

<center>AGROPOP-ART</center>

Estou preocupado porque hoxe pola mañan ao espertar, a primeira imaxen que me veu a mente foi a dun vello tractor barreiros que tiña o meu sogro na aldea.
Antre recentes posts do blogomillo e que mañan durmo en Compostela, estou que non estou.

¡BBRRRUNBRRONN…!Pisalo o embrague e o acelerador a fundo dúas veces como os máis avezados.
Non sei, como querendo estrenalos oidos ou mesmo perderlle medo o ruido.
Cando estaba só na casa maniobraba pola eira. Adiante, atras...sempre pola mesma rodeira
pero o que de verdade molaba era collelo polas longas pistas da parcelaria, eses atallos dos inxenieiros.
primeira , segunda, terceira....soltalo embrague, darlle jas a tope e facelo brincar de diante coma unha becerra, ata que botaba fume nejro con muxicas de lume pola chaminea.

CONTRASTES

<center>CONTRASTES</center>

Sen comentarios

O ARTE DE MIRAR

<center>O ARTE DE MIRAR</center>

A beleza das cousas reside nos ollos de quen as mira tanto como nas propias cousas.

MIRADAS CRUZADAS

<center>MIRADAS CRUZADAS</center>

Voume, como diría o meu amigo Caizan, levántome, xiro encima dun pé, abro a porta e pírome...para a praia.
Nestos días dáme por fazer inventario das nuvens.

PAISAXE ONÍRICO

<center>PAISAXE ONÍRICO</center>

Coido que esta foto xa aparece polos primeiros arquivos pero só quero con elo, volver a "escoitar" da boca de Peke algo bonito.

V.A.C.A.cións

<center>V.A.C.A.cións</center>


O loureiro da casa do Rei ao abrilas ventás pola mañan cediño cando me levanto.
As mimosas da eira de Severino cando vou pola corrupiña do pereiro.
A bosta fresca das vacas cando ando polos camiños,
as xestas, os codesos...
Pecho os ollos e son quen de fabricar ata un aire de toxo coa forza da mente..
TURISMO RURAL
Si, turismo rural...da casa da nae a casa da sogra.
Tempo haverá para dar un paseiño por lugares como a praia das torradas para contrastar sensacións, para liberar o corpo das tensión acumulada no trafego de cada día.
Na mente teño tamén ese día da festa do blogomillo na Solaina de Piloño.

GRANDES FESTAS EN DORVISOU

<center>GRANDES FESTAS EN  DORVISOU</center>


Chove,
hostia, que putada ir a boda coas bragas molladas.
Letizia está tensa. Nótaselle a falla de sexo
mentras a min férveme o leite.
Hoxe é día de festa.

Chove,
Felipe da unha aperta a papá oso,
odia o protocolo.
Mira a letizia e pensa: ¡ay carajo, se estiveramos sos!
mentras, catro vellas durmen un sono debaixo das grandes pamelas.

Chove,
A plebeia xa dixo que si,
escoiteino eu,
mentras o meu corpo daba de sí.


Que non, que non estou loco. Levanteime e facía sol,
un día incrivel, mesmo todo me parece mentira...
Sentin a necesidade dun post Real e non o souben facer melhor. ¿que?

TECNOLOXÍA PUNTA

<center>TECNOLOXÍA PUNTA</center>

Afanado na sua tarefa de sentilo pulo bulir nun mundo raro.

PRAIA DAS VISTAS

<center>PRAIA DAS VISTAS</center>

...Non sei, é unha parvada que vaias ao hotel, ao cabo es...
-¿ que son eu?
-...Home, es unha amiga, ¿non?
- Son a túa amiga. Supoño.Esta marca que tes no brazo, ¡de que vacina é?
- Nin puta idea, na mili púñannos en ringleira e chuzábannos aí cun combinado antitanque.
debe ser unha vacina contra o mundo.
-Estaría ben, unha vacina contra o mundo, contra a vida.
Contra que non te queiran. Que cha puxesen de nena e logo nada che fixese dano.
¿E esta cicatriz de que foi?- os seus dedos desceran e acariñan unha costura na pel do costado
-Apendicite_ incorporouse sobre un cóbado e ela sentiu o seu alento e a súa voz sobre ela-, Oes, tía, deixame que che mire a ti as cicatrices, tamén debes ter algunha ferida, ¿non?,paréceme que tes aquí uns vultos raros.
- xa vexo que estás quente, non che colla frío. Hai unha feridiña que precisa que lle des coidados. Quere aloumiños.
-¿E non quererá outra cousa? Teño aquí un músculo que ten unha tatuaxe que di:* Teño frio e busco abrigo*.
-Logo, primeiro dáme aloumiños, xa virá logo o músculo...
Hoxe tamén eu estou morriñenta, quéreme suaviño, Manuel. Estou rara. Non sei se é lúa chea ou que me está para vir a regra.

Suso de toro en Calzados Lola.

A SOLAINA

<center>A SOLAINA</center>

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.

Dous rios circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.

Sentarse naquela horta, unha noite de vran e lua chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.

cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.

A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.

Paco Penas de DORVISOU.

HOME MADE

<center>HOME MADE</center>

¿Morriña?, ¿Quen? ¿eu?...

O FOTÓGRAFO

<center>O FOTÓGRAFO</center>

"Si as tuas fotos non son dabondo boas é que non estabas o suficientemente cerca" dixo Robert Capa, quen morreu ao pisar unha mina na guerra de Indochina no ano 1954.

VAI RASCA-LA CONA

<center>VAI RASCA-LA CONA</center>

Hoxe volvin a beber, pasoume o mesmo que a Suellen...

MAGMA E MANÁ

<center>MAGMA E MANÁ</center>

O MAGMA FERVE a tres kilométros de profundidade nas entranhas da terra mentras algún vulcanólogo di que estamos no prelúdio dunha erupción pero que esta será tranquila e sen riscos. ¿vulcanólogo ou vidente?

OUTRO MOVEMENTO está a producirse na corteza da terra co plan para controla-la povoación. Sete mil europeos pupulan antre as dependencias do INEM na procura do maná. A polémica está servida.

GREGUERÍAS

<center>GREGUERÍAS</center>

CONSELLO SUPERFILOSÓFICO:
"Faite unha foto e si saes é que esistes"

DÍAS EXTRANHOS

<center> DÍAS EXTRANHOS</center>

Levanteime as sete e media.
Era o meu día livre pero a minha companheira díxome
que ia a quedarse na cama porque tinha gripe.
Entón prepareí o colacao dos rapaces e fun a levalos a escola.Tamén aproveitei para fazer a compra e deseguida regresei a casa. Xa na casa, dei-me conta do día que me esperaba e sen perder tempo puxenme a elo.
Escomencei por limpala casa, fazer as camas, barrer e fregar o chan e ponher a lavadora....sen descoidar, porsuposto, as atencións a minha companheira de viagem. Fixen o xantar e fun a busca-los nenos. Xantamos e fun a levalos a múseca e informatica mentras eu fun a fazer recadinhos que me encarregaran.
Regresei a casa sobor da sete da tarde e rematei limpando os cacharros da cociña e colgando a roupa que mesmo secara xa, na lavadora.
As oito da tarde, nesa divina hora do coito na minha aldea, senteime canso e sen ánimo a fumar o meu primeiro pitilho antre unha sensación mui extranha.
Tiven medo, muito medo, sentin como se me fora a baixar a minha primeira regla.


NOTA DO AUTOR: Covertirme agora o Islán non, prometoo, pero o lusismo non sei que dizer.Tenho necesidade de ordear este galinheiro linguistico que me aterra e me limita.

YAMIL OMAR

<center>YAMIL OMAR</center>

Yamil Omar é un gran comunicador.
Un home xeneroso nos xestos e na mirada.
Amante dos silenzos, do verbo florido e dos bons viños
porque sabe que a vida é demasiado curta
coma para perdelo tempo con mediocridades.

QUÍMICA...

<center>QUÍMICA...</center>

Achegouse a ela e mirandoa dos pes a cabeza espetoulle ¿Bailas?
-Bueno- dixo ela como quen non quere a cousa.
¡Que olhos máis bonitos tes!, apuntou el
- O que importa e ter saúde, respostoulle ela mentras apartaba a cabeza
e miraba para o outro lado.

ALBORADA

<center>ALBORADA</center>

Ainda que vivim pouco, muito sonhei...
Já nom me pode dar a vida nada máis.
Como na Alexandria que loüys
da mao de Anadiomena percurreu,
Demétrio em sonhos possuiu a Khisis,
e desperto non quijo possuíla.
Assim eu renuncio sem saudade nem dor
a vivir nada máis, pois já todo o sonhei.... (O mestre Carvalho Calero)

ARROUTADAS

<center>ARROUTADAS</center>

O primo de Cosaco, o máis listo da aldea, sempre acertaba os pronósticos do tempo.
- Xan, ¿choverá ou non?
- Se sigue así , non ho.
Respostou Xan mentras miraba o sol poñendo a man de visera.
Mais, non era esto todo porque tamén atinaba cando chovía e lle perguntaban:
-Xan, ¿ escampará ou non?
-Si sigue así, non ho.
volveu a "predecir", arroupandose as solapas do abrigo e metendo as mans no bolsillo.


Relato do amigo Cosaco, un galego que vive en Mexico e que tiven a sorte de coñecer na rede.