Blogia
DoRViSou

aRRouTaDaS

O aMoR Da TRoiTa

<center>O aMoR Da TRoiTa</center>
Presenteille unha amiga e deseguida lle pediu o seu movil para enviarlle non sei que de multimedia. O día siguente ela ensinoume un mensaxe que dicia: "me gustaría dormir con mi boca pegada a tu clítoris para decirte con la lengua cuanto te quiero"
¡Carallo co amor a primeira vista!

aRRouTaDaS FeBRiLeS

<center>aRRouTaDaS FeBRiLeS</center>
Facía uns días que lle escoitara dicir que buscaban unhas mozas, que non era preciso que falaran o seu mesmo idioma, que non era para falar con elas. Uns días despois vín-nos bailar con elas... non tiñan cabeza, só pernas.
¡AAAAAGGGG...non me fagades moito caso, teño uns 38.5 "decibelios" de febre!

NaDa, NaDa...

<center>NaDa, NaDa...</center>
A verdade é que atópome un pouco devanado. Sinto como se tivese o espíritu amoado ou ferida a vontade.
Tamén é certo que moitos foron quenes de facer da nada poesía...
(lástima que os meus non podan comer dela)

NaDa, NaDa...

<center>NaDa, NaDa...</center>
A verdade é que atópome un pouco devanado. Sinto como se tivese o espíritu amoado ou ferida a vontade.
Tamén é certo que moitos foron quenes de facer da nada poesía...
(lástima que os meus non podan comer dela)

¿De oNDe ViMoS?(...dunha cea)

<center>¿De oNDe ViMoS?(...dunha cea)</center>
Jajaja...a verdade é que rímonos ben pouco de nós mesmos. Tamén é certo de que somos os únicos animais que o facemos.

ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo

<center>ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo</center>

-¡Que fermoso é todo isto! Xamais me sentira tan ben en ningures.
Tareixa a do longo rabo asentiu cun sorriso sabichón:
Si, é fermoso. Pero non vais pensar que é así todos os días ¡ Que máis quixeramos nós! (cousas de Xenoveva)

ReTRaTo DuN PaRVo

<center>ReTRaTo  DuN PaRVo</center>
Teño que confesar, por se alguén aínda non se había dado conta, de que son un aldeas. Fai un días fun a consulta dun médico, despois de contarlle o meu problema díxome que con ese volante fose a pedir vez para que me mirara outra persoa. Saín de alí e fun-me a coller o número para esperar o meu turno. Collín o 91 e ían polo 31, así que senteime e escomencei a ler o xornal moi sosegadamente. Pasarón unhas dúas horas e aínda ían polo cincuenta e pico, levanteime de moi malas pulgas e fun protestar o mostrador porque me parecía aquelo unha tomadura de pelo. A señora que estaba atendendo a outro, nen se molestou en mirarme e moito menos en facerme caso. Despois de dúas horas e cuarenta e cinco minutos chegou o meu turno.
- Buenas tardes, díxome un señor que acababa de escomenzar a súa xornada de tarde mentras eu levaba xornada e media perdida esperando. Doulle os papeis, míraos, levanta a cabeza e con moita amabilidade dime que esto non é alí, que me poña na outra cola onde di, saúde mental.
Unha señora que está o meu lado mírame e sorrí con certa sorna e complicidade. Eu devólvolle o sorriso e moi resiñado, rinchando os dentes, diríxome a outra esquina murmurando polo baixiño¡ tranquiño Paquiño, ¡tranquiliño Paquiño...!

HouBo uNHa VeZ...

<center>HouBo uNHa VeZ...</center>
Nun tempo houbera alí, xa se sabe, árboles, herbas, flores. Chovía. Verdeaba a tona da terra. Abrollaban asa froitas e os froitos. Facían o seu niño e cantaruxaban merlos, papuxas, estorniños... Ían e viñan as bolboretas e, no xergón de follas murchas que amarelaban o chan no Outono, rebulía por veces algunha cobreguiña rebuldeira ou solazábase un lagarto arnal.




Pero onde el vai que as cousas foran así. Só o recordaban con morriña, os máis vellos, que andaban a contalo unha vez e outra e a doérense do que logo sucedeu.
Todo ocorrera en poucos anos. Aconteceu que calquera podía facer unha casa. Calquera podía estarricar paredes contra o ceu...
Texto:Xosé Neira Vilas, (o home de pau-1998)

áNGeLus

<center>áNGeLus</center>
Co rigor informativo que acostuma esta bitácora quero profundar no manifiesto vacio de poder en San Cayetano, perdón...quería decir no Vaticano.
Parece ser que despois da traqueotomía que lle practicaron ao Pontifice, alguén pensou na posibilidade de contratar a José Luis Moreno para salvalo ritual do Ángelus. Ao final o afamado ventrílocuo perdeu o avión e tivo que ser un arzobispo quen oficiara a oración.
Seguiremos informando.

áNGeLus

<center>áNGeLus</center>
Co rigor informativo que acostuma esta bitácora quero profundar no manifiesto vacio de poder en San Cayetano, perdón...quería decir no Vaticano.
Parece ser que despois da traqueotomía que lle practicaron ao Pontifice, alguén pensou na posibilidade de contratar a José Luis Moreno para salvalo ritual do Ángelus. Ao final o afamado ventrílocuo perdeu o avión e tivo que ser un arzobispo quen oficiara a oración.
Seguiremos informando.

ouToNo ou NoN ToNo

<center>ouToNo ou NoN ToNo</center>
Xa chegou o Outono. É incrible, dixo ela. Podo velo como si estivese dentro.
-Estás dentro, estás no Outono, dixo el. Pero sabía que non o escoitaba.
Ela só oía o estralo das follas secas baixo os pés. Notaba nas meixelas un vento ebrio de viño verde. O fume dun magosto imposible penetraba nos seus ollos. Unha fonte cantigaba á vella maneira das fontes
-Esta é a historia, esta é a minha historia
¿Va que é incrible?, dixo el.
Si, dixo ela. Incrible.
¡Pero, se estás chorando, dixo el sorprendido. ¿Por qué choras?
por nada, dixo ela. E abrazouse a el coas mans xeadas.
( Manolo Rivas arroutando non sei onde)

eSTReLaS SeN Ceu

<center>eSTReLaS SeN Ceu</center>
O cerebro é como un paquete de ideas arrugadas que levamos na cabeza (Gómez de la Serna)

Cando aquel mestre nos preguntaba se habíamos entendido todo, sempre había algún listillo que decía que si mentras a min a única sensación que me podía era a de que non había entendido nada. O máis curioso era que cando preguntaba se alguén quería que volvese a explicalo todo de novo, ninguén decía que si. Despois, nos examens, algúns de aqueles que decían que habían entendido todo non demostraban que viran unha luz moito máis nítida que ós que calaban.
Agora, como podedes ver na foto, adícome a descubrir o universo através das estrelas.

aRRouTaDaS III

<center>aRRouTaDaS III</center>
Os sonos sempre poden ser un anticipo das nosas posibilidades

aRRouTaDaS II

<center>aRRouTaDaS II</center>
A realidade das cousas sen fantasía é angustura.

aRRouTaDaS I

<center>aRRouTaDaS I</center>
Carapuchiña vermella foi o meu primeiro amor. Tiña a sensación de que, si me houbera casado con ela, habería coñecido a felicidade plena ( Charles Dickens)