O meme do traste galego, un fenómeno da rede que traspasou ríos, montes e fronteiras, florece no día no que os galeg@s deciden o seu destiño político durante os próximos catro anos. Decidir é un decir, logo chegaran outros apaños.
Eu xa teño o resultado do sorteo do meme. Non foi antes porque os Sabados, a azafata do concurso non madruga , pero para poñerlle un pouco máis de suspense, deixovos que vexades o video prometido.
Joder!!! Non teño xeito de poder ver o video agora; e secadra fun eu o afortunadoooooo.
Agora viña dicirche que hoxe, a iso das 18:00, podes sintonizar Radio Cornellà -puxen un link no meu blog-. No programa está prevista a participación dun activo blogueiro que tamén participa no trasteo. E sei de boa tinta que ten pensado facer o sorteo do seu Pan de Antas en directo...
Xa vimos o video!!!. Despois de visto, so teño que felicitar a MER por ter gañado un dos mellores premios do Trasteo, e tamén á tua azafata. Asegúroche que xa me sinto "mediogañador" por ter provocado a risa de Iria cando tivo que decir o nome do meu blog, así como o magnífico acento "guanchegalego" cando dixo o meu número... E decirche que, precisamente hoxe, non envexamos moito a climatoloxía canaria; xa que despois de tomar o cafeiño temos pensado ir dar unha volta por estes paraxes marabillosos de...Antas de Ulla, nada máis e nada menos que...o Centro Xeográfico da Galiza!!!
amigo Paco, com os meus sinceros parabéns ao vencedor do sorteio deste blogue, recomendo uma urgente visita ao meu! :0) há lá uma surpresa - acho que é boa - à sua espera!!! um abraço de cá, Alexandra
Noraboa para Mer !. Encantoume o sorteo, o bó tempo, a vosa alegría e ese acento engaialador de Iria. Supoño que quedará para outra ocasión a visita turística a terras de Dorvisou.
ay, que emocionante o sorteo!, xa me vía eu por dorvisou adiante, despois de ter comido e bebido nese restaurante de Vila de Cruces que ainda non coñezo :(
que se lle vai facer! gustoume moito o sorteo, a azafata ten dotes!!!!
É para min unha satisfación moi grande comprobar que despois do 28 de Febreiro aínda queda vida e aire que respirar neste mundo consternado porque a Chousa Da Alcandra e a paideleo non lles tocou nada de nada. Gustaríame compartir con eles un dos dous queixos meus e ata a garrafa de vinho verde, pero coido que vai en contra das normas do concurso, en fin... SOLIDARIDADE.
Noraboa a Mer, xa falaremos, aínda quedan un par de meses pero que se vaia preparando :-)
Agradecer a xenerosidade de Alexandra por compartir con todos. Un bonito xeito de sementar e irmandar.
Graciñas a CARLOS por estar sempre aí.
A Zeltia, que por proximidade sempre nos podemos ver polo verán e disfrutar dunha boa botella de viño do Ullla, cunha partida aos chinos para saber que rematará pagando e quen escojonandose...