Despois duns días noutras berzas non cabe máis peito que disculparse polo abandono desta humilde cova. Un cambio na minha rutina do día a día fíxome baixar os biorritmos e ata pensar na posibilidade de pechar durante uns meses o blog para adicar o tempo a outras actividades. Tempo para postear sempre teño, pero onde realmente se me vai media vida é nesa peregrinaxe de blog en blog... a outra media vida váiseme traballando :-)
E agora, que madrugo para camiñar cada día pola fresca para ir preparando ese treito do camiño de Santiago dende o Cebreiro, non podo quedarme polas noites neste recuncho vicioso. De tódolos xeitos tentarei exprimir aínda mellor o tempo para non deixar de facer isto que me gusta e quero.
Por certo, hoxe deixo a foto inteira da cabeceira, o meu irmao da alma, Manolo de Turces no cume da Madanela, empapándose de terra e néboa. Ao fondo, máis que un río, un encoro... O Ulla culebreándose antre Circes e Ollares, Touro e Vila de Cruces, A Coruña e Pontevedra.
Ollando a foto de hoxe non é difícil imaxinarse porque chamamos ruta da DoRaDa a esas pequenas excursións polos povos de Tenerife. Este pasado luns, na compaña dun amigo atopeime con este recuncho no mirador de Chirche, e xa que non me deixan votar nas galegas, mesmo me fixo pensar en quedarme aí para sempre...
Escribía fai uns días nun comentario que podía entender aos paisanos que venderon as terras, que podía entender as xentes que as compraron, pero que tamén era certo que nunca entender tanto, me valera de tan pouco.
Sigo ordenando os meus arquivos de fotos e deixo aquí duas estampas de PORTODEMOUROS. Dúas imaxes que reflexan en boa parte o meu cabreo por mor deste atentado paisaxístico mentras a moza FENOSA enamora, coquetea e fode, nestes días, con D. Dinero.
¿ Onde está ese canon reparador da desfeita?
Non deixen de sorprenderse co contraste destas imaxes con estas outras
Cando chegamos a certa idade parece que temos a obriga de sabelo todo. Digoo, porque os que temos fillos facemos moitas veces o ridículo intentando maquillar a nosa propia iñoranza.
Se non queredes pasar por parvo cando o voso fillo vos pregunte algún día, que cousa é DORVISOU, non vos perdades este video.
Os Tajinastes en fror son coma un agasallo para os ollos. Curiosa planta que vive a rás do chan durante seis ou oito anos como unha roseta e que remata por florecer durante unhas seis ou oitos semanas, unha soa vez na sua vida, e que chega a alcanzar os tres metros.
A culpa da minha pequena ausenza polo blogomillo tívoa en boa parte o trafego da semana santa , sen esquencer que o meu archivo fotográfico anda medio escaso. Vivo ao día, vou sacando unhas fotiños para ir chegando ao fin de mes...jeje. Agora xa teño a nova cámara arranxada , anque manteño certa desconfianza con ela, espero que se porte ben e podamos disfrutar xuntos en armonia.
Estas fotos son do povo chasnero de Vilaflor . É unha gozada andar por esas alturas... a pureza da súa paisaxe envólvete. Un aire fresco e limpo penetra ata o fundo do ser, osixenando e rexenerando os máis malferidos órganos vitais. Os sons do vento e dos seus pinos sempre me transpórtan a outros montes, a outros eidos...
Por certo, este vindeiro verán non tiña pensado ir a Galiza, pero fai uns días levanteime sen ton nen son e para coller pulo, merquei os pasaxes para irme nas víspras do S. Xoán.
E que xa se sabe, hai forzas sobrenaturais que limitan o pensamento humano.
Cando chegou o verán, algún desalmado nunha acción imperdonable plantoulle lume ao monte ....e agora, cando aínda non chegou a primaveira e no medio dunha paisaxe desoladora, uns almendros xa nos bríndan con frores todo o seu esplendor.
Levanteime raro, pensei en ir a darme un baño á praia dos enoxados e ao final decanteime por ir pasealas extrañas sensacións polo monte da Esperanza. Alí, antre aquela frondosa natureza, frío e humidade, afasteime dos meus males intemporales.
Os diferentes microclimas fan que a vexetación e a paisaxe se convirtan nun paraiso de contrastes. Pódese pasar de tomar o sol nas praias do sur da illa a disfrutar dun espectáculo natural de luces e sons nun curto espazo de tempo.Baixando do Teide cara a Laguna, nos montes da Esperanza, nese límite do mar de nubes quedei sen palabras, unha néboa adentrábase antre os pinos, que ao mesmo tempo deixaban colar os finos raios que reflexaban a luz no chan. A cada instante a luz ía cambiando e con ela as cores do mundo e da vida. Eu sen tempo nen calma, como si se acabase o mundo naqueles intres, disparaba fotos irreflexivas. Na próxima visita levarei os soños preñados no peto para acadar mellores resultados.
Voume aproveitar do *meme das oitos cousas para postear un día máis. Na primeira "memez", como introito, esbocei unha pincelada chea de morriña e nesta segunda oportunidade quero rescatar do álbum da minha vida, unha estampa dos nosos ríos.
E para escomenzar, nada millor que uns versos do meu paisano Xosé Neiras Vilas:
"Río da minha infancia,
auga e nenez que non retornan.
Río meu para sempre."
Si, tes razón Xosé, a auga e a nenez non retornan, non. Quen retornaban eran os salmóns do Ulla cando os había.
Eu, que tamén nacín nunha aldea solaina dun río gardo no rexistro da memoria os máis belos sons das augas cantareiras río abaixo.
Sen esquecer das minhas queridas fontes, nais de tódolos ríos, onde tantas veces bebín auga delas nas cunchas das minhas mans.
Hoxe adícolla foto do río Arnego ao seu paso por Tuiriz, a Secundino Lorenzo , o mesmo que fixo o amigo Manuel Busto de Aquam Latam , fai uns días .
Secundino Lorenzo, a quen non teño o gusto de coñecer persoalmente, pero si teño o prazer, de disfrutar do seu traballo nesa irrefutable paixón polos ríos galegos. Un home que, de non haber nacido home coido que non lle importaría ser unha troita e vivir no río Arnego por ser este, un dos ríos galegos menos contaminado.
A foto de hoxe non teño mais remedio que adicarlla a Manolo Busto. Ollando no seu blog atopei este post e como, xamáis dos xamáis na vida sería quen de describilas cousas con tanta propiedade como nos ten acostumado el, copio e pego.
"Hai cousa dun mes os castiñeiros mareleaban coa candea, que é así como se chama a flor do castiñeiro, da que logo nacerá o ourizo. Os castiñeiros perfuman os campos cun melífico recendo e os contrastes de verdes e amarelos engalanan aínda máis a donosura das súas copas"
Escoitando falar a unha señora que dicía, nun alarde de falsa modestia, que vivir nunha casiña xunto do mar tamén é cansino, quedei eu pensando que debía de ser o mesmo que ter unha casiña a carón da autopista :-)
Segundo a teoría da pobre muller toda a música é ruído, polo que tampouco debe ser merecedora de vivir en paraisos terrenais coma este da comarca do Deza ...ou non?
Desde o cume da Madanela (650 m.) pódense ollar, nos días de boa visibilidade, ata 50 km. arredonda. Xunto do monte do Carrio é Unha das máis fermosas estampas da Galicia do interior. A Madanela atópase na parroquia de Carbia e chegase a ela desde a carretera que vai de Vila De Cruces a Pontelesdesma, dous km. despois do observatorio da Zarragrande.
Nesta foto tan mala que deixo hoxe, destaca o cruceiro "naif" cos nenos que xa non son tan nenos e a singular capela feita nunha iniciativa dos mozos de Carbia, que como dunha oferta promocional de 3x1 se tratase, nos ofrece un lugar para o culto, un mirador contraincendios e tamén sirve de referencia como vértice xeodésico.
Armando Vázquez Crespo, recórdanos nun libriño adicado as terras de Carbia, que as lendas contan que xa os monxes de Carboeiro viñan de tarde en tarde a dicir misa a unha capela que había antigamente e que, como non debían de vir de moi boas ganas pola lonxanía do camiño, aproveitaron ao romper unha pata a mula que traía ao abade, para deixar de complacer aos devotos de Santa Magdalena e abandonando así a capela que rematou polo chan
Ah, a romeria vense celebrando no mes de Xullo, o domingo máis próximo ao 22,...por se alguén quere disfrutar do folckore de alturas
Eu, tampouco poderei ir este ano porque sempre me toca retornar a estas queridas Illas, nas víspras das festas :-)
Fai uns días fun de testigo dun amigo, que tivo a marabillosa idea de casarse, e cando o cura me preguntou se coñecia dalgunha disfunción ou impotencia do meu amigo, quedei de pedra...o primeiro que me viu a cabeza foi ese carteliño que aparece nos bares, xunto das máquinas tragaperras que di: "proibido xogar aos incapaces".
E quedei pasmado ollando como había un gato que quería e non lle deixaban ou como cando levantaba a cabeza do testo o xefe, levantábanna tamén os outros tres con certa desconfianza.
¡Hai que ver...que xa non viven en paz nen os gatos!
Se você quiser minha opinião final sobre o mistério da vida e tudo isso, posso resumi-la em poucas palavras. O universo é como um cofre para o qual existe uma combinação. Mas essa combinação está trancada dentro do cofre. (Peter de Vries)
Os lagos do Teide non existen pero de habelos, serían os lagos máis visitados do mundo. Cando neva ou chove apoza a auga dese xeito. É curioso, porque moita xente canaria pensou que esta foto era un fotomontaxe.
Que felíz fun naquel día no que o meu amigo Marco de Forzans, me troxo un fermoso ramo de toxos dos montes de Garachico. E que é moi triste sentir como pasan os días sen ver unha triste silveira :-)
Esta mañán escoitei como lle preguntaba unha veciña a outra
¿E logo de onde ves?, e a outra, como se fosen máis de dúas contestoulle:
¿Quen eu?... veño de levar os nenos da escola.
O noso misterio máis grande sempre foi saber de onde vimos...pero hoxe quedoume un pouco máis claro. Uns veñen de levar os rapaces da escola e outros vimos da cama :-)
Os montes de Santiago do Teide cubertos de amendoeiros en flor co Teide aínda un pouco nevado de fondo.
Amendoeiros en flor cun mar de nubes e os cumes dos montes da Gomera ao fondo
Escribira un post contando un pouco as sensacións destos días do mundo sen blogia e cando fun a publicalo perdeuse entre o lume que afuma os chourizos da feira do catro de Vila de Cruces, a feira do cocido de Lalin, o carnaval "amargo" de Tenerife e os chismes de San Valentín...Blogia aínda non furrula ben. Bicos e apertas a minha parroquia.
O Tajinaste é unha planta que vin por primeira vez en Canarias. Alguén me dixera que eran plantas que precisaban de certa altitude para alcanzala plenitude e vendo estes exemplares que encontrei fai uns días, pode ser ben certo.
Eu rematara de almorzar como os reis e sain a dar un paseo polos viñedos da bodega do restaurante Tierra de Frontos , cando me encontrei con estas señoritas e non puden máis que fotografialas para que, cando os efluvios do viño menguaran, saber que aquela beleza que cautivara os meus sentidos fora verdade.
Téñoos vistos vermellos e ata o ano pasado en Galicia, concretamente no xardín dun amigo en Dorvisou atopei unha cor violeta que si me deixou traspapelado. Pero así,con esa alegría de cores e no mes de xaneiro, non recordo.
Ollando uns gráficos deste artigo deime conta de que os volcans só son un pequeno anticipo do que pode chegar a suceder coa terra algún día.
Fai uns días tremei no cume do volcán San Antonio,despois de ver no centro de visitantes do propio volcán un documental sobor da última erupción do Teneguía (1971). Co medo metido no corpo fun a dar un paseo pola coroa do cráter, a unha hora que xa non quedaba por alí ninguén, e pouco máis que camiñei dez minutos dos trinta que leva dar a volta. Eu non tiña medo de caer no cráter . O que verdade me impoñía era mirar para o outro lado.
Ás veces penso que teríamos que pagar para disfrutar de certas cousas . Só deste xeito poderíamos "OS HUMANOS" ser máis libres para sentilas con máis intensidade.
Nos ríos galegos, como se pode ver na foto, siguen aparecendo monstruos, algúns din que son do PP. As sensacións que poda ter un galego que viva lonxe da terra, en col dos problemas medioambientales dos ríos galegos,
non deixan de ser as mesmas que outro que viva nela. A impotencia da xente sensible a este tema é descomunal, unha guerra moi desigual, por un lado (xa sei que é moi forte dicir esto) a insolidaridade do povo galego e por outro bando, os intereses personais e partidistas dos nosos políticos que non deixan de disfrazarse para enganar mansamente a un rebaño sen can pastor. A min doéme que os veciños da minha parroquia vendesen o ferrado da terra a 1.500 euros e os da banda do outro lado do río, liderados por alguén máis avezado nestas lides, a 6.000 euros. A min cabréame que o alcalde de Vila de Cruces non fose máis que unha veleta ao son do vento que máis soplaba e non defendese os intereses do seu povo que non deixaban de ser outros que protexer ese espazo natural dunha grande riqueza biolóxica.
Menos mal que para "consolo humano" unha aula de cultura da natureza encargarase de abrirlles os ollos os nenos para facerlles entender de que, xa todo está feito así e nada se pode cambiar, de que se non hai un mundo millor é porque non quixo o papá e maila mamá...
Terras de CaRBia a dos vales e montes que outea o castro Cumeiro a dos ríos, a das pontes...
i eu diría Terras de CaRBia terra de lendas e moita tradición Coto do castelo, alcobre, covas e no cume, a madanela Festas a S. Xoan, Madalena e a nosa señora das Pedras... CaRBia a do chulo, a do americano, a do capador a das viudas, a do mapa, a do xastre, a do leiteiro, a do carteiro. CaRBia a do matacáns ...
Parece ser que cada capa corresponde a unha erupción diferentee que entre capa e capa poderon transcurrir séculos ou milenios. A capa blanca está formada por pedazos de pedra pómez. A capa negra é de picón basáltico e a capa rojiza tamén é picón basáltico, oxidado este na sua formación no contacto coa auga subterránea que entraba no conducto eruptivo e que máis tarde se evaporaba.
Este curioso espectáculo pode observarse baixando do Teide cara o monte das Mercedes.
Nestes dias de vacacións ao levantarme sempre subo a azotea para darlle os bons dias as prantiñas e o noso señor Teide. Mesmo pensaba ir a darme un baño a praia pero cando vin aquel carapucho do Teide todo nevadiño, baixei a todo meter , collín o coche, a cámara e...claro, esto pásame por vivir nunha Illa tan agradecida, cando non hai vendaval ou chove que trona.
Subindo ao Teide atopei con sol e outras veces con néboa, o día prometía mentras ía escoitando a Mercedes Peón e a Brat. Xa no Teide, había moitas nubes que viaxaban dun lado para o outro como si estivesen de mudanza, ás veces mesmo tiña que quedarme pensando mentras se apartaban para que Lorenzo me iluminase. Saquei fotos ata que se abarrotou a tarxeta, o mesmo que facían os pescadores de troitas cando picaban e tamén cando había rios e troitas, claro está. Despois baixei polo meu monte da Esperanza, ás veces chovía, saía o sol e mesmo non se vía a carretera da néboa...Cheguei ata Guamansa para almorzar na casa do millo, ensalada de salmón e aguacate, potaxe de berros e un bacalao fresco con mojo verde e batatas, unha caña, un pouquiño de viño e...
¡Joder, como se nota que estou de vacacións, con tanto rollo xa me olvidaba de colgala foto!
Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas sobor duns fentos verdes, que cheiraban a frescura, a vida... Un pouco máis tarde él mesmo, tixola, tesoiras na man, se dispoñía a fritilas con un pouco de unto para unha maior comuñon dos nosos sentidos. Ás veces penso, que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla ía desaparecer,debaixo das augas, dos malditos encoros...
¡E pensar que hai homes que non "perderon" tres minutos da sua vida en contemplar a beleza dunha rosa! ¡E pensar que hai mulleres que xamais lle temblaron as pernas cun orgasmo! ...non sei que cousa será máis triste
Hoxe disfrutei como un anano das cousas máis mundanas. Desde lava-lo coche a man con caldeiro e unha esponxa nun regato de auga, cousa non moi usual neste sur de Tenerife até quedar pasmado ollando unha ringleira de formigas carrexando pequenas frores para celebrar o mes das noivas, o mes da consagración de María, o mes das cántigas, o mes das frores. E xa non digamos nada do almorzo con caldo galego, lacón con grelos e tarta de Santiago... e ademais, se lle engadimos que pagaron outros, xa me contaredes.
Eso é, bicos nos espellos é o que fago coa alegría que me da este novo apeiro de labranza. Só fixeron falta dúas fotos para darme conta de que ese obxetivo tiña algo especial no xeito de ollalas cousas. Foi un amor a primeira vista. Tamén teño a obriga de recoñecer que a nova cámara supúxome mercar un coche sen moito futuro e agora, por culpa do obxetivo, a minha "companheira de viagem" tivo que elexir unha lavadora de segunda categoría. Eso si, custoume moito chegar a convencela de que todas as lavadoras son igualiñas. ¡Ay deus! ¡canta salíva temos que gastalos pobres por un pedazo de ceu!
As sensacións que tiña cando revelaba unha foto en blanco e negro eran outras. Alí, no laboratorio, tamén se manipulaban as imaxes, sombreabase con unha cartulina ou coa man para reservar unhas zoas e expoñer máis outras. Para viralas en cor sepia tíñamos que preparalos líquidos. Si, todo era un pouco máis romantico... Non podo deixar de ser un romántico, pero non me fagades moito caso porque estou que me mexo polos pantalóns de gusto cos enredos que me ofrece á DIXITAL.
¿Cada cuánto tiempo se logra hacer una fotografía realmente magistral?-si se es afortunado, acaso se consiga una vez al año. Lo demás no es sino una rutina, una acumulación de centenares de miles de fotogramas. Existe una tremenda desproporción entre los kilómetros de película impresionada y esa única imagen verdaderamente bella. (Thomas Höpker
Allí donde existe sensibilidad se sucede automáticamente la aptitud técnica, pero nunca al contrario. También tenemos que reconocer que consiste ante todo en el talento, esto es, la capacidad cultural y también fisiológica de considerar, describir y comunicar mediante la palabra, la música, el dibujo.....y la fotografía, el acontecer de nuestro espacio existencial.(Fulvio Roiter)
Nun tempo houbera alí, xa se sabe, árboles, herbas, flores. Chovía. Verdeaba a tona da terra. Abrollaban asa froitas e os froitos. Facían o seu niño e cantaruxaban merlos, papuxas, estorniños... Ían e viñan as bolboretas e, no xergón de follas murchas que amarelaban o chan no Outono, rebulía por veces algunha cobreguiña rebuldeira ou solazábase un lagarto arnal.
Pero onde el vai que as cousas foran así. Só o recordaban con morriña, os máis vellos, que andaban a contalo unha vez e outra e a doérense do que logo sucedeu. Todo ocorrera en poucos anos. Aconteceu que calquera podía facer unha casa. Calquera podía estarricar paredes contra o ceu... Texto:Xosé Neira Vilas, (o home de pau-1998)
Cando levo a revelar as fotos o meu amigo e fotógrafo Queme, sempre lle bota unha ollada antes de ir eu a buscalas. Fai uns días perguntoume que para que quería estas fotos tan raras i eu contesteille que eran para postear. Quedou calado e como entendendo todo dixo: ¡ ah, pois moi ben...!
Parece ser que no enterro de Avilés de taramancos unha señora chegou a decir, botando unha ollada a paisaxe do cimenterio onde o soterraban, que moi boas vistas levaba. Pois ben,os meus avos tamén a teñen. ¿ou non? Está claro que para esterco si valemos porque a vexetación que aflora darredor de algúns camposantos é unha fermosa devesa.
Eu tamén sofro. Esta de moda sofrer. Ás veces as ideas son como cadullos cangrosos no cerebro que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa no que se está a converter a minha vida.Hai noites nas que parece que voa un gato negro polo horizonte que non me deixa dormir. Son noites nas que quixera deixar de eisistir.
¡Que non se asuste ninguén!...Son cousas que un escribía, fai xa un tempo, neses días non que non chegaba a sair o sol.
Nestas pasadas vacacións baixei até a devesa para dar un paseiño por ese camiño que mesmo parece que remeda ó río. Un camiño feito de saudade, que me trae recordos da minha crianza. De cando íamos armarlle ós peixes ou pescar anguías debaixo das pedras, con un "jancho" especial de ferro, feito por nós adrede. Os recordos ían sacudindo as emocións e as palabran esbouraban dentro de min co lume da paixón. De súpeto escomencei a berralas, a cuspilas fora... eu miraba ao ceu e decía: ¡sobreira, aloumiño, abrigadoiro! E as palabras aínda quentes batían nos valados do mundo para convertirse polo eco en múseca, en melodía...
Contáronme que aos peixes non lles importa ser pescados, pois teñen a sangue fría e non sinten dor. Mais non foi un peixe quen mo contou. (Heywood Brown)
O primo de Cosaco, o máis listo da aldea, sempre acertaba os pronósticos do tempo. - Xan, ¿choverá ou non? - Se sigue así , non ho. Respostou Xan mentras miraba o sol poñendo a man de visera. Mais, non era esto todo porque tamén atinaba cando chovía e lle perguntaban: -Xan, ¿ escampará ou non? -Si sigue así, non ho. volveu a "predecir", arroupandose as solapas do abrigo e metendo as mans no bolsillo.
Relato do amigo Cosaco, un galego que vive en Mexico e que tiven a sorte de coñecer na rede.
El chamoulle "eletrodoméstico" i ela quedou calada, sem palavras. Sentíndose aldraxada e ferida no seu ego. Xa estaba cansa de escoitar aquel estrebillo socarrón, mil veces repetido, da vella escola machista. Pola tarde escoitou na radio que vinteduas mulleres morreran asasinadas no que levamos de ano. E chorou de mágoa e medo, na soedade, de non estar nen con ela mesma...
Escoitou pola radio que a nova ministra de agricultura e pesca é unha muller galega de Ourense.( "Espinosa" carteira a da cultura do agro e pesca). Está feliz, nótaselle nos músculos da cara. Ela Tamén soña con un mundo moito mellor...
Ceos alternando nubes e claros con precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá nas Rías Baixas.Ventos do sudoeste na costa de Lugo. Pola tarde soprarán frouxos en todo o litoral e de dirección variable. Maruxía a marexada pola mañá e mar rizo a maruxía pola tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.
Os humáns cústanos moito asumir a mediocridade, que coma un pano nos envolve. Vivimos nunha aura de endiosamento que mesmo nos descoñecemos. ¡Que se paren as máquinas e reflexionemos!
¡Chiquito emboste, muchacho! ¡Que jartada! Ahí o temos, abollado de papas con carne, arvejas e sancocho, arrayando un millo na cas de bello. Home desempercutido e desinquieto sempre de boncho en boncho, furrungueando...
¿No habéis sentido nunca el extraño dolor de un pensamiento inmenso que se arraiga en la vida, devorando el alma, la carne y no alcanza a dar flor? (Alfonsiña Storni). Pois, o mesmo me pasa a min...
Como aquel que renunciaba a vivir máis porque xa todo o soñara. Así, estou eu , neste divino minuto da minha existencia, despois de soñar que era o protagonista da minha vida .
Na contemplación da natureza pode atopar o home dos nosos tempos a melhor terapia contra os males que acosan o mundo. A necesidade do reencontro é cada día máis grande.
"Un plan hidrológico que no sea capaz de garantizar la presencia de nutrias no debiera ser ni discutido" Miguel Delibes.
O perdido paraiso do pescador de troitas convertirase nun encoro. A imaxen da foto é un reflexo do que lle espera a Galiza do interior para o futuro. Neboa, neboa e máis neboa...só neboa
"Vivo coma nunha ilha sen pontes, por onde non pasan barcos con amigos, nen na proa , nen na popa. Sendo a situación presente da minha vida triste e doorosa"
O meu diario xa non é un diario. Aquelo que no ano 1982 prometia ser un caderno amarillo rematou por ser unha pía de bágoas, un trasteiro das penas...
Tócaa outra vez Sam... Parece decirlle Fraga ó alcalde de Toques. ¿Sabedes cal é o colmo dos colmos? pois ese, ser alcalde de toques e que non lle esté permitido toquetear.
Ata hai poucos anos, só os buscadores de wolfram, algúns lugareños e os corticeiros daquela zoa eran os privelixiados de contemplar tan delongada beleza paisaxistica. O río Toxa déixase caer a cachón desde unha altura de uns cincuenta metros formando deste xeito a máis fermosa fervenza da Galiza do interior. Agora pódese chegar ata o pé delas cáseque en coche ou ir ao mirador que está ao outro lado do rio. O melhor xeito de chegar alí é dirixindo-se dende Silleda pola carretera que vai ata Vila de Cruces e apartando nunha desviación cara a aldea de Pazos. Tamén tedes moi preto o Mosteiro de Carboeiro que data do 1171 e que se atopa noutro marco incomparavel para a contemplación ou meditación. E para rematar, unha visita a minha benquerida SOLAINA DE PILONHO Bueno, xa tedes unha ruta para perder-vos calquer día pola Galiza máis profunda.
Foi polo outono, vivía eu na calle da Torre con Santiago Mato(Touro) e Cesar Dopico(Narón), dous bons aficionados a fotografía, cando unha mañan, enamorado da luz, merquei unhas acuarelas para subir a Torre de Hércules para pinta-la paisaxe. Subín, botei-lle unha ollada darredor e quedei queto-parado, aquelo era incrível, imposivel de pintar. Non tinha nen puta idea por onde escomenzar. Os poucos días merquei a minha primeira cámara de fotos, unha Pentax MX de segunda man por 20.000 pts para seguir na procura daquela inquietude que aniñara en min.
Pedíche-me naturalidade na linguaxe, porque decías que o amor non precisaba das palavras. I eu que non podía estar calado, perdíame antre elas. Fun para ti coma un muinho en vao...
Aqueles xeitos de felina engatusaron-me deseguida e a quentura das súas mans incendiaron a minha curiosidade por saber se chegarian a fundirse os nosos corpos abrazados...
Só o cantarexar do río acompañaba a troula dos nosos pés antre a follaxe, mentras paseaba en silenzo co meu amigo Manolo do Ferreiro, no outono, cando o camiño que remeda o río está cuberto de follas secas e xeadas. E foi el, despois dun tempo máis ou menos longo,quen alterou aquela armonía que governaba a nosa esistencia para decirme que os nosos silenzos xa superaran a barreira da comunicación para convertirse en sentimentos.
Farase de noite e volveran os morcegos, os sapos, as curuxas, as píntigas e os feitizos das menciñeiras... a bailar no meío do caminho. Farase de noite i este home esqueceráse do mundo para sonhar coma un home-lobo neste remanso de paz e olvido caron do Minho.(na casa do muinho
E somos nos quen lle poñemos nomes a toda-las cousas. Quen dividímo-lo tempo en fraccións e a terra en fronteiras. Si, somos nos, o home moderno quen co rexistro da propiedade, fai esto teu, esto meu…
Tenho a sensación...... de que, na vida, compenso a falta de moitas cousas contigo. De que, na vida, hai sonhos que nunca se farán realidade pero son como a luz dunha nova espranza. Teño a sensacion....... de que sempre vou na procura dos teus sorrisos como querendo apreixar algo máis que un sentimento nun secreto compartido. Teño a sensacion....... de estar vivo.
Detras do outeiro, nunha pedra furada, había un bacelo que o vello prantara. Veu unha cabra e comeu o bacelo que o vello prantara, detras do outeiro, nunha pedra furada...
Unha estampa da minha aldea. Este é o decorado permanente do teatro onde lle dou vida ás ideas. Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os sonos e onde non houbo nenos progres nen haberá executivos. Son filho de emigrantes, neto de caseiros....cando eu nacin o meu mundo xa estaba feito, xiraba sempre para o mesmo lado. Moi pouco puden facer por cambealo.