Durme meu neno, durme sen mais pranto, que o tempo de chorar-e vai pasando. Que a terra na que vives, non quer bágoas, percisa homes inteiros pra libertala.
Na vida hai dúas cousas que son máis verdade que outras. Unha que en Canarias sempre é unha hora menos e a outra que para un español é máis barato enviar un paquete postal á Polónia ou Rumanía que á Canarias. Non, non estou de coña...
Moitas empresas non queren enviar os seus productos a Canarias polo feito de ter que pagar o imposto de aduanas . Fai uns meses holfmann envioume unha nota decíndome que sentían moito non poder seguir mantendo o seu servizo de álbunes dixitais porque os gastos de envío superaban en moitos casos o valor da mercancía. Hai un mes tiven que negarme a recoller un agasallo de unha empresa coa que colaboro porque me parecía un atropelo ter que pagar os quince euros que me reclamaba correos e fai unhas semanas volvín a sofrer nas carnes un nova coitelada ao ter que enviar a nova cámara fotográfica , recén comprada, á Canon Madrid cos seus correspondentes gastos ao meu cargo... e para rematar, isto xa non ten perdón de Deus, tiven que suplicarlle a minha nai que deixase de enviarme máis chourizos do Deza e queixos de Bama porque me arruinaba.
Xa estou pensando que cando morra será mellor que me enterren en Canarias porque, tamén neste caso, os portes superarían en moito o valor do fiambre.
Merza , terra de fidalgos, de casas solariegas, Solar da nobreza, dos máis belos casais... terras de augas termais, de ríos e pontes medievais...
Mais, esta ponte da foto non é o que parece. Non é un vestixio da historia de Merza . Coñecido como o arco da Carixa foi cimentado por un particular no ano 1928, despois de que unha riada asolara ca vella ponte. A verdade é non estaría demais recuperala estética do medieval ou do romano e adaptala os tempos modernos. ¿A quen non lle gustaría ver pasalo ave polo acueducto de Segovia?
Foi nunha noite feiticeira, despois do churrasco , do viño, do licor de café... cando o amigo decidiu levarnos ao museiño da Solaina_filla para destapalo xarro das esencias. E como se de unha caixa musical se tratase, ao abrilo baúl dos recordos , unas notas musicais que emerxían do fondo daquela tulla, atraparon a noso espíritu para escoitar unhas historias que mesmo semellaban estar sacadas dalgúns relatos de Charles Dickens ou ambentadas nas vidas exemplares de Uxía Casal.
Cousas sen máis nexo que a poeira do tempo, cousas sen máis liñas que as da vida consumada, como aquel frasquiño das horas de cartón escritas e reducidas a borralla como quen quere desandar o camiño de volta, a damajuana espida onde repousaban as cinzas dun amigo ou a calaveira dun lobo atopada por algún recoveco do monte de Alcobre.
Aínda non sei dos desvelos dos meu amigos que se quedaron a durmir na Solaina aquela noite. Eu, despois de baixar o coche da garda de tráfico cara a Santiago, collin o coche e funme dereitiño para a minha casa, sempre a cabalo da liña contínua.
Foi alí, na Torre de Hércules, nunha marabillosa mañá da sempre alegre primaveira. Pero desta vez non foi con ela, tirado na herba e mirándolle aos ollos como saltou a chispa do amor. Foi na azotea da Torre cunhas acuarelas...
Gustábame a pintura, mesmo me apuntara nun taller na calle da Torre que era onde vivía. Aquela mañá subira á torre para pintar non sei que. Ao fondo, Santa Cristina, Bastiagueiro, o faro de Mera. Máis preto a cárcere, Monte Alto, Riazor, San Pedro de Visma... aquelo era tan inmenso como imposible de pintar para min e preferin deixalo como estaba. Nacendo desta frustación e impotencia o meu interés pola fotografía. Xa vivía cun dos grandes artistas nunha casa que parecía un grande cuarto oscuro, Santiago Mato e Cesar Dopico, así que, non era difícil contaxiarme do entusiasmo desta xente, nesta outra aventura. A fotografía axudoume a descubrir un marabilloso mundo arredor e dentro de min mesmo, a mirar, a soñar... Agora mesmo, a minha vida sen a fotografía sería como un libro sen letras.
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito, xiraba sempre do mesmo xeito e pouco puden facer por cambialo. Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU. Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas. Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.
Unha das primeiras palabras que tecleei nun buscador, recordo que foi DORVISOU. E o resultado da busqueda foi bastante simple e esclarecedor "Su búsqueda - DORVISOU - no produjo ningún documento". Dorvisou, virtualmente non existía... e foi, nese preciso momento cando decidin que había algo que facer para atallar esa inmensa laguna e espallar a palabra DORVISOU pola rede. Cheguei entón ao blog Días estranhos do amigo Pawley e foi dende a súa cova como enlacei a outros blogs , unha cuestion personal , sin que sirva de precedente , ventanas , paleon... daquelas, era doado lelos todos nunha noite, eramos poucos non como hoxe que xa somos unha aldea moi grande. Bueno, pois así foi como naceu este blog co nome de ARROUTADAS, Un nome co que non engañaba a ninguén.
Hoxe, cinco anos despois, tecleas Dorvisou e atopamos o siguente "Resultados 1 - 10 de aproximadamente 31.500 de dorvisou. (0,08 segundos) ". Claro, que tamén teño que agradecer a grande colaboración do amigo e paisano Pepe Penas en Costa dos arrieiros e outros blogs como "o gremio de Dorvisou ", "fortuna vicio e demais familia " Sen esquencer a man de Sechú Sende , conspirador e culpable destes dous últimos blogs, froito dunhas actividades escolares. Magoa que non os seguiran actualizando. Agora ben , tendo en conta que en DORVISOU non se pode conectar un a internet por mor deses teléfonos terceimundistas da epoca do Sr. Fraga, Dorvisou, posiblemente sexa a aldea máis cibernética da Galiza. E para rematar o meme hoxe, un aturuxo para todas as aldeas do mundo.
Ás veces gustaríame colgar fotos dos meus fillos, da minha compañeira, dos meus amigos... Fotos que me gustan pero négome a facelo para non violalos seus dereitos á privacidade e intimidade.
Máis hoxe, sen pedir permiso a interesada, colgo esta foto. A importancia do documento coido que é de interés xeral, polo que espero que non se enfade nen chame ao seu abogado:-)
Por certo a ver como anda de agudeza visual a minha xente e sabe dicirme de que "oficio" se trata?
Alguén debería pidirlle a Xunta que restaurase a vella ponte de Remesquide para pasealos recordos daqueles Domingos pola tarde.
Nada que ver coas obras dos enxeñeiros do ave, o seu mentor foi o Canteiro de Santomé. Ese home que chamaba polo seu nome a todos menos a Fraga, que lle dicía Don Manuel.
Este recuncho da illa ten algo especial para min. É un deses lugares con certo influxo onde calquera pode chegar a sentirse protagonista da súa propia historia. Sentarse naquela terraza pola tardiña, pidir unha xerra de cervexa e deixarse levar polas emocións non é máis que empezar. É unha lástima que as cervexas custen 3.80 €... a felicidade completa parece que nunca é de balde.
Ás veces non entendo onde foi parar a paixón daquel rapaz que un día, non fai moito, devecía por facer realidade tantos e tantos soños.
Acabo de recibir esta foto minha e non podedes imaxinarvos o cobertor da minha pel.... ¡Uff...mi madriña,! ¡maldito o día no que eu tamén troquei facer todo por non facer nada!
Se fose candidato a alcaldía nestas eleccións contaríalle ao meu povo un conto...que había unha vez un povo con grandes alamedas con rosas, camelias e moitas fontes onde a xente paseaba e os rapaces brincaban pola tarde...un povo con prazas e árvores onde a xente se sentaba e parolaba das suas cousas, sen presas, con acougo...
Que había unha vez, fai moito tempo, un povo onde ser feliz non era un conto...
Nestes días o Teide amósanos o seu vestido de gala, Blanco pureza para os ollos dos guiris, godos e outras herbas. Mañan espero subir e despois, nunca mellor dito, xa veremos... Por certo cando vexo os roques de Garcia non podo deixar de sentir nostalxia dos billetes de mil....
Cando me quedo a durmir na casa do meu amigo "Barrigote" en Compostela, sempre me desperto coas ansias de ir a ventá que da cara o interior do convento de clausura de Belvís, para sumirme nunha catarse limpadora vendo as monxas sachala horta .
Cóntame o meu amigo que noutros tempos as monxas procedian das familias da clase media pero que agora había poucas, que adicaban o seu tempo a oración, a facer melindres... que cosían, non sei se para Zara ou quen e tamén facian as óstias para a grande maioría das igrexas compostelanas. Pero que este último negocio íalle a pique por culpa da política de Zapatero que redimía el só case tódolos pecados. ...
Tamén me dixo que só se vían por fora dúas ou tres, pero que sempre traballaba a mesma.
Non me fixo falta cavilar moito para darme conta que a sua caterva está gobernado polo mesmo patrón que a nosa,
en canto a que traballa unha e mandan catro.
De tódolos xeitos, nesa horta nótase que falta un home para cortala herba :-)
Hai xente que se enterou pola radio, a outros contáronllo por teléfono, algúns lérono nos xornais, e os máis despistados, que sempre os hai, enteraranse mañan.
Esta noite moita xente morrerá rebentada e desangrada antre os ferros dun coche, outros esnaquizarán a cabeza ao caer polas escaleiras dunha discoteca ou contra o recanto dun penedo, moitísimos terán que empuñala palma da man na boca do estómago para non vomitalos fígados... xa sei que todo soa un pouco forte, é o que ten a realidade cando é visceral. tamén é certo que moita xente "morrerá" de pracer, pero botando un polvo deses que faga tembrala terra para despedilo ano e escomenzalo outro, algúns vivirán a noite máis feliz da súa vida bailando e ata ligando, moitos se aburriran coma nunca pero manán levantaranse convencidos de que foi unha noite especial. E outros, os poucos, serán quen de ata superar un control da garda de tráfico... ¡Eu, eu...cústame crer que faga tembrala terra, como moito, no millor dos casos, levantareime pola mañá convencido se que foi unha noite especial. Tampouco é o pior! Feliz día e mellor noite a todos os meus amigos.
No antigo Egipto foron deuses e iso non se esquece tan fácilmente.
O mesmo que os congregados de Theleme que non tiñan leis nen estatutos e que, nun interesante exercicio democrático, cada un facía o que lles viña en ganas, durmían, bebian, comían, follaban... eu tamén quero ser un D. GaTo .
¡Ai Deus,Deus,Deus...! ¡Canta desgana, canta perguiza...! Sinto a necesidade de volver a beber auga desta fonte, na procura desa dose de inspiración para seguir facendo fotos, para seguir enchendo de fabas de cores o meu saco da fantasía, para seguir medrando...axeno os esforzos de Zapatero e Rajoi por arranxar cada un a súa nación. Intentarei buscar un oco para pasear pola muralla nesos días estranhos agarrado da man de Gradicela, a sombra dun paleon para investigar na dorfunteca unha cuestión personal na costa dos arrieiros... para seguir soñando con un mundo máis xusto e "máis" mellor.
Ás veces sinto morriña. Non me extrañaría que na outra vida houbese sido unha VaCa... Dicir aos amigos que ando un pouco liado. Por un bando,a calor que aplatana ou achicharra a minha vontade, fai que a minha presenza polo blogomillo sexa máis ben escasa.Tamén que a casa sempre está chea de amigos e familiares que non deixan de aproveitarse de ter un amigo no sur deTenerife... Agora os nenos, coa súa volta a escola, axudaran un pouco a normalizar todo e manteño a espranza, de que a inspiración non me abandone para seguir facendo novas fotos e arroutando. ¡Ei parroquia!¡saúde e terra!
Agora podo entender aquelo de que non hai mellor zoon que os pes. Unha lente fixa ofrece unha boa calidade a cambio de ter que andar moito máis, pois cada vez que queres un novo encadre tes que moverte de un lado ao outro. Entendo, que neste mundo non se poda ter todo e tamén que o tamaño non importe, pero... ¡coño, un 70-300 axudaríame a fotografiar o mundo sen ter que viaxar!
E de fondo a illa da Gomera... Esta escultura de ferro vaise convertindo nun dos meus lugares preferidos para facer fotos. E un dos recunchos máis soleados da illa, é un deses paraisos onde aínda se pode soñar e reflexionar. como dicía o meu amigo running: ¡Cantas cousas pode inspirar un vello blues! ¡ cantas vidas podes vivir en tres minutos!... e que lindo é darte conta de todo elo.
Dóciles ata límites insospeitables, traballadores incansables, sufridores natos, cariñosos e ata intelixentes, a pesares dos pesares. Agora están en peligro de desaparecer, quedan na peninsula Ibérica arredor duns setenta e cinco mil burros mentras fai uns cuarenta anos superaban o millón. Sinto pena que na nosa terra non haxa ningunha asociación en defensa de tan noble animal. Tan só se celebra unha feira anual de burros en A Portela ou a esistencia dun burródromo en Escairón. Mesmo lembro como na Parroquia de Cumeiro-Vila De cruces se celebraba polas festa unha carreira de burros e había un premio especial a aquel burro que despois da carreira primeiro ornease. Collían o animal e venga, cervexa que te criou ata que orneaban e poñían perdida de cervexa a toda a xente. Eu agora non lle atopo graza ningunha pero daquelas debíaa de ter porque nos esconchábamos de risa.
Aquí tendes uns enlaces de interés. Se queredes escoitar ornear un burro picade nesta páxina. Tamén podedes facelo nesta outra.
Os nenos da aldea cando tíñamos que facer algún recado sempre nos decían, que se atopábamos con alguén polo camiño e nos preguntaban que para onde íamos, lles dixéramos que para ningures. E agora, con cuarenta e un anos, xa vou entendendo aquelo de que os nenos da aldea sempre van para ningures. Será que xa estou chegando. Saúde e terra, compañeiros.
Ao fondo vemos a capilla de Dorvisou e tamén uns dos máis frondosos carballos da Galiza . A sombra deles xogábamos os pedriños e os rañolas da aldea.
A casa dos calvetes e a palleira dos Alonso O facer a carretera de "circunvalación" o camiño é unha testemuña de silenzo perpetuo.
Cando algún compañeiro comía unha mazán, Pedriño achegábase a el, paseniñamente, e decíalle con verdadeira humildade: ¡ Non tires o carazo, eh! Despois Pedriño enfiaba os ollos de boi de Belén na gorxa do compañeiro…e decíalle moi untuoso: ¡Ben me podías deixar parte! …e cada bocado que recibía a mazán Pedriño alarmabase: ¡ que chantada lle metiches! Se lle das outra nin chisco queda dela. O mellor que se podía inventar para comer con acougo unha mazán, estando diante Pedriño, era darlle outra a el, guindándolla de lonxe. E cumplía manxar ben ás carreiras, porque senón aínda viña o larchán en demanda do carozo. (Castelao en os dous de sempre)
María Elena Ferreiro é unha fermosa moza da parroquia cruceña de Merza. Filla e neta de zoqueiros de quen herdou a esporta carregada de ferramentas para darlle xeito o pao de cerdeira, abidueira ou ameneiro e seguir a facer zoquiños no século XXI. Hoxe, a diferencia do seu pai e avó que ían de feira en feira vendendo zocos para que a xente tronzase sebes e corredoiras, adícase o mundo da artesania. Feiras de mostras en Galicia, país Vasco, Catalunya, Castela, Andalucia e até levou o seu oficio a Londres e Suiza. Se queredes vela cravear ou sacar pao, non tedes máis que achegaros o lugar de Reboredo-Merza. A sua destreza coa gubia, coa llerda, co revoquín ou mesmo coa mangueira de facer a xabreira fará que viaxedes através do tempo para saber de onde vimos, quen somos, e quen sabe se tamén a onde imos. O meu amigo Xosé Vazquéz Pintor recréase, neste outro libro, nesa Fisterra que ainda mantén firme e teso o orgullo de ser fillos e netos de oficiantes da vida (por certo,a rapaza da portada é María Elena). Un libro, que xunto con os vellos oficios e o recén publicado tal era vivir, axudan a manter viva a memoria da nosa xenuina estirpe de artesans.
...por aquí o tempo está moi revolto, chove un día, neva outro e o siguente fai sol. Minha nai enferma, meu pai cabreado, os cans no palleiro I EU PENSANDO SEMPRE EN TI.
Polo outro bando eu escribía: Através da ventá que da o patio vexo pasar soldados en ringleira co bolso na man dereita, traxe de paseo... Mesmo percibo o brilo dos seus ollos e o sorriso feliz do retorno os brazos das suas amadas. Todo pasa mentras eu, afogo as minhas penas neste triste vaso de viño ¡ puta mili!
Esta colcha é un agasallo da minha nai. Está feita de trapos no tear e non deixa de ser unha mostra da sensibilidade desta muller, filla de caseiros, emigrante nos seus tempos mozos e "labrega" da Galiza profunda no resto dos seus días. Licenciada en letras pola facultade da vida i en matemáticas pola falcultade da necesidade. Como non facía as milagres, cavou ó monte, sementou trigo e fixo un boliño de pan para que non lle morreran os fillos de fame. ¡Moito che quero mamá!
O liño despois de sacalo do corgo estendíano tres ou catro días para secalo ben e levalo a un mazadeiro que había na casa de Valle, na ponte de San Xusto. De volta na casa estirábano coas mans e facían unha manda para espadelalo, quitándolle o tasco co restrelo para separar a estopa do liño. Coa roca e o fuso, mollando as puntas dos dedos na auga, fiábase. E nunha sarilla facíase a maraña e cocíase con borralla. Nun sarillo desfacíase a maraña e enterrábase nun recuncho da corte. Chegaban os novelos ó tear e escomenzaba a orquestra a tocar. A lanzadeira a facer surf antre as canavelas. O queixal ¡plas, plas! apreixando o fío a máis non dar. ¡fiúúúúú...lanzadeira vai, lanzadeira ven! E logo, pisábase cos pes a espremeira para levantaba o vestido do tear, adiantando o organo to begin again.
Máis ou menos, sen múseca, contoumo por teléfono esta tarde minha nae.
Agora perdeu creto. A xente deixou de santiguarse ao pasar por diante e até os nenos xogan polas noites darredor sen medo.. A can esmirriado, todo son pulgas.
Estaba a avóa sentada, a sombra, na eira, léndolle un conto dunha princesa triste a súa neta.
"Había unha vez unha princesa que sempre estaba moi triste . Unha princesa que non tiña palacio nen vestidos de Pertegaz... nen sequera atopaba un "bobón" do que namorarse"
E a rapaza nun xesto consolador díxolle: - Non te preocupes avóa, que os contos non son verdade.
e a avóa clavou a mirada no horizonte e murmurou polo baixo -¡ que tempos aqueles de María Castaña!
Carvalho Calero no seu reloxo adiantado da vida quería recoller froito cando ainda era hora de sementar. A min pasábame o mesmo cando quería facer os regos co arado de pau para sementar as patacas mentras meu avó decíame que para levar o arado primeiro tiña que adeprender a tirar diante das vacas. Ainda así algunha que outra vez deixábame facer uns regos e sempre recordándome que había que levalos moi direitiños dende o principio porque senón despois era moi difícil endereitalos sen ter que voltar atrás. Agora entendo que os seus consellos ían máis aló do que estábamos a facer. Falaba da vida mesma.
Aquí tes unha imaxe para o baúl das tuas lembranzas, amigo Pepe Penas . Fai uns anos entrei nela co meu filho para contarlle tamén cousas dun tempo pasado . Alí estaba o encerado, unha pequena estanteria con libros esquencidos e roidos polos ratos, os vellos pupitres, os conquistadores das Americas, Santo Tomé de Aquino, os catro escudos das provincias galegas. Todo elo obra do pintor de Dorvisou. Na mesa da "señorita" a esfera terráquea onde eu adeprendera que era redonda a terra e no chao o retrato de Franco escarallado e o teito da escola derrubado pola desidia de catro pobres homes que baixo o estatus de propiedade privada prefiren vela desaparecer que entregala o servizo da aldea.
Como un rayo de luz que el sol envía através de mi ventana sombría, En mi frondosa y exuberante fantasía brilla tu imagen hermosa y afrodita.
Ou mesmo
Se hará de noche y ya no veré las olas con su manto azul acariciar las rocas.
Ou tamén
Yo pienso en ti tu imagen está fija en mi mente, sin tregua, a toda hora. Tu ausencia es como una llama de fuego, que en este momento, entre el silencio me devora.
Naqueles tempos as cousas importantes escribíanse en castelan ¿non si, pawley? Eu escribía en castelan i ela en galego pero deseguida me deixei seducir polo encanto da "lingoa" galega. Ao final, como decía (Fernandinho Pessoa)
A verdade é que hoje As minhas memórias Dessas cartas de amor É que são Ridículas.
Traguei dinamita porque quero voar a ponte da anguria que vai da noite o día.
Un coitelo acaricia as minhas veas, un tembror percorre a meu corpo escachando vellas feridas para inundarme de sangue...
E ao final escribía unha fraseciña de Lord byron que decía " A adversidade é o primeiro paso cara á verdade". Non foi tan grande a dor dos meus días. Eu como os poetas finxía...
A vida xa non é unha festa onde se divirtan os pobres máis que os ricos. Parece ser que houbo un tempo onde home construía o seu propio paraiso a partires do seu propio pensamento. Era eu un adolescente, agora xa son un adulto...teño que ser razoabel.
Falaba co meu filho dos estudos e díxenlle: Mira, o tren pasa só unha vez. Así que, ou te subes a el ou quedas como un tonto na estación. E contestoume: Non te preocupes paaaa.... Os tontos na estación son moi felices.
"O neno é o pai do home" reza un sábio dito popular. ¡Salvemos os nenos da voracidade do mundo contemporáneo! ...para que as vindeiras xeneracións fagan desta terra un lugar habitabel onde a representacion dos sete vicios capitais sexa só puro teatro.
O finito é miséria e o infinito non está o nosso alcanço. Fauna estranha a humana fauna, cuja essência incide en superar a súa própia essência.
Toda a criatura em ser o que é baseia a sua existência. A pomba quer ser pomba; O bido, bido; como a pedra, pedra. Fam-no o mellor que poden, e isso é todo.
...
Mas o home é home enquanto quer ser máis que home; A sua essência é aspirar á essência do que é inumano e que chamamos Deus; Finito que pretende a infinitude.
...
Só a criatura humana se rebela contra os desígnios con que Deus a traça; Desde que o fruto da árvore da ciência provou, non menos que a ser Deus aspira.
O mestre Carvalho Calero" nunha lección maxistral sobor dos destinos do home.
Unha prostituta escribía nunha revista de socioloxía o siguente: " que sería da integridade física de miles de xovenciñas se nosoutras non frenasemos os ímpetus sexuais desa caterva chamada homes" - ¡ non é o lobo o principal inimigo do home, non !
Na illa de Tenerife tanto se pode tomar o sol no mes de Maio como ir facer unhas táboas á neve nas Cañadas no Teide. Agora, de aí a esto outro, que acabo de atopar na rede, hai un anaquiño. ¡Tenerife ten estas cousas...!
Os nenos nas escolas perden moito tempo en conceptos como arriba, abaixo, grande, pequeno, blanco e negro para chegar a entender as diferencias que marcan os destiños dos que viven no norte ou no sur. (Mesmo non estaría demais incluir certa bitácora nos deberes dos máis cativos para sensibilizalos coas inxusticias que sacoden as costas do mundo.)
Autor da escultura: Paco Lareo Texto: Recollido do blog de Garetoxo
A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico. Con tal motivo na Solaina de Piloño celebrouse unha Xuntanza de Forxadores e gaiteiros nunha homenaxe o sábado dia 13 de decembro de 2003 como lembranza ós musicos desaparecidos en concreto, e á música popular en xeral. A noite do 25 ó 26 de xullo de 1968, noite de Santiago, tres gaiteiros de Piloño, Carmelo Espiño, o seu fillo Jesus e Enrique Silva volvían as súas casas despois de actuar na festa de Santiago de Novefontes no concello de Touro. O único instrumento que levaban consigo era a gaita de Valo de Combarro prestada polo seu dono para aquela ocasión, os outros instrumentos quedaran na casa dun veciño de Novefontes xa que logo debían volver para tocar ó día seguinte. Entre esta aldea e Piloño, só existen uns poucos metros de auga do rio Ulla que daquela se salvaban gracias a barca de Saturno e a barca de Ramiro. Sobre as 3 horas da madrugada chegaron os tres músicos ó lugar coñecido como "A Ponte Basebe" en compañia doutros tres romeiros veciños da parroquia de Salgueiros Manuel Pampin Peiteado, José Souto Ramos e Carlitos Parcero Navaza que , pretendian igual ca eles, volver ás súas casas cruzando o rio na barca de Saturno. O barqueiro non estaba. O rio, controlado pola central hidroeléctrica de Portodemouros levaba moito caudal de auga. O habilidoso patrón fluvial, non aparecia. A noite propiciaba á valentia. O desafio parecía viable. Embarcados os seis homens no barquete botáronse a un río descontrolado, atrevido e festivo que aceptaba o reto dos seis homes. A forza da natureza fronte a fronte con seis mozos. Perdido o contacto co aramio guía que une ámbalas duas veiras do rio como única vía que os vencella coa terra e coa vida, a barca perde autonomía e como unha mo´rtífera cesta de vimbios tripulada por homes desesperados, pérdese na escuridade, batendo corpo con corpo entre os saloucos húmidos e desesperados duns homes que tentan resucitar dun final que non ofrece dúbidas. A traxedia non tarda en facerses con tres nomes; dous músicos Enrique Silva e Carmelo Espiño e o mozo José Souto Ramos desaparecen entre as augas. Jesus Espiño consegue amarrarse á vida en forma de pola de ameneiro, durante seis horas de abrazo desesperado. Manuel Pampin e Carlitos Parcero son os que dan a voz de alarma entre a vecindade que xunto coa Garda Civil, descobren os corpos sen vida dos tres integrantes daquela estremecedora viaxe. Nunha das Beiras do río, onde a auga lixeiramente amaina das correntes, a gaita de Valo, arrolada polos prantos é rescatada do naufraxio. Aquela madrugada de Santiago foi para PIloño, a derradeira noite, o derradeiro estío, a derradeira viaxe da música á escuridade de trinta e cinco anos de silencio.. Posted by goretoxo at Noviembre 30, 2003 10:14 AM
Dende hoxe, día 11, até o día 17 a SOLAINA DE PILOÑO vestirase de gala para acoller a VII Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas. Artistas consagrados con amplos curriculuns e outros máis noveles deixaran testemuña do creto que ós avala nestas xornadas que organiza cada dous anos a Fundación Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO ( Vila de Cruces-Pontevedra). Neste ano participaran no evento artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.
O carácter internacional desta, máis que consolidada, xuntanza serve para poñer de manifesto que as iniciativas privadas poden deixar co cú ao aire a máis dunha institución pública no eido da Cultura. A cultura para quen a mama. Quen soña con un mundo mellor é o povo. Os políticos sempre viven no mellor mundo dos posivels.
A clausura será o Sabado día 17. Nese día expoñerase ao público a obra criada polos autores en LIBERTADE. Así que, os que teñan a oportunidade de achegarse alí non deixaran de sorprenderse do paraiso que encerra aquela cancela da casa do ferreiro de Paxariñas.
A SOLAINA DE PILOÑO é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén. Paco Penas.
Sobre as ribeiras opostas dun río atópanse dúas palmeiras. Teñen de altura 10 e 15 metros respectivamente, dende o nivel da auga. Os troncos das palmeiras están separados por 25 m. Enriba de cada palmeira está pousado un paxaro. Os dous paxaros ven ó mesmo tempo un peixe, na superficie da auga, sobre a recta que une os pés das dúas palmeiras. Os paxaros chegan a mesma velocidade e o mesmo tempo ó peixe. ¿a que distancia do pé da palmeira máis alta apareceu o peixe?
¡ Hai que ver que oco máis grande deixaron no ceu as torres xemelgas. Agora ata se ve dende o castelo de San Antón o parque de Sta. Margarita ! ¡ Nova Iork, Nova Iork, A cidade onde ninguén é forasteiro, agás o alcalde que é de La Coruña !
Aínda me estou perguntando se estaban a posar para min ou andaban á ameixa
Subiu Deus á barca, e seguírono os seus discípulos. De súpeto levantouse tan gran temporal que as ondas cubrían a barca; pero el durmía. Os discípulos foron despertalo, exclamando: —¡Señor, sálvanos que afogamos! El díxolles: —¿Por que vos acovardades, homes de pouca fe? E poñéndose de pé increpou aos ventos e ao mar e veu unha gran calma. Os homes, abraiados, dicían: —¿Quen será este a quen incluso os ventos e o mar obedecen?
A verdade é que foi un tempo inconcreto porque dubido que haxa reloxio que poda medir un tempo tan indefinido. Xuntáronse a fame coas ganas de comer. A máquina de sacar fotos convirtiuse nun membro máis do corpo e apostandome nun recuncho da cidade máis Atlantica disparei, coma un posuido, contra todo aquelo que rebulía o meu caron
Así quedaron as minhas vísceras nesta tarde despois da mala sorte de Alonsiño e a catástrofe da Armada invencivel, jeje ! Menos mal que nos queda PORTUGAL...¡
Estou preocupado porque hoxe pola mañan ao espertar, a primeira imaxen que me veu a mente foi a dun vello tractor barreiros que tiña o meu sogro na aldea. Antre recentes posts do blogomillo e que mañan durmo en Compostela, estou que non estou.
¡BBRRRUNBRRONN…!Pisalo o embrague e o acelerador a fundo dúas veces como os máis avezados. Non sei, como querendo estrenalos oidos ou mesmo perderlle medo o ruido. Cando estaba só na casa maniobraba pola eira. Adiante, atras...sempre pola mesma rodeira pero o que de verdade molaba era collelo polas longas pistas da parcelaria, eses atallos dos inxenieiros. primeira , segunda, terceira....soltalo embrague, darlle jas a tope e facelo brincar de diante coma unha becerra, ata que botaba fume nejro con muxicas de lume pola chaminea.
Voume, como diría o meu amigo Caizan, levántome, xiro encima dun pé, abro a porta e pírome...para a praia. Nestos días dáme por fazer inventario das nuvens.
O loureiro da casa do Rei ao abrilas ventás pola mañan cediño cando me levanto. As mimosas da eira de Severino cando vou pola corrupiña do pereiro. A bosta fresca das vacas cando ando polos camiños, as xestas, os codesos... Pecho os ollos e son quen de fabricar ata un aire de toxo coa forza da mente.. TURISMO RURAL Si, turismo rural...da casa da nae a casa da sogra. Tempo haverá para dar un paseiño por lugares como a praia das torradas para contrastar sensacións, para liberar o corpo das tensión acumulada no trafego de cada día. Na mente teño tamén ese día da festa do blogomillo na Solaina de Piloño.
"Si as tuas fotos non son dabondo boas é que non estabas o suficientemente cerca" dixo Robert Capa, quen morreu ao pisar unha mina na guerra de Indochina no ano 1954.
O MAGMA FERVE a tres kilométros de profundidade nas entranhas da terra mentras algún vulcanólogo di que estamos no prelúdio dunha erupción pero que esta será tranquila e sen riscos. ¿vulcanólogo ou vidente?
OUTRO MOVEMENTO está a producirse na corteza da terra co plan para controla-la povoación. Sete mil europeos pupulan antre as dependencias do INEM na procura do maná. A polémica está servida.
Levanteime as sete e media. Era o meu día livre pero a minha companheira díxome que ia a quedarse na cama porque tinha gripe. Entón prepareí o colacao dos rapaces e fun a levalos a escola.Tamén aproveitei para fazer a compra e deseguida regresei a casa. Xa na casa, dei-me conta do día que me esperaba e sen perder tempo puxenme a elo. Escomencei por limpala casa, fazer as camas, barrer e fregar o chan e ponher a lavadora....sen descoidar, porsuposto, as atencións a minha companheira de viagem. Fixen o xantar e fun a busca-los nenos. Xantamos e fun a levalos a múseca e informatica mentras eu fun a fazer recadinhos que me encarregaran. Regresei a casa sobor da sete da tarde e rematei limpando os cacharros da cociña e colgando a roupa que mesmo secara xa, na lavadora. As oito da tarde, nesa divina hora do coito na minha aldea, senteime canso e sen ánimo a fumar o meu primeiro pitilho antre unha sensación mui extranha. Tiven medo, muito medo, sentin como se me fora a baixar a minha primeira regla.
NOTA DO AUTOR: Covertirme agora o Islán non, prometoo, pero o lusismo non sei que dizer.Tenho necesidade de ordear este galinheiro linguistico que me aterra e me limita.
Ainda que vivim pouco, muito sonhei... Já nom me pode dar a vida nada máis. Como na Alexandria que loüys da mao de Anadiomena percurreu, Demétrio em sonhos possuiu a Khisis, e desperto non quijo possuíla. Assim eu renuncio sem saudade nem dor a vivir nada máis, pois já todo o sonhei.... (O mestre Carvalho Calero)
Catro sementales da cultura na horta da SOLAINA DE PILOÑO mais un louco sen colina Miguél Anxo Fernán-vello, Paco Penas, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Bragados de Xerais e Paco Lareo
Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss. O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez. Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas . Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala. Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis. A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme. ¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos. Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa. E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe; vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura. Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo. Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé. O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza. Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba. -Vai vello, Manuel. -Vai. -Son os anos, coma nos. -Son. E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas.
O difícil exercício do arte de vivir ben conformandose co suficiente sen deixarse deslumbrar polo que escraviza. A felicidade debe de ser outra cousa..
A foto de hoxe adíco-lha a incombustivel jaio porque foi ela o primeiro que me veu o pensamento cando iba no coche e vin o cartel da foto
A verdade é que cando escribo son consciente das minhas limitacións linguísticas que non fan outra cousa que merma-la minha vontade. E ademáis, teño que confesalo, sempre que o fago, unha sombra a xeito de nube que ameaza con chover tápame o sol. Esa "nuvem" leva o nome de pawley, de jaio, descalza, vendell, graciela, a tola de María e outros que leo cada día. Nunha pequena conversa online con Pawley contábame que cando el escomenzara neste mundo bitacorero, esa forza instintiva de superación foi o que o levou a traballar con máis ánimo cada día. E con esas ansias de superarme ou motivarme me sento a diario neste recuncho. Esta bitácora non pretende ilustrar mentes inquedas nen aspirar a cuotas de popularidade non soñadas. Máis ben, pretende ser un berro calado contra os pecados capitales do mundo E a mediocridade dos deuses que o amparan... cousas intrascendentes que acontecen. Nada, que como xa tedes taxi eu son o cama-eros galego nas Canarias que non regresou a terra no xacobeo (soa ben e todo).
As persoas non somos nada fronte a inmensidade do ceu que nos cobre e podemo-lo ser "todo" na propia soedade. Vivimo-lo tempo que nos parece. Nada o pode medir, nada o pode deter. A vida é unha burbulla de relatividade no infinito. unha bagatela, unha xoia....sempre depende de nos.
Xa o dixo Manu chao: "Eu son un parrandeiro, non un intelectual da múseca"
Aqueles xeitos de felina engatusaronme deseguida e a temperatura das súas fazulas plantoulle lume a minha curiosidade por saber se chegarían a fundirse os nosos corpos abrazados...
Chegamos o Tropicana e ainda non rematara a camareira de poñernos uns habanas xa estaba Rodrigo desafiando a sorte na pista de baile con duas extranxeiras. Cando se acercou a busca-la copa díxolle con malicia Luis de Malpica: ¡Oes, non sexas parvo e mórdelle a orella! -¿Cal delas?,perguntou coma quen non quere a cousa, Rodrigo ¡Home!...será a que non ten pendiente, non vaia ser o demo que rompas un dente.
Nunha viñeta vese un dormitorio cunha cama de matrimonio. O marido asomado no peitoril da ventá ollaba pasmado o carapucho explosivo da bomba atómica, que non deixa de ser unha especie de incendio provocado, sobre os tellados e azoteas da cidade. A mulher, ainda deitada e soñolienta, escoita o ruido da explosión e pergunta ó marido moi inqueda: -¿qué pasa? Ao que lle resposta, como se dun bombeiro se tratase, para mante-la calma: - Tranquila, tranquila, que non pasa.
"Os rapaces da aldea somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos...Neira Vilas
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU. Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas. Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños. Cando eu nacin o mundo xa estaba feito, xiraba sempre do mesmo xeito e pouco puden facer por cambealo. Neto de caseiros, fillo de emigrantes... En Dorvisou non había nenos progres nen hoxendía hai executivos con garabata. Síntome un armadanza criado no ocaso do arado romano.
Acercouse a ela mirandoa fixamente os ollos. Cunha man acariciaba-lle as meixelas, coa outra xogaba coas loiras guedellas que mesmo parescían fíos de ouro. E mentras se bicaban, el, meteu a man no bolsillo, sacou unha pistola e tirou-na o fundo do pantano. Amabaa e non o sabía.
Mentras estou a "postear" unha voz amiga encargase de deixarme clariño cales deberían ser as minhas prioridades nesta mañan, víspera da primaveira. É como a voz da minha conciencia. Un anxo con sexo que me sirve de guía. Ela,compañeira de viaxen, sabe moi ben que non teño outras que non sexan aquelas onde podan albiscar os meus sentidos un fisquito de pracer. ¡Agora subo, meu ben, a cortarche as uñas dos pes!
Poder, diñeiro, palacetes con griferia de ouro, coches intelixentes... ¡Cantas cousas para colma-la felicidade de calquer ser humán! E resulta, que a ti meu ben, só se che ocurre pedir-lle a vida todo aquelo que non se pode comprar nen con cartos, nen en botica, nen no corte ingles. Pedir "querer sentir" xa debe ser coma ter meio camiño andado, porque ¿sabes ti cantas persoas viven nesta terra sen ter esa necesidade? ...Eu tamen quero senti-la libertade de vivir, coma ti, as emocions e os sentimentos.