Blogia
DoRViSou

Galiza Calidade

15, AGoSTo...

OCorpinho 092

ZooM

Eu tamén pregunto ¿E que fas ti, que non estás de festa...?

 

OCorpinho 166

ZooM

 

GaLiZa PHoToS

OCorpinho 195

ZooM

Eu, hoxe traballo...

Alguén ten que cumprir cos servizos mínimos :-(

 

OCorpinho 148

ZooM

GaLiZa LeiT MoViT

 

IMG_0582

 

ZooM

Aquela mañá, aínda na cama, xa estremecera de sensacións. O corpo, sen querer, ía preparandose para o día grande da festa. Mesmo podía percibir como unhas cantidades indefinidas de bilis xa ían acumulando na visícula para intervir no caso dun atracón.

Eu percibía que algo descoñecido estaba facendo non sei que. Eran unhas forzas sobrenaturais as que turraban de min para levitar o meu corpo no ar e porme deseguida en pé. Abrín as contras da ventá, aínda era de noite, chovía...pero eu sentía a necesidade de liberarme daqueles pesadelos que me atrapaban na desesperación.

Pechaba os ollos e escoitaba no inconsciente o bravido do mar e o ruído das olas bater contra as polainas dos pescadores na procura do polvo para o grande banquete da minha felicidade. O vapor das potas de cobre xa chegaban á min, o mesmo que o cheiro á pólvora . Todo elo enchéndome de razón.

... E que para certas cousas, sempre se precisa de moita devoción

OCorpinho 013

ZooM

 

 

FeiRa Do CoCiDo en laLín

A matanza do porco

Pido talvez o que non podes dar-me.

O que talvez ninguén

pode dar-me. Isso pido.

 

Mas se tenho necesidade

desse alimento, pouco consolo é

para a minha fame que tal grao

non se dê nas estepas desta terra...

Estos versos do grande mestre Carvalho Calero, resumen que nindiola o meu estado de ánimo nestas datas.

PoLBo á FeiRa

Pota de Cobre

Ás veces, cando miro ese polbo xa cocido e cortado envasado ao vacío nas tendas, danme arrepíos. A min o que me gusta é comelo na feira, que che sirvan o pan e o viño sen preguntar e compartir mesa longa con descoñecidos. O máis curioso pasoume este pasado verán na feira do doce, na Golada, ao pidir a conta díxome a señora, "O pan e o viño sonlle dúas mil pesetas das de antes..."

¡Viva María Castaña !

NOTA DA EDITORIAL : Como teño pendente unha invitación da Rapaza do Arco para contar oito cousas que me pete, deixo este post como primeira declaración dun amor enfermizo polo polbo á feira :-)

 

Polbo á Feira

FiLLoaS á PeDRa Na SoLaiNA

clausura 069

Podía ser un papel, unha tea, unha pel... pero é unha filloa á pedra. A rapaza do arco recibiu unha maxistral clase do decano do centro de estudios da filloa de Merza, D. Xosé Molina, na Solaina de Piloño , con motivo da clausura da VIII Forxa literaria. Unha proba que superou con matrícula e que non esquecerá mentras viva.

Peke, cáseque acertas, tamén é certo que tiraches para todos os lados sen mirar :-)

Ah, e non deixedes de botarlle unha ollada a estes dous post do sempre douto Manuel Gago en Capítulo Cero. San Salvador de Camanzo e A Solaina de Piloño .

¡AGGGGG.....QUE ATAQUE DE MORRIÑA ME ESTÁ ATACANDO!

O GRaNDe BuFFeT

No CaBo Da HoRTa
Wholesome in PHoToFRiDaY

A amistade e a felicidade non precisan de grandes banquetes. Tamén podemos atopalas compartindo un bocadillo de sardiñas cun amigo á sombra, no cabo da horta.

Máis COMFORT GaLaiCo

CoMFoRT GALAICO

"Comfort" non sei, pero reconfortante parece...

Tiña pensado poñer a foto dos jatus, pero como xa a puxera noutra ocasión, preferín acompañala desta outra para que as minhas fans se entreteñan e non se aburran de ver sempre as mesmas. Por certo, estaba pensando que a minha amiga Peke , con este ambente que reflexan as dúas fotos ía a relaxarse de moito coidado na minha aldea. Posiblemente lle prestase tanto como a brisa mariña. Alí, tampouco da golpe ninguén... :-):-):-):-):-)

 

 

 

PiNTo e MaRaGoTa...

mulleres galegas_3

Intentando poñer un pouco de orden nos caixóns das minhas fotos, van aparecendo algunhas que xa un tiña esquencido ou mesmo descubrindo outras, fotos que naquel día pasaron desapercibidas e hoxe as ves con outros ollos. O que si é verdade é que, co paso do tempo, a fotografía sempre axuda a abrir o baúl dos recordos para rematar empapandote de melancolía e outras sensacións.
Esta foto de hoxe recórdame aquela caldeirada de Pinto e Maragota que comín na casa do Rillote nunha aldea que se chama Leloio. Baixáramos a comprar o peixe a lonxa de Malpica e unha señora que vendía percebes , intuindo xa que era eu das terras do Deza,  metiume gato por lebre....Pero bueno a caldeirada estivo insuperable e aínda hoxe, mirando esta foto pareceme que ule e alimenta.

oS LiBRoS aRDeN MaL

IMG_4233
aMPLiaR FoTo
Fai uns días, escoitando ao amigo Pawley, alguén chamaba o programa extrarradio para recomendar un libro "tres segundos de memoria " de Diego Ameixeiras. Cando, inocentemente, lle preguntaron se xa o léra contestou, que so a primeira páxina, pero que xa na primeira línea quedara impresionada...¡eso si é intuición!
Pois eu, despois de ler os tres primeiros capítulos de os libros arden mal, tamén teño dereito a recomendalo...Manuel Rivas, Suso de Toro e Xosé Vázquez Pintor son dos meus escritores preferidos, posiblemente porque reflexan como ninguén, ese escenario onde se forxaron os meu primeiros soños...
Xa sei que hay moitos outros que poderan cautivar o meu interés, mais os meus compromisos laborais non dan para moito máis...de aí, que o blog e a fotografía sexan como un exercicio de hixiene mental


ReaL FRuiT oF GaLiCia

 

 

prazeres legítimos, projetados por Deus para o usufruto do ser humano...

aRTe Na SoLaiNa

<center>aRTe Na SoLaiNa</center>

 

 

 

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA,

sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza...

 

Fai xa dous anos que non actualizo o blog da Solaina. O feito de vivir lonxe fisicamente non debería ser un problema, sempre que o compromiso sexa firme para seguir adiante. Intentareino, non importa desde onde o faga, ben desde o blog da Solaina ou desde aquí. Tampouco se vai ser unha vez a semana ou dúas ao mes...O que de verdade importa é que dalgún xeito teño que ser cabal e xusto coas minhas ideas e non deixar morrer este "fervor" da paixon.

 




¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SeN eLa...

<center>¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SeN eLa...</center>
Non sei se terei moito tempo para dicir nada porque  o temporal xa está aquí.
Non había mellor día para dar conta dun bon cocido,  que hoxe  coa   chuvia nos vidros despacio a bater
O mencia non estivo mal  para a "sesión vermú" mais deseguida nos decantamos por un  cepas viejas de Mariano Garcia  para maior reconforto dos sentidos.
Agora, pola noite, mentras arrouto, boto de menos a París de Noya
Aínda así... son feliz.

 
 

GaLiZa CaLiDaDe

<center>GaLiZa CaLiDaDe</center>

O artista, coñecedor das súas limitacións como humano que é, sempre anda nesa procura da beleza.
E na propia natureza das cousas atopa esa inagotable fonte de inspiración para dar xeito as ideas e criar un mundo novo.
Os primeiros queixeiros de San Simón e Tetilla quixeron homenaxear deste xeito eses encantos naturais da muller. Esta lúdica, erótica e festiva idea é un amalgama onde case participan os cinco sentidos dos humanos para goze do corpo e alma.

CaCHaReLaS Do San XoáN
Praia dos Cristianos-Arona

<center>CaCHaReLaS Do San XoáN<h5>Praia dos Cristianos-Arona<h5></center>

"Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.

"

...Pero xa o alcacén non está para gaitas. Unha retirada a tempo vale máis co mellor trofeo.
Un saúdo a todos, e pouco a pouco, despois destas pequenas e ben merecidas vacacións, irei poñéndome o día nas leiras do blogomillo.

aRRouTaDaS eLeCToRaiS...

<center>aRRouTaDaS eLeCToRaiS...</center>
Unha das ventaxas de vivir nas Ilhas Canarias é que a roupa seca antes.
...Unha desventaxa é que no podo facer nada por "botalos". De sabelo, houbera cruzado o Atlántico, pois eles si poden facelo. De todolos xeitos, como este ano estarei por aí, intentarei carrexar voto convencendo a minha nai e a minha sogra de que, agora con ZP, non lle quitaran a paga senón votan o PP.

¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SiN eLa...!

<center> ¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SiN eLa...!</center>
Poñemola pota ó lume con auga e un anaquiño de unto, despois bótaselle o lacón, a cacheira, o rabo, a costela, as unllas, a lingoa, a tenteira, a galiña, os grelos, as patacas, os chourizos.
Con arte, cariño, xenerosidade e... lume manso.
Hoxe, tódolos cocidos que se fagan noutra sitio do mundo serán sucedáneos.(Agás ó de Cristimil que é de cercanías...)

O cartel da feira ten renome internacional véndose desilustrado como cada ano por persoeiros do calibre de Bertin Osborne ou dos incombustibles Gayoso e os tonechos, que non lle chegan a facer sombra o protagonista que sempre será o porquiño.
¡AHHGGGG.........QUE ATAQUE DE MORRIÑA!

PoLBo TaMéN Se eSCRiBe CoN B

<center>PoLBo TaMéN Se eSCRiBe CoN B</center>
Decía o inspector Carvalho que a excesiva alegría ao comer, gardaba relación directa coa propina que deberías de deixar. Que un camarero é un fino analista sicolóxico i en canto descubre o éxtasis acércachese e pídeche que llo confirmes mirandoche os bolsillos da alma e do corpo con unha complicidade de compañeiro de goce e para quén non será orgasmo, até que lle deixes o quince por cento da conta en conceuto de propina.

Eu teño clientes que non me deixan propina. Non importa, abonda que compartan conmigo a súa copa de viño.
Gracias.
Non hai de que.

iR PaRa NiNGuReS

<center>iR PaRa NiNGuReS</center>
Os nenos da aldea cando tíñamos que facer algún recado sempre nos decían, que se atopábamos con alguén polo camiño e nos preguntaban que para onde íamos, lles dixéramos que para ningures.
E agora, con cuarenta e un anos, xa vou entendendo aquelo de que os nenos da aldea sempre van para ningures. Será que xa estou chegando.
Saúde e terra, compañeiros.