Blogia

DoRViSou

¿QueN SoMos? ...SoMoS O QuE SoMoS

IMG_9215

Se houbese un ser superior a nós, veríanos deste xeito tan minúsculo e intranscendente...

oCioSiDaDe...

10d paco0105

Se tes ganas de traballar, séntate e espera a que che pasen


Din que a felicidade e a saúde son imcompatibles coa ociosidade
e anque pareza unha contradición ten moito de verdade.
Debe de ser, que cando se alcanza ese grado de bonanza, xa se chega exprimido e sen zume...

ReaLiTe GaLaiCo SHoW

IMG_1351
Esta semana teño unha segunda foto para PHoToFRiDaY .
A foto dabaixo representa esa adicción a tecnoloxía da sociedade moderna,
pero esta,  dunha amiga chicharreira na primeira noite que chegou a GALICIA, que case baixou do avión e foi directamente a billa do pipo...
posiblemente encaixe millor no perfíl de adicto do autor deste blog...

ReaLiTe SHoW...

IMG_9221-1

aDiCCióN a PHoToFRiDaY

A minha maior adicción tamén é ser adicto...(lido por aí)

Zorte handia, Sergio

¡A JUGAR...AMIGO SERGIO ! 

Mucha suerte en tu nueva aventura y recuerda que los amigos de mis amigos son amigos mios también...no sólo las amigas:-)

Ojalá tu ilusión siga siendo la misma que tenías cuando empezaste tu fotoblog y recuerda siempre... que el destino baraja pero somos nosotros los que jugamos.  Al final, se perderá un buen cocinero pero ganarán las fototecas

Salud y muchas fotos. 

 

BaRRaNCo Do iNFeRNo...

Exit...

120 minutos...3,250 metros

Pero tampouco é tanto se pensamos que é para sair " do inferno" ...
 
IMG_7147



eSTaR SoLo...

O mar


aLoNe iN PHoToFRiDaY
 
Fronte ao mundo non hai nada en que se lle pareza a soedade dun político a dun poeta...

HeRBaS DaCoLá..

IMG_7011

 

Que felíz fun naquel día no que o meu amigo Marco de Forzans, me troxo un fermoso ramo de toxos dos montes de Garachico.
E que é moi triste sentir como pasan os días sen ver unha triste silveira :-)

NaTuReZa...I love you


CaCTuS aRT.

TeXTuReD & PHOTOFRIDAY

Omnis ars naturae imitaio est (Toda arte é imitación da natureza)

SoMoS aPReNDiCeS Da ViDa...

IMG_7185

 

Growth _PHOTOFRIDAY _crecimiento

Esta mañán escoitei como lle preguntaba unha veciña a outra

¿E logo de onde ves?, e a outra, como se fosen máis de dúas contestoulle:

¿Quen eu?... veño de levar os nenos da escola.

O noso misterio máis grande sempre foi saber de onde vimos...pero hoxe quedoume un pouco máis claro. Uns veñen de levar os rapaces da escola e outros vimos da cama :-)

 

VéNDeSe PaRaiSo, por non ter tempo para disfrutalo.

IMG_6760

align="center">

Canto máis se eleva un home , máis pequeno parécelle aos que non saben voar...

 

coidaba que era unha frase de J. S. Gaviota pero é de Nietzsche. Tamén é certo que moitas veces canto máis se eleva un home, máis pequenos ve aos outros. Caso moi frecuente na sociedade na que vivimos.


SeN TiTuDo...e de moitas malas pulgas.

<center>SeN TiTuDo...e de moitas malas pulgas.</center>

Se blogia non permite publicar as fotos desde flickr...non (me)merece a pena. Pechamola porta e ímos a pidir a outra.

 

SáQueNMe DaQuí..

Boraco con vistas.
Esta foto reflexa moi ben o sufremento dos que algunha vez estivemos atrapados nas teas de araña do estress, da ansiedade, do pánico...
Pero nesta vida, positivamente, todo tende a ser unha lección e coido que xa entendín a mensaxe. Deseguro que si tivese a información que teño hoxe , non chegaría a tanto o meu sufremento. O si que teño sempre presente é canto padecín e ainda hoxe saínrome sarabullas ao ler esto: :
  • Contração / tensão muscular, rijeza
  • Palpitações (o coração dispara)
  • Tontura, atordoamento, náusea
  • Dificuldade de respirar (boca seca)
  • Calafrios ou ondas de calor, sudorese
  • Sensação de "estar sonhando" ou distorções de percepção da realidade
  • Terror - sensação de que algo inimaginavelmente horrível está prestes a
    acontecer e de que se está impotente para evitar tal acontecimento
  • Confusão, pensamento rápido
  • Medo de perder o controle, fazer algo embaraçoso
  • Medo de morrerVertigens ou sensação de debilidade
  • " E nenhum Grande Inquisidor tem prontas tão terríveis torturas como a ansiedade tem; e nenhum espião sabe como atacar mais inteligentemente o homem de quem ele suspeita, escolhendo o instante em que ele está mais fraco; ou sabe onde colocar armadilhas em que ele será pego e enredado, como ansiedade sabe e nenhum juiz é mais esperto e sabe interrogar melhor, examinar, acusar como ansiedade sabe, e nunca o deixa (a vítima) escapar, nem através de distrações, nem através de barulhos, nem divertindo, nem brincando, nem de dia nem de noite..."

    Soren Kierkegaard, The Concept of Dread.



    aS CoReS Da NaTuReZa...

    IMG_7142
    Sem palabras... pero con moitas e lindas cores.

    Lambert Van Bommel

    Lambert Van Boommel_3
    Lambert é un coñecido acuarelista , que vive longas tempadas polo norte da illa de Tenerife e a quén tiven a ocasión de atopar fai uns días pintando un bodegon no termo de Santiago del Teide .
    Lambert está a pintar uns cadros para unha exposición en Alemania.  O tema é o fascinante mundo do viño...
    Agora estou a pensar tamén en adicarlle un pouco de tempo a unha das actividades que sempre despertou en min certa curiosidade,
    tanto pola minha profisión como pola debilidade que sinto polos viños.
    Por certo, unha das minhas fotos preferidas é esta titulada "a danza das viñas ",
    que fixen fai uns anos polas terras de Vilaflor é que ben podera servir de portada.

    aMeNDoeiRoS eN FLoR

    IMG_6895
    Os montes de Santiago do Teide cubertos de amendoeiros en flor co Teide aínda un pouco nevado de fondo.
    IMG_6753
    Amendoeiros en flor cun mar de nubes e os cumes dos montes da Gomera ao fondo

    Escribira un post contando un pouco as sensacións destos días do mundo sen blogia e cando fun a publicalo perdeuse entre o lume que afuma os chourizos da feira do catro de Vila de Cruces, a feira do cocido de Lalin, o carnaval "amargo" de Tenerife e os chismes de San Valentín...Blogia aínda non furrula ben.
    Bicos e apertas a minha parroquia.

    PiNTo e MaRaGoTa...

    mulleres galegas_3

    Intentando poñer un pouco de orden nos caixóns das minhas fotos, van aparecendo algunhas que xa un tiña esquencido ou mesmo descubrindo outras, fotos que naquel día pasaron desapercibidas e hoxe as ves con outros ollos. O que si é verdade é que, co paso do tempo, a fotografía sempre axuda a abrir o baúl dos recordos para rematar empapandote de melancolía e outras sensacións.
    Esta foto de hoxe recórdame aquela caldeirada de Pinto e Maragota que comín na casa do Rillote nunha aldea que se chama Leloio. Baixáramos a comprar o peixe a lonxa de Malpica e unha señora que vendía percebes , intuindo xa que era eu das terras do Deza,  metiume gato por lebre....Pero bueno a caldeirada estivo insuperable e aínda hoxe, mirando esta foto pareceme que ule e alimenta.

    iNTRaMuRoS ...

    mulleres galegas_9-1

    Cando me quedo a durmir na casa do meu amigo "Barrigote" en Compostela, sempre me desperto coas ansias de ir a ventá que da cara o interior do convento de clausura de Belvís, para sumirme nunha catarse limpadora vendo as monxas sachala horta .
    Cóntame o meu amigo que noutros tempos as monxas procedian das familias da clase media pero que agora había poucas, que adicaban o seu tempo a oración, a facer melindres... que cosían, non sei se para Zara ou quen e tamén facian as óstias para a grande maioría das igrexas compostelanas. Pero que este último negocio íalle a pique por culpa da política de Zapatero que redimía el só case tódolos pecados. ...
    Tamén me dixo que só se vían por fora dúas ou tres, pero que sempre traballaba a mesma.
    Non me fixo falta cavilar moito para darme conta que a sua caterva está gobernado polo mesmo patrón que a nosa,
    en canto a que traballa unha e mandan catro.
    De tódolos xeitos, nesa horta nótase que falta un home para cortala herba :-)

    My BRoTHeR Da aLMa

    BRoTHeR iN PHoToFRiDaY

    Irmandade galega
    Irmandade galega nunha das eiras máis lúdicas do planeta terra.
    A SoLaiNa De PiLoÑo

    auSCHWiTZ...FoR eVeR

    escultur

    Escultura de Paco Lareo

    "...E quen os queimou eran cristiáns. Así que ti. como tamén es cristiá..., ou non es?
    -A min bautizarónme, mais non son crente dende hai moitos anos.
    - Ah, moi ben. E así líbraste. Mais moitos dos xudeus que queimaron tamén eran como ti, non crían no xudaismo,
    mais naceran de pais xudeus, así que no lles valeu de nada.
    E se a eles non lles valeu de nada, a ti tampouco. Ti es cristiá, así que tamén es responsábel daquelas mortes . ¿É ou non é?...
    Desto e de moitas cousas máis, falábanos Suso De Toro no "home sen nome"