Blogia

DoRViSou

DoRViSou

 

Cando chegamos a certa idade parece que temos a obriga de sabelo todo. Digoo,  porque os que temos fillos facemos moitas veces o ridículo intentando maquillar a nosa propia iñoranza.

Se non queredes pasar por parvo cando o voso fillo vos pregunte algún día, que cousa é DORVISOU, non vos perdades este video.

ToDo e NaDa...

IMG_2109

ZooM

Estou na minha praia dos enoxados. A marea alta tragou a praia inteira dun bocado. Nestas horas da mañán adoito a estar sempre so pero hoxe, ao carón da pedra na que estou sentado, hai unha señora esparramada na areia. Unha señora que semella non pensar en nada.

Máis lonxe, sempre lonxe da pedra na que estou sentado, hai tamén dúas mulleres e un home bebendo  mate. Os tres falan, falan e falan sen dicir nada. ...

E todo elo, mentras estou sentado nunha pedra, escribindo e pensando na fascinación de non pensar en nada.

iMaGiNe...

Meus amigos, coido que xa teño a necesidade de mollalos pés nunha fonte ou nun río. O bidé non é a mesma cousa.

Debe ser por mor da calima destes días ou do fume que chega da Gomera, síntome raro... a cabeza vai para un lado e os pés para o outro.

 

 

DoNa Mía

 

Eu teño un canciño bonito abofé

que baila a muiñeira na punta do pé,

na punta do pé, erguidas as mans,

eu teño un canciño que baila ao serán

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, velaí vai.

Minha queridísima Peke, agora vas ter que presentala en sociedade no ateneo e xa sabes, cartela de vacinación ao día, ensinarlle a comportarse (non sei se che servirá de algo a túa experiencia na materie)... e máis dunha vez terás que tomar unha dose de trankimazim para non volverte loca cando che faga pipi polas pernas ou che roia o coiro do escritorio :-)

Tamén has de ter en conta que unha boa educación sexual pode servirlle de moito no futuro. Unha cadela con pedigrí nunca ha de xuntarse con cans de palleiro.

Bicos para ti e para ela.

 

NeN Pais SeN FiLLoS NeN FiLLoS SeN PaiS

Durme meu neno, durme
sen mais pranto,
que o tempo de chorar-e
vai pasando.
Que a terra na que vives,
non quer bágoas,
percisa homes inteiros
pra libertala.

(Fuxan os ventos)

PiNGuS 2001 ...sangue de Cristo

 

Pingus 2001

Un dos novos pecados capitais...

Ás veces as cousas máis caras non teñen porque ser as mellores. Pero eso, só ás veces.

Collela botella do pingus nas mans, acariñala e volvela a gardar foi un placer. Teñoo claro, non vacilo, este é un viño de GARDAR. Hai outros que son para beber.

YaMiL OMaR...ARTista

 


 

 

 

ZooM


Nese empeño de sentir a xente de cerca andamos. Camiños feitos ao andar, quenllas da vida, ríos do amor...

 

 

 

Recordando as palabras dun amigo que me decía, "que se aprende máis da vida, compartindo unha semana coa xente dun povoado indíxena que en tres anos metido no formigueiro de Manhattan" doume conta de que tamén, no entorno, se aprende máis falando unha tarde con alguén que discutindo con outros cen anos.

 

E digo esto, porque esta pasada semana tiven o pracer de compartir un tempo real con unha persoa moi especial. Yamil Omar, un artista cunha trastenda de moitas luces e cores. Un humanista con pedigrí que através das ideas e da palabra tamén é capaz de construir un espazo donde é imposible non amar o ser humano sobretodas as cousas. Un home que fala moi lenemente sen graves sons, que sempre anda na procura da beleza das palabras para construir un xardín de emocións.

Yamil é un home canario con raices palestinas, un poeta pintor, humanista escultor... Nos seus ollos aínda podes percibir o brilo das súas tardes de gloria, o run_run dos aplausos e nos seus silenzos... a triste soedade do actor cando se van apagando as luces do esceario.

Colómbia, Cuba, Puerto Rico, Sierra Leona, España, Austria, Holanda, París, Londres, Egipto, Arabía Saudí...

 

 

 

iNTeRFeReNCiaS... Paco Lareo

Email0002

 

PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN

“INTERFERENCIAS”

VIGO

A miudo encontramos ó camiñar , soños, ilusións que son reais ata o espertar, este sería o caso das INTERFERENCIAS como ilustración máxica dunha historia garimosa de alegres garabatos inarmónicos que se organizan entre si para ensinarnos que formamos parte daquel debate cultural, que mestura ao sufremento coa ledicia para obter a enerxía simplificadora das accións cotiáns, resolvedoras de todalas dúbidas que poidan garantir a nosa existencia.

¡ Cal sería a tensión daquela primeira INTERFERENCIA! Que me dou o acordo do recordo da memoría, da existencia. Este glorioso momento pilloume nas gallas dunha cerdeira nas cereixas da Ascensión, cereixas de liberdade, admiración, sorpresa, sensación de vivir, garabateando na miña concencia para sempre a miña primeira INTERFERENCIA.

PACO LAREO

Email0001

TaJiNaSTeS RoJoS

IMG_8412


ZooM

Os Tajinastes en fror son coma un agasallo para os ollos. Curiosa planta que vive a rás do chan durante seis ou oito anos como unha roseta e que remata por florecer durante unhas seis ou oitos semanas, unha soa vez na sua vida, e que chega a alcanzar os tres metros.


EsTaMPaS... dun povo.

Vilaflor

ZooM

A min que me sementen como facía meu avó coa ferraia, a mandas...

Cada día que pasa amo con máis intensidade este pensamento agrícola. Ao melhor é un xeito de comulgar coa terra.

IMG_8487

ZooM

 

ViLaFLoR...

IMG_8435

A culpa da minha pequena ausenza polo blogomillo tívoa en boa parte o trafego da semana santa , sen esquencer que o meu archivo fotográfico anda medio escaso. Vivo ao día, vou sacando unhas fotiños para ir chegando ao fin de mes...jeje. Agora xa teño a nova cámara arranxada , anque manteño certa desconfianza con ela, espero que se porte ben e podamos disfrutar xuntos en armonia.

Estas fotos son do povo chasnero de Vilaflor . É unha gozada andar por esas alturas... a pureza da súa paisaxe envólvete. Un aire fresco e limpo penetra ata o fundo do ser, osixenando e rexenerando os máis malferidos órganos vitais. Os sons do vento e dos seus pinos sempre me transpórtan a outros montes, a outros eidos...

Por certo, este vindeiro verán non tiña pensado ir a Galiza, pero fai uns días levanteime sen ton nen son e para coller pulo, merquei os pasaxes para irme nas víspras do S. Xoán.

E que xa se sabe, hai forzas sobrenaturais que limitan o pensamento humano.

IMG_8431


 

Da QuiNTa Do 63....¿e logo?

IMG_8483

ZooM
O día catro cumprín coarenta e cinco anos, celebreino toda a semana, o Domingo nunha pequena xuntanza desas nas que case remata un por perder o creto. O lunes en Vilaflor , compartindo mesa en casa Chamo da Escalona, co amigo Román . O Mercoles saín de kopas como cando tiña os anos que ten o meu fillo... e o Venres acabei paseando pola praia de madrugada.A foto de hoxe representa moi ben o meu estado actual, atópome nun xardín con frores e eu son a porta destartelada do fondo. Digoo por se algún non se había enterado.Bicos e apertas, voume a dar un baño.

LiBeRTaDe...con maiúsculas

IMG_8554

DE CERCA NINGUÉN É NORMAL


Unha frase de Caetano Veloso que describe moi ben as sensacións compartidas con Román Morales, o luns pola tarde, paseando polos montes de Ifonche.

Non vos perdades este DOCUMENTO

RaMóN DoMíNGueZ



Para hacerte feliz vamos a construir un planeta
en el que, para poder crecer no hay que hacerse mayor.
No hay que hacerse mayor, que hay que hacerse mejorrrrrrr.


Ramón Domínguez (Los Cristianos 1980), cantautor, fotógrafo, bohemio...acaba de presentar o seu segundo traballo discográfico. Ramón, no seu afán por demostrar que o sur tamén existe e que dalgún xeito é un povo con inquietudes que van máis alá das sombrelas, das praias e do sol, loita na procura dunha maior identidade para o seu povo. Los Cristianos , Arona, un povo de mariñeiros atrapado hoxe pola voracidade da industria do turismo e sometido aos devaneos do capitalismo.
Os cantautores comprometidos co destiño do home son coma eses anxos da garda na cama para velar da nosa utopía, dos nosos soños...A súa poesia é un bálsamo para o noso enfermizo espíritu.
Grazas Ramón , por ese lindo despertar AL SOL...

Ao aMiGo... Locus amoenus



iNTeRaCTuaNDo...

 

 

Xogando, moitas veces aínda non podo entender as cousas doutro xeito, atopei con este windows movie maker para fedellar coas imaxes.

Aquí vos deixo os meus primeiros traballos adicados a sempre benquerida SOLAINA DE PILOÑO . Neste video podemos vela rapaza do arco co decano da filloa de Merza, Xosé Molina nunha demostración da arte na Lareira.

BaiLaNDo NuN CRiBo...

DSC02577

Non son un home que me lembre moito dos soños consumados, non son dos que lle poñen tino...mais acabo de regresar dun que aínda teño morno e vouno intentar debullar cunhas cantas palabras prestadas.

"Coido que estábamos nun concurso e tíñamos unha morea de cousas acima dunha mesa, pero deseguida cada quen facendo gala da súa cobiza humana, arramparon con todo deixando a este parvo da aldea sen nada.

Ollando unha rapaza que vertía por fora das cousas todas xuntas que pillara, escomencei a berrar chamándolle de todo canto malo se pode dicir do ser humano. Despois, arrepentido, refuxieime nun cuarto, tomei un gin-tonic e decidin fuxir do lugar. Cando xa me ía, abreuse a porta e un desfile de miradas distantes e indiferentes deixáronme de pedra.

Ao final, apareceu aquela rapaza que fora victima do meu xenio e como non tiña nada máis que perder, acerqueime a ela para pedirlle desculpas sen esperar nen que me escoitara como é costume na nosa estirpe.

¡ Ou, mais cal sería a minha sorpresa! ...cando levantou os brazos para abrazarme e con certa docilidade susurrarme nos ouvidos:

"Que grandes valores atesouramos e que pouco avanzamos no camiño"

 

La NiÑa... de Paco Penas

Foto 1

ZooM

Aproveitando o espazo en branco que me presenta hoxe este post e tamén a coyuntura socio-política do momento quero presentarvos a minha nena

Un nena que naceu en Galiza e que "vive como galega" en Canarias, como tantos outros nenos. Ten uns pais bastante "normales" con traballo e tamén ten unha casa para rematar de pagar a hipoteca cando quede orfa.

A minha nena vai a un colexio bilingüe para que fale con máis naturalidade outros idiomas, para que sexa disciplinada e ordenada nas súas tarefas , para que sexa educada e non maltrate aos os seus pais cando sexan vellos e como non, tamén para ser respectuosa co medio e non andar a patadas co mobiliario urbano.

Cando sexa maior quere estudar unha carreira para pasearse con minifalda e fachenda polas portas dos distintos organismos na procura dun traballo . A rapaza está orgullosa de ter unha baby-sister de Finlandia, uns veciños gay, uns arxentinos e outros ingleses. Non fixo aínda a primeira comuñon pero tanto da...porque xoga ao baloncesto e ao tenis que nindiola...

Grazas a Rajoi por darme a oportunidade de presentar en sociedade a familia, onte foi o meu primo. e hoxe a minha nena... espero que siga moitos anos na oposición para falar tamén dun cento de primos , do outro neno e da minha compañeira.

ViSióNS Do MuNDo...

Caminho dourado

ZooM

Así ven o mundo as cucarachas, as formigas e os borrachos... dende o chan.

CoMiGo MeSMo...

Churrería

Deixoumo escrito fai uns días un mestre " que debería traballar nunha temática e non sair de aí". Algo como, reconstruir con certo criterio e orde o meu cuarto escuro. E coido que ten razón porque pensandoo un pouco, agora, cando xa me quedan poucos sacramentos que cumprir, teño a sensación de que aínda non rematei o álbum da primeira comuñón. Como se di popularmente "ando mamando na rolla de atrás".

Terei que buscar alimento para o meu espíritu máis alá da propia nitidez ou espello das cousas. Intentarei penetrar na trastenda da alma para fotografiar con poesía o mundo dos soños. Esgazarei roupas e as carnes nas silveiras dos camiños trepando rocas e valados, se fai falla, para reinventar a festa.

Por intentalo que non sexa, xa teño ganas de sentarme a falar con ese artista que disque levo dentro :-)