Blogia

DoRViSou

LaLíN PoRK aRT

 

IMG_3741

ZooM

Obra do artista Paco Lareo.

Neste pasado mes de Xullo no centro comercial do Corte Inglés da cidade Compostela celebrouse unha semana temática adicada ao concello de Lalín. A moda, a arte, a ciencia e a gastronomía estiveron presentes no evento baixo a tutela de Florentino, Laxeiro, Wily, R. María Aller Ulloa e José Luis Iglesias do restaurante Cabanas. Conferencias a cargo do profesor Docobo (área de astronomia e Astrofísica de USC e director do Observatorio Ramón Aller) e do pintor Antón Lamazares

Unha das cousas que máis reclamaba da atención da xente foron estes porquiños pintados por Fondevila, Armindo Salgueiro e Paco Lareo. Coido que aínda había algún máis pero non dei chegado a eles, os gardas de seguridade do centro non me deixaban sacar fotos pero eu, erre que erre, fun transgredindo as normas... ata chegar ao restaurante e dar boa conta dun cocido de Lalín.

...Xa o dixo o alcalde Xosé Crespo, "o noso é a dieta Atlántica, os que comemos cocido duramos máis "

IMG_3743

ZooM

LaLíN PoRK aRTe

IMG_3774

ZooM

Obra de Armindo Salgueiro

IMG_3778

ZooM

 

LaLíN PoRK aRTe

IMG_3760

ZooM

Obra de José A. Fondevila García, (Silleda 1952)

IMG_3783

ZooM

 

PoRToDeMouRoS

IMG_0409

ZooM

IMG_1766

ZooM

Escribía fai uns días nun comentario que podía entender aos paisanos que venderon as terras, que podía entender as xentes que as compraron, pero que tamén era certo que nunca entender tanto, me valera de tan pouco.

Sigo ordenando os meus arquivos de fotos e deixo aquí duas estampas de PORTODEMOUROS. Dúas imaxes que reflexan en boa parte o meu cabreo por mor deste atentado paisaxístico mentras a moza FENOSA enamora, coquetea e fode, nestes días, con D. Dinero.

¿ Onde está ese canon reparador da desfeita?

Non deixen de sorprenderse co contraste destas imaxes con estas outras

de Marcos Míguez, no pasado inverno.

 

IMG_1792

ZooM

 

GaLiZa LeiT MoViT

 

IMG_0582

 

ZooM

Aquela mañá, aínda na cama, xa estremecera de sensacións. O corpo, sen querer, ía preparandose para o día grande da festa. Mesmo podía percibir como unhas cantidades indefinidas de bilis xa ían acumulando na visícula para intervir no caso dun atracón.

Eu percibía que algo descoñecido estaba facendo non sei que. Eran unhas forzas sobrenaturais as que turraban de min para levitar o meu corpo no ar e porme deseguida en pé. Abrín as contras da ventá, aínda era de noite, chovía...pero eu sentía a necesidade de liberarme daqueles pesadelos que me atrapaban na desesperación.

Pechaba os ollos e escoitaba no inconsciente o bravido do mar e o ruído das olas bater contra as polainas dos pescadores na procura do polvo para o grande banquete da minha felicidade. O vapor das potas de cobre xa chegaban á min, o mesmo que o cheiro á pólvora . Todo elo enchéndome de razón.

... E que para certas cousas, sempre se precisa de moita devoción

OCorpinho 013

ZooM

 

 

EsTaMPaS iNoCLaSTaS DuNHa TeRRa

IMG_3106-1

ZooM

 

"Agora temos na xunta, en medio ambiente, xente que polo menos ten escrúpulos e non son liquidadores de paisaxe. Mais o capitalismo impaciente anda doente detrás do negocio enerxético. Aí fixéronse e fanse reis Midas coa Nai Terra. Eses si que son galeguistas, carallo! Eses si que aman a terra e non outros. Unha cousa é facer un poema ao Xallas e outra ben diferente ter collóns a zugarlle o último electrón...." (Manuel O´Rivas en OS GROUCHOS)

 

Unha das cousas máis malas de dixerir cando me acheguei por proimeira vez ao encoro da minha parroquia foi o seu silenzo. Un tremendo vacío que me fixo un nó na gorxa. Alí, onde onte baixaba un río cheo de vida e cantareiro, hoxe só hai unha poza de auga choca...

Agora, nos libros de texto, ademais de que o río Amazonas é máis caudaloso do mundo tamén terán que poñer que o Ulla é o máis "escandaloso"

 

IMG_3146

ZooM

 

 

PaLaFiToS GaLeGoS

IMG_3135

ZooM

Si, parecen unhas fermosas fotos. Aínda me atrevería a dicir que son unhas fotos impactantes. Si, impactantes como a dun coitelo tinxido de sangue bermella aínda quente,despois dun asesinato.

Unha verdadeira puñalada trapeira ao corazón da terra.

¿Ata cando tan grande sangría...?

IMG_3145

ZooM

 

eLuCuBRaCióN eRéCTiL

IMG_3131

ZooM

... serei sempre o que esperou que lhe abrissen a porta ao pé de uma parede sem porta. (Pessoa)

Despois dun pequeno sono no berce, a rutina xa se apousentou no trafego de cada día. Agora, mentras desperto á espreita de novas sensacións, cavilo con certo relouco e rumio nos momentos máis felices.

¡Queda inagurado este pantano!

 

 


VACA...CIÓNS

VACA..cións

Como cada ano por estas datas pechamos a porta e ímonos á folgar. Só me queda agradecer a vosa amistade, que me axuda en moito a que este desterro voluntario sexa, día a día, máis doado de levar.

Vémonos á volta.

Bicos e apertas

 

PaSSioN QuiLT

 

 

Vía NINSESABE chegábame fai uns días unha invitación para participar no meme Passion quilt. E alá imos...

Mr. Girasol

Non son un intectual da música; son un parrandeiro…Manu Chao

En primeiro lugar aclarar que non me sinto mestre en nada .

Aos cuarenta e cinco anos só teño una vocación. A vocación de aprendiz…

Cada pasiño que damos, sexa adiante ou atrás é unha lección.

Toda experiencia forma parte de nós.

As ansias por aprender son as ás que me axudan a voar máis alto, a superar retos e atrancos ou mesmo,  a disfrutar con máis intensidade das pequenas cousas que me rodean.

Por todo isto, quero suliñar como algo vital para os humanos esa capacidade de aprender. Coido que renunciar a ela é un xeito de invernar.

Mr Girasol, na foto, exerce de aprendiz de xardiñeiro e sorprendido está da xenerosidade da súas plantas. Mr Girasol é un pouco vago, non rega con asuidade pero as plantas sobreviven e aínda así, agasállano con frores. El , ás veces, fala con elas na oscuridade da noite e elas contanlle moitas cousas. Algunhas, disque, das imbecilidades do seres humanos.

 

 

 

A cuestión do meme é a siguente:

* Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.

* Darlle á imaxe un breve título

* Titular o post “Meme: Passion Quilt”

* Enlazar esta entrada

* Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.

CRiSe...

IMG_5599

ZooM

Onte pola mañá, quedei parvo ao escoitar decir a un xubilado:

-Ois, en tempos de crise chegaban ben o alcalde, o cura e a garda civil

E despois dunha lixeira reflexión, contestoulle outro:

Si, tes razón. O alcalde para mandar, a garda civil para "executar" e o cura para enterrar.

Esto sucedeu, na praza dos Cristianos, unha praza na que aínda confluen dúas rúas que levan por nome "General Franco".

Pobre meu amiguiño Marco de Forzáns que vende alí, nos cantís do hotel Reverón os cupóns da ONCE e ten que facer moitas veces de moderador destos debates políticos á pé de rúa.

¡Vivir para ver e escoitar para botar a correr, ás veces...!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CRePúSCuLo

IMG_7901

Ninguén sabe con exactitude canto dura unha posta de sol pero todos sabemos que moito non é.

Esa ilha que vemos ao fondo é a Gomera. Alí, neste intre, na cara sur da Ilha, alguén estará pensando o mesmo que xa pensamos outros fai un pouco, en Tenerife. Todas as ilhas son moi afortunadas pero algunhas máis que outras, jeje

Móvese a terra con todos nós dentro, agárrense e non perdan o espectáculo.

BLoC

 

 

IMG_2651

ZooM

Acabo de rematar de ler BLOC, esa criatura que, baixo a batuta do mestre Xavier Docampo, está dando os seus primeiros pasiños cara ao xardin das bolboretas.

Unha revista de arte e literatura infantil onde se refliten con moito acerto, as luces do pensamento dos artistas invitados e a sensibilidade dos redactores. Unha revista que me trouxo á memoria vellas reminiscencias daquela “bíblia” dirixida por Manuel Rivas nos anos noventa e que se chamaba Luces de Galicia. Unha revista que aínda me parece que estou buscandocada vez que me achego a un kiosko deses, cando vou pola Coruña. Claro está, que a vocación de BLOC é moito máis globalizadora, e mesmo Paco Vázquez non dubidaría en mercala no Vaticano ao estar escrita en español e inglés :-)

Unha das cousas que non deixa de ser curiosa e o mimetismo da súa publicidade, esa capacidade de integración das ilustracións para disfrutar dunha armonía paisaxística ao longo do recorrido.

Un BLOC de entrevistas, artigos, reflexións e fotografía que, nun alarde de intelecto, ven a demostrarnos unha vez máis,que ser artista e ser neno é cousa moi seria.

 

Homus Enanus Superiorum... Perdidus

IMG_2014

Ás veces, non se vai ver mellor por enfocalo máis.

O mesmo que tampouco se precisa falar máis para entendelo mellor.

Estou raro.

 

 

YVáN DeSCaMPS

 

Yván Descamps, de orixe belga é un artista namorado de Galiza onde viviu moitos anos, concretamente en Pontevedra. Na maioría dos seus cadros a luz e as cores aínda falan galego. Actualmente reside no sur de Tenerife onde pinta e imparte cursiños a outra xente. A minha filla foi unha alumna privilexiada o ano pasado, pero este, decantouse polo tenis e o baloncesto. As paredes da minha casa non son alleas á súa arte, anque o dono do cadro sexa unha vez máis, o meu fillo.

 

Este video que recolle un pouco da súa obra acompañeino cun poema do grande Vinicius De Moraes. Un músico e poeta do Brazil que chegou a minha casa da man do amigo Martin Pawley e xa quedou para sempre.

 

<

MuNDo RoSa...

 

Postres

 

ZooM

 

Este pasado fin de semana chegou unha parella a comer ao restaurante. O meu comportamento cara á eles foi o de sempre , como cando teño que recibir alguén que non coñecía denantes. Saúdos reverenciales, ollares aterciopelados, sorrisos académicos e xestos ortodoxos… de aljo teñen que servir tantos ano de exercicio...dijo eu tamén, ¿ou non?

E xa ao remate do xantar, no doce tempo doce, confesáronme a súa dualidade, ao decirme que fai dous anos que siguen o meu blog pero que non acadaron localizacións ata fai uns días, que só sabían que vivía e traballaba nos Cristianos e que lles fascinaban as minhas fotos e o meu xeito de arroutar. Esto non queda nesto, tamén traían, comerán mal ou comeran ben, un agasallo para min. ¡Que ben me sentin!

Que deus vos teña na gloria e moitos anos na terra, Grazas, Alba e Antón, grazas

 

PeSaDeLo

 

IMG_0059

 

Esta noite espertei cando fuxía do lume.

E agora, teño medo, aínda cheira a churrasco.

 

LiQuoRe Do NeGRo CaFé

Un día, fai xa moitos anos, unha pándega de rapaces, todos eles criados no ocaso do arado de pau, xuntáronse nun vello pendello para tomar licor de café ata que se acabou o licor de café e chegou a garda civil.

Si, un día, fai xa moitos anos...

 

 

 

XoSé TaBoaDa, arte e oficio

Tenho sonhado mais que o que Napoleão fez.

Tenho apertado ao peito hipotético mais humanidades do que Cristo
Tenho feito filosofias em segredo que nenhum Kant escreveu.
Mas sou, e talvez serei sempre, o da mansarda,
Ainda que não more nela;
Serei sempre o que não nasceu para isso;
Serei sempre só o que tinha qualidades;
Serei sempre o que esperou que lhe abrissem a porta ao pé de
uma parede sem porta...

(Álvaro Campos, heterónimo pessoaiano na Tabacaría

O MuiÑo De CLaDoMiRo...

 

Hai xente que non lle chega con ter un chalet en Marbella, tamén queren un yate e un ferrari. Pero por sorte, tamén hai outros que son felices vivindo na aldea, cultivando vellos oficios e restaurando vellos muiños.

O muiño dos Cladomiro foi inagurado polo alcalde e restaurado pola familia Taboada Verde....¡OLLO CO DATO!