Blogia

DoRViSou

O Día aNTeS...

IMG_3406

ZooM

O home é conscente de que nace sen o seu consentimento e morre en contra da súa vontade... Erich Fromm

 

Fai pouco máis dun mes, preguntáballe a minha nai como afrontaba a viaxe a Tenerife despois da catástrofe de Madrid e contestoume toda chea de razón

-" Bueno ho, eu vouche ben tranquila que morrer, mórrechese só unha vez…"

¡E menos mal, quedei eu cismando…

Tamén é verdade que, a certas idades, xa escomenza un a ter a sensación de que se vai morrendo un pouco cada día ao espertar.

E agora, despois dun mes ausente deste recuncho, ímos intentar darlle candea ao meme "do día antes" que ven sendo o mesmo que " o derradeiro día", que chegou vía Pedriño

1. ¿Que canción me gustaría escoitar ?

Negra Sombra, interpretada pola banda de Pontelesma ou de Vilatuxe na carballeira do Corpiño. Eso si, deitado peito arriba para irme xa perderme antre a ramaxe dos carballos.

2.¿A que libro lle botaría unha ollada ?

Pois, como me propuxen lela antes de morrer e van alá dous intentos en vao, anque sexa só botarlle unha ollada , a Divina Comedia de Dante.

3. ¿Con quen me gustaría falar ?

Falar falar, non sei... pero bicos e abrazos de agradecemento moitos daría...

4. ¿ Que me gustaría comer?

Gustaríame comer sopas de cabalo cansado, como as que comía meu avó,Penas o grande de Dorviou, pero feitas con Dalmau

5.¿Que faría e que me quedaría pendente por facer?

Eu faría un bon seguro de vida e atracaría catro ou cinco bancos ( si catro ou cinco, porque cos tempos que corren...)

E en canto as cousas que quedararían por facer, pois tendo en conta que son as 23:20 da noite, quedaríame a cidade da cultura de Gaias sen rematar :-)

Este meme fíxome reflexionar sobor da xente con enfermidades incurables e que teñen que afrontar a vida con ese sentir. Para esa xente, si que non hai un día sin importancia.

 

 

 

 

 

 

 

ZPatero

IMG_4768

ZooM

Está claro que un blog precisa de continuidade para manterse vivo, aparte de certo criterio para transmitir ondas de ledicia polo espazo. No meu caso chamaríalle transmisións afectivas porque desde esta cova e con esta chola tampouco se pode abrir o cancelo do intelecto a ninguén. Como moito roubarlle un sorriso a alguén, que tampouco é unha vagatela :-)

Facer rir é un acto dos máis xenerosos na terra anque sempre corra un o rísco de facer o parvo.

Sexa como sexa, eu hoxe só quería falar de política pero como minha quere ir outra vez a praia, deixovos a foto e voume con ela. De política e do goberno, sempre se pode falar mañá...

 

IMG_4767

ZooM

 

 

O PoTe De PiLoÑo

O Mesón  Restaurante " o pote " de Piloño é un dos meus referentes gastronómicos. Unha casa onde,  ademais de  reanimar  corpos debilitados, reconfortan o autoestima e aguilloan o instinto da amistade.

Eu, cando chego a Piloño xa teño fame. Unha fame de raras sensacións. Os poros da pel ensanchan a minha felicidade facendo de sumidoiro cara aos sentidos. Se chove, chove, se fai sol, fai sol...

Peixe da ría e marisco do cortello, leitugas e cenorias da súa horta, filloas recheas de melindres e tentadores viños de pecadores bacelos. Cociña tradicional feita con ideas modernas.

Máis unha dos grandes tesouros que acaudala este facenda reside na nobleza humana de quen o goberna.  Fai uns cantos anos forón Luis e María quen poñeron a primeira pedra do santuario. Na hora da comida, María metíase na cociña e luis, lito na man, servía con certa maestría. Despois, nas horas mortas, carretilla, pedra e cemento...

Hoxe, é X. Luis e Maribel quenes están ao frente do negociado. Xuventude, profesionalismo, ilusión, moito traballo...ingredientes suficientes que fixeron florecer, nesta terra de Piloño, outro  oasis no deserto

Asi que xa sabes, antes de ir ao médico, proba coas recetas do mesón " O POTE" e chama ó 986 56 61 08 para pedir cita.

Para chegar podes facelo desde Santiago por Boqueixón, Ponteledesma, Camanzo...

Desde Lalín por Vila de Cruces...ou por Silleda a Vila de Cruces...ou A Bandeira, merza...

Desde Arzua cara á Dombodán, Portodemouros, Carbía...

 

 

MR. Nau-FRaGó

IMG_5225

Zoom

Se tivese que elexir tres cousas para irme a unha ilha deserta, a primeira sería unha botella de Dalmau

 

A segunda sería unha moneca hinchable ¿e por que?, pois para falar con ela...

Non, é unha broma, as monecas hinchables non falan. Levariaa só por unha cuestión de tipo fisiolóxico e do máis egocéntrico. ¿ ...ou acaso, beben viño as monecas hinchables?

E a terceira cousa, sería a minha cámara de fotos.

... e que non só de viño vai vivir o home.

SaúDe MeNTaL...

OCorpinho 204

Así desta guisa, rematamos o día grande do Corpiño, ao abeiro do río Arnego en Tuiriz, nos lindes das terras de Aquam Latam.

Foi unha prolongación da festa para o corpo. Unha sesta marabillosa, nun marco incomparable, onde recuperamos a enerxía positiva... ¡abofé que si!

Tamén é certo, que de saber estas cousas, non alcanzaríamos o nirvana, jaja

 

 

THe eND...

 

Unha das cousas que máis boto en falta na minha vida é unha experiencia relixiosa, porque aquelas tardes das catequesis dos Domingos, non deixaron de ser un preludio das ultimas tardes con Teresa. Os primeiros escarceos amorosos, os primeiros pitos de fume, os paseos na lambreta pola Piñor abaixo... e sobor de todo, aquela desgarradora e tentadora sensación de transgredir a "graza de Deus" detrás das rapazas,despois de confesarse os primeiros venres de cada mes.

Agora, que xa choveu de carallo, só me importa a espiritualidade da carne... que como lin nun blog fai uns días," Deus non precisa de intermediarios", que cando quere falar comigo, baixa ao cabo da horta e aprétame as carabillas.

Voume a dar un baño...

 

 

 

 

 

 

 

O meu corpiño...

Cando alguén, postulado en certas crenzas relixiosas, atina a autodenominarse crente non quere dicir que os outros non o sexamos nen creamos en nada. Nun estado laico non podemos ser menos que tolerantes e respectuosos con todo aquelo que se move ao noso arredor. Por todo iso, gustaríame deixar claro que apesares da frivolidade coa que tratei este tema do santuario do Corpiño quero ser moi respectuoso cos devotos do santuario..

No meu caso, pásame o mesmo que co plan de xubilación, como non o teño claro, prefiro telo conxelado :-)

Aclarado este tema e despois de traballar hoxe catorce horas sen recreo mesmo estou pensando en facerme beato, pero do santo Job :-)

Un bicos, meus.

 

Só FoToS...

OCorpinho 046

ZooM

 

OCorpinho 048

ZooM

OCorpinho 027

ZooM

IMG_0770

ZooM

IMG_0855

ZooM

OCorpinho 008

ZooM

IMG_0750

ZooM

IMG_0742

ZooM

TRaNSGReSióN

IMG_0592

ZooM

OCorpinho 002

ZooM

 

MeRCHaNDiSe

IMG_0722

ZooM

IMG_0668

ZooM

PaRoXiSMo DoS SeNTiDoS

IMG_0700

ZooM

Coido que xa o dixen en algunha ocasión, na minha cabeceira teño sempre un caderno amarelo para mergullarme no trasteiro dos humanos. Salvador Pániker é un tipo raro. Un home que nos seus diarios sempre nos deixa a idea de que o mundo está cheo de moitas máis cousas do que o noso cerebro pode chegar a entender. Un cerebro que só é capaz de discenir certos coñecementos a partires de uns valores iniciais de supervivencia e quedando fora do noso entendemento un infinito campo escuro.

Eu non sei que pensar...menos mal que isto aclaroume moitas cousas porque xa estaba pensando que o meu cerebro estaba á monte.

 

IMG_0708

ZooM

ESMoLaS e FiNaNZaS No CoRPiÑo...

IMG_0601

ZooM

Díxo o meu amigo Manolo de Turces, despois de visitar o centro de finanzas da nosa señora do meigallo, ¿ non coñeces o timo da estampita?, pois eiquí, no Corpiño, parece que o teñen legalizado . Ti daslle un puñado de maravidis e eles unha estampiña...

IMG_0730

ZooM

O VaTiCaNo GaLeGo...

IMG_0637

ZooM

O santuario da nosa señora do Corpiño erixiuse con licencia do Vaticano nunha pequena república onde á conta dos parvos coma min, sanean as maltreitas contas da igrexa.

Eu non fun ao Corpiño empurrado pola minha empanada mental. Non, eu sempre vou ao Corpiño seducido polo morbo que me dan as festas onde se mestura o pagá e o cristiá, a curiosidade e a devoción, a música é a procesión, o pulpo e o churrasco...

Deseguida se dou conta delo o famoso cura do lugar porque cando entrei na igrexa, as nove da manán, colgando do peito a minha cámara de fotos, apuntou ben clariño e alto "que aquelo era un lugar de culto e rezo e que por iso, os curiosos estarían mellor fora". Un pouco máis tarde, aproveitando da omnipresente garda civíl, intentou intimidarme ao pedirme polo baixiño que deixara de seguir disparando.

Aquel desmedido interés cara á minha persoa escomenzou a intranquilizarme, e moito máis despois de escoitar nunha taberna do lado, que ata os cans máis ruíns fuxían cando avistaban ao cura

Continuará...

IMG_0727

ZooM

15, AGoSTo...

OCorpinho 092

ZooM

Eu tamén pregunto ¿E que fas ti, que non estás de festa...?

 

OCorpinho 166

ZooM

 

GaLiZa PHoToS

OCorpinho 195

ZooM

Eu, hoxe traballo...

Alguén ten que cumprir cos servizos mínimos :-(

 

OCorpinho 148

ZooM

MúSiCa eN DoRViSou

gaitas

 

Foto propiedade do amigo Pepe Penas

 

Tamboríl, gaitas e bombo para poñer orden ao ruído. Coido que daquelas as únicas escalas musicales coas que compoñían, eran as que o sentido da percepción lles otorgaban.

 

 

IMG_4028

ZooM

E aquí temos o cambio xeneracional da música en Dorvisou.  O cativo é fillo dun artista de Dorvisou e  dun xeito maxistral amenizou a sesión vermouth, sin vermouth...da romería das Dores de Dorvisou.

Como ben diría Xurxo Souto " Foi unha longuísima sesión de música e emocións que excitou de certo, todos os revirinchos do noso corpo"

¡Tocar de oído.. que grande escola é a vida!

IMG_4037

ZooM

PaSa o TeMPo...

uxi51

ZooM

A fotografía non deixa de ser un paseo polos camiños da memoria, mesmo moitos momentos vividos rematarían no caixón do olvido se non fose pola súa testemuña. Eu, que sempre tiven a necesidade de fotografalo todo, disfruto moito agora revolvendo no baúl dos recordos.

Tamén é certo que outras veces son coma unha vara de medilo tempo.

Eiquí , vos deixo un bon exemplo da evolución do homen Sapiens.

 

IMG_3617

ZooM