Blogia

DoRViSou

SeN PaLaBRaS

IMG_3138

ZooM

Mira por onde, hoxe que teño unha boa foto non teño nada que contar.

O SoN Do GalPóN

 

 Unha das minhas debilidades nas vacacións é ir a  praza de abastos de Santiago de Compostela, a mercar ou a comer cos ollos. E este pasado verán, xunto do meu "colega" Uxio, achegámonos a ela para  facer unhas fotos e almorzar despois polo casco vello, pero chegamos ao mercado e fomos directamente ollar o peixe bailar e  bateron os nosos ollos nuns percebes que deseguida nos fixeron cambiar de plans. Aquela mañán íamos darlle unha sorpresa as nosas mulleres, colleríamos dos kilos de percebe, uns san martiños, botellas de albariño e regresaríamos á casa para preparar un tenderete do carajo.

Pero como tíñamos o coche na praza de Galicia, baixamos pola rúa do villar ata que chegando á praza do Toural escoitamos uns acordes que nos fixeron deixar no chan as bolsas dos percebes, do peixe e do albariño para escoitar un pouco aquel concerto que prometía caña da boa... no palco,  SoN Do GalPóN a golpe de violin, guitarra, baixo, batería e unha voz (a de Gael) para secuestrar a nosa vontade e facernos cambiar na mañán outra vez máis de plans, e deixar as nosas queridas mulleres sen comer :-(  .

Alí estivemos, disfrutando daquel concerto bravú da música emerxente do país ata que se fixo o silenzo de pedra no Toural. Cando chegamos a Prevediños de volta, xa estaban durmindo tod@s a sesta. Cocemos un kilo de percebes, fritimos un san martiño e bebemos duas botellas de albariño,

para rematala tarde ( por un día, que conste eh) sen saber quen era o pai nen o fillo. :-)

 

 

A Filla Do eXoRCiSTa TaMéN eRa GaLeGa...

 

Si, "a filla do exorcista tamén é galega" ven sendo o títudo da minha derradeira exposición, Un títudo que non me atrevín a poñer nos cartel por mor a que me retiraran a suvención do patronato de cultura, jajaja...

Colgar unhas fotos dunha parede parece que non deixa de ser un arrebato exhibicionista e do máis egocentrista. Iste é o resultado dunha pequena enquisa feita con certa malicia a uns cantos amigos. O de exhibicionismo non me chamou tanto a atención , porque sempre tiven certa tendencia a ir perdendo roupas pola camiño ata quedar espido para o mundo, pero en canto ao do egoismo, doume que cavilar,  e aínda non cheguei a ningunha conclusión...

O que teño por certo é que para min, "colgar fotos dunha parede", non deixa de ser unha vía de escape que me axuda a fuxir un pouco deste mundo tan  politizado e contaminado e achegarme ao mundo da cultura e da arte.

Bueno, como digo sempre, moverme para que o mundo non pare.

cartel-1

 

RaMóN DoMíNGueZ ...

 

Ramón Domínguez e un ser vivo feito de carne e poesía.  A súa música é unha paisaxe de palabras con arrecendos a compromiso e ilusión por construir sempre un mundo feliz... onde para crecer, non faga falta facerse maior senón que chega con facerse mellor.

O Venres, posiblemente nun dos lugares onde é máis feliz cantando, no bar "El Faro" do seu amigo Carlos e xunto ca súa banda, fíxonos disfrutar unha vez máis dese poeta, músico e neno grande que leva dentro.

Bravo, bravísimo, Mon...

 

Eu TaMéN SoN uN iNoCeNTe...

Santos inocentes

Xa non aguanto máis, a noticia ten que estár ben artellada para que resulte creible pero ao final hay que desenmascarala para que sexa unha inocentada e non quede en mentira. É certo que fixemos dous cortos no taller de cine, mais de aí a ser seleccionada para un certamen de cortometraxes hai un bo treito. Se algún día sucede algo así, non teño dúbida de que as minhas primeiras palabras, serán para todos vos.

Sintoo moito, ao mellor hai xente que non volverá a deixar un comentario, e digoo por Ana e os Alarcón, para un día que te decides a deixar un comentario... ¡Vaia día escolliches Anita!

Bicos e apertas para todos.

Festival St. Cruz-1

 

CaNNeS, próxima estación...

Festival St. Cruz

ZooM

Na foto, Marta Marrero, portavoz do xurado do Festival e directora de cultura no cabildo, dando a coñecer o fallo do certamen.

O noso corto "MoTeL KiLóMeTRo 30" foi onte o grande protagonista do "festival de Cortometrajes Villa de La Orotava",

Un cortometraje (12 m.) de costo 00.000.000 € que resultou ser o traballo dun taller de cine, levouse onte o premio ao mellor guión e á mellor fotografía (concedido a un servidor e a dous compañeiros máis, Nina e Gervasio). En total uns 3.000 €, que serviran para emprender un novo proxecto que está madurando.

As felicitacións e cariño recibido ao longo do festival e despois do fallo do Festival deixáronnos alelados e sen palabras de agradecemento. Directores, productores, críticos dos xornais e outras persoas do mundo audivisual animáronnos a seguir traballando para vindeiros certames.

Hoxe levanteime e baixei a buscar a prensa, pero como é día de festa aínda non chegou (isto pasa por vivir noutra aldea)

Mañán, contarei máis.

Ah, xa tiña pensado subir o corto para que o disfrutedes todos, pero como foi elexido para este festival, dixéronme que mellor sería esperar a que rematara. Un  día deste...

 

IMG_7586

ZooN

Der a izq Paco Penas, Nina e Gervasio

IMG_7857-2

ZooM

Foto fixa do cortometraxe Motel Kilómetro 30

Ao SuPeRMaN de CaMeLLe

A minha pequena homenaxe a MaN

Todos temos a obriga de construir o noso propio sueñario... a crise pode axudarnos a elo :-)

IMG_8549

ZooM

 

OS LíMiTeS Da iMBeCiLiDaDe...

IMG_8551

O Palmar é un dos meus recunchos preferidos do Sur de Tenerife, pero xa só para deixar o coche e perderme a pé por Malpaís de Rasca cara ó faro. Na foto podesdes comprobar algo desa grande contraste antre a incongruente civilización e o doce primitivismo da natureza.

 

NoiTeBoa PoDe SeR CaLQueRa...

IMG_2572

ZooM

Para os galegos, a brétema é un pano fino de fantasía que nos leva sempre máis alá do entendemento. Un estado de ser que nos permite adentrarnos sen medo nas profundidades do pensamento.

E con esta música, voume a meter na cociña... hoxe, os meus invitados están de festa.

IMG_2669

ZooM

 

 

Que PaSa ao aRReDoR De MiN...

 

Vacacións ata o día 15 de Xaneiro, agora volverei a madrugar outra vez, como fan os cans da aldea, para estar máis tempo sen facer nada.

Estou como un louco por estrear o xoguete novo, unha video cámara pola que perdin a cabeza no primeiro instante, foi un flechazo, un amor á primeira vista...

Outro Nadal máis, para rematar de conquistar as illas. Na axenda teño apuntado un viaxe ao macizo de Anaga, un recuncho de Tenerife que sempre se fixo de rogar e que espero nestes días poder disfrutar.

Tamén intentarei achegarme unha vez máis á Gomera, pois a derradeira vez foi unha visita puntual e moi accidental. Resulta que Xunto do amigo Luis cancela de Malpica, fun desayunar á Gomera despois de andar de baranda toda unha noite, e como a Gomera é redonda, xa se sabe, a cabeza daba voltas... Desta vez procurarei chegar en plenas facultades para disfrutar do parque Garajonay e da súa vexetación de laurisilva.

Descansar e outra das prioridades. De ordear o disco duro, nin falar. Como moito limpar o escritorio. O disco duro é cousa imposible... visitar con máis frecuencia os blogs amigos, agradecer o cariño de algunha xente que dun xeito altruista non para de enviar aloumiños sen o minha atención debida. Sempre coa mesma disculpa do pouco tempo... e eso non vale.

Eh, que  xa paro... voume a dar un chapuzón e amornar este subidón.


 

BeLéN, CaMPaNaS de BeLéN...

tarxeta_2

ZooM

Chegadas estas datas non podo deixar de recuperar esa ilusión que tan felices fai aos máis cativos. Esperar que Papa Noel e os reises magos premien con certa xenerosidade o comportamento no exercicio de todo un ano.

E como fun un rapaz aplicado nos estudos, axudei nas labores da casa e non cheguei tarde os Sabados pola noite (algúns incluso cheguei o Domingo antes de sair o sol) trouxéronme este ano un auténtico electrodoméstico. Mesmo nen esperaron a que lle escribira a carta.

 

 

 

CaViLaNDo, que tamén é xerundio

preve

ZooM

Sempre, arrancando follas dos almanaques coa inocencia do neno que levamos dentro.

... e sempre, cambiando de almanaques esquecendo do home que levamos por fora.

GReGueRiaS Do NaDaL

santiago 231

ZooM

Ela falaba sete idiomas pero estaba triste, chegou o Nadal e non tiña con quen falar...

TaLLeR De CiNe

 

De impresionante podería calificar a minha experiencia no taller de cine. Xamais pensei que na preprodución , na rodaxe e aínda despois nunha montaxe dunha película houbese tal tinglado orquestado. Agora tamén sei que no cine 3+3 non son 6. Para un corto de tres minutos fixeron falta duas horas e media de gravacións , unhas 20 horas de traballos, doce persoas, catro caixas de cervexas, uns tres dúcias de bocatas, uns tres cartón de malboro...e todo sen contar o tempo perdido pedindo de porta en porta (Tres coches de luxo, unha caixa de mortos....) ou mesmo ter que botar man dun de nós por non chegar algún actor seleccionado nun casting. Tamén é certo que isto pasa cando se fan as cousas por amor ao arte, se lle pagáramos mil euros por xornada durmiría na porta dúas noites antes. Se lles conto que fixemos dous... nuns días xa estaran listos para colgar na rede.

IMG_8115

Gustaríame destacar deste taller, a calidade humana do grupo, un grupo tan diverso (Venezuela, colómbia, Chile , Argentina, Cuba, Galiza, Andalucia, País Vasco, Canarias...) que dende o primeiro momento demostrou que, cando hai corazón e vontade o camiño é sempre de rosas, non de pedras. Tampouco podería deixar de falar das persoas que dirixiron o taller, a súa capacidade creativa e os seus coñecementos técnicos son de categoría, así o demostra a seu curriculum e non tardarán moito tempo en soar os seus nomes nos mellores festivales de cine do país.

Eu só pregunto, ¿que fago eu falando de cine?... eu, que unha das últimas veces que fun ao cine foi en Compostela porque chovía, estaba de resaca e non tiña onde botar unha sesta. Xa o vedes, non hai como non ter frío cando non se ten abrigo :-)

Un abrazo, meus amigos.

ALTERnativas...

IMG_7143

A foto é propiedade de Iria, está prohibido copiala ou publicala sen autorización dela, xa sabedes...

ZooM

Os tazos xa están pasados de moda, agora o que mola son os tapóns das botellas....Isto foi o que me contestou a minha filla cando lle preguntei, a que viña esa febre por xuntar tapóns de botellas.

Unha boa alternativa para combatir a crise. ¡ Lastima que ZP non a escoitara antes de ir á Washington!

Por outra banda, decirlles aos meus amigos, que a minha presenza no blogomillo até as vacacións do Nadal, vai a ser máis ben con contagotas por falta de tempo, nunca por desinterés ou apatía, que conste, eh. Unha das minhas alternativas contra o efecto provocado pola crise ecónomica do mundo foi ocupar ese tempo libre do que dispoño, en actividades que me permiten ter a mente ocupada e non deixarme atrapar por esa negra sombra. Acabo de rematar un curso de macromedia dreamweaver e mañán luns escomenzo un taller de curtos de video, enmarcado nas actividades do VII Festival de Cortos Playa Las Américas Arona 2008.

Así deste xeito, o mundo móvese e eu tamén.

Bicos e apertas para todos.

UNHa RoSa é uNHa RoSa...

035800891

ZooM

Tiña o título, tiña a foto... pero lembrei da frase que J.L. Borges lle adicara a un compatriota seu

"Mallea ten talento para encontrar bons títulos. É unha pena que se empeñe en engadirlles libros"

Asi que ata outra...

035801041

ZooM

PRaCeReS CoTiáNS

Uxio_01

ZooM

Vía PEKE chegoume fai xa uns días un meme. Trátase de falar desas cousas que ocorren cáseque todos os días,

e por elo, non lle damos ás veces a importacia que de verdade se merecen.

A primeira, e unha das máis reconfortantes, son sempre os bicos dos meus. Ese bico da minha "artista pequena" cando chego á casa cansado de traballar. Ese querote papá do "artista grande" e fregaplatos da foto, cando quere algo, jeje. Sen esquencer desa doce mornura na cama ao espertar de alguén, que sempre está disposta a entender, a perdoar, a bicar e a querer... sen preguntar.

Outra ledicia é esa refrescante sensación do baño na praia despois dunha boa camiñada e que xa se convertiu nunha necesidade fisiolóxica cotián.

Fai uns anos, na Galiza, un dos meus entretenementos preferidos era tumbarme nun prado mirando como medraban as herbas. Agora, en Canarias, metido nos cuarenta, gosto de estarricarme na praia á ollar medralas unllas dos pés. Tamén devezo por tirarme no sofá e xogar a non pensar en nada.

Tampouco quero deixar pasar desapercibido o disfrute dun manxar ou dunha copa de viño. Antes de comer unha mazá preciso sonhar con ela. Antes de darlle unha dentada xa a disfrutei no pensamento. A min, comer x comer non me vale. Vivir x vivir tampouco.

Eh, tamén hai outro tempo orgásmico que ben merece boa nota. Ese honroso intre no que apagas as luces e pechas a porta despois dunha longa xornada de traballo. Para este non teño palabras :-)

 

Non sei xa cantas cousas contei, pero unha das cousas que máis satisfeito me deixa cada mañá é espertar e sentirme vivo. Unha das cuestións vitais para seguir posteando e, posiblemente, unha das razóns pola que estou escribindo e reflexionando neste meme da vida.

¿Ou sera todo un sonho...?

O mesmo que peke, non acostumo a nomear a ninguén, pero desta si que me apunto e pásolle a hot baloka a:

Ninsesabe, Chousa da alcandra, Costa dos arrieiros Merís

E como non, tamén a neta de Allegue e do Santo

 

TaBeRNa PaRa uN aMiGo

IMG_1688

ZooM

Taberneiro: e a onde vas?

Rod Cameron: quen sabe !

Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !

Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)

Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.

Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.

Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.

O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.

Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...

Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.

Adicado a un home grande e xeneroso que nos abandonou para sempre. Ao meu amigo Garzón Blanco que se foi sen contarme o derradeiro chiste nen beber da minha vindeira queimada.

Hoxe, lonxe da terra hai festa...

 

JHaSTaNDo JoMa

Eu sabía que as cousas andaban mal, pero tan mal, tan mal non o sabía...

Mentras viva non esquencerei aquela tarde de Domingo na Solaina de Piloño. Remataba a sexta forxa literaria, un recital músico-poético pechaba aquelas actividades enmarcadas nos encontros culturais no rural. Celsiño, Antía Otero, Carlos Negro, Raul Gómez, María Lado, Vázquez Pintor, Martín Marticorena, Emilio Ínsua, Jorge garcía Porral entre outros, fixeron tremar o ceu e a terra coa súa arte. Alí estábamos os incondicionais da fundación, entre sesenta ou setenta persoas, algúns nenos e xa puretas ou nas portas de selo, pero ningún rapaz antre dazaseis e vinteecinco.

Un pouco máis tarde, despois da degustación que non brindou Xosé Molina (Decano do centro de estudios da Filloa de Merza) baixei cuns amigos cara á Ponteledesma e a poucos metros no SAMBAR, lugar de encontro de mozos e mozas da comarca, había unha marea de rapaces xa borrachos perdidos no lusco-fusco da vida. Rapaces que tamén podían disfrutar dunha tarde de poesía, de música e despois beber ata caer de cú, ou non?

Pero bueno...sei, porque tamén fun e aínda son "novo", que a ninguén se lle vai facer ver máis luz da que leva dentro, mais algún sentimento de culpa ten que aflorar de nós mesmos, sabendo que somos pais, cando a nosa xuventude ten que limitarse só a beber para divertirse e pasar as tardes do Domingo. E todo isto ben a conto deste video, que me chegou aos ollos vía Moure, dunha xente da minha comarca  facendo animaladas e poñendo en rísco a vida doutros.

(Xa sei que máis dun dirá, Xente de Lalín, xente ruín...)

A Manuel Lugrís non lle faltaba razón naqueles versos que decían:

"Que estou vello...

Xa quixeran moitos mozos sentir

as arelas de gloria

que se agochan en min"

 

 

O CoÑaZo de...


IMG_0409

ZooM

¿Crise? ¿Que crise?, o que hai é moito vicio... espetoulle hoxe pola mañán un xubilado a outro, na praza dos Cristianos, nesa profunda análise que fan cada mañán da realidade social.

E a verdade é que, case podo sacar máis conclusións do retroceso económico escoitando falar a xente na rúa que escoitando falar aos políticos ou mesmo aos analistas do mundo. Xa facía moito tempo que a clase obreira se decatara de que algo cheiraba mal e non cadraban as contas . No fondo, a sensibilidade do pobre nunca está tan contaminada como a do rico e os seus instintos pola supervivencia sempre se adiantan aos acontecementos que nos meten polos ollos nos telexornais.

Hai crise, sempre houbo crise. Hoxe falamos de crise económica pero non podemos esquencer que xa fai moito que hai unha grande crise de ideas.

Eu mesmo, dende que atopei esta frase de Ortega y Gasset, xa non penso, só me deixo levar...