Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.
Querida naiciña:
hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.
Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos para voar a Tenerife e voltar a pasear pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes, non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje
¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!
Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...
O luns fixen arredor dos quince kms cargando unha mochila de nove kilos e as sensacións non son moi boas. Sen mochila, as baixadas son proporcionales as subidas pero coa mochila ao lombo os kms parece que teñen máis de mil metros. Coa mochila a resistencia aerodinámica é maior, gañas en aderência ao chan pero botas de menos o kers, jeje
Mais aínda así, quero confiar que o camiño de Santiago sexa o mellor entrenamento para o propio camiño.
Bueno, ao final, como todos, un vai a camiñar, a disfrutar da natureza, sen esperar grandes milagros pero sempre coa esperanza de ver unha luz que che sirva de guía, que che de forzas para chegar a Compostela e dar grazas ao patrón.
Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)
Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.
Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.
Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.
O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.
Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...
Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.
No mundo da hostelería, a relación co cliente vai sempre un pouco máis alá do clásico protocolo. O escenario é un negocio como moitos outros, pero a situación persoal do cliente é case sempre moito máis relaxante e cómoda que noutras actividades.
Aínda así, tamén se dan moitas anédoctas onde os malos xeitos e situacións tensas están a fror da pel. Pero hoxe só quero falar da gratitude, desa xente que día a día viven empeñados en demostrarche, xesto a xesto, palabra a palabra, que son amigos denantes que clientes.
E son eses amigos, que comen e pagan o que comen, quen tamén pagan os estudos dos meus fillos. Amigos que me pagan a hipoteca e mesmo enchen a nevera. Amigos, que aínda todo lles parece pouco e deixan propina.
DECEPCIONADO, e non porque fose a votar máis xente da que pensaba. DECEPCIONADO, por ese coto privado no que se está a convertir o noso mapa político, onde sempre están os mesmos, onde non hai caras novas que alimenten a nosa esperanza. DECEPCIONADO, porque nen xuntándose catro gatos, somos capaces de sacar dous deputados...
E ao final, DECEPCIONADO, porque tristemente vai ser certo o que dixo algún político "cómpre que desaparezan as culturas nacionais, obstáculo para a integración harmoniosa da humanidade..."
Posiblemente ninguén os chamen para representar a España no festival de eurovisión, pero tampouco lles importa moito, nin eurovisión, nin tansiquera España.
Viven na Maraconesia, nun archipiélago, son canarios....
Nesta visita a un tempLo lembramos con encanto aquela sorpresa que nos levamos na Ribeira Sacra. Coido que foi no monasterio de Santa Cristina de Ribas do Sil, en plena natureza de castaños e carballos. Entramos e deixándonos levar polas sensacións de sosego que nos transmitía aquel remanso de paz, encaramos sen perder detalle ata o altar maior, e de súpeto unhas notas celestiales de flauta sonaron como se fosen os propios anxos de pedra que nos recibían con certa pleitesía.
Pasiño a pasiño, aínda sorprendidos, fomos achegándonos ao fondo e cal non sería a nosa sorpresa, ao atopar alí nun recuncho un mozo tocando con maestría e á espera da nosa xenerosidade divina.
Gústanme estes espazos, para reflexionar, para sentir...ou mesmo para tomar o fresco.
¡Oxalá fósemos tan iluminados como para escoitar o silenzo! Pero somos só homes e nin tansiquera sabemos escoitar os nosos propios murmullos.
(Paulo coelho, en conversas con Petrus, no peregrino de Compostela)
Levo un tempo disfrutando moito da natureza, nun principio falaba con ela, pero agora decateime que a verdadeira comunicación é posible máis alá das palabras. A comunión está en chegar a sentir, sen máis e sen menos...
"Emprende a viaxe a Ítaca, pero demórate o máis que poidas. Fai moitas escalas, tendo sempre presente a túa illa, a que estás buscando. Ó final chegas a Ítaca e ¿ que vas descubrir? Que a verdade Ítaca era a viaxe... (HOMERO)
Non volvo, e que nunca me fun. Non podo vivir sen o Blogomillo. Pecho a ventá e fáltame o aire...
No camiño de Santiago, posiblemente non atope eu esa espada que me convirta en maestro RAM, pero do que estou seguro, é de que na minha vida, vai haber un antes e un despois... o mesmo que lle sucedeu a Paulo Coello.
O camiño de Santiago, nese primeiro treito por terras galegas, non deixa de ser a minha primeira experiencia, mais manteño a esperanza de completar o camiño por estapas nos vindeiros anos. Nun principio tiña a idea de facelo na compaña de Uxio, mais ao final contaremos co guía espirual que aparece na cabeceira deste blog, que ao xeito de Petrús, irá reconfortando o noso propio coñecemento coa sua longa experiencia, poi coido que vai ser a terceira vez que pisa o mesmo carreiro.
... E para os meus amigos, prometo fotos, fotos, moitas fotos.
Este video realizado polo polifacético GRANDE VICTOR GRANDE, e no que participaron a xente de LUCANUS, gañou o segundo premio no concurso de video Xuventude Galiza Net 2009. Unha orixinal idea que polo simple feito de colaborar o meu queridiño UXIO, xa merecía todos os óscars do mundo :-)
Pero, isto non acabou aquí, nun ataque de amor consanguíneo agasellei ao rapaz coa minha cámara de video Sony HDR- SR11E, e como canta Rui Veloso " o prometido sempre é debido".
Xa o decía Arnold Newman, Estou convencido de que calquera intento fotográfico para mostrar ao home completamente é unha tontería. Só podemos mostrar, o mellor que podamos, o que o home revela exteriormente. O home interior poucas veces revélase.
Si, o conto da leiteira, iso mesmo foi o que pasou. Primeiro pensaba xuntar un grupo de fotógrafos amateurs para criar unha asociación, máis tarde iríamos pedir as portas do concello, do cabildo, da caixas e dos ricos. Pero xa se sabe, estamos en tempos de crisis e a executiva non saben, non contestan... polo tanto tiven que tirar de catro empresas pequenas para montar o meu circo. Catro amigos que están dispostos a invertir en "culturilla", sen máis compromiso que o persoal, porque a publicidade que vamos a xenerar coido que non vai a reportar grandes beneficios nos seus petos.
E agora a traballar, organizar a primeira exposición colectiva e a moverse para que o mundo non pare. O de traballar por amor ao arte rascandose os bolsillos, non deixa de ser un acto un pouco egoista, anque todo elo sexa para dar saída a certo pruido que non atopa acougo.
Potencialmente inofensivos, avezados informáticos, amantes das novas tecnoloxías e frikis blogueiros.
Atenden aos nomes de Antonio, Sergio e Uxio e foron vistos por derradeira vez xuntos en Lalín hoxe pola tarde, todos fachendosos cando ían para o concerto de MANOLO ESCOBAR E DAVID BUSTAMANTE. Dous deles parecen que van armados con teléfonos de pantalla líquida e o terceiro ameaza con mercar un antes de rematar Febreiro.
De día e de noite, con sol ou con lúa, chova ou faga sol, móvense a ritmo de hip hop , hause e músicas alternativas. En horarios de traballo frecuentan un garito que se chama LUCANUS e os xoves pódense escoitar en RADIO LALÍN ou tamén nos podcast no blog de TeCNíVoRoS.
Recoméndase encarecidamente que se alguén os chega a ver, que lles de moitos bicos e abrazos.
Facía xa un tempo que non pisaba a radio, atrás quedaban aqueles felices días do buzón do poeta en radio Bahía, onde compartin ondas co meu amigo Marco. Tamén algunha tertulia na Tanquilla de intersur con outros amigos, pero cando me chamou JM.Pitti fai uns días, para facerme unha entrevista na súa radio, quedei cavilando....JM Pitti é uns dos profesionales con máis raza e criterio no mundo das comunicacións nas illas e por iso non as tiña todas conmigo. Certo apuro me daba o non saber se sería quen de estar a altura das circunstancias, pero bueno, quitando algún tartamudeo, cousa xa non lle extraña a quen me coñece, e algunha palabra "comida", todo transcendeu con moita normalidade.
Unha das minhas debilidades nas vacacións é ir a praza de abastos de Santiago de Compostela, a mercar ou a comer cos ollos. E este pasado verán, xunto do meu "colega" Uxio, achegámonos a ela para facer unhas fotos e almorzar despois polo casco vello, pero chegamos ao mercado e fomos directamente ollar o peixe bailar e bateron os nosos ollos nuns percebes que deseguida nos fixeron cambiar de plans. Aquela mañán íamos darlle unha sorpresa as nosas mulleres, colleríamos dos kilos de percebe, uns san martiños, botellas de albariño e regresaríamos á casa para preparar un tenderete do carajo.
Pero como tíñamos o coche na praza de Galicia, baixamos pola rúa do villar ata que chegando á praza do Toural escoitamos uns acordes que nos fixeron deixar no chan as bolsas dos percebes, do peixe e do albariño para escoitar un pouco aquel concerto que prometía caña da boa... no palco, SoN Do GalPóN a golpe de violin, guitarra, baixo, batería e unha voz (a de Gael) para secuestrar a nosa vontade e facernos cambiar na mañán outra vez máis de plans, e deixar as nosas queridas mulleres sen comer :-( .
Alí estivemos, disfrutando daquel concerto bravú da música emerxente do país ata que se fixo o silenzo de pedra no Toural. Cando chegamos a Prevediños de volta, xa estaban durmindo tod@s a sesta. Cocemos un kilo de percebes, fritimos un san martiño e bebemos duas botellas de albariño,
para rematala tarde ( por un día, que conste eh) sen saber quen era o pai nen o fillo. :-)
Si, "a filla do exorcista tamén é galega" ven sendo o títudo da minha derradeira exposición, Un títudo que non me atrevín a poñer nos cartel por mor a que me retiraran a suvención do patronato de cultura, jajaja...
Colgar unhas fotos dunha parede parece que non deixa de ser un arrebato exhibicionista e do máis egocentrista. Iste é o resultado dunha pequena enquisa feita con certa malicia a uns cantos amigos. O de exhibicionismo non me chamou tanto a atención , porque sempre tiven certa tendencia a ir perdendo roupas pola camiño ata quedar espido para o mundo, pero en canto ao do egoismo, doume que cavilar, e aínda non cheguei a ningunha conclusión...
O que teño por certo é que para min, "colgar fotos dunha parede", non deixa de ser unha vía de escape que me axuda a fuxir un pouco deste mundo tan politizado e contaminado e achegarme ao mundo da cultura e da arte.
Bueno, como digo sempre, moverme para que o mundo non pare.
Ramón Domínguez e un ser vivo feito de carne e poesía. A súa música é unha paisaxe de palabras con arrecendos a compromiso e ilusión por construir sempre un mundo feliz... onde para crecer, non faga falta facerse maior senón que chega con facerse mellor.
O Venres, posiblemente nun dos lugares onde é máis feliz cantando, no bar "El Faro" do seu amigo Carlos e xunto ca súa banda, fíxonos disfrutar unha vez máis dese poeta, músico e neno grande que leva dentro.
Xa non aguanto máis, a noticia ten que estár ben artellada para que resulte creible pero ao final hay que desenmascarala para que sexa unha inocentada e non quede en mentira. É certo que fixemos dous cortos no taller de cine, mais de aí a ser seleccionada para un certamen de cortometraxes hai un bo treito. Se algún día sucede algo así, non teño dúbida de que as minhas primeiras palabras, serán para todos vos.
Sintoo moito, ao mellor hai xente que non volverá a deixar un comentario, e digoo por Ana e os Alarcón, para un día que te decides a deixar un comentario... ¡Vaia día escolliches Anita!
Un cortometraje (12 m.) de costo 00.000.000 € que resultou ser o traballo dun taller de cine, levouse onte o premio ao mellor guión e á mellor fotografía (concedido a un servidor e a dous compañeiros máis, Nina e Gervasio). En total uns 3.000 €, que serviran para emprender un novo proxecto que está madurando.
As felicitacións e cariño recibido ao longo do festival e despois do fallo do Festival deixáronnos alelados e sen palabras de agradecemento. Directores, productores, críticos dos xornais e outras persoas do mundo audivisual animáronnos a seguir traballando para vindeiros certames.
Hoxe levanteime e baixei a buscar a prensa, pero como é día de festa aínda non chegou (isto pasa por vivir noutra aldea)
Mañán, contarei máis.
Ah, xa tiña pensado subir o corto para que o disfrutedes todos, pero como foi elexido para este festival, dixéronme que mellor sería esperar a que rematara. Un día deste...
Para os galegos, a brétema é un pano fino de fantasía que nos leva sempre máis alá do entendemento. Un estado de ser que nos permite adentrarnos sen medo nas profundidades do pensamento.
E con esta música, voume a meter na cociña... hoxe, os meus invitados están de festa.
Vacacións ata o día 15 de Xaneiro, agora volverei a madrugar outra vez, como fan os cans da aldea, para estar máis tempo sen facer nada.
Estou como un louco por estrear o xoguete novo, unha video cámara pola que perdin a cabeza no primeiro instante, foi un flechazo, un amor á primeira vista...
Outro Nadal máis, para rematar de conquistar as illas. Na axenda teño apuntado un viaxe ao macizo de Anaga, un recuncho de Tenerife que sempre se fixo de rogar e que espero nestes días poder disfrutar.
Tamén intentarei achegarme unha vez máis á Gomera, pois a derradeira vez foi unha visita puntual e moi accidental. Resulta que Xunto do amigo Luis cancela de Malpica, fun desayunar á Gomera despois de andar de baranda toda unha noite, e como a Gomera é redonda, xa se sabe, a cabeza daba voltas... Desta vez procurarei chegar en plenas facultades para disfrutar do parque Garajonay e da súa vexetación de laurisilva.
Descansar e outra das prioridades. De ordear o disco duro, nin falar. Como moito limpar o escritorio. O disco duro é cousa imposible... visitar con máis frecuencia os blogs amigos, agradecer o cariño de algunha xente que dun xeito altruista non para de enviar aloumiños sen o minha atención debida. Sempre coa mesma disculpa do pouco tempo... e eso non vale.
Eh, que xa paro... voume a dar un chapuzón e amornar este subidón.
Chegadas estas datas non podo deixar de recuperar esa ilusión que tan felices fai aos máis cativos. Esperar que Papa Noel e os reises magos premien con certa xenerosidade o comportamento no exercicio de todo un ano.
E como fun un rapaz aplicado nos estudos, axudei nas labores da casa e non cheguei tarde os Sabados pola noite (algúns incluso cheguei o Domingo antes de sair o sol) trouxéronme este ano un auténtico electrodoméstico. Mesmo nen esperaron a que lle escribira a carta.
De impresionante podería calificar a minha experiencia no taller de cine. Xamais pensei que na preprodución , na rodaxe e aínda despois nunha montaxe dunha película houbese tal tinglado orquestado. Agora tamén sei que no cine 3+3 non son 6. Para un corto de tres minutos fixeron falta duas horas e media de gravacións , unhas 20 horas de traballos, doce persoas, catro caixas de cervexas, uns tres dúcias de bocatas, uns tres cartón de malboro...e todo sen contar o tempo perdido pedindo de porta en porta (Tres coches de luxo, unha caixa de mortos....) ou mesmo ter que botar man dun de nós por non chegar algún actor seleccionado nun casting. Tamén é certo que isto pasa cando se fan as cousas por amor ao arte, se lle pagáramos mil euros por xornada durmiría na porta dúas noites antes. Se lles conto que fixemos dous... nuns días xa estaran listos para colgar na rede.
Gustaríame destacar deste taller, a calidade humana do grupo, un grupo tan diverso (Venezuela, colómbia, Chile , Argentina, Cuba, Galiza, Andalucia, País Vasco, Canarias...) que dende o primeiro momento demostrou que, cando hai corazón e vontade o camiño é sempre de rosas, non de pedras. Tampouco podería deixar de falar das persoas que dirixiron o taller, a súa capacidade creativa e os seus coñecementos técnicos son de categoría, así o demostra a seu curriculum e non tardarán moito tempo en soar os seus nomes nos mellores festivales de cine do país.
Eu só pregunto, ¿que fago eu falando de cine?... eu, que unha das últimas veces que fun ao cine foi en Compostela porque chovía, estaba de resaca e non tiña onde botar unha sesta. Xa o vedes, non hai como non ter frío cando non se ten abrigo :-)
A foto é propiedade de Iria, está prohibido copiala ou publicala sen autorización dela, xa sabedes...
ZooM
Os tazos xa están pasados de moda, agora o que mola son os tapóns das botellas....Isto foi o que me contestou a minha filla cando lle preguntei, a que viña esa febre por xuntar tapóns de botellas.
Unha boa alternativa para combatir a crise. ¡ Lastima que ZP non a escoitara antes de ir á Washington!
Por outra banda, decirlles aos meus amigos, que a minha presenza no blogomillo até as vacacións do Nadal, vai a ser máis ben con contagotas por falta de tempo, nunca por desinterés ou apatía, que conste, eh. Unha das minhas alternativas contra o efecto provocado pola crise ecónomica do mundo foi ocupar ese tempo libre do que dispoño, en actividades que me permiten ter a mente ocupada e non deixarme atrapar por esa negra sombra. Acabo de rematar un curso de macromedia dreamweaver e mañán luns escomenzo un taller de curtos de video, enmarcado nas actividades do VII Festival de Cortos Playa Las Américas Arona 2008.
Vía PEKE chegoume fai xa uns días un meme. Trátase de falar desas cousas que ocorren cáseque todos os días,
e por elo, non lle damos ás veces a importacia que de verdade se merecen.
A primeira, e unha das máis reconfortantes, son sempre os bicos dos meus. Ese bico da minha "artista pequena" cando chego á casa cansado de traballar. Ese querote papá do "artista grande" e fregaplatos da foto, cando quere algo, jeje. Sen esquencer desa doce mornura na cama ao espertar de alguén, que sempre está disposta a entender, a perdoar, a bicar e a querer... sen preguntar.
Outra ledicia é esa refrescante sensación do baño na praia despois dunha boa camiñada e que xa se convertiu nunha necesidade fisiolóxica cotián.
Fai uns anos, na Galiza, un dos meus entretenementos preferidos era tumbarme nun prado mirando como medraban as herbas. Agora, en Canarias, metido nos cuarenta, gosto de estarricarme na praia á ollar medralas unllas dos pés. Tamén devezo por tirarme no sofá e xogar a non pensar en nada.
Tampouco quero deixar pasar desapercibido o disfrute dun manxar ou dunha copa de viño. Antes de comer unha mazá preciso sonhar con ela. Antes de darlle unha dentada xa a disfrutei no pensamento. A min, comer x comer non me vale. Vivir x vivir tampouco.
Eh, tamén hai outro tempo orgásmico que ben merece boa nota. Ese honroso intre no que apagas as luces e pechas a porta despois dunha longa xornada de traballo. Para este non teño palabras :-)
Non sei xa cantas cousas contei, pero unha das cousas que máis satisfeito me deixa cada mañá é espertar e sentirme vivo. Unha das cuestións vitais para seguir posteando e, posiblemente, unha das razóns pola que estou escribindo e reflexionando neste meme da vida.
¿Ou sera todo un sonho...?
O mesmo que peke, non acostumo a nomear a ninguén, pero desta si que me apunto e pásolle a hot baloka a:
Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)
Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.
Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.
Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.
O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.
Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...
Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.
Adicado a un home grande e xeneroso que nos abandonou para sempre. Ao meu amigo Garzón Blanco que se foi sen contarme o derradeiro chiste nen beber da minha vindeira queimada.
Eu sabía que as cousas andaban mal, pero tan mal, tan mal non o sabía...
Mentras viva non esquencerei aquela tarde de Domingo na Solaina de Piloño. Remataba a sexta forxa literaria, un recital músico-poético pechaba aquelas actividades enmarcadas nos encontros culturais no rural. Celsiño, Antía Otero, Carlos Negro, Raul Gómez, María Lado, Vázquez Pintor, Martín Marticorena, Emilio Ínsua, Jorge garcía Porral entre outros, fixeron tremar o ceu e a terra coa súa arte. Alí estábamos os incondicionais da fundación, entre sesenta ou setenta persoas, algúns nenos e xa puretas ou nas portas de selo, pero ningún rapaz antre dazaseis e vinteecinco.
Un pouco máis tarde, despois da degustación que non brindou Xosé Molina (Decano do centro de estudios da Filloa de Merza) baixei cuns amigos cara á Ponteledesma e a poucos metros no SAMBAR, lugar de encontro de mozos e mozas da comarca, había unha marea de rapaces xa borrachos perdidos no lusco-fusco da vida. Rapaces que tamén podían disfrutar dunha tarde de poesía, de música e despois beber ata caer de cú, ou non?
Pero bueno...sei, porque tamén fun e aínda son "novo", que a ninguén se lle vai facer ver máis luz da que leva dentro, mais algún sentimento de culpa ten que aflorar de nós mesmos, sabendo que somos pais, cando a nosa xuventude ten que limitarse só a beber para divertirse e pasar as tardes do Domingo. E todo isto ben a conto deste video, que me chegou aos ollos vía Moure, dunha xente da minha comarca facendo animaladas e poñendo en rísco a vida doutros.
(Xa sei que máis dun dirá, Xente de Lalín, xente ruín...)
A Manuel Lugrís non lle faltaba razón naqueles versos que decían:
¿Crise? ¿Que crise?, o que hai é moito vicio... espetoulle hoxe pola mañán un xubilado a outro, na praza dos Cristianos, nesa profunda análise que fan cada mañán da realidade social.
E a verdade é que, case podo sacar máis conclusións do retroceso económico escoitando falar a xente na rúa que escoitando falar aos políticos ou mesmo aos analistas do mundo. Xa facía moito tempo que a clase obreira se decatara de que algo cheiraba mal e non cadraban as contas . No fondo, a sensibilidade do pobre nunca está tan contaminada como a do rico e os seus instintos pola supervivencia sempre se adiantan aos acontecementos que nos meten polos ollos nos telexornais.
Hai crise, sempre houbo crise. Hoxe falamos de crise económica pero non podemos esquencer que xa fai moito que hai unha grande crise de ideas.
Eu mesmo, dende que atopei esta frase de Ortega y Gasset, xa non penso, só me deixo levar...
O home é conscente de que nace sen o seu consentimento e morre en contra da súa vontade... Erich Fromm
Fai pouco máis dun mes,preguntáballe a minha nai como afrontaba a viaxe a Tenerife despois da catástrofe de Madrid e contestoume toda chea de razón
-" Bueno ho, eu vouche ben tranquila que morrer, mórrechese só unha vez…"
¡E menos mal, quedei eu cismando…
Tamén é verdade que, a certas idades, xa escomenza un a ter a sensación de que se vai morrendo un pouco cada día ao espertar.
E agora, despois dun mes ausente deste recuncho, ímos intentar darlle candea ao meme "do día antes" que ven sendo o mesmo que " o derradeiro día", que chegou vía Pedriño
1. ¿Que canción me gustaría escoitar ?
Negra Sombra, interpretada pola banda de Pontelesma ou de Vilatuxe na carballeira do Corpiño. Eso si, deitado peito arriba para irme xa perderme antre a ramaxe dos carballos.
2.¿A que libro lle botaría unha ollada ?
Pois, como me propuxen lela antes de morrer e van alá dous intentos en vao, anque sexa só botarlle unha ollada , a Divina Comedia de Dante.
3. ¿Con quen me gustaría falar ?
Falar falar, non sei... pero bicos e abrazos de agradecemento moitos daría...
4. ¿ Que me gustaría comer?
Gustaríame comer sopas de cabalo cansado, como as que comía meu avó,Penas o grande de Dorviou, pero feitas con Dalmau
5.¿Que faría e que me quedaría pendente por facer?
Eu faría un bon seguro de vida e atracaría catro ou cinco bancos ( si catro ou cinco, porque cos tempos que corren...)
E en canto as cousas que quedararían por facer, pois tendo en conta que son as 23:20 da noite, quedaríame a cidade da cultura de Gaias sen rematar :-)
Este meme fíxome reflexionar sobor da xente con enfermidades incurables e que teñen que afrontar a vida con ese sentir. Para esa xente, si que non hai un día sin importancia.
Se tivese que elexir tres cousas para irme a unha ilha deserta, a primeira sería unha botella de Dalmau
A segunda sería unha moneca hinchable ¿e por que?, pois para falar con ela...
Non, é unha broma, as monecas hinchables non falan. Levariaa só por unha cuestión de tipo fisiolóxico e do máis egocéntrico. ¿ ...ou acaso, beben viño as monecas hinchables?
E a terceira cousa, sería a minha cámara de fotos.
Tamboríl, gaitas e bombo para poñer orden ao ruído. Coido que daquelas as únicas escalas musicales coas que compoñían, eran as que o sentido da percepción lles otorgaban.
E aquí temos o cambio xeneracional da música en Dorvisou. O cativo é fillo dun artista de Dorvisou e dun xeito maxistral amenizou a sesión vermouth, sin vermouth...da romería das Dores de Dorvisou.
Como ben diría Xurxo Souto " Foi unha longuísima sesión de música e emocións que excitou de certo, todos os revirinchos do noso corpo"
A fotografía non deixa de ser un paseo polos camiños da memoria, mesmo moitos momentos vividos rematarían no caixón do olvido se non fose pola súa testemuña. Eu, que sempre tiven a necesidade de fotografalo todo, disfruto moito agora revolvendo no baúl dos recordos.
Tamén é certo que outras veces son coma unha vara de medilo tempo.
Eiquí , vos deixo un bon exemplo da evolución do homen Sapiens.
Neste pasado mes de Xullo no centro comercial do Corte Inglés da cidade Compostela celebrouse unha semana temática adicada ao concello de Lalín. A moda, a arte, a ciencia e a gastronomía estiveron presentes no evento baixo a tutela de Florentino, Laxeiro, Wily, R. María Aller Ulloa e José Luis Iglesias do restaurante Cabanas. Conferencias a cargo do profesor Docobo (área de astronomia e Astrofísica de USC e director do Observatorio Ramón Aller) e do pintor Antón Lamazares
Unha das cousas que máis reclamaba da atención da xente foron estes porquiños pintados por Fondevila, Armindo Salgueiro e Paco Lareo. Coido que aínda había algún máis pero non dei chegado a eles, os gardas de seguridade do centro non me deixaban sacar fotos pero eu, erre que erre, fun transgredindo as normas... ata chegar ao restaurante e dar boa conta dun cocido de Lalín.
...Xa o dixo o alcalde Xosé Crespo, "o noso é a dieta Atlántica, os que comemos cocido duramos máis "
... serei sempre o que esperou que lhe abrissen a porta ao pé de uma parede sem porta. (Pessoa)
Despois dun pequeno sono no berce, a rutina xa se apousentou no trafego de cada día. Agora, mentras desperto á espreita de novas sensacións, cavilo con certo relouco e rumio nos momentos máis felices.
Vía NINSESABE chegábame fai uns días unha invitación para participar no meme Passion quilt. E alá imos...
Non son un intectual da música; son un parrandeiro…Manu Chao
En primeiro lugar aclarar que non me sinto mestre en nada .
Aos cuarenta e cinco anos só teño una vocación. A vocación de aprendiz…
Cada pasiño que damos, sexa adiante ou atrás é unha lección.
Toda experiencia forma parte de nós.
As ansias por aprender son asás que me axudan a voar máis alto, a superar retos e atrancos ou mesmo, a disfrutar con máis intensidade das pequenas cousas que me rodean.
Por todo isto, quero suliñar como algo vital para os humanos esa capacidade de aprender. Coido que renunciar a ela é un xeito de invernar.
Mr Girasol, na foto, exerce de aprendiz de xardiñeiro e sorprendido está da xenerosidade da súas plantas. Mr Girasol é un pouco vago, non rega con asuidade pero as plantas sobreviven e aínda así, agasállano con frores. El , ás veces, fala con elas na oscuridade da noite e elas contanlle moitas cousas. Algunhas, disque, das imbecilidades do seres humanos.
A cuestión do meme é a siguente:
* Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.
* Darlle á imaxe un breve título
* Titular o post “Meme: Passion Quilt”
* Enlazar esta entrada
* Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.
Un día, fai xa moitos anos, unha pándega de rapaces, todos eles criados no ocaso do arado de pau, xuntáronse nun vello pendello para tomar licor de café ata que se acabou o licor de café e chegou a garda civil.
Estou na minha praia dos enoxados. A marea alta tragou a praia inteira dun bocado. Nestas horas da mañán adoito a estar sempre so pero hoxe, ao carón da pedra na que estou sentado, hai unha señora esparramada na areia. Unha señora que semella non pensar en nada.
Máis lonxe, sempre lonxe da pedra na que estou sentado, hai tamén dúas mulleres e un home bebendo mate. Os tres falan, falan e falan sen dicir nada. ...
E todo elo, mentras estou sentado nunha pedra, escribindo e pensando na fascinación de non pensar en nada.
ZooM O día catro cumprín coarenta e cinco anos, celebreino toda a semana, o Domingo nunha pequena xuntanza desas nas que case remata un por perder o creto. O lunes en Vilaflor , compartindo mesa en casa Chamo da Escalona, co amigo Román . O Mercoles saín de kopas como cando tiña os anos que ten o meu fillo... e o Venres acabei paseando pola praia de madrugada.A foto de hoxe representa moi ben o meu estado actual, atópome nun xardín con frores e eu son a porta destartelada do fondo. Digoo por se algún non se había enterado.Bicos e apertas, voume a dar un baño.
Non son un home que me lembre moito dos soños consumados, non son dos que lle poñen tino...mais acabo de regresar dun que aínda teño morno e vouno intentar debullar cunhas cantas palabras prestadas.
"Coido que estábamos nun concurso e tíñamos unha morea de cousas acima dunha mesa, pero deseguida cada quen facendo gala da súa cobiza humana, arramparon con todo deixando a este parvo da aldea sen nada.
Ollando unha rapaza que vertía por fora das cousas todas xuntas que pillara, escomencei a berrar chamándolle de todo canto malo se pode dicir do ser humano. Despois, arrepentido, refuxieime nun cuarto, tomei un gin-tonic e decidin fuxir do lugar. Cando xa me ía, abreuse a porta e un desfile de miradas distantes e indiferentes deixáronme de pedra.
Ao final, apareceu aquela rapaza que fora victima do meu xenio e como non tiña nada máis que perder, acerqueime a ela para pedirlle desculpas sen esperar nen que me escoitara como é costume na nosa estirpe.
¡ Ou, mais cal sería a minha sorpresa! ...cando levantou os brazos para abrazarme e con certa docilidade susurrarme nos ouvidos:
"Que grandes valores atesouramos e que pouco avanzamos no camiño"
Aproveitando o espazo en branco que me presenta hoxe este post e tamén a coyuntura socio-política do momento quero presentarvos a minha nena
Un nena que naceu en Galiza e que "vive como galega" en Canarias, como tantos outros nenos. Ten uns pais bastante "normales" con traballo e tamén ten unha casa para rematar de pagar a hipoteca cando quede orfa.
A minha nena vai a un colexio bilingüe para que fale con máis naturalidade outros idiomas, para que sexa disciplinada e ordenada nas súas tarefas , para que sexa educada e non maltrate aos os seus pais cando sexan vellos e como non, tamén para ser respectuosa co medio e non andar a patadas co mobiliario urbano.
Cando sexa maior quere estudar unha carreira para pasearse con minifalda e fachenda polas portas dos distintos organismos na procura dun traballo . A rapaza está orgullosa de ter unha baby-sister de Finlandia, uns veciños gay, uns arxentinos e outros ingleses. Non fixo aínda a primeira comuñon pero tanto da...porque xoga ao baloncesto e ao tenis que nindiola...
Grazas a Rajoi por darme a oportunidade de presentar en sociedade a familia, onte foi o meu primo. e hoxe a minha nena... espero que siga moitos anos na oposición para falar tamén dun cento de primos , do outro neno e da minha compañeira.
Deixoumo escrito fai uns días un mestre " que debería traballar nunha temática e non sair de aí". Algo como, reconstruir con certo criterio e orde o meu cuarto escuro. E coido que ten razón porque pensandoo un pouco, agora, cando xa me quedan poucos sacramentos que cumprir, teño a sensación de que aínda non rematei o álbum da primeira comuñón. Como se di popularmente "ando mamando na rolla de atrás".
Terei que buscar alimento para o meu espíritu máis alá da propia nitidez ou espello das cousas. Intentarei penetrar na trastenda da alma para fotografiar con poesía o mundo dos soños. Esgazarei roupas e as carnes nas silveiras dos camiños trepando rocas e valados, se fai falla, para reinventar a festa.
Por intentalo que non sexa, xa teño ganas de sentarme a falar con ese artista que disque levo dentro :-)
Hoxe tiña que falar de min pero non sei que decir...
Este pasado fin de Semana celebrouse no auditorio de Vila De cruces o Festival CRUCESARTE . A xuntanza inagurouse o día 23, coa exposición de pinturas de Paco Lareo (Piloño), Armindo Iglesias (Piloño), Lucía Dubra (Carbia) e Xosé Sánchez (DORVISOU). A escultura estivo presente no acto con obras de Xosé Sexto (Loño) e Xosé Taboada (Cumeiro) e da fotografía encargouse, Paco Penas (como non, DORVISOU). Pola tardiña actuaron as bandas locais de música, primeiro fixoo a Unión Musical de Ponteledesma e despois a Artística de Merza.
O Domingo, continuou o certame cultural das terras de Carbia, cos grupo de gaitas O ARCO DE Merza, PUNTEIROLO das Cruces, as corales de Cumeiro, Carbia Camanzo, o orfeón Nosa señora de Hoy-Vas, os gaiteiros de Tras Xoán de Cruces e pechou o festival Voces Da Terra xunto do Tenor Cesáreo torres (Carbia).
Unha xuntanza na que tiven o pracer de participar pero non o de estar alí presente, motivos laborales non me deixaron voar. Ben que o sentín, outra vez será.
Está claro, que ese rapaz da foto non son eu. É o meu querido corresponsal en Galiza, recollendo un agasallo e diploma a nome de D. Paco Penas :-).
Claro que é posible fotografiar os sentimentos. Só fai falla que estes afloren e se reflexen nos ollos da xente.
Este pasado fin de semana celebraronse os carnavales no povo dos CRISTIANOS. En Tenerife son moitos os povos que teñen por costume honrar a Don Carnal unhas semanas despois de facelo a capital.
Este ano propúxenme un reto, Captar o espíritu da festa e a verdade é que quedei bastante satisfeito dos resultados, sobretodo tendo en conta a dificultade de traballar sen flash, sen trípode e até a minha falta de descaro para retratar a xente descoñecida cara a cara :-)
Caminar la infinita naturaleza es, de alguna manera, un retorno a la vida nómada y a las esencias poéticas del ser humano... (Román Morales, Buscando el sur , Ed. La Palma)
Un home que é capaz de percorrer os once mil kilómetros que separan a costa caribeña de colombia, concretamente dende a cidade de Santa Marta que foi onde partiu, até a punta máis austral da terra, Ushuaia, no sur da Arxentina, sempre merecerá a pena escoitalo con pleitesia. O martes tiven, unha vez máis , o pracer de disfrutar da súa conversa. Forón tres horas intensas de anédoctas, de diapositivas, de aventura pura e dura ... mais que dura penso que inhumana, porque tres anos e medio á pé cruzando Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Ecuador e Arxentina sen máis teito que o firmamento, hotel de mil estrelas como el mesmo gustaba de chamarlle, só está ao alcance duns escollidos. De feito unha das súas preocupacións cando xa estaba a piques de rematar, era o medo a non poder parar cando tocase a súa singular Fisterre. Non hai dúbida que a soedade coa que afrontou esta aventura foi o seu maior desafío, mesmo nunha das dedicatorias do seu libro "Buscando el Sur" lémbrase dos homes e mulleres de sudamérica que agardaban nas orelas dos camiños para restaurarlle os osos e o afecto,
Despois da exposición tamén eu fun na procura do meu querido Sur , cheguei dúas horas tarde ao traballo, non tiña presa, pola autopista escoitaba música mentras soñaba, non quería que se diluira aquela sensación de libertade que me atrapara e me posuía ao pensar na cruel realidade dos que atrapados pola voráxine dunha sociedade consumista non temos máis camiños que os que fan as diputacións ou cabildos.
Agora mesmo, Román está a escribir outro libro pois a mediados deste ano pasado, rematou outra alucinante viaxe en canoa, a través dos ríos Parana, Orinoco, Amazonas e afluentes durante dous anos e medio... non sei canto tardará en editalo, Román non atende a razóns establecidas nen mide o tempo, aborrece do nosa esclavitude moderna, prefire o "primitivismo" indíxena e a libertade da selva.
Xa non hai escalas Alfas, Betas nen Gammas, só enxeñeiros informáticos cabreados, abogados repoñendo mercaduría nos supermercados Claudio e licenciados en historia traballando de camareiros. Aquel mundo feliz de Aldo Huxleysigue e seguirá sendo una utopía, un mundo sen guerras onde ser feliz consistía simplemente en ser feliz.
Onte recibín un correo do meu fillo onde me transmitía a seu desasosegó cara ao seu futuro profesional. Unha preocupación que non lle pode animar moito a afrontar con certo optimismo una carreira de informática como a súa. Unha dura carreira que aínda non atopa un oco nos organigramas das empresas por culpa da mediocridade dos propios empresarios, que moitas veces,buscan incrementar os beneficios a conta da situación laboral dos traballadores.
A INFORMÁTICA e unha carreira con futuro, si... pero no futuro ou lonxe do berce.
¿Como non o vai a ver negro escuro o meu fillo, se non pode aspirar a gañar moito máis do que lle envía seu pai cada mes?... e que por certo, tampouco lle chega a moito. ¿ Ou mesmo ao pensar que nunca chegará a gañar o que gaña seu pai traballando de camareiro, anque sexa en Canarias?
Animo meu rei, Ti sigue estudiando e disfruta do teu tempo , que moitas veces as cousas non son como parecen, aínda poden ser peores :-)
Creo que a fotografía, como outras maneiras de expresión, precisa doutras linguaxes para enriquecerse e potenciarse, non hai regras nin límites. Só paixón e loucura.... Vari carames
Vari Caramés, con quen compartin tantos momentos sen cámaras polo Orzán, está nun dos momentos artísticos máis doce. O seu xeito tan particular de enfocalo mundo, rematou por atopar un espazo no limbo reservado só para un cantos elexidos.
Varí Caramés é un home que traballou arreo e case sempre contra corrente. Un home ao que non lle gustan os traxes novos, como el di...e que foi capaz de atrapar un soño alí onde non había nada e de construir un mundo onde a fotografía e a poesía camiñaran da man aínda falando distintos idiomas, lonxe das modas ou novas tendencias..
A ilusión daquel neno feliz ao que os reises lle trouxeran unha cámara nova de fotos está un pouco diluida. Vinte días despois do agasallo, un problemiña fixo que deixara de furrular. O tendeiro díxome que debía de aceptalo como un chisco de mala sorte, pero claro, sabendo do seu orixe Hindú, só me queda pensar naquelo de que as cousas máis importantes da vida, non son cousas.
Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí e ver no fondo do precipício o Putumaio brincar como un regueiro pequeniño.
Ter unha casa en Chachahuí e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes, dos cocuios, o canto do turpial e o míar estremecedor do puma negro.
Ter unha casa en Chachahuí, esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo amigo do sol.
Ter unha casa en Chachahuí. Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador, brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes. Ter unha casa en Chachahuí. Avilés de Taramancos De Cantos caucanos (1985)
Si tus fotosno son lo bastante buenas, es que no estabas lo bastante cerca. (Robert Kapa)
E a min onte pola mañá pasoume algo parecido. O que se presentaba como unha linda mañá de fotos rematou por convertirse na pior das pesadillas. Eu tamén estaba demasiado preto do perigo e do enemigo...non había forte oleaxe, tampouco estaba o mar plato. Só podo dicir que de súpeto chega unha ola e secuestra a vontade desta familia. Unha familia que se librou polos pelos de escribila crónica máis triste, no sur de Tenerife, onte pola mañá.
Ao final, apesares das mazaduras e do susto, unha anédocta máis que contar aos amigos.
"A morte de calquera home diminúeme porque estou ligado á humanidade; por conseguinte nunca fagan preguntas por quen dobran as campás : dobran por ti."
John Donne
(1572-1631)
O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.
Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.
Estou canso. Hoje cansei de picar lenha, de erguer e deixar caer o machado umha e outra vez sem descansar.
Cómo se converte o castinheiro em lenha para arder, semelha o título dum Manual de Instruçons escrito por Jack London.
Tenho que confesar que tenho medo da motoserra. Tem demasiados dentes, ruído e revoluçons. E semelha inestábel como umha persoa que nom é de fiar. Tranquila em OFF, entra acesa nos meus pesadelos e vira-se contra mim com os seus dentes de aceiro, como um sonho que se volve realidade.
Ou tamém pode ser que nom a conheça bem e nom é que a motoserra seja insegura senom que o inseguro som eu.
Talvez algum dia deixe de picar lenha a mao, de erguer e deixar caer o machado umha e outra vez e lhe perda o medo á motoserra.
Tenho que cambiar, mas necessito tempo. E algumhas outras cousas.
O meu amigo Descartes, pensaba que os monos falaban coma os homes, pero que o disimulaban para non ter que traballar coma nós. Cousa que de ser certo, como ben nos conta Miguel Anxo Murado neste cachondo artigo , demostran que que polomenos son máis intelixentes.
Anque claro... sempre ten que haber algunha excepción
Na minha vida cruceime con xente de todalas castes. Xente ruín, xente íntegra, xente inolvidable e xente simplemente que suman e fan un montón. Pero hoxe quixera ter unha lembranza para esas persoas que, ao seu paso polo meu caron, afondaron coa súa semente. Eses analistas da crianza que sempre che andaban medindo o cerebro. De tódolos mestres que tiven na vida, que tampouco foron moitos, hai algúns que sempre están presentes na minha memoria de cada día e polo que, nestes últimos tempos teño unha extraña sensación, a conciencia un pouco escocida por haber sido moi pouco agradecido, que é o mesmo que un desagradecido . Fastídiame un pouco ter que recoñelo pero agás dalgún encontro casual pola rúa, non houbo ningún acercamento ou recoñecento pola minha parte. Tan só ese lembranza ou cariño. Cando "escoito" falar a peke da súa marabillosa relación cos seus ex-alumnos síntome un pouco doente. A min gustaríame volver a compartir un tempo con algún deles, tan só para escoitalos, agora si, atento e en silenzo... anque tamén teño medo, de que ao millor tampouco se acorden de min :-) As minha primeiras lembranzas andan nesa Escola Mixta de Dorvisou tendo sempre como mestra a Doña Virginia Vilariño Villamayor, Sete longas tempadas... por Deus! como vou esquecer do seu nome, sería boa. cada mañá, en fila india,debaixo dos carballos, soaba a letanía... buenos días tenga la señorita. Mentras, D.Luis, o seu marido que a traía cada mañá, pisaba forte o acelerador do seiscentos para fuxir decontalo da aldea. Máis que recordos da aprendizaxe ou amor polos libros venme á mente os castigos que padecía, non deixarme xogar coas nenas, escribir cinco centas veces que non se debía blasfemar, xa cando eu o sabia...
O derradeiro curso daquela "Educación General Básica" fíxeno no grupo de Vila de Cruces.A mestra dixéralle aos meus pais que se quería seguir estudando, o millor era que completase o meu ciclo na Vila. Agora estou pensando se non sería para que lle deixase tranquila a sobriña . Deste ano pouco que dicir, a non ser Fernando, un mestre de música, ética e relixión que se mostraba afable e amigo.
Despois de acadalo graduado escolar e algún escarceo con levarme ao seminario, non sei a que, pero bueno...rematei en Santiago, concretamente no Castiñeiriño, na escola de hosteleria, Aquí escomenzou a grande travesía do deserto pola vida. Tan listiño, tan falador, tan juapiño...¡camarero xeitiño! ¡Que magoa de non ir ao seminario, puñetas! Da minhas vivenzas en terras compostelanas, falaremos outro día. So nomear a Xosé Luís, xefe de internado moitos anos, Sr. Murillo de Língoa e Don MANUEL BLANCO HERMIDA, así en maiúsculas porque se o merece.
E continuará, pero xa está a chamar a señora da mesa do fondo, esa que pide un café e cando llo levas di que ela non quere café, que o que quere é que lle peches a porta, que fai moita corrente... :-) Con cariño tamén para Uxía Casal, Marinha de Barreiros, Oscar Sánchez, Xavier Dopico, descalza, Séchu Sende, a rifenha, Manuel Busto, jcabellacruz... e outros mestres blogueiros.
A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.
Dous ríos circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.
Sentarse naquela horta, unha noite de verán e lúa chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.
cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.
A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.
Paco Penas.
Ás veces, atrapallado polas palabras, cústame moito ordealas para escribir e darlle xeitos as ideas. Pero neste caso, nun pequeno homenaxe que lle adiquei fai uns anos anos ao meu amigo PACO LAREO , saíume da alma, escribino co corazón, con sangue...
Por iso, quero recatalo hoxe para este V meme das minhas lembranzas.
Naceu nun Hospital de Santiago de Compostela sen avisar nunha noite de lúa chea... medrou aos poucos cada día ata sacar o carné de conducir. Como estudante na súa primeira etapa sempre aplicou a lei do mínimo esforzo, sendo unha prioridade na súa vida, aprobar denantes que saber:-) . Agora, conscente da lei da gravidade, que sempre nos está empurrando cara abaixo, soña que as semanas teñan oito días e os días vinte e cinco horas para acadalo sumum da felicidade.
Como pai, síntome tremendamente agradecido e querido. Atrás quedan tempos de discordia onde eu percibía indiferencia naqueles acenos involuntarios que ao fin e cabo, non deixaban de ser un proceso máis da crianza. Unha das cousas que xamais esquecerei será aquela tarde, na que confuso e arrepentido da minha conducta represiva, se así se pode chamar, refuxieime na azotea da casa a chorar como un desconsoladiño despois de releer "cartas ao pai" de Kafka. Un libriño que, sen lugar a dúbidas, pode sarabullar até a pel dun burro.
E nada máis, só dicicir aos máis imberbes, que un pai non nace, un pai faise día a día ata morrer .
Fai un tempo un amigo agasallou ao meu fillo con este cadro. O cadro que colga das paredes da sala da minha casa é coma un xarope de marmelada para o meu espíritu. No fondo do cadro concorren as minhas cores máis primarias. O azul do ceu, o verde dos prados de cubelos, os ocres das terras de fonfría, as follas e landras dos carballos da capilla, o moucho dos rebordaos e até a frescura da auga da fonte do novello. O problema está en que Uxio quere recuperar o cadro para a súa nova cova na Coruña e a min paréceme razonable... discutilo. Anque presinto que só quédame esperar da súa indulxencia ou restrinxirlle as chamadas do móbil :-)
... Xa o dicía Xosé Vázquez Pintor cando nos falaba de Pepe das Cruces na Solaina de Piloño. "O Practicante astrónomo que soñara unha garita para ver a galaxia, e que vestía traxe e chapeu noviños; zapatos de cocodrilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices"
Aínda non son quen de palpala realidade. Vivo acubillado nun sono...moi agradecido.
Recollendo o testigo de NINSESABE imos practicar un pouco de exhibicionismo anque coido, que son dos que xa vou deixando un anaco de carne en cada arroutada...polo que xa moitos terán o negativo do meu retrato.
O principal rasgo do meu carácter?
Eu destacaría, falando de positividade, a minha docilidade, sensibilidade,… por outro lado son bastante choromicas…ás veces un pouco carpideira, esta a dicir a minha compañeira.
A calidade que prefiro nun home?
A bondade en todo o seu contexto
A calidade que desexo nunha muller?
As mesmas do home e algunhas máis...jeje
O que máis aprecio nos meus amigos?
A transparencia, fidelidade e compromiso
O meu principal defecto?
Non saber escoitar ás veces…desta, non ímos preguntarlle nada a minha compañeira, non sexa o diaño que me chafe o día.
A miña ocupación preferida?
A fotografía con diferencia. Tamén practico a xardiñería do testo…
O meu soño de dicha?
A minha veciña…jeje. En serio, que baixen tódolos deuses a terra, os uns e os outros, e que entre todos arranxen este desaguisado. E tamén que os homes seentreguen con máis vehemencia ao mundo da filantropía
Cal sería a miña maior desgraza?
Uff…neste momento sería non poder axudar aos meus fillos
Que quixera ser?
Un virus benigno que se contaxiara entre os humanos a unha velocidade de trescentos bicos por minutos
Onde desexaría vivir?
No campo, nunca casa antiga e restaurada, con agricultura biológica e moito tempo libre para disfrutar dos amigos, da familia…
A cor que prefiro?
Unha cor cálida e tenue, calquera...
A flor que prefiro?
Se teño que decidir unha sería a camelia pero tamén pola fermosura da sua árvore. Calquer flor me parece bonita, desde a do toxo ata esas pequenas margaridas que medran polos carreiros da minha aldea
O paxaro que prefiro?
A paloma da paz, non teño dúbidas. Agora, dopaxaro que máis me acordareiserá sempre daquel corvo negro que lle comía o porral a minha avoa cando eu neno
Os meus autores preferidos en prosa?
Ata os vinte e tantos foron os clásicos, Herman Hesse, Charles Dickens, Oscar Wilde, Dostoievki, Alan Poe…(Gracias a un mestre que se chamaba Murillo). Edespois dunha epoca onde ler se tornaba espeso chegou o intre da literatura galega,.. Manuel Rivas, Suso de Toro, Neira Vilas,Vázquez Pintor, Uxia Casal…Pero tampouco son dos que vou devorando libros, dous ou tres ao ano.
Os meus poetas preferidos?
Charles Baudelaire, Alfonsina Storni, Fernando Pessoa,Rosalia de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero…
Os meus heroes de ficción?
Non teño…
As miñas heroínas de ficción?
Carrapuchiña vermella...
Os meus compositores preferidos?
Cantautores como Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanes, Aute,..
Aquela xente que altruistamente traballa en prol dos demais.
As miñas heroínas históricas?
Esas mulleres galegas do rural que traballaban de sol a sol…
Os meus nomes favoritos?
Uxio e Iria…
Que detesto máis que nada?
A falsedade, o egoismo, a injusticia…
Que caracteres históricos desprezo máis?
A violación dos dereitos humanos, a escasa solidaridade antre povos e a pouca sensibilidad co medio ambente
Que feito militar admiro máis?
Pois nas labores humanitarias, no caso dunha catástrofe natural…
Que reforma admiro máis?
Todas aquelas que nos fagan máis libres e ditosos
Que dons naturais quixeras ter?
Gustaríame posuir algún máis sobrenatural pero posto a elixir quédome codon das artes.
Como me gustaría morrer?
Ía dicir consciente e sereo pero ninguén o vai a crer, asique direi…soñando coa eterna primaveira da vida.
Estado presente do meu espírito?
On-line… :-)
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os povos castrados polos sistemas autoritarios, a xente que morre de fame, a xente que sofre da violencia de xénero, o abuso sexual e explotación dos nenos…
O meu lema?
Ben podera resumirse nesta frase...Vive e deixa vivir
Mulleres, mulleres. Eses corpos. Todos eses corpos. Donna Anna, Donna Elvira. Sempre aí, sempre aí. Sempre a tentar, un anaco de carne da perna cando a man acomoda a liga, o busto oprime a tea aí ao lado da cara cando che serven o café. Toda a vida a loitar, a impedir. A impedir que se apodere dun a sensualidade, o feitizo da súa carne, da súa proximidade... ¿que hai nesa carne, que atrae? Esa morbideza, esa tenrura da carne que súa e ole...
***
...Que é o desexo? O que fai que aquela man da fotografía do despacho, aquela man que é a do brazo do meu corpo, tome dende atrás un peito dela. Ela con cara de medo, de curiosidade, de entrega. O desexo é unha enfermidade momentánea, unha inflamación dunha parte dun, iso é e nada máis. Inflamación. Inflamación que produce febrícula e trastorno da mente. Non podemos defendernos completamente desa doenza, desas imflamacións. Nun futuro, a medicina moderna. O bromuro. O bromuro que botan na comida do rancho dos reclutas. Nin con bromuro... (Suso de Toro en Home sen nome ) ***
¡Uff...como quenta Lorenzo ! será millor darse un baño...
Canto máis se eleva un home , máis pequeno parécelle aos que non saben voar...
coidaba que era unha frase de J. S. Gaviota pero é de Nietzsche. Tamén é certo que moitas veces canto máis se eleva un home, máis pequenos ve aos outros. Caso moi frecuente na sociedade na que vivimos.
Esta foto reflexa moi ben o sufremento dos que algunha vez estivemos atrapados nas teas de araña do estress, da ansiedade, do pánico... Pero nesta vida, positivamente, todo tende a ser unha lección e coido que xa entendín a mensaxe. Deseguro que si tivese a información que teño hoxe , non chegaría a tanto o meu sufremento. O si que teño sempre presente é canto padecín e ainda hoxe saínrome sarabullas ao ler esto: :
Contração / tensão muscular, rijeza
Palpitações (o coração dispara)
Tontura, atordoamento, náusea
Dificuldade de respirar (boca seca)
Calafrios ou ondas de calor, sudorese
Sensação de "estar sonhando" ou distorções de percepção da realidade
Terror - sensação de que algo inimaginavelmente horrível está prestes a acontecer e de que se está impotente para evitar tal acontecimento
Confusão, pensamento rápido
Medo de perder o controle, fazer algo embaraçoso
Medo de morrerVertigens ou sensação de debilidade
" E nenhum Grande Inquisidor tem prontas tão terríveis torturas como a ansiedade tem; e nenhum espião sabe como atacar mais inteligentemente o homem de quem ele suspeita, escolhendo o instante em que ele está mais fraco; ou sabe onde colocar armadilhas em que ele será pego e enredado, como ansiedade sabe e nenhum juiz é mais esperto e sabe interrogar melhor, examinar, acusar como ansiedade sabe, e nunca o deixa (a vítima) escapar, nem através de distrações, nem através de barulhos, nem divertindo, nem brincando, nem de dia nem de noite..."
Tamén hai unha señorita, e seino por Ana, a leiteira, que escribe poesía e que disque dixo que ese don traspasárallo o espírito de Bécquer,
que o dese si que nolo aprenderon na escola, o volverán las oscuras golondrinas, moito me gustaba, e a ela tamén lle debía gustar porque o encontro co espírito foi na praza das Bárbaras, e o espírito posuína e disque a deixou preñada. Preñada de poesía. Amalia e Ana veña a rir co conto, coa pichola do leite do espírito, ai o espírito, ai. E aínda habemos de ir polas Bárbaras, Ó, a ver se atopamos o espírito de Gustavo Adolfo?
Pois eu xa fun, díxenlles. E deixeinas sen fala, sen tempo de rir, tan de súpeto foi.
E que?
Gústame máis outro que hai no xardín de San Carlos. Ese non preña.
Amalia, facendo a escandalizada: Ai, neniña! E ti estás feita unha puta dos espíritos.
Así, no lo contaba Manuel Rivas en "os libros arden mal"
... aún duermo con peter pan a mi lado, preguntandome si alguien ahí fuera entenderá a un tipo tan complicado. pero una extraña fuerza me persique, me dice: tu simplemente vive, tu simplemente estudia, decide en tiempo record, y olvida el rencor, y recuerda, lo que el viejo dijo: "hijo, en lo que sea, pero el mejor" (Nach Scratch)
Onte falando co meu amigo Paco Lareo comunicoume a triste nova do finamento de Antonio Taboada "willy".
Paco Lareo contaba con poucos datos do suceso, díxome que quedara irrecoñecible, que o tren o machacara contra os raíles, que o matara vivo.... Que había xente que o vira baixar cara ó río coma noutras tantas veces...pero no camiño, perdeuse para sempre a sombra dunha puta idea...
A primeira cousa que se me pasou pola cabeza foi esa conversa que tiven con él, unha noite de vran en Compostela, sobor da fugacidade do tempo, da arte, da vida ...Ese presente que xa deixou de selo para convertir o tempo en pasado e agrandar o caixón do olvido. Tamén lembrei ese día que o coñecin, a primeiros dos oitenta, na feira cultural do día catro en Vila de Cruces, recitando na feira do gando, os seus poemas cunha coroa de follas de loureiro na cabeza...
A xente que o coñecía sabía que se perdía porque era como un labirinto, a xente que non o coñecía equivocabase ata onte.
Adeus, fillo de tratante de cabalos...como dicías nos curriculuns. Verémonos algún día e xa me contarás por que se suicida a xente.
Como cada mañan ao espertar, avelino, un vello pescador xubilado, séntase no porto dos cristianos ao abeiro da casa do mar coa súa cansina ollada perdida no horizonte do Atlántico, para ver os caiucos chegar.
Hoxe a feira de variedades no porto Dos Cristianos é de contrastes, barcos de cheos de turistas para facer excursións, veleiros que danzan ao son do mar e caiucos perdidos no tempo e no espazo cheos de inmigrantes desnortados, famentos, estafados e sobordetodo sen libertade.
Avelino pasa todas as mañans falando coa xente que se para a comtemplar esa estampa xa tan familiar para os que vivimos por estos lares. Avelino só se deixa levar por ese sentido do humor rancio e inoportuno dos que non atenden a razóns para repertir, cada vez que chega un caiuco " eses se non se rien de noite non se ven" ou mesmo" a eses dámoslle bocadillos e piden solomillo".
O triste é que non deixa de ser a sensación compartida dunha maioria do povo que aínda hoxe ten fora das illas máis dun millón de canarios que tiveron que emigrar nunhas condicións similares noutros tempos de fame e miseria. Ainda me atrevería a dicir, porque non, que así tamén pensan alguns politicos que viven cos ollos pechados a realidade dun problema social. Está claro que a diferencia é de cor.
Din que o home que sempre está serio é que non entendeu nada...agora xa sei porque onte pola noite, me reía tanto no HaRR’YS BaR e hoxe pola mañan case non me rio nada.
Despois das vacacións sempre sufro unha pequena metamorfose. Ao rematar de traballar, Calquer luceciña de neón anula a minha vontade e me deixa sen GPS no medio da noite...e, o que é pior, sen saber quen manexa a meu carriño feito de nabos. É cuestión só de días ou semanas...deseguida me desbodará o caudal do encorol dos meus triglicéridos para dicir " BaSTa Xa"
Bueno, pois de aí, que a minha presenza polas leiras do BLoGoMiLLo sexa máis ben escasa. Xa sei, que para postear non teño que pasar ningún control de alcolemia, pero tampouco quero que as minhas arroutadas lle fagan sombra as minhas fotografías.
Escachaba así os muros do interiore de Santa María o crego Valverde, pechando os ollos para non ver o que tiña.
Criada Carme era de andacio gordecha e revellida e xa gastara outro párroco, estaba resumida e mesmo - si o sabía - Don Pépe trocara as mínimas aten cións por solitarios na sacristía.
Velaí por que a Carme daba risa morna cando escoitaba ao seu amo no púlpito, irado e firme,
Así no lo conta o meu amigo Vázquez Pintor , eu como sempre, non podo facer máis que deixar unhas imaxes para que vos fagades unha pequena idea do que estaba a suceder en Moureira de abaixo co aquela morena de Guaiaquil , cousa nunca vista.
Despois de ler este artigo , que me serviu de reflexión, teño que aclarar, por unha cuestión de ÉTICA, que a minha visita o zoo onde saquei esas fotos de animais en cautividade non foi puramente ociosa ou de recreo. Antre outras cousas serviu tamén para compartir coa a minha filha Iria de sete anos a idea de que o habitat natural de todos eses animais era a propia natureza i en libertade.
Non quero que ninguén se sinta ferido na súa sensibilidade e amor por estos animais coas fotos nen polo caracter informal das minhas arroutadas. De aí, que por hixiene mental, decida retirar os comentarios e deixalas fotos como denuncia.
Ah, e sintoo por Marinha que se queda sen poesía...noutra ocasión será, minha ruliña.
¡Rectificar non me vai a facer máis sabio, un pouco máis humano se cabe!
Como pensei en ti esta noite, Whitman, mentres camiñaba polas rúas baixo as árbores con dor de cabeza tímido mirando a lúa chea.... ¡Que melocotones e que penumbras!¡Familias enteiras comprando de noite!¡Corredores cheos de maridos! ¡Esposas nos aguacates, nenos nos tomates!- e ti, García Lorca. Que facías entre as sandías?
Entendo que o texto de Allen Ginsberg non sexa correctamente político para desexar unhas boas festas do nadal a ninguén pero aínda así, máis de un debería dar grazas a Deus por non ter escollido algún outro que dicía :
"Va Jack
Ponme sobre tus rodillas
Pégame y fóllame
Gólpeame el culo con la mano...
Empálmate pegándome
Cuando estés empalmado fóllame..."
O que máis me gusta do Nadal son os bons viños que se beben para celebrar que aínda estás vivo.
Boas Festas do Nadal e oxalá no vindeiro ano cúmpranse todolos vosos mellores desexos.
(Fagan o favor, piquen no enlace e comproben cos seus ollos as sete diferencias)
O ESPELLO
Un home espantoso entra e mírase no espello.
—¿Por que se mira vostede no espello, pois que non pode verse a si mesmo sen desagrado?
O home espantoso respóndeme:
—Señor, segundo os inmortais principios do 89, tódolos homes teñen iguais dereitos; xa que logo, posúo o dereito de mirarme; con agrado ou desagrado, iso non atinxe máis que á miña conciencia.
En nome do sentido común, seguramente tiña eu razón; pero, desde o punto de vista da lei, el non ía trabucado.( Xela Arias )
Bueno, eu como o R. Madrí, nen tanto como dicen "algunhas" nen tampouco como dín "algúns"...o que si é verdade é que me amparo tamén nos principios do 89.
Un deles abriu a carteira e amosandolle uns cantos billetes de 500 euros díxolle ao outro " ¿tes? ¿queres? ¿canto queres ter?...e deseguida me decatei de que estaban a falar de amor. Ese tesouro máis ben escaso nesta sociedade consumista onde todo ten unha etiqueta e data de caducidade.
O pensamento é unha reflexión da luz nun punto concreto das nosas neuronas, pensar é contemplar de maneira interna o reflexo da realidade. Somos fotosensibles.(frases, citas)
Xa chegou ese momento máis axitado no meu termómetro laboral, as dores corporais confunden as minhas neuronas e moitas das sensaciones non deixan de ser unha bagatela. Para acompañalas fotos dun texto, sen perder moito tempo ou mesmo para aproveitalo mellor, sempre me quedará esa longa biblioteca de homes que altruistamente escriben como anxos para os homes que povoamos esta terra.
Non podes volver atrás porque a vida che empuxa como un oubeo inacabable. Fillo meu é mellor vivir coa alegría dos homes que chorar ante o muro cego. (José Agustin Goytisolo)
Ás veces teño sensacións ou pensamentos vagos que me deixan descomposto. Fai un pouco, ollando nesta foto do meu amigo Pol, un rapaz que coñecin fai uns días e que vive en Catalunya, sentin unha necesidade, como de ir a praia a facer castelos de areia, pero dos de verdade, para pechalos políticos mentireiros. Ganas de xogar a pelota e esbourala dunha patada contra a sociedade para meterlle un gol o SIDA ou mesmo, de xogar a facer máxia e que desapareza a xente do mundo uns días, para que este respire e colla un pouco de cor.
Non sei, será esta puta calor ou a queimada da noite pasada. Atópome raro, como medrado...
"Ao queixo, en Francia chámanlle fromage; pero é igual: todo o mundo sabe que é o queixo" dicía un galego culto e resabido licenciado na facultade da vida.
Doce kilómetros con sete encoros non deixa de ser un crimen contra a natureza. Os pescadores de troitas quedaran sen paraiso e as minhas queridas aldeas da ribeira do Ulla despertaran cada mañan debaixo dun ameazador cobertor de néboas. Así deste xeito, non me extraña que os nosos queridos rios crien en vez de troitas, monstruos que berran atrapados no cemento mentras certos políticoscertos non fan outra cousa que calar.
Ao mesmo tempo que recibo o "testikulo" de dorfun aproveito para presentar en sociedade unha das frores do meu xardin.
Tamaño total dos arquivos de música do meu PC: Pois uns cincoepico XiGaS, que comparada coa carpeta das imaxes é máis ben pouquiña.
Último disco me comprei: Fai uns dias, ía paseando e vin nun escaparate dunha tenda "Amigos" de Carlos Núñez. Non é doado atopar música galega por este recuncho do Atlantico e moito menos usual comprar música nestes tempos que corren.
Canción que estou escoitando:
Inescapable de SuRaBHi. Unha voz impresionante que me recorda moito a Madrededeus, moi relaxante para escomenza-lo día.
5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:
-"A paixao" de Rui Veloso e "Dunas" de G.N.R (por tantas e tantas razóns...) -"Negra Sombra", en calquera das súas versións, e toda a música galega en xeral. -Calquera balada de Eagles, Led Zepelin, Bon Jovi, Boston, Scorpions, Santana...(Ufff, como se nota que xa cumprín os cuarenta) -"So long" ou "Suzane" de Leonard Cohen. (aínda hoxe alucino...como cando fumaba porros detras do palleiro) - Desde fai uns dias "fala povo, fala" xa é como unha mosca detrás das orellas...jeje
¡Ah!, falando de música, tamén teño que dicir que me encanta o hip-hop, ¿como non vou gustar do hip-hop se na minha casa soan vintecatro horas o día os violadores do verso, nach scracht ou supernazamacho?...só faltaría
Moitas veces penso que este mundo sin deuses sería moito máis xusto. Cada día que pasa o meu santuario é menos monoteista, tanto rindo culto o Rioxa, Priorato, Somontano ou Ribeira do Duero. Tanto me da que me da o mesmo...
Ireime de vosoutros, algún día, e deixareivos os meus medos e os meus soños..." ("Derradeiro Adeus", M.MONTERO VILLAR)
Nos meus tempos adolescentes, influenciado por algunha flor do mal, cheguei a escribir uns desordenados versos que, máis ou menos, dicían:
Un coitelo acaricia as minhas veas, un temblor percorre o meu corpo, escachando vellas feridas e inundandome de sangue...
Agora, nestes días de inxente tristura, ben podera escribir algunha elexía porque motivos teño dabondo anque non sexa tempo de poesía. O meu pai, ese home, terceiro pola esquerda, que aparece na foto na compaña dos irmaos, suicidouse o luns pasado cortándose con un coitelo as veas da man e da gorxa, asulagando de sangue e bágoas a chaira das nosas vidas e convertindo o noso presente nun aterrador laio, onde só hai un tempo baldeiro, feito de silenzos e preguntas sen respostas. Hoxe, esnaquizado pola dor da perda e a tortura síquica dos feitos, só loito na procura dunha maior doses de serenidade e reflexión. Bicos e apertas.
Pensaba deixar un tempo o blogomillo por falta de tempo para outras cousas e acabo de darme conta de que me pasa o mesmo que a minha filla co seu tamagochi. Non podo, non quero. Faltan duas semáns para recibir a nova cámara fotográfica e con ela renacerá unha nova ilusión que quero compartir con outros. Bicos e apertas.
. Hoxe, baixo ameaza de choiva, con frio e os cumes do Teide nevados, volvin a rúa para comtemplar ese conxunto de seres vivos deambulando, mentras pasa o tempo, cara á ningures. Todos finxindo non estar locos e moi contentos. ¡Se os humáns non tivéramos memoria seríamos uns pasmóns de moito coidado!.
Fai uns días, no blog dun amigo, atopei un deses enlaces que dan resposta a moitas preguntas que me fago ao cabo do día. Ser Kama-eros é ser un mundo de cousas, ter un mar de sensacións vividas e soñadas. Sensacións de haber compartido mesa e mantel con mil famosos, sensacións de haberse enamorado de tres mil mulleres e deitado con cinco mil. Sensacións de ter un millón de amigos, de haber estado algunha vez en Lisboa,Londres ou París, de haber leído sete veces Ulises de James Joice, a divina comedia de Dante ou mesmo collido unha boa melopea de viño con Bukowski. Ser Camareiro ou non se-lo. That´s the question.
Parece ser que os humáns somos o animal que máis inmaduros nacemos e que sen esa estimulación que supón a educación non deixaríamos de ser uns primates. Agora, tendo en conta o papel do macho no reino dos primates, que se limita a procrear e que se desentende de tódalas obrigas, chego a conclusión de que a educación de moitos homes non foi a máis adecuada. Bueno, en fin...¡homiños!
Nestes días ando co tempo comprimido. Un aperta tan grande como un calambre para todos os aldeans do mundo.
Paciente varón de 41 anos de idade que ingresa para someterse a unha intervención quirúrxica dunha exeresis de quiste sebáceo na espalda. Así reza o meu episodio asistencial que me levou, esta mañan, por primeira vez, até un quirófano. Medo só lle tiña a agulla da xiringa da anestésia porque sabía que o bulto non era nada complicado, pero según ían pasando os minutos notábame un pouco máis inquedo. Alí, nun pequeno e claustrofóbico pasillo, esperábamos un monton de xente disfrada que mesmo parecíamos talibans de guantamano en verde. O guión da película era de risa, a enfermeira chamaba de un en un por unha porta e o celador ía metendo de tres en tres pola outra. Eu, ás veces non podía coutala risa e tíñame que meter no lavabo. Cando cheguei o quirófano trincáronme un dedo cunha pinza que estaba conectado a un aparato e deseguida me preguntan que se tiña algunha alerxia, se estaba nervoso... i eu, nun arrebato de sinceridade, cheguei a decirlles senón sería mellor deixalo para outro día, que non dormira ben esa noite e que aínda tiña resaca. - Non, nada deso. Se aínda tes resaca, mellor. Así xa non se precisa anestesia...contestoume o ciruxano.
Despois ó sair, fun buscar unha carta certificada a correos e cal non sería a minha sorpresa, cando ao abrila me atopo con que ademais dos 300 euros que xa paguei de multa, e da bronca por irresponsable da minha compañeira, retíranme o permiso de conducir un mes. Menos mal que pola tarde, o meu fillo rematou de artellar este aparello despois de telo tres días destripado e tamén recibin unha chamada do meu amigo Octavio Vink para decirme que prontiño chegarán os reises a este recuncho das Illas Canarias.
Hoxe leo nos xornais como un alto funcionario de Guatemala contaba que, fai vinte anos, tiraban ós subversivos dende un helicóptero ó interior do crater dos volcáns porque se non aparecian os cadáveres mellor. Así non había que preocuparse por esa moda adsurda dos dereitos humáns".
Hoxe leo nos xornais que un marine yanki declara nun xuicio como mataban civiles irakies ou como destruian probas das torturas a presos. Ou tamén como soldados israelís, nun control fronteirizo, obrigan a un violinista palestino a tocar para eles nun xeito de humillación. O mesmo que facían os nazis cos músicos xudios.
Hoxe leo que alguén pagou un millón de euros por unha miniatura do Greco ou case seis millóns de euros por outro cadro de pintura nunha famosa subasta de Londres.
Hoxe, nunha carta dun banco, chégame un boletin para facerme socio de ANESVAD e axudar a loitar contra a úlcera de Buruli. Despois de velas fotos no post de pawley, non podo negarme a facelo
Hoxe leo nos xornais que a infanta Cristina está "preñada" outra vez... ¡que pena me da! ¡pobriña muller!
Fai xa un tempo que deixei de acuñar ou apropiarme de certas cousas que creía non me perteñecían. Unha delas foi decir "compañeira de viaxe" en vez de "a minha muller" ou "a minha dona". Todo coa boa intención de empezar por cambiar ó meu mundo e poñelo listón un pouco máis alto (cousa non difícil). As parellas perdemos demasiado tempo xulgando a historia en vez de mirar cara adiante e como animales de costumes cústanos rompelo ciclo e poñernos man a obra. Quen somos pais de familia temos a obriga de educalos nosos fillos desafiando os derroteiros do destiño e facer un mundo máis habitable. É unha labor de todos, sen distincións de sexo, que como seres racionales deberemos afrontar para forxar seres máis libres
e con elo unha sociedade máis xusta. Este modelo social do que estamos desembarcando está vello e caduco
anque parece que moitos néganse a abandoalo e prefiren arruinar a sua vida e arrastrar ó inferno tamén outras.
Certas cuestións profesionais fixeron que estivera afastado deste invento maquiavelico. E coido, que nestes días previos ao Nadal vou andar un tanto atareado demais polo que non podo prever da minha asiduidade por este queridiño blogomillo. A partires do vinte de decembro chegará o tempo do lecer. E coas vacacións, que por certo quedareime a descansar nas illas porque na Galiza non atopo acougo,non me chega o tempo a nada e sempre ando a unha velocidade vertixinosa de trescentos bicos por minuto, tamén espero que cheguen adiantados os reises e me traigan a tan desexada cámara de fotos. Pedinlle unha reflex dixital e, como este ano fun bon e traballei moito, espero que se porten ben. Pedir, pedinlle unha canon EOS 10D ou a canon EOS 20D anque tamén lle deixei caer que, se o presuposto non podera axustarse a tales pretensións, sería feliz con unha Nikon D70. No fondo, sei que os reises que pasan pola minha aldea son pobres, non teñen camellos, nen pajes...
Xa o decía Unamuno " O home do diario xa non apunta no seu diario o que a diario pensa, senón que pensa para apuntalo"... i esto, ven a resumir un pouco todo canto me pasa no blogomillo. Un, quixera disfrutar, ser un mesmo, postear sen ter en conta o que dirán ou pensarán os demais,. Todo elo, anque pareza unha contradición, sen sentirse axexado e moito menos criticado. A calidade da maioria dos blogs escravízame e o mesmo tempo motívame que da gusto. Facía tempo que non tiña esta ilusión por seguir facendo fotos nen por escribir dun xeito máis ou menos ordenado que tamén axuda, en certo modo, a fertilizala mente e sementar ideas. Graciñas a todos pola vosa paciencia.
Darwin tomaba opio para calmar as dores, joyce consumía cocaína para os seus problemas oculares, Nietsche atiborrábase de brevaxes, Aldo Huxley... i este non sei que toma, pero onte mireino pola mañan, nesa hora da pava, con un grande golpe na cara que aínda rezumaba sangue e dando tumbos ao camiñar. Fai uns anos tiven unha boa relación con el. Moitas veces íamos paseando e sentábamonos en calquer terraza do Porto dos Cristianos a falar da vida, da locura, dos sonos e ve-la xente pasear dun lado ao outro, como nunha película muda onde todo sucede fóra de ti. Si, onte mirei-no outra vez pasar. Pasaba como unha folla seca de carballo bailando ao son do vento...
Decíame unha muller galega que fora ver mar adentro e que moito se reíra. Hoxe fun a vela e mesmo estou pensando si se habría equivocado de porta porque eu de reirme, case nada, máis ben sereno e reflexivo porque a vida, a morte e o amor son cousas moi sérias, ou non?. Até unha bágoa aflorou nese intre no que Ramón se despedía do seu sobriño e da sua cuñada. Atopéime con un Ramón Sampedro de poucas e profundas palabras, que con certa retranca sempre alcanzaban á máis sublime das mensaxes. Eu, que nestes últimos anos só vou o cine nas sesións infantiles, quedei satisfeito. Gústoume e quédome coas sensacións anque non sexa quén de transcribilas aquí e agora. Só decir que ao sair encendin un pitillo, non co pretexto de que me matara, cruceime con un señor que ía en silla de rodas, pasou unha ambulancia nunha emerxencia e mesmo cando arranquei co coche tiven que cederlle o paso a un cura, facendo toda esta realidade que me sentira, por un intre, un pouco confuso neste mundo. Volverei ó cine e que se vaia preparando Pawley que vai quedar sen choio. Non é unha broma (quería decir "non, é unha broma)
Pero la vieja puta ni siquiera sabía quién era ella, cómo iba a saber quien era yo. (Charles Bukowski]
Teño que asumir esa parte bukoskiana que me fai cóchegas na pel. Moita culpa delo tivoa este home que me arrastrou, sendo eu un adolescente, coma un furacán por esa escura trastenda de todo ser humán. Bukoswki, Allen Ginsberg, Charles Baudelaire... Bohemias noites do Orzán dende o patacón do amigo Vari Carames ao Kopas do Susiño de Soutelo dos montes e as irrepetibels borracheiras de vodka barata na discoteca Xornes ou cubalibre de garrafón en Rubí 28 na praia de Riazor. Posivelmente moita poesía, sexo sen amor, porros e rock and roll para un aldeas coma min.
Deseguro que hoxe haberá centos de bitácoras razoando, con máis ou menos acerto, das eleccións americanas. Eu só quero facer unha pequena reflexión a xeito de arroutada porque para ós que, coma min, interpretamos o mundo dende acima da aldea non é doado entender algunha cousa dunha sociedade tan moderna ás veces e tan pureta noutras. Parece ser que abonda con ter máis de mil millóns para poder chegar a Casablanca ou polo menos ese é o perfíl dos dous jichiños americanos. Nesta vida, o coeficiente intelectual do individuo e o exito non teñen porque ir da man agarradiños. Moitas veces son dous camiños paralelos. Dende logo que ós que chegan a tan altas cuotas de popularidade e devoción teríamos que medirlle o óco do recebro para enfriarlle o entusiamo a esas masas de imbéciles que só construien castelos no aire. Mesmo a politica da Galiza profunda e caciquil parece mirarse a ese espello yanki, cando o máis rico parece sempre o máis intelixente Négome a crer na capacidade de Busch ou de Kerry para atallar os problemas que asolan este mundo e ainda vou máis alá para negarme a crer no perfíl do político de hoxendia. Ao mellor son un incredulo ou mesmo un imbécil tamén, pero cústame moito crer que AMERICA poda ser un luz de esperanza para o resto do mundo. O home é un lobo, tristemente non é un can.
Tanto se amaban, que se atormentaban continuamente. Demasiado amor é incompatibel coa felicidade. Felicidade e amor en grandes doses non pode misturarse. Non caben xuntos no pequeno vaso do corazón. Un vaso o corazón que derrama o sangue se ó enchen máis do que aturar naturalmente pode. Quizais un amor cativo e unha felicidade altiva poden convivir. Ou quizais un amor excelso e unha felicidade subalterna... TANTO SE AMABAN, QUE SE ATORMENTABAN POR CALQUER COUSA... MAIS SEN TAXA SE AMABAN AMBOS, E NINGÚN DOS DOUS PODIA SER FELIZ.
Despois de ler este poema do mestre Carvalho Calero, senteime ó carón da minha compañeira e quedámonos mirando como nos medraban as unllas dos dedos dos pés.
Andaba eu na quarta classe e fiz uma redacaâo sobre o que eu quería ser un día quándo crecesse.
Quero ser un marinheiro, sulcar o azul mar vaguear de porto en porto até un día me cansar. Quero ser un santimbanco, saber truques e cantigas, ser un dos que sobe ao palco e encanta as raparigas.
A sessôra chamou-me ao cadro e deixoume descomposto, Ó meninho atolombado, que gracinha de mau gosto.
Là fizz outra redacçâo, quero ser funcionário ser zeloso, ter patrâo, deitar cedo e ter horário ser un barquinho apagado sem prazer em navegar humilde e ben comportado sem fazer ondas no mar.
A sessôra bateu palmas e deu-me muitos louvores apontu-me como exemplo e passou-me con quince valores. (Rui Veloso&os samurais)
Os homes non metro-sexuais tamén temos dereito a un cachiño de ceu. Todos deberíamos deixar aflorar un pouco máis esa doce muller que levamos dentro, anque so fose á hora de tendela roupa ou de barrelo lixo. (Xa o dixo Manu Chao : Eu non son un intelectual da múseca, son un parrandeiro)
A bitácora de Dorvisou bríndalles a oportunidade de ganar unha botella de viño ao que primeiro acerte o nome do personaxe que está no centro da foto. A botella será dun dos meus viños preferidos e tanto poderá recibila no seu domicilio como compartila con un servidor tan pronto como fisicamente nos sexa posibel. Mais como nesta sociedade de consumo todo ten unha data de caducidade, o Domingo as oito da tarde rematará o prazo do concurso. ¡Ala veña, a ver como andades de cultura xeral!
Non estou para poesías... O meu corpo levantouse hoxe sen alma, canso, sen ánimo de festa. Teño impresións estrañas,os músculos dooridos e os dedos destemplados. Non son funcionario...¡ Que mágoa, carallo!
Despois de camiñar duas horas até o puertito de Adeje senteime ao pé da minha sombra, non había ningunha outra. Sentíame extraño, fora de min, non entendía nada. Só me deixaba levar por aquelas vagas sensacións e lembrando a Manuel María cheguei a conclusión de que a paisaxe non era fermosa porque os meus ollos non atopaban o lecer nela.
Somos o única animal que temos que ir con coidado pola vida. E pensar que na maioría das ocasións é por culpa de outros animais da mesma caste... ¡ xa nos vale!
Estábamos sentados na azotea tomando unhas cervexas cando se achegou un obxeto voador non identificado que aterrizou no tellado. Baixaron dela uns jichiños moi espabilados e sen mediar palavra, de dous tragos, bebéronnos as cervexas e fuxiron de contado.
Vivo nunha ilha onde conviven un cento de razas, baixo un mesmo ceu, sol ou lúa...
Un home namorado xeme como un louco na ausenza da sua amada: -Leyla, Leyla...E cando ao fin se presenta ela, di él: Vaite,vaite de ahí. Non me quites o pracer do meu sofremento.
Hainos de tódolos cores, gordos, fracos, altos e baixos, rubios e morenos, con pelo, sen pelo, bigotudos, canosos e barrigudos. Profesores do ensino a maioria, empresarios, funcionarios e aprendices da vida... Un circo de variedades onde todo escomenza con abrazos e curiosidade para rematar bébedos e confundidos no espello, non máxico, do paso do tempo. Reloxio non marques ás horas, parecen decir algúns mentras outros se resisten a cree-lo.
Non sei. E que as ceas de antigos alumnos, cando se escomenzan os coarenta, parecen outra cousa. Gústanme, sí, pero...
Queremos mitos viventes, reais e verdadeiros. Unha nova vara para reconduci-lo rebaño. Xa estamos cansos de tanta farsa acochada detras de vestutos espantallos de farrapos.
Perguntaron-lle a alguén sobor dos efeutos da meditación e respostou: Antes de practica-la meditación estaba moi deprimido. ¿E agora? - Agora sigo igoaliño de deprimido, pero xa non me importa.
¿Serán esas, acaso, as sensacións da maioria dos políticos despois de deixa-la política?
O home-lobo fuxía da cidade en chamas co coitelo de mata-los porcos ensanguentado na man. Atras, na cidade en chamas, quedaba o corpo inmovil dunha mulher con coarenta coiteladas no corpo por haber mirado de lonxe a outro home-lobo. ¿ata cando, meu?
A poesía e a prosa son coma dous automóbils diferenciados pola cor, que van no mesmo sentido e a diferentes revolucións. Unha atopa meta no cerebro e a outra vai directa ao corazon...
Traguei dinamita porque quero voar a ponte da anguria que vae de hoxe ata manhan. As ideas son coma palavras sen senso, cadullos cangrosos no cerebro, que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa na que se están a convertir os meus días.
Horas profundas, lentas e caladas, feitas de bicos ardentes. Bocas quentes, moi quentes. Chove. I eu máis ti a foder sen pudor, no cabo da horta, mentras as galiñas poñen ovos. Chove. O barullo da choiva é melodia para os nosos corpos mollados, entregados, empapados, abrazados... Xa non chove. Xa escampou, xa as galiñas non poñen ovos, xa non che quero...meu ben. ATA OUTRA Paco Penas de DORVISOU
Unha barca achégase o peirao con dous pescadores, mentras o mar baila unha balada ¿Traerán algo de peixe? ou ¿ o cadaver dalgun negro?... Ao fondo, coma un estampado, a montaña roxa é un inalcanzabel horizonte sempre rompendo e xuntando, tan preto, tan lonxe.....