Blogia

DoRViSou

SeNSaCioNS...

<center>SeNSaCioNS...</center>

Non estou para poesías...
O meu corpo levantouse hoxe sen alma, canso, sen ánimo de festa.
Teño impresións estrañas,os músculos dooridos e os dedos destemplados.
Non son funcionario...¡ Que mágoa, carallo!

<center></center>

SaNTo, SaNTo, SaNTo... o 0,5 non chega

<center>SaNTo, SaNTo, SaNTo... o 0,5 non chega</center>

Agora perdeu creto. A xente deixou de santiguarse ao pasar por diante e até os nenos xogan polas noites darredor sen medo..
A can esmirriado, todo son pulgas.

MaRiSCoS De LaLíN

<center>MaRiSCoS De LaLíN</center>

Álvaro Cunqueiro no prólogo do libro de cociña galega, que escribeu na compaña de Araceli Filgueira, cóntanos que "as xentes de imaxinación son, cáseque sempre, as que comen millor, quizaves porque como decía o conde de Clemont-Tonnerre asocian a súa sustancia terrea ao lugar de onde son, e perciben entón deica as súas frebas o lazo que os xungue á terra que os soporta; sinten a segreda esencia das cousas incorporarse á súa, e así comulgan coa súa terra nun festín de amor"
E a verdade é que, os galegos que vivimos fóra da terra, cando temos a oportunidade de darnos un pequeno homenaxe e disfrutar do encanto dunhas nécoras, duns percebes, dun polbo á feira, dun godello, dun café de pota con pingas e dunha boa compaña, moito nos reconforta os ósos e a alma.
Os chourizos e o lacón deixámolo para outro día.

O PaRaiSo MoDeRNo

<center>O PaRaiSo MoDeRNo</center>

A muller perfecionou a súa tentación e agora da puré de mazán.(Greguerías)

GoRiLaS ao PoDeR

<center>GoRiLaS ao PoDeR</center>

Fai uns días fun o Loro Parque con uns amigos.
Cando chegamos xunto dos gorilas houbo quen fixo uns comentarios acerca da intelixencia destes sorprendentes animais. De que en libertade, no seu propio medio, eles mesmos se encargaban de buscar diferentes follas das árvores según a doenza que tiveran...
Ao final, chegamos a conclusión de que no fondo eles tamén teñen unha luceciña que mesmo se lles acende.
Do contrario non se pode entender como un deles colleu unha pedra e á tirou contra a cristaleira que nos separaba a uns dos outros.

<center></center>

GaLiZa CaLiDaDe

<center>GaLiZa CaLiDaDe</center>

Foi nunha discoteca de Ribeira que se chamaba Cambeiro.
Había duas rapazas, unha guapa e outra fea.
¿bailas? Pregunteille a guapa
¡Oes! eu tampouco, eh...contestoume a fea

iNoCeNCia PeRDiDa

<center>iNoCeNCia PeRDiDa</center>



Estaba a avóa sentada, a sombra, na eira,
léndolle un conto dunha princesa triste a súa neta.

"Había unha vez unha princesa que sempre estaba moi triste . Unha princesa que non tiña palacio nen vestidos de Pertegaz... nen sequera atopaba un "bobón" do que namorarse"

E a rapaza nun xesto consolador díxolle:
- Non te preocupes avóa, que os contos non son verdade.

e a avóa clavou a mirada no horizonte e murmurou polo baixo
-¡ que tempos aqueles de María Castaña!

PaXaRiÑoS a VoaR...

<center>PaXaRiÑoS a VoaR...</center>

Hoxe, na RTVE adicáronlle os primeiros dez minutos a dimisión do adestrador do R. Madrid. Tamen dixo o presentador que ampliarían a información no apartado de deportes... despois continuaron co resto da información do día.

LiBeRTaDe CoMPaRTiDa

<center>LiBeRTaDe CoMPaRTiDa</center>

"Se o instinto e a razón che marcan camiños diferentes, sigue o teu instinto porque a razón é cousa de todos". Esta fraseciña de Villaespesa iluminóume moitas veces neses días escuros i espesos da minha vida.
Hoxe,día libre, día do meu orgullo pailan e lonxe daquel desacougo ou proído xovial vou ir camiñando até o cume desas montañas que tendes na foto, que mesmo parecen dous montóns de area e non o son, para disfrutar da paisaxe, dos aromas do mar, da poesía, da fantasía...

Xa sei, que teño que quitalas malas herbas das plantas e limpala terraza, cambiala luz da entrada, ordealo trasteiro... pero é que hoxe levanteime daquel xeito e síntome rrarorrarorraro.

MaNDaMeNToS

<center>MaNDaMeNToS</center>

Cristo dixo "amaros uns aos outros"... e como non puxo condicións, o home marchou para a taberna e deixouna a ela soa na casa.

A escola da vida

<center>A escola da vida</center>

Carvalho Calero no seu reloxo adiantado da vida quería recoller froito cando ainda era hora de sementar. A min pasábame o mesmo cando quería facer os regos co arado de pau para sementar as patacas mentras meu avó decíame que para levar o arado primeiro tiña que adeprender a tirar diante das vacas.
Ainda así algunha que outra vez deixábame facer uns regos e sempre recordándome que había que levalos moi direitiños dende o principio porque senón despois era moi difícil endereitalos sen ter que voltar atrás.
Agora entendo que os seus consellos ían máis aló do que estábamos a facer. Falaba da vida mesma.

Olladas Incomprendidas

<center>Olladas Incomprendidas</center>

Cando levo a revelar as fotos o meu amigo e fotógrafo Queme, sempre lle bota unha ollada antes de ir eu a buscalas. Fai uns días perguntoume que para que quería estas fotos tan raras i eu contesteille que eran para postear.
Quedou calado e como entendendo todo dixo: ¡ ah, pois moi ben...!

Corrupinhas Da Vida

<center>Corrupinhas Da Vida</center>

¡Camiñante non hai camiño, faise camiño ó andar!

Pero por si acaso que vaía outro diante, non vaía ser o demo que...

Outras Gaivotas....

<center>Outras Gaivotas....</center>

Pensan que voar non é imprescindibel. Son gaivotas coas patas na terra.

¡Gaivotas, gueivotas e gavotas!

<center> ¡Gaivotas, gueivotas e gavotas!</center>

As gaivotas naceron dos pañuelos que din ¡ adeus! nos portos. (Greguería)

AUTORRETRATO

<center>AUTORRETRATO</center>

O Pintor De Dorvisou

<center>O Pintor De Dorvisou</center>

Fai dous anos estiven na casa do pintor con unha tía del que vive en Santiago Estivemos falando del e ollando un amplo arquivo fotográfico do seu tempo. Pouco sei da sua obra, só que na casa hai algún cadro del e que a maior parte da sua obra reside en Madrid e na Habana. Falamos este pasado vran Paco Lareo e máis eu de facer un seguimento das súas andanzas e oxalá podamos contar coa colaboración tamén de Pepe Penas, con quen xa teño ganas de compartir un tempo real con el e coñecelo físicamente, xa que a nosa relación escomenzou no google. ¿ non si, Pepiño?

Escola Mixta De Dorvisou

<center>Escola Mixta De Dorvisou</center>


Aquí tes unha imaxe para o baúl das tuas lembranzas, amigo Pepe Penas .
Fai uns anos entrei nela co meu filho para contarlle tamén cousas dun tempo pasado . Alí estaba o encerado, unha pequena estanteria con libros esquencidos e roidos polos ratos, os vellos pupitres, os conquistadores das Americas, Santo Tomé de Aquino, os catro escudos das provincias galegas. Todo elo obra do pintor de Dorvisou.
Na mesa da "señorita" a esfera terráquea onde eu adeprendera que era redonda a terra e no chao o retrato de Franco escarallado e o teito da escola derrubado pola desidia de catro pobres homes que baixo o estatus de propiedade privada prefiren vela desaparecer que entregala o servizo da aldea.