Despois de camiñar duas horas até o puertito de Adeje senteime ao pé da minha sombra, non había ningunha outra. Sentíame extraño, fora de min, non entendía nada. Só me deixaba levar por aquelas vagas sensacións e lembrando a Manuel María cheguei a conclusión de que a paisaxe non era fermosa porque os meus ollos non atopaban o lecer nela.
Parece ser que no enterro de Avilés de taramancos unha señora chegou a decir, botando unha ollada a paisaxe do cimenterio onde o soterraban, que moi boas vistas levaba. Pois ben,os meus avos tamén a teñen. ¿ou non? Está claro que para esterco si valemos porque a vexetación que aflora darredor de algúns camposantos é unha fermosa devesa.
Somos o única animal que temos que ir con coidado pola vida. E pensar que na maioría das ocasións é por culpa de outros animais da mesma caste... ¡ xa nos vale!
Hai despertares que non cantaba o rei David. Son despertares nos que parece que voa un gato negro polo horizonte que non o difumina nen un par de alka-seltzers. A vida é dura mais un debe seguir posteando. En fin...¡Se a vida che da limóns, faite unha limonada!
Díxolle unha vez Federico Fellini a José Luis Villalonga " Xúroche que son completamente incapaz de inventar; a única cousa que sei facer é interpretar os meus propios recordos", pois ben, a min pásame outro tanto. Só onte as catro da madrugada pareceume recuperar algo de inspiración poetica, mais só foi un espellismo culpa do efeucto da augardente tostada do meu amigo Anxo Santos. Non sei como fixo James Joyce escribindo novecentas páxinas de texto para describir tan só dazoito horas de vida. ¡Que bárbaro! Tamén teño que decir que neste recuncho, antre posters de Eminem, Holly Hunter e Evan Rochel Wood, síntome como extraño na minha propia casa
O vello ordenador esconchouse e xa escomencei a mercar as pezas para que o arquitecto que teño na casa construia outro. Mentras non remate terei que limitarme a ler só blogs porque esas son as condicións que me puxo o meu fillo para usalo seu. Asi que, xa nos veremos. Moitos bicos e apertas para todos.
Román Morales preparando unha tortilla de rescoldo nun posadoiro da Patagonia.
Román Morales García é un camiñante canario que despois de recorrer todalas illas a pé, decideu saltar o Atlantico para emprender unha desas aventuras que nos fai perguntar moitas cousas os demais. No ano 82 descendeu o río amazonas desde Iquitos (Perú) até Manaus (Brasil) remando nunha rústica canoa de madeira. Mais foi a primeiros dos anos noventa cando emprendeu unha das maiores aventuras nas que se pode enfrascar un home, atravesar a pé, seguindo os destinos da cordilleira andina, todo sudamerica. Viaxe no que empregou tres anos e medio para cubrilos once mil kilómetros que separan a costa caribeña de Colombia da outra punta en Ushuaia, tierra de fuego. Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Argentina, Chile...
Fai uns anos publicou un libro "buscando el Sur" (E. La Palma) onde recolle unha boa parte da sua experiencia. Tamén conta con un valiosísimo arquivo fotográfico dunhas 5.000 diapositivas. Eu teño a sorte de coñecelo e de ser amigo da sua familia, até fun participe das preocupacións que asolaban o seu pai nese longo tempo. Só recordar como o seu pai, D Manuel Morales Ruiz, foi ao seu encontro en Perú para darlle ánimos e restaurarlle o afecto. D.Manuel adiantouse a ruta de Román. Sabía que o seu fillo visitaba os lugares de interes público de cada cidade por onde pasaba e deste xeito cando Romám chegou a unha desas prazas famosas dun povo do Perú, un limpabotas foi apresuradamente o seu atallo para perguntarlle: ¿É vostede Román Morales? E Román xa acostumado a ser recoñecido, por facerse eco da sua aventura todolos xornais por onde ía pasando, contestoulle: -si, son eu. - Pois o seu pai está aloxado nese hotel, dixo o limpabotas ante a incredulidade de Román.
Un dos poucos comentarios que atopei na rede desta aventura foi nesta páxina " Su libro es un raro libro, un homenaje "a esos hombres que habitan lo imposible, que duermen entre las estrellas y el olvido ( )¡Quechuas de la greda andina! ¡Pastores aymaras del altiplano!!Mofletones coqueros de la oscura minería del estaño! ¡Chipayas de la quinua auxiliadora! ¡Truequeros pobres del salar de Uyuni! ¡Danzarines potosinos del tinku! ( ) hermanos tremendos ". Un homenaje a Bolivia.
Hoxe prefiro adicar este post a unha causa que de verdade merece a pena, moito máis que as minhas arroutadas. Despois de ler na bitácora Delirios de un informático o caso da sua tía Mª José Arcosnon podo maxinar o grande sofremento e impotencia desa familia en todo este tempo. Por eso, desde está humilde bitácora tamén nos queremos sumar a esas iniciativas solidarias co desexo de que se faga xusticia neste caso.
O leiteiro aproveitou que non estaba a nae para decirlle a nena ¡Has decirlle a tua nai que non lle bote auga con lixos ao leite! E a nena coa boca chea de inocencia espetoulle: ¡Non ho, a mamá sempre lle bota auga sen lixos, que a colle da billa!
Como un rayo de luz que el sol envía através de mi ventana sombría, En mi frondosa y exuberante fantasía brilla tu imagen hermosa y afrodita.
Ou mesmo
Se hará de noche y ya no veré las olas con su manto azul acariciar las rocas.
Ou tamén
Yo pienso en ti tu imagen está fija en mi mente, sin tregua, a toda hora. Tu ausencia es como una llama de fuego, que en este momento, entre el silencio me devora.
Naqueles tempos as cousas importantes escribíanse en castelan ¿non si, pawley? Eu escribía en castelan i ela en galego pero deseguida me deixei seducir polo encanto da "lingoa" galega. Ao final, como decía (Fernandinho Pessoa)
A verdade é que hoje As minhas memórias Dessas cartas de amor É que são Ridículas.
Traguei dinamita porque quero voar a ponte da anguria que vai da noite o día.
Un coitelo acaricia as minhas veas, un tembror percorre a meu corpo escachando vellas feridas para inundarme de sangue...
E ao final escribía unha fraseciña de Lord byron que decía " A adversidade é o primeiro paso cara á verdade". Non foi tan grande a dor dos meus días. Eu como os poetas finxía...
Eu tamén sofro. Esta de moda sofrer. Ás veces as ideas son como cadullos cangrosos no cerebro que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa no que se está a converter a minha vida.Hai noites nas que parece que voa un gato negro polo horizonte que non me deixa dormir. Son noites nas que quixera deixar de eisistir.
¡Que non se asuste ninguén!...Son cousas que un escribía, fai xa un tempo, neses días non que non chegaba a sair o sol.
Nestas pasadas vacacións baixei até a devesa para dar un paseiño por ese camiño que mesmo parece que remeda ó río. Un camiño feito de saudade, que me trae recordos da minha crianza. De cando íamos armarlle ós peixes ou pescar anguías debaixo das pedras, con un "jancho" especial de ferro, feito por nós adrede. Os recordos ían sacudindo as emocións e as palabran esbouraban dentro de min co lume da paixón. De súpeto escomencei a berralas, a cuspilas fora... eu miraba ao ceu e decía: ¡sobreira, aloumiño, abrigadoiro! E as palabras aínda quentes batían nos valados do mundo para convertirse polo eco en múseca, en melodía...