Blogia
DoRViSou

Ecce Home

VoLVeR a NaCeR...


Foto 1


Si tus fotos no son lo bastante buenas, es que no estabas lo bastante cerca. (Robert Kapa)

E a min onte pola mañá pasoume algo parecido. O que se presentaba como unha linda mañá de fotos rematou por convertirse na pior das pesadillas. Eu tamén estaba demasiado preto do perigo e do enemigo...non había forte oleaxe, tampouco estaba o mar plato. Só podo dicir que de súpeto chega unha ola e secuestra a vontade desta familia. Unha familia que se librou polos pelos de escribila crónica máis triste, no sur de Tenerife, onte pola mañá.

Ao final, apesares das mazaduras e do susto, unha anédocta máis que contar aos amigos.

Foto 2

 


 

 

HaBeMuS FoTuS...

IMG_0357

Non podía maxinarme este agasallo para rematar o ano. Modestia aparte, tampouco é que non o merecera :-(.
Onte e hoxe a minha fachenda non me deixou andar como os homes pola terra, vou como un anxo, nunha nube.
Xa como, xa non me doe a cabeza, xa non teño acougo...
Grazas, compañeira de viaxe, irei contigo ata ó Q do mundo. Grazas Uxio e grazas Iria.
¡Agora, véndese cámara de Fotos!
IMG_0356

O CauDiLLo Do DeZa

IMG_1785-1

"A morte de calquera home
diminúeme porque estou ligado
á humanidade; por conseguinte
nunca fagan preguntas por quen dobran
as campás : dobran por ti."

John Donne

(1572-1631)

O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.

Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.

Cómo se converte o castinheiro em lenha para arder...

Paco Lareo

Estou canso.
Hoje cansei de picar lenha,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez sem descansar.

Cómo se converte o castinheiro
em lenha para arder
,
semelha o título dum Manual de Instruçons
escrito por Jack London.

Tenho que confesar que tenho medo
da motoserra.
Tem demasiados dentes, ruído
e revoluçons.
E semelha inestábel
como umha persoa que nom é de fiar.
Tranquila em OFF,
entra acesa nos meus pesadelos
e vira-se contra mim com os seus dentes de aceiro,
como um sonho
que se volve realidade.

Ou tamém pode ser
que nom a conheça bem e
nom é que a motoserra seja insegura
senom que o inseguro som eu.

Talvez algum dia
deixe de picar lenha a mao,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez
e lhe perda o medo á motoserra.

Tenho que cambiar,
mas necessito tempo.
E algumhas outras cousas.

Séchu Sende . Courel, 2007
*Grazas Séchu por pórlle letra ao himno :-)

¡oiS PaNa, oiS BRoTHeR...!

IMG_82051

 

E díxolle o rei ¿por qué no te callas, macaco...?

O meu amigo Descartes, pensaba que os monos falaban coma os homes, pero que o disimulaban para non ter que traballar coma nós. Cousa que de ser certo, como ben nos conta Miguel Anxo Murado neste cachondo artigo , demostran que que polomenos son máis intelixentes.

Anque claro... sempre ten que haber algunha excepción

 

 

¿oS MoNoS e oS ouTRoS...

IMG_8223
Non é o que parece pero non estaría de máis como escarmento.
Nós adentro e eles á fora... anque xa non teñan paraiso a onde ir na terra.

Ao MeSTRe...

IMG_1800
Na minha vida cruceime con xente de todalas castes. Xente ruín, xente íntegra, xente inolvidable e xente simplemente que suman e fan un montón. Pero hoxe quixera ter unha lembranza para esas persoas que, ao seu paso polo meu caron, afondaron coa súa semente. Eses analistas da crianza que sempre che andaban medindo o cerebro.
De tódolos mestres que tiven na vida, que tampouco foron moitos, hai algúns que sempre están presentes na minha memoria de cada día e polo que, nestes últimos tempos teño unha extraña sensación, a conciencia un pouco escocida por haber sido moi pouco agradecido, que é o mesmo que un desagradecido . Fastídiame un pouco ter que recoñelo pero agás dalgún encontro casual pola rúa, non houbo ningún acercamento ou recoñecento pola minha parte. Tan só ese lembranza ou cariño.
Cando "escoito" falar a peke da súa marabillosa relación cos seus ex-alumnos síntome un pouco doente. A min gustaríame volver a compartir un tempo con algún deles, tan só para escoitalos, agora si, atento e en silenzo... anque tamén teño medo, de que ao millor tampouco se acorden de min :-)
As minha primeiras lembranzas andan nesa Escola Mixta de Dorvisou tendo sempre como mestra a Doña Virginia Vilariño Villamayor, Sete longas tempadas... por Deus! como vou esquecer do seu nome, sería boa.
cada mañá, en fila india,debaixo dos carballos, soaba a letanía... buenos días tenga la señorita. Mentras, D.Luis, o seu marido que a traía cada mañá, pisaba forte o acelerador do seiscentos para fuxir decontalo da aldea.
Máis que recordos da aprendizaxe ou amor polos libros venme á mente os castigos que padecía, non deixarme xogar coas nenas, escribir cinco centas veces que non se debía blasfemar, xa cando eu o sabia...

O derradeiro curso daquela "Educación General Básica" fíxeno no grupo de Vila de Cruces.A mestra dixéralle aos meus pais que se quería seguir estudando, o millor era que completase o meu ciclo na Vila. Agora estou pensando se non sería para que lle deixase tranquila a sobriña . Deste ano pouco que dicir, a non ser Fernando, un mestre de música, ética e relixión que se mostraba afable e amigo.

Despois de acadalo graduado escolar e algún escarceo con levarme ao seminario, non sei a que, pero bueno...rematei en Santiago, concretamente no Castiñeiriño, na escola de hosteleria, Aquí escomenzou a grande travesía do deserto pola vida. Tan listiño, tan falador, tan juapiño...¡camarero xeitiño!
¡Que magoa de non ir ao seminario, puñetas!
Da minhas vivenzas en terras compostelanas, falaremos outro día. So nomear a Xosé Luís, xefe de internado moitos anos, Sr. Murillo de Língoa e Don MANUEL BLANCO HERMIDA, así en maiúsculas porque se o merece.

E continuará, pero xa está a chamar a señora da mesa do fondo, esa que pide un café e cando llo levas di que ela non quere café, que o que quere é que lle peches a porta, que fai moita corrente... :-)
Con cariño tamén para Uxía Casal, Marinha de Barreiros, Oscar Sánchez, Xavier Dopico, descalza, Séchu Sende, a rifenha, Manuel Busto, jcabellacruz... e outros mestres blogueiros.

AO AMIGO...

paco Lareo_6

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.

Dous ríos circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.

Sentarse naquela horta, unha noite de verán e lúa chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.

cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.

A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.

Paco Penas.

Ás veces, atrapallado polas palabras, cústame moito ordealas para escribir e darlle xeitos as ideas. Pero neste caso, nun pequeno homenaxe que lle adiquei fai uns anos anos ao meu amigo PACO LAREO , saíume da alma, escribino co corazón, con sangue...

Por iso, quero recatalo hoxe para este V meme das minhas lembranzas.

QuéRote, Meu BeN

Uxio

Hoxe, terceiro post das minhas oito cousas, que por H ou B acho de menos neste desterro voluntario, teño presente a un rapaz do seu tempo.

Chámase Uxio, pola graza do señor do Caurel, estudante das novas tecnoloxías no campus de Elviña , socio do Playa Club e membro non numerario da real Academia do botellón na praza do humor...

Naceu nun Hospital de Santiago de Compostela sen avisar nunha noite de lúa chea... medrou aos poucos cada día ata sacar o carné de conducir. Como estudante na súa primeira etapa sempre aplicou a lei do mínimo esforzo, sendo unha prioridade na súa vida, aprobar denantes que saber:-) . Agora, conscente da lei da gravidade, que sempre nos está empurrando cara abaixo, soña que as semanas teñan oito días e os días vinte e cinco horas para acadalo sumum da felicidade.

Como pai, síntome tremendamente agradecido e querido. Atrás quedan tempos de discordia onde eu percibía indiferencia naqueles acenos involuntarios que ao fin e cabo, non deixaban de ser un proceso máis da crianza. Unha das cousas que xamais esquecerei será aquela tarde, na que confuso e arrepentido da minha conducta represiva, se así se pode chamar, refuxieime na azotea da casa a chorar como un desconsoladiño despois de releer "cartas ao pai" de Kafka. Un libriño que, sen lugar a dúbidas, pode sarabullar até a pel dun burro.

E nada máis, só dicicir aos máis imberbes, que un pai non nace, un pai faise día a día ata morrer .

PiNTa o Teu PoVo...

Compostela, aldea sagrada

 


Pinta o teu povo e serás universal (León Tolstoi)

a CoR DaS CoReS

o moucho do Deza.
Fai un tempo un amigo agasallou ao meu fillo con este cadro. O cadro que colga das paredes da sala da minha casa é coma un xarope de marmelada para o meu espíritu. No fondo do cadro concorren as minhas cores máis primarias. O azul do ceu, o verde dos prados de cubelos, os ocres das terras de fonfría, as follas e landras dos carballos da capilla, o moucho dos rebordaos e até a frescura da auga da fonte do novello.
O problema está en que Uxio quere recuperar o cadro para a súa nova cova na Coruña e a min paréceme razonable... discutilo.
Anque presinto que só quédame esperar da súa indulxencia ou restrinxirlle as chamadas do móbil :-)

CaMiÑaNTe NoN Hai CaMiÑo....

Paco Lareo

Os camiños da aldea non precisan de varandas nen rotondas.

Son camiños retortos e profundos que baixan cara a devesa ou suben cara o curuto

Camiños das aldeas, carreiros da grande alameda....

Ir vendo para ir ir indo... dicía Paco.

E deseguida me dei conta da importancia do camiño cando estás de volta.


 

HoRaS FeLiCeS...

...................

... Xa o dicía Xosé Vázquez Pintor cando nos falaba de Pepe das Cruces na Solaina de Piloño.  "O Practicante astrónomo que soñara unha garita para ver a galaxia, e que vestía traxe e chapeu noviños; zapatos de cocodrilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices"
 
Aínda non son quen de palpala realidade. Vivo acubillado nun sono...moi agradecido.
Xa volo contarei á volta, no camiño...

CueSTioNaRio PRouST

 

IMG_6127-<br /></a></p><p style=

 

 

 

Cuestionario Proust

 

Recollendo o testigo de NINSESABE imos practicar un pouco de exhibicionismo anque coido, que son dos que xa vou deixando un anaco de carne en cada arroutada...polo que xa moitos terán o negativo do meu retrato.

 

 

O principal rasgo do meu carácter?

Eu destacaría, falando de positividade, a minha docilidade, sensibilidade,… por outro lado son bastante choromicas…ás veces un pouco carpideira, esta a dicir a minha compañeira.

A calidade que prefiro nun home?

A bondade en todo o seu contexto

A calidade que desexo nunha muller?

As mesmas do home e algunhas máis...jeje

O que máis aprecio nos meus amigos?

A transparencia, fidelidade e compromiso

O meu principal defecto?

Non saber escoitar ás veces…desta, non ímos preguntarlle nada a minha compañeira, non sexa o diaño que me chafe o día.

A miña ocupación preferida?

A fotografía con diferencia. Tamén practico a xardiñería do testo…

O meu soño de dicha?

A minha veciña…jeje. En serio, que baixen tódolos deuses a terra, os uns e os outros, e que entre todos arranxen este desaguisado. E tamén que os homes se entreguen con máis vehemencia ao mundo da filantropía

Cal sería a miña maior desgraza?

Uff…neste momento sería non poder axudar aos meus fillos

Que quixera ser?

Un virus benigno que se contaxiara entre os humanos a unha velocidade de trescentos bicos por minutos

Onde desexaría vivir?

No campo, nunca casa antiga e restaurada, con agricultura biológica e moito tempo libre para disfrutar dos amigos, da familia…

A cor que prefiro?

Unha cor cálida e tenue, calquera...

A flor que prefiro?

Se teño que decidir unha sería a camelia pero tamén pola fermosura da sua árvore. Calquer flor me parece bonita, desde a do toxo ata esas pequenas margaridas que medran polos carreiros da minha aldea

O paxaro que prefiro?

A paloma da paz, non teño dúbidas. Agora, do paxaro que máis me acordarei será sempre daquel corvo negro que lle comía o porral a minha avoa cando eu neno

Os meus autores preferidos en prosa?

Ata os vinte e tantos foron os clásicos, Herman Hesse, Charles Dickens, Oscar Wilde, Dostoievki, Alan Poe…(Gracias a un mestre que se chamaba Murillo). E despois dunha epoca onde ler se tornaba espeso chegou o intre da literatura galega,.. Manuel Rivas, Suso de Toro, Neira Vilas,Vázquez Pintor, Uxia Casal…Pero tampouco son dos que vou devorando libros, dous ou tres ao ano.

Os meus poetas preferidos?

Charles Baudelaire, Alfonsina Storni, Fernando Pessoa, Rosalia de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero…

Os meus heroes de ficción?

Non teño…

As miñas heroínas de ficción?

Carrapuchiña vermella...

Os meus compositores preferidos?

Cantautores como Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanes, Aute,..

Os meus pintores predilectos?

DEZA POWER…jeje. Laxeiro, Sucasas, Lamazares, Paco Lareo, Armindo Salgueiro, Colmeiro, Álvaro Negro, Paio, Guillermo Aymerich…

Os meus heroes da vida real?

Aquela xente que altruistamente traballa en prol dos demais.

As miñas heroínas históricas?

Esas mulleres galegas do rural que traballaban de sol a sol…

Os meus nomes favoritos?

Uxio e Iria…

Que detesto máis que nada?

A falsedade, o egoismo, a injusticia…

Que caracteres históricos desprezo máis?

A violación dos dereitos humanos, a escasa solidaridade antre povos e a pouca sensibilidad co medio ambente

Que feito militar admiro máis?

Pois nas labores humanitarias, no caso dunha catástrofe natural…

Que reforma admiro máis?

Todas aquelas que nos fagan máis libres e ditosos

Que dons naturais quixeras ter?

Gustaríame posuir algún máis sobrenatural pero posto a elixir quédome co don das artes.

Como me gustaría morrer?

Ía dicir consciente e sereo pero ninguén o vai a crer, asique direi…soñando coa eterna primaveira da vida.

Estado presente do meu espírito?

On-line… :-)

Feitos que me inspiran máis indulxencia?

Os povos castrados polos sistemas autoritarios, a xente que morre de fame, a xente que sofre da violencia de xénero, o abuso sexual e explotación dos nenos…

O meu lema?

Ben podera resumirse nesta frase...Vive e deixa vivir

 

 

TaCóN... PuTo TaCóN

Tacones Lejanos...
 
Mulleres, mulleres. Eses corpos. Todos eses corpos. Donna Anna, Donna Elvira. Sempre aí, sempre aí. Sempre a tentar, un anaco de carne da perna cando a man acomoda a liga, o busto oprime a tea aí ao lado da cara cando che serven o café. Toda a vida a loitar, a impedir. A impedir que se apodere dun a sensualidade, o feitizo da súa carne, da súa proximidade...
¿que hai nesa carne, que atrae? Esa morbideza, esa tenrura da carne que súa e ole...
***
...Que é o desexo? O que fai que aquela man da fotografía do despacho, aquela man que é a do brazo do meu corpo, tome dende atrás un peito dela. Ela con cara de medo, de curiosidade, de entrega. O desexo é unha enfermidade momentánea, unha inflamación dunha parte dun, iso é e nada máis. Inflamación. Inflamación que produce febrícula e trastorno da mente. Non podemos defendernos completamente desa doenza, desas imflamacións. Nun futuro, a medicina moderna. O bromuro. O bromuro que botan na comida do rancho dos reclutas. Nin con bromuro... (Suso de Toro en Home sen nome )
***
¡Uff...como quenta Lorenzo ! será millor darse un baño...

VoLVeNDo ao ReGo...

The family

Eu tamén son un híbrido porque meu paí xa viña ás mozas a Dorvisou, dende o outro lado do río...

CaMiÑoS...

IMG_7407-2

 

 

Adrián Solovio de volta á casa...


 

¿QueN SoMos? ...SoMoS O QuE SoMoS

IMG_9215

Se houbese un ser superior a nós, veríanos deste xeito tan minúsculo e intranscendente...

oCioSiDaDe...

10d paco0105

Se tes ganas de traballar, séntate e espera a que che pasen


Din que a felicidade e a saúde son imcompatibles coa ociosidade
e anque pareza unha contradición ten moito de verdade.
Debe de ser, que cando se alcanza ese grado de bonanza, xa se chega exprimido e sen zume...

VéNDeSe PaRaiSo, por non ter tempo para disfrutalo.

IMG_6760

align="center">

Canto máis se eleva un home , máis pequeno parécelle aos que non saben voar...

 

coidaba que era unha frase de J. S. Gaviota pero é de Nietzsche. Tamén é certo que moitas veces canto máis se eleva un home, máis pequenos ve aos outros. Caso moi frecuente na sociedade na que vivimos.