Se muestran los artículos pertenecientes al tema Galiza Calidade.

CoNXuRaDa DoS MeuS aMoReS


Untitled from Paco Penas de Dorvisou on Vimeo.

Xa nalgunha outra ocasión celebrara o meu cumpreanos durante un longo tempo. Este ano, abonda con decir que os cumprin o día catro e aínda onte estábamos de festa.

 

28/04/2009 20:50 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 4 comentarios.

D. CaRNaL...

DSC01021

ZooM

Resulta que cando xa ninguén se acorda dos carnavales, no sur de Tenerife aínda o seguimos celebrando. Fora de tempo, si... pero deste xeito, Tamén disfrutamos dos de Santa Cruz ou dos de Puerto de La Cruz, que foi onde tocaron este ano.

E hoxe para despedir a D. Carnal fixen  un cocido galego que a pesar da resaca dun Domingo de celebracións, da calor e de certos perxuicios dalgunha xente as partes máis xelatinosas do noso querido porquiño, foi todo un exito.

E como non teño fotos do tenderete, anque pareza increible,  acompaño o post con esta foto que saquei onte no coso, e que me parece moi ilustrativa :-)

Bicos e apertas.

 

 

17/03/2009 01:35 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 4 comentarios.

Os MeuS TeSouRoS...

 

Dous queixo dende ao pe do Farelo

Unha garrafa de viño, coa xenerosidade de Alexandra

E na procura dalgunha larpeirada máis, pois aínda non perdo a esperanza de comer tamén un anaquiño de empanada de berberechos da ría de Noia :-)

Agradecido, moito obrigado...

 

01/03/2009 23:27 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

SoRTeo TRaSTe GaLeGo

O meme do traste galego, un fenómeno da rede que traspasou ríos, montes e fronteiras, florece no día no que os galeg@s deciden o seu destiño político durante os próximos catro anos. Decidir é un decir, logo chegaran outros apaños.

Eu xa teño o resultado do sorteo do meme. Non foi antes porque os Sabados, a azafata do concurso non madruga , pero para poñerlle un pouco máis de suspense, deixovos que vexades o video prometido.

Parabéns @ afortunad@


 

 

28/02/2009 13:00 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 11 comentarios.

O CaNTeiRo e a PoNTe De ReMeSQuiDe

Eu penso que ás veces tanta burocracia non é cousa boa. Antes as cousas facíanse doutro xeito, chegabas ao bar e alí mesmo tiñas a D, Manuel para pedirlle favores á eito. Pero agora, con tantas cancelas e protocolo,  xa non se fan pontes en quince días, a non ser que estés rexistrado no facebook e lle deixes unha mensaxe no muro de Anxo Quintana.

24/02/2009 23:42 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

Meme das Larpeiradas

IMG_4928

ZooM

Xa tiña pensado facelo, pero agora que o raposo me fixo unha invitación oficial, imos a elo.

Como todos sabedes as condiccións son as siguentes:

  1. Ao recibir o meme, engades o lote que vas a sortear no teu blogue.
  2. Envia-lo a tres persoas
  3. E o dia 28 de febreiro realizas o sorteio, dando a coñecer o afortunado no blogue e rematando, claro está, enviando o producto ao gañador.

Eu, que vivo en Tenerife, tiña pensado sortear algunha delicatessen chicharreira, pero como a palabra larpeirada aínda me transporta ao berce das minhas primeiras sensacións, vou sortear o día 28, unha pequena degustación de productos galegos e albariño das adegas Castro Brey da parroquia de Camanzo, no restaurante O POTE de Piloño, Vila de Cruces.

O número de cada un será o que lle corresponda por riguroso orden dos comentarios, ( PRIMEIRO COMENTARIO  = Nº 1... ). O número afortunado sacarao do saco a man inocente da minha queridiña Iria,  deixando o resultado ao día siguente no meu blogue e xa que non vou facelo diante dun notario, acompañareino dun pequeno video do momento para dar creto do acontecemento.

Agora ben, se o afortunad@ estivese casado ou en relación, aceptaría que viñese acompañado, só coa condición de que nos soporten como anfitrións a min e a minha compañeira  :-).

A oferta tamén se ampliaría a un pequeno recorrido por algún belo paraxe das terras do Deza, sendo parada obrigada na minha aldea de DORVISOU e tamén na SOLAINA DE PILOÑO Unha das condicións imprescindibles para concursar é que todos participen do traste galego.

As datas? O último fin de semana de Xuño ou a primeros de Xullo, unha vez que coñeza o afortunado xa concretaremos detalles.

E, cumprindo co mandato vou nominar a unha galega de conta PRO.... LA CAJA DE LOS HILOS (e digo galega de conta pro, porque para ser galegos fai falta algunha cousa máis que nacer na Galiza, como decía Castelao, e ela, anque non naciu na Galiza,  ten esa cousa...) A Manolo, non o vou a nominar, non se pode facelo dúas veces detrás da mesma porta.

2ª nominación, porque sei de boas fontes que estivo coqueteando co meme pero aínda non se decidiu, PORTO DOS ESCLAVOS

E a terceira entrega, aos premios galegos, vou nominar a NINSESABE, por moitas razóns, pero unha delas é que teño contas pendentes con el :-)

Eu xa apostei polas larpeiradas de Paideleo, Manuel L. Rodríguez, o blog de L&M, Chousa da alcandra, Zeltia, Disfruta da vida, Dende Areas cara a ponte, Mencía,  La vida a cuestas,

Santo2000, Na antesala,

Ao pe do farelo, Morrocantando,

Cuspe de Pita,   La caja de los hilos   Artabria    ...e seguirá

Restaurante El Rincón Del Arroz

ZooM

 

15/02/2009 19:57 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 23 comentarios.

AmOr SeRRaNo

<_script src="http://flocos.tv/embed/amor-serrano/450" type="text/javascript">

Que ninguén se perda este drama de sexo, sangue e chourizos. Posiblemente non sexades capaces de volver a comer chourizos de Lalín na vosa vida, pero aínda así, merece ben a pena.

O feito de que fose rodada na Comarca do Deza, nun principio, non debería ser motivo para que sexa mellor que outras. Pero tampouco ninguén dixo o contrario :-)

Ah, e por si alguén aínda non coñece ese cineclube do audiovisual galego, aquí deixo o enlace para que vos rexistredes e disfrutedes dunha boa lista de interesantes cortometraxes.

FLOCOS. tv

 

 

25/01/2009 23:04 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

O PoTe De PiLoÑo

O Mesón  Restaurante " o pote " de Piloño é un dos meus referentes gastronómicos. Unha casa onde,  ademais de  reanimar  corpos debilitados, reconfortan o autoestima e aguilloan o instinto da amistade.

Eu, cando chego a Piloño xa teño fame. Unha fame de raras sensacións. Os poros da pel ensanchan a minha felicidade facendo de sumidoiro cara aos sentidos. Se chove, chove, se fai sol, fai sol...

Peixe da ría e marisco do cortello, leitugas e cenorias da súa horta, filloas recheas de melindres e tentadores viños de pecadores bacelos. Cociña tradicional feita con ideas modernas.

Máis unha dos grandes tesouros que acaudala este facenda reside na nobleza humana de quen o goberna.  Fai uns cantos anos forón Luis e María quen poñeron a primeira pedra do santuario. Na hora da comida, María metíase na cociña e luis, lito na man, servía con certa maestría. Despois, nas horas mortas, carretilla, pedra e cemento...

Hoxe, é X. Luis e Maribel quenes están ao frente do negociado. Xuventude, profesionalismo, ilusión, moito traballo...ingredientes suficientes que fixeron florecer, nesta terra de Piloño, outro  oasis no deserto

Asi que xa sabes, antes de ir ao médico, proba coas recetas do mesón " O POTE" e chama ó 986 56 61 08 para pedir cita.

Para chegar podes facelo desde Santiago por Boqueixón, Ponteledesma, Camanzo...

Desde Lalín por Vila de Cruces...ou por Silleda a Vila de Cruces...ou A Bandeira, merza...

Desde Arzua cara á Dombodán, Portodemouros, Carbía...

 

 

Etiquetas:

03/09/2008 02:23 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 10 comentarios.

SaúDe MeNTaL...

OCorpinho 204

Así desta guisa, rematamos o día grande do Corpiño, ao abeiro do río Arnego en Tuiriz, nos lindes das terras de Aquam Latam.

Foi unha prolongación da festa para o corpo. Unha sesta marabillosa, nun marco incomparable, onde recuperamos a enerxía positiva... ¡abofé que si!

Tamén é certo, que de saber estas cousas, non alcanzaríamos o nirvana, jaja

 

 

Etiquetas:

26/08/2008 10:08 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

THe eND...

 

Unha das cousas que máis boto en falta na minha vida é unha experiencia relixiosa, porque aquelas tardes das catequesis dos Domingos, non deixaron de ser un preludio das ultimas tardes con Teresa. Os primeiros escarceos amorosos, os primeiros pitos de fume, os paseos na lambreta pola Piñor abaixo... e sobor de todo, aquela desgarradora e tentadora sensación de transgredir a "graza de Deus" detrás das rapazas,despois de confesarse os primeiros venres de cada mes.

Agora, que xa choveu de carallo, só me importa a espiritualidade da carne... que como lin nun blog fai uns días," Deus non precisa de intermediarios", que cando quere falar comigo, baixa ao cabo da horta e aprétame as carabillas.

Voume a dar un baño...

 

 

 

 

 

 

 

Etiquetas:

25/08/2008 12:29 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

O meu corpiño...

Cando alguén, postulado en certas crenzas relixiosas, atina a autodenominarse crente non quere dicir que os outros non o sexamos nen creamos en nada. Nun estado laico non podemos ser menos que tolerantes e respectuosos con todo aquelo que se move ao noso arredor. Por todo iso, gustaríame deixar claro que apesares da frivolidade coa que tratei este tema do santuario do Corpiño quero ser moi respectuoso cos devotos do santuario..

No meu caso, pásame o mesmo que co plan de xubilación, como non o teño claro, prefiro telo conxelado :-)

Aclarado este tema e despois de traballar hoxe catorce horas sen recreo mesmo estou pensando en facerme beato, pero do santo Job :-)

Un bicos, meus.

 

Etiquetas:

24/08/2008 04:39 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 4 comentarios.

Só FoToS...

OCorpinho 046

ZooM

 

OCorpinho 048

ZooM

Etiquetas:

19/08/2008 20:55 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

OCorpinho 027

ZooM

IMG_0770

ZooM

Etiquetas:

19/08/2008 20:34 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

IMG_0855

ZooM

OCorpinho 008

ZooM

Etiquetas:

19/08/2008 20:29 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

IMG_0750

ZooM

IMG_0742

ZooM

Etiquetas:

19/08/2008 20:23 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

TRaNSGReSióN

IMG_0592

ZooM

OCorpinho 002

ZooM

 

Etiquetas:

19/08/2008 03:00 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

MeRCHaNDiSe

IMG_0722

ZooM

IMG_0668

ZooM

Etiquetas:

19/08/2008 02:28 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

PaRoXiSMo DoS SeNTiDoS

IMG_0700

ZooM

Coido que xa o dixen en algunha ocasión, na minha cabeceira teño sempre un caderno amarelo para mergullarme no trasteiro dos humanos. Salvador Pániker é un tipo raro. Un home que nos seus diarios sempre nos deixa a idea de que o mundo está cheo de moitas máis cousas do que o noso cerebro pode chegar a entender. Un cerebro que só é capaz de discenir certos coñecementos a partires de uns valores iniciais de supervivencia e quedando fora do noso entendemento un infinito campo escuro.

Eu non sei que pensar...menos mal que isto aclaroume moitas cousas porque xa estaba pensando que o meu cerebro estaba á monte.

 

IMG_0708

ZooM

Etiquetas: ,

18/08/2008 01:30 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

ESMoLaS e FiNaNZaS No CoRPiÑo...

IMG_0601

ZooM

Díxo o meu amigo Manolo de Turces, despois de visitar o centro de finanzas da nosa señora do meigallo, ¿ non coñeces o timo da estampita?, pois eiquí, no Corpiño, parece que o teñen legalizado . Ti daslle un puñado de maravidis e eles unha estampiña...

IMG_0730

ZooM

Etiquetas: ,

17/08/2008 11:16 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

O VaTiCaNo GaLeGo...

IMG_0637

ZooM

O santuario da nosa señora do Corpiño erixiuse con licencia do Vaticano nunha pequena república onde á conta dos parvos coma min, sanean as maltreitas contas da igrexa.

Eu non fun ao Corpiño empurrado pola minha empanada mental. Non, eu sempre vou ao Corpiño seducido polo morbo que me dan as festas onde se mestura o pagá e o cristiá, a curiosidade e a devoción, a música é a procesión, o pulpo e o churrasco...

Deseguida se dou conta delo o famoso cura do lugar porque cando entrei na igrexa, as nove da manán, colgando do peito a minha cámara de fotos, apuntou ben clariño e alto "que aquelo era un lugar de culto e rezo e que por iso, os curiosos estarían mellor fora". Un pouco máis tarde, aproveitando da omnipresente garda civíl, intentou intimidarme ao pedirme polo baixiño que deixara de seguir disparando.

Aquel desmedido interés cara á minha persoa escomenzou a intranquilizarme, e moito máis despois de escoitar nunha taberna do lado, que ata os cans máis ruíns fuxían cando avistaban ao cura

Continuará...

IMG_0727

ZooM

Etiquetas: ,

16/08/2008 13:06 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

15, AGoSTo...

OCorpinho 092

ZooM

Eu tamén pregunto ¿E que fas ti, que non estás de festa...?

 

OCorpinho 166

ZooM

 

Etiquetas:

15/08/2008 12:25 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

GaLiZa PHoToS

OCorpinho 195

ZooM

Eu, hoxe traballo...

Alguén ten que cumprir cos servizos mínimos :-(

 

OCorpinho 148

ZooM

Etiquetas:

15/08/2008 12:12 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 1 comentario.

GaLiZa LeiT MoViT

 

IMG_0582

 

ZooM

Aquela mañá, aínda na cama, xa estremecera de sensacións. O corpo, sen querer, ía preparandose para o día grande da festa. Mesmo podía percibir como unhas cantidades indefinidas de bilis xa ían acumulando na visícula para intervir no caso dun atracón.

Eu percibía que algo descoñecido estaba facendo non sei que. Eran unhas forzas sobrenaturais as que turraban de min para levitar o meu corpo no ar e porme deseguida en pé. Abrín as contras da ventá, aínda era de noite, chovía...pero eu sentía a necesidade de liberarme daqueles pesadelos que me atrapaban na desesperación.

Pechaba os ollos e escoitaba no inconsciente o bravido do mar e o ruído das olas bater contra as polainas dos pescadores na procura do polvo para o grande banquete da minha felicidade. O vapor das potas de cobre xa chegaban á min, o mesmo que o cheiro á pólvora . Todo elo enchéndome de razón.

... E que para certas cousas, sempre se precisa de moita devoción

OCorpinho 013

ZooM

 

 

Etiquetas:

30/07/2008 12:48 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 4 comentarios.

FeiRa Do CoCiDo en laLín

A matanza do porco

Pido talvez o que non podes dar-me.

O que talvez ninguén

pode dar-me. Isso pido.

 

Mas se tenho necesidade

desse alimento, pouco consolo é

para a minha fame que tal grao

non se dê nas estepas desta terra...

Estos versos do grande mestre Carvalho Calero, resumen que nindiola o meu estado de ánimo nestas datas.

Etiquetas: ,

24/01/2008 12:33 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

PoLBo á FeiRa

Pota de Cobre

Ás veces, cando miro ese polbo xa cocido e cortado envasado ao vacío nas tendas, danme arrepíos. A min o que me gusta é comelo na feira, que che sirvan o pan e o viño sen preguntar e compartir mesa longa con descoñecidos. O máis curioso pasoume este pasado verán na feira do doce, na Golada, ao pidir a conta díxome a señora, "O pan e o viño sonlle dúas mil pesetas das de antes..."

¡Viva María Castaña !

NOTA DA EDITORIAL : Como teño pendente unha invitación da Rapaza do Arco para contar oito cousas que me pete, deixo este post como primeira declaración dun amor enfermizo polo polbo á feira :-)

 

Polbo á Feira

Etiquetas: , , ,

06/11/2007 01:46 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 5 comentarios.

FiLLoaS á PeDRa Na SoLaiNA

clausura 069

Podía ser un papel, unha tea, unha pel... pero é unha filloa á pedra. A rapaza do arco recibiu unha maxistral clase do decano do centro de estudios da filloa de Merza, D. Xosé Molina, na Solaina de Piloño , con motivo da clausura da VIII Forxa literaria. Unha proba que superou con matrícula e que non esquecerá mentras viva.

Peke, cáseque acertas, tamén é certo que tiraches para todos os lados sen mirar :-)

Ah, e non deixedes de botarlle unha ollada a estes dous post do sempre douto Manuel Gago en Capítulo Cero. San Salvador de Camanzo e A Solaina de Piloño .

¡AGGGGG.....QUE ATAQUE DE MORRIÑA ME ESTÁ ATACANDO!

Etiquetas: , ,

25/10/2007 12:29 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

O GRaNDe BuFFeT

No CaBo Da HoRTa
Wholesome in PHoToFRiDaY

A amistade e a felicidade non precisan de grandes banquetes. Tamén podemos atopalas compartindo un bocadillo de sardiñas cun amigo á sombra, no cabo da horta.

Etiquetas: ,

07/10/2007 13:17 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

Máis COMFORT GaLaiCo

CoMFoRT GALAICO

"Comfort" non sei, pero reconfortante parece...

Tiña pensado poñer a foto dos jatus, pero como xa a puxera noutra ocasión, preferín acompañala desta outra para que as minhas fans se entreteñan e non se aburran de ver sempre as mesmas. Por certo, estaba pensando que a minha amiga Peke , con este ambente que reflexan as dúas fotos ía a relaxarse de moito coidado na minha aldea. Posiblemente lle prestase tanto como a brisa mariña. Alí, tampouco da golpe ninguén... :-):-):-):-):-)

 

 

 

Etiquetas: , ,

28/09/2007 21:41 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 9 comentarios.

PiNTo e MaRaGoTa...

mulleres galegas_3

Intentando poñer un pouco de orden nos caixóns das minhas fotos, van aparecendo algunhas que xa un tiña esquencido ou mesmo descubrindo outras, fotos que naquel día pasaron desapercibidas e hoxe as ves con outros ollos. O que si é verdade é que, co paso do tempo, a fotografía sempre axuda a abrir o baúl dos recordos para rematar empapandote de melancolía e outras sensacións.
Esta foto de hoxe recórdame aquela caldeirada de Pinto e Maragota que comín na casa do Rillote nunha aldea que se chama Leloio. Baixáramos a comprar o peixe a lonxa de Malpica e unha señora que vendía percebes , intuindo xa que era eu das terras do Deza,  metiume gato por lebre....Pero bueno a caldeirada estivo insuperable e aínda hoxe, mirando esta foto pareceme que ule e alimenta.

Etiquetas: ,

30/01/2007 09:26 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

oS LiBRoS aRDeN MaL

IMG_4233
aMPLiaR FoTo
Fai uns días, escoitando ao amigo Pawley, alguén chamaba o programa extrarradio para recomendar un libro "tres segundos de memoria " de Diego Ameixeiras. Cando, inocentemente, lle preguntaron se xa o léra contestou, que so a primeira páxina, pero que xa na primeira línea quedara impresionada...¡eso si é intuición!
Pois eu, despois de ler os tres primeiros capítulos de os libros arden mal, tamén teño dereito a recomendalo...Manuel Rivas, Suso de Toro e Xosé Vázquez Pintor son dos meus escritores preferidos, posiblemente porque reflexan como ninguén, ese escenario onde se forxaron os meu primeiros soños...
Xa sei que hay moitos outros que poderan cautivar o meu interés, mais os meus compromisos laborais non dan para moito máis...de aí, que o blog e a fotografía sexan como un exercicio de hixiene mental


Etiquetas: , ,

17/11/2006 10:31 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 5 comentarios.

ReaL FRuiT oF GaLiCia

 

 

prazeres legítimos, projetados por Deus para o usufruto do ser humano...

Etiquetas:

14/11/2006 09:03 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade No hay comentarios. Comentar.

aRTe Na SoLaiNa

20060831104829-vaka-2006-01731-1.jpg

 

 

 

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA,

sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza...

 

Fai xa dous anos que non actualizo o blog da Solaina. O feito de vivir lonxe fisicamente non debería ser un problema, sempre que o compromiso sexa firme para seguir adiante. Intentareino, non importa desde onde o faga, ben desde o blog da Solaina ou desde aquí. Tampouco se vai ser unha vez a semana ou dúas ao mes...O que de verdade importa é que dalgún xeito teño que ser cabal e xusto coas minhas ideas e non deixar morrer este "fervor" da paixon.

 




Etiquetas: , ,

31/08/2006 10:33 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SeN eLa...

20051128200105-cocido.jpg
Non sei se terei moito tempo para dicir nada porque  o temporal xa está aquí.
Non había mellor día para dar conta dun bon cocido,  que hoxe  coa   chuvia nos vidros despacio a bater
O mencia non estivo mal  para a "sesión vermú" mais deseguida nos decantamos por un  cepas viejas de Mariano Garcia  para maior reconforto dos sentidos.
Agora, pola noite, mentras arrouto, boto de menos a París de Noya
Aínda así... son feliz.
 
 

28/11/2005 19:01 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 8 comentarios.

GaLiZa CaLiDaDe

20051121103204-tetillas1.jpg

O artista, coñecedor das súas limitacións como humano que é, sempre anda nesa procura da beleza.
E na propia natureza das cousas atopa esa inagotable fonte de inspiración para dar xeito as ideas e criar un mundo novo.
Os primeiros queixeiros de San Simón e Tetilla quixeron homenaxear deste xeito eses encantos naturais da muller. Esta lúdica, erótica e festiva idea é un amalgama onde case participan os cinco sentidos dos humanos para goze do corpo e alma.

21/11/2005 11:06 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

BoiNaS, eMPaNaDaS e CoRReDoiRaS

Un problema no servidor de Blogia fixo que non podera despedirme neses últimos dias antes de voar o paraiso de G...ALICIA e as súas maravillas. Agora desde o reino do Laranxo, da Isolina Crespo, de Laxeiro, de Paco Lareo, do aviador Loriga, do matemático Aller, de Caladinha, de Pepe Penas, Carmen Adán, Neira Vilas ou outros tantos, desde as terras de Carbia, do DEZA, do Ulla, do Arnego e sen foto...MoiToS BiCoS SeN CoNDoN para todos.
07/06/2005 16:40 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 9 comentarios.

BiRReTeS And BoiNas...

silueta_1.jpg
Tiña moita razón Manuel Rivas cando traducía aquelo de "There´s no such thing as a free lunch" como: Non hai nada como unha boa papatoira da XuNTa.
¡Con gaita ou trombón, empanada ou lacón...!
¡Bon proveito Galicia!
29/05/2005 01:07 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

aRRouTaDaS eLeCToRaiS...

urban_1.jpg
Unha das ventaxas de vivir nas Ilhas Canarias é que a roupa seca antes.
...Unha desventaxa é que no podo facer nada por "botalos". De sabelo, houbera cruzado o Atlántico, pois eles si poden facelo. De todolos xeitos, como este ano estarei por aí, intentarei carrexar voto convencendo a minha nai e a minha sogra de que, agora con ZP, non lle quitaran a paga senón votan o PP.
19/05/2005 21:13 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

¡ViVa LaLíN CoN RaZóN ou SiN eLa...!

chourizos_4.JPG
Poñemola pota ó lume con auga e un anaquiño de unto, despois bótaselle o lacón, a cacheira, o rabo, a costela, as unllas, a lingoa, a tenteira, a galiña, os grelos, as patacas, os chourizos.
Con arte, cariño, xenerosidade e... lume manso.
Hoxe, tódolos cocidos que se fagan noutra sitio do mundo serán sucedáneos.(Agás ó de Cristimil que é de cercanías...)

O cartel da feira ten renome internacional véndose desilustrado como cada ano por persoeiros do calibre de Bertin Osborne ou dos incombustibles Gayoso e os tonechos, que non lle chegan a facer sombra o protagonista que sempre será o porquiño.
¡AHHGGGG.........QUE ATAQUE DE MORRIÑA!
30/01/2005 13:30 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

PoLBo TaMéN Se eSCRiBe CoN B

polboapedra.jpg
Decía o inspector Carvalho que a excesiva alegría ao comer, gardaba relación directa coa propina que deberías de deixar. Que un camarero é un fino analista sicolóxico i en canto descubre o éxtasis acércachese e pídeche que llo confirmes mirandoche os bolsillos da alma e do corpo con unha complicidade de compañeiro de goce e para quén non será orgasmo, até que lle deixes o quince por cento da conta en conceuto de propina.

Eu teño clientes que non me deixan propina. Non importa, abonda que compartan conmigo a súa copa de viño.
Gracias.
Non hai de que.
23/11/2004 00:47 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

FaBaS De CoReS

fantasia_1.jpg
¡Non a viagra!
...Un pouquiño de augardente de herbas quenta a barriga e fai o home máis potente e valente.
13/11/2004 20:45 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

o PaíS DoS eNCoRoS

aldea_1.jpg
Fai uns anos a nosa señora de Fenosa andaba a reclamar unha concesión do ano 1962 na que parece ser, se lle otorgaban tódolos dereitos a facer da cunca do rio Ulla, aquelo que lle viñera en gana. Agora leo que van perpetrar, nunca mellor dito, unha morea de encoros no meu férti e fermoso val. Leo tamén que uns cuantos alcaldes están a favor deste estroupicio, un deles é Xesús Otero, alcalde Vila de Cruces, que como todos os alcaldes do PP están a inteira disposición dos intereses criados. Non lles vale a experiencia do encoro de Portodemouros, da loita que manteñen dende fai catro anos os veciños das parroquias de Loño, Begonde e Santiso con Fenosa e a empresa encargada de dar servizo de barcaza dun cabo do pantano o outro lado. Moitos veciños teñen que recorrer unha distancia de 25 kms cos seus tractores con remolque para ir traballar as leiras que lle quedan do outro lado por negarse a empresa concesionaria da barcaza a subir a ela cousa que exceda as cinco toneladas, cando a asociación de veciños implicados aporta documentos onde a empresa que se faga cargo do transporte terá que dar cabida a 15 toneladas de peso, ter capacidade para xirar un carro de vacas e asentos para doce persoas.
O gracioso de todo esto é a tomadura de pelo de Fenosa cando lles conta que a medida da tonelaxe é a medida de MOORSON, que é menos que a métrica, mais os veciños din que esta é unha medida de volumen e non de peso.
Bueno, pois en fin, que teremos que seguir aturando estas néboas, que tan bonitas parecen nas fotografías e tan perxudiciales na realidade para a agricultura da zona e tamén para a visibilidade do maior aeroporto dunha Galiza sometida i entregada a interese alleos.

Santomé de Insua
01/11/2004 13:24 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

MaRiSCoS De LaLíN

souvenirs_3.jpg
Álvaro Cunqueiro no prólogo do libro de cociña galega, que escribeu na compaña de Araceli Filgueira, cóntanos que "as xentes de imaxinación son, cáseque sempre, as que comen millor, quizaves porque como decía o conde de Clemont-Tonnerre asocian a súa sustancia terrea ao lugar de onde son, e perciben entón deica as súas frebas o lazo que os xungue á terra que os soporta; sinten a segreda esencia das cousas incorporarse á súa, e así comulgan coa súa terra nun festín de amor"
E a verdade é que, os galegos que vivimos fóra da terra, cando temos a oportunidade de darnos un pequeno homenaxe e disfrutar do encanto dunhas nécoras, duns percebes, dun polbo á feira, dun godello, dun café de pota con pingas e dunha boa compaña, moito nos reconforta os ósos e a alma.
Os chourizos e o lacón deixámolo para outro día.
27/09/2004 00:23 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 18 comentarios.

HOME MADE

ovos_1.jpg
¿Morriña?, ¿Quen? ¿eu?...
17/05/2004 00:19 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 1 comentario.

MÚSECA EN DORVISOU
foto propiedade de Pepe Penas

gaitas_0.JPG

Me lleve
una gran alegria cuando el teclear en Google
la palabra Penas me aparecio Dorvisou. Siento que di
un gran paso en el tiempo.Acababa de llegar del
Archivo Historico Provincial de Pontevedra, donde
estuve investigando en el Catastro de Ensenada la
parroquia de San Tome de Insua ( año 1753 )...
Digo lo del paso del tiempo, porque ver Dorvisou en el año 1753 y a
continuacion en Internet,parece que impresiona ¿no?
Lo dicho..


E aquí encontrei, que duda cabe, un novo amigo.
Gracias Pepe Penas, por esas fotos maravillosas que estás a enviarme.


18/02/2004 21:44 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

FEIRA DO GALO DE CURRAL

miradas_4.JPG

E logo, ¿Canto pides polos galos?
- Sonche vinte euros os catro..
Ti toleaches ou que?
-Se queres lévalos, e se non deixa-os
¡Oi que carallo! ¡Seique non mexaches hoxe, ho!
-Fóra, fóra de aquí. Que xa cheiras.
¿Eh? a modiño lercha, que che van saltalos dentes.
Veña, vinte euros polos tres e de regalo u outro.
-Está ben, está ben...léva-os e oxala che morran polo
camiño.

Mira que estás rara desde que non che baixa a regra?
-¡Oi que carallo,machiño! aínda me ás de querer foder na
feira

¡ Non ho!
-pois daquela vae rascalo carallo a outro lado ¿si?

04/02/2004 13:42 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

GALIZA CALIDADE

simon.jpgCON DENOMINACIÓN DE ORIXE
TETILLA Conhecido tamén polo nome de teta, co que garda un gran parecido, queixo suave, cremoso e uniforme...
SAN SIMÓN Queixo peculiar, máis graxo, afumado e dunha curación de dous a tres meses. Tamén parece estar inspirado nunhas tetas de mulher anque doutras medidas...
ULLOA-ARZUA queixo das nabizas ao que había que envolverlle un pano darredor para que non se esparramase. Tamén ten unhas connotacións eróticas pronuncidas...ou non?, a non ser que alguén se lle ocurra falar da fugacidade do tempo.

PD- Nada, e que estou a probar os enlaces...
27/12/2003 14:28 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros