Blogia
DoRViSou

Ecce Home

PaiSaXeS eViDa..

<center>PaiSaXeS eViDa..</center>
Semana Santa...e a procesión vai por dentro.

LaBiRiNToS Da ViDa

<center>LaBiRiNToS Da ViDa</center>
Ireime de vosoutros, algún día,
e deixareivos os meus medos
e os meus soños..."
("Derradeiro Adeus", M.MONTERO VILLAR)

Nos meus tempos adolescentes, influenciado por algunha flor do mal, cheguei a escribir uns desordenados versos que, máis ou menos, dicían:

Un coitelo acaricia as minhas veas,
un temblor percorre o meu corpo,
escachando vellas feridas
e inundandome de sangue...

Agora, nestes días de inxente tristura,
ben podera escribir algunha elexía porque motivos teño dabondo anque non sexa tempo de poesía. O meu pai, ese home, terceiro pola esquerda, que aparece na foto na compaña dos irmaos, suicidouse o luns pasado cortándose con un coitelo as veas da man e da gorxa, asulagando de sangue e bágoas a chaira das nosas vidas e convertindo o noso presente nun aterrador laio, onde só hai un tempo baldeiro, feito de silenzos e preguntas sen respostas.
Hoxe, esnaquizado pola dor da perda e a tortura síquica dos feitos, só loito na procura dunha maior doses de serenidade e reflexión.
Bicos e apertas.
"

FoTuS PaCuS

<center>FoTuS PaCuS</center>
Pensaba deixar un tempo o blogomillo por falta de tempo para outras cousas e acabo de darme conta de que me pasa o mesmo que a minha filla co seu tamagochi. Non podo, non quero.
Faltan duas semáns para recibir a nova cámara fotográfica e con ela renacerá unha nova ilusión que quero compartir con outros.
Bicos e apertas.

TeaTRo Na Rúa

<center>TeaTRo Na Rúa</center>
. Hoxe, baixo ameaza de choiva, con frio e os cumes do Teide nevados, volvin a rúa para comtemplar ese conxunto de seres vivos deambulando, mentras pasa o tempo, cara á ningures.
Todos finxindo non estar locos e moi contentos.
¡Se os humáns non tivéramos memoria seríamos uns pasmóns de moito coidado!.

eu TaMéN SeMPRe FuN CaMaReiRo...

<center>eu TaMéN SeMPRe FuN CaMaReiRo...</center>
Fai uns días, no blog dun amigo, atopei un deses enlaces que dan resposta a moitas preguntas que me fago ao cabo do día.
Ser Kama-eros é ser un mundo de cousas, ter un mar de sensacións vividas e soñadas. Sensacións de haber compartido mesa e mantel con mil famosos, sensacións de haberse enamorado de tres mil mulleres e deitado con cinco mil. Sensacións de ter un millón de amigos, de haber estado algunha vez en Lisboa,Londres ou París, de haber leído sete veces Ulises de James Joice, a divina comedia de Dante ou mesmo collido unha boa melopea de viño con Bukowski.
Ser Camareiro ou non se-lo. That´s the question.

¿HoMuS ou BRuTuS?

<center>¿HoMuS ou BRuTuS?</center>
Parece ser que os humáns somos o animal que máis inmaduros nacemos e que sen esa estimulación que supón a educación non deixaríamos de ser uns primates. Agora, tendo en conta o papel do macho no reino dos primates, que se limita a procrear e que se desentende de tódalas obrigas, chego a conclusión de que a educación de moitos homes non foi a máis adecuada.
Bueno, en fin...¡homiños!

Nestes días ando co tempo comprimido.
Un aperta tan grande como un calambre para todos os aldeans do mundo.

HoXe, LuNS, Día 13...

<center>HoXe, LuNS, Día 13...</center>
Paciente varón de 41 anos de idade que ingresa para someterse a unha intervención quirúrxica dunha exeresis de quiste sebáceo na espalda. Así reza o meu episodio asistencial que me levou, esta mañan, por primeira vez, até un quirófano. Medo só lle tiña a agulla da xiringa da anestésia porque sabía que o bulto non era nada complicado, pero según ían pasando os minutos notábame un pouco máis inquedo. Alí, nun pequeno e claustrofóbico pasillo, esperábamos un monton de xente disfrada que mesmo parecíamos talibans de guantamano en verde. O guión da película era de risa, a enfermeira chamaba de un en un por unha porta e o celador ía metendo de tres en tres pola outra. Eu, ás veces non podía coutala risa e tíñame que meter no lavabo.
Cando cheguei o quirófano trincáronme un dedo cunha pinza que estaba conectado a un aparato e deseguida me preguntan que se tiña algunha alerxia, se estaba nervoso... i eu, nun arrebato de sinceridade, cheguei a decirlles senón sería mellor deixalo para outro día, que non dormira ben esa noite e que aínda tiña resaca.
- Non, nada deso. Se aínda tes resaca, mellor. Así xa non se precisa anestesia...contestoume o ciruxano.

Despois ó sair, fun buscar unha carta certificada a correos e cal non sería a minha sorpresa, cando ao abrila me atopo con que ademais dos 300 euros que xa paguei de multa, e da bronca por irresponsable da minha compañeira, retíranme o permiso de conducir un mes.
Menos mal que pola tarde, o meu fillo rematou de artellar este aparello despois de telo tres días destripado e tamén recibin unha chamada do meu amigo Octavio Vink para decirme que prontiño chegarán os reises a este recuncho das Illas Canarias.


Fotos: Uxio (meu fillo).

DeReiToS HuMáNS

<center>DeReiToS HuMáNS</center>
Hoxe leo nos xornais como un alto funcionario de Guatemala contaba que, fai vinte anos, tiraban ós subversivos dende un helicóptero ó interior do crater dos volcáns porque se non aparecian os cadáveres mellor. Así non había que preocuparse por esa moda adsurda dos dereitos humáns".

Hoxe leo nos xornais que un marine yanki declara nun xuicio como mataban civiles irakies ou como destruian probas das torturas a presos. Ou tamén como soldados israelís, nun control fronteirizo, obrigan a un violinista palestino a tocar para eles nun xeito de humillación. O mesmo que facían os nazis cos músicos xudios.

Hoxe leo que alguén pagou un millón de euros por unha miniatura do Greco ou case seis millóns de euros por outro cadro de pintura nunha famosa subasta de Londres.

Hoxe, nunha carta dun banco, chégame un boletin para facerme socio de ANESVAD e axudar a loitar contra a úlcera de Buruli. Despois de velas fotos no post de pawley, non podo negarme a facelo

Hoxe leo nos xornais que a infanta Cristina está "preñada" outra vez...
¡que pena me da! ¡pobriña muller!
"

DiLLo a QueN MaLTRaTA

Armindo na Solaina

Fai xa un tempo que deixei de acuñar ou apropiarme de certas cousas que creía non me perteñecían. Unha delas foi decir "compañeira de viaxe" en vez de "a minha muller" ou "a minha dona". Todo coa boa intención de empezar por cambiar ó meu mundo e poñelo listón un pouco máis alto (cousa non difícil).
As parellas perdemos demasiado tempo xulgando a historia en vez de mirar cara adiante e como animales de costumes cústanos rompelo ciclo e poñernos man a obra. Quen somos pais de familia temos a obriga de educalos nosos fillos desafiando os derroteiros do destiño e facer un mundo máis habitable. É unha labor de todos, sen distincións de sexo, que como seres racionales deberemos afrontar para forxar seres máis libres
e con elo unha sociedade máis xusta.
Este modelo social do que estamos desembarcando está vello e caduco
anque parece que moitos néganse a abandoalo e prefiren arruinar a sua vida e arrastrar ó inferno tamén outras.

O meu amigo Armindo Salgueiro tamé llo dixo a quen maltrata

He aQuí aL HoMBRe...dixo Federico.

<center>He aQuí aL HoMBRe...dixo Federico.</center>
Certas cuestións profesionais fixeron que estivera afastado deste invento maquiavelico. E coido, que nestes días previos ao Nadal vou andar un tanto atareado demais polo que non podo prever da minha asiduidade por este queridiño blogomillo. A partires do vinte de decembro chegará o tempo do lecer. E coas vacacións, que por certo quedareime a descansar nas illas porque na Galiza non atopo acougo,non me chega o tempo a nada e sempre ando a unha velocidade vertixinosa de trescentos bicos por minuto, tamén espero que cheguen adiantados os reises e me traigan a tan desexada cámara de fotos. Pedinlle unha reflex dixital e, como este ano fun bon e traballei moito, espero que se porten ben. Pedir, pedinlle unha canon EOS 10D ou a canon EOS 20D anque tamén lle deixei caer que, se o presuposto non podera axustarse a tales pretensións, sería feliz con unha Nikon D70. No fondo, sei que os reises que pasan pola minha aldea son pobres, non teñen camellos, nen pajes...

ReFLeXióNS eN Do MeNoR

<center>ReFLeXióNS eN Do MeNoR</center>
Xa o decía Unamuno " O home do diario xa non apunta no seu diario o que a diario pensa, senón que pensa para apuntalo"... i esto, ven a resumir un pouco todo canto me pasa no blogomillo. Un, quixera disfrutar, ser un mesmo, postear sen ter en conta o que dirán ou pensarán os demais,. Todo elo, anque pareza unha contradición, sen sentirse axexado e moito menos criticado.
A calidade da maioria dos blogs escravízame e o mesmo tempo motívame que da gusto. Facía tempo que non tiña esta ilusión por seguir facendo fotos nen por escribir dun xeito máis ou menos ordenado que tamén axuda, en certo modo, a fertilizala mente e sementar ideas.
Graciñas a todos pola vosa paciencia.

ouTRaS HeRBaS

<center>ouTRaS HeRBaS</center>
Darwin tomaba opio para calmar as dores, joyce consumía cocaína para os seus problemas oculares, Nietsche atiborrábase de brevaxes, Aldo Huxley... i este non sei que toma, pero onte mireino pola mañan, nesa hora da pava, con un grande golpe na cara que aínda rezumaba sangue e dando tumbos ao camiñar.
Fai uns anos tiven unha boa relación con el. Moitas veces íamos paseando e sentábamonos en calquer terraza do Porto dos Cristianos a falar da vida, da locura, dos sonos e ve-la xente pasear dun lado ao outro, como nunha película muda onde todo sucede fóra de ti.
Si, onte mirei-no outra vez pasar. Pasaba como unha folla seca de carballo bailando ao son do vento...

MaR aDeNTRo

<center>MaR aDeNTRo</center>
Decíame unha muller galega que fora ver mar adentro e que moito se reíra. Hoxe fun a vela e mesmo estou pensando si se habría equivocado de porta porque eu de reirme, case nada, máis ben sereno e reflexivo porque a vida, a morte e o amor son cousas moi sérias, ou non?. Até unha bágoa aflorou nese intre no que Ramón se despedía do seu sobriño e da sua cuñada.
Atopéime con un Ramón Sampedro de poucas e profundas palabras, que con certa retranca sempre alcanzaban á máis sublime das mensaxes.
Eu, que nestes últimos anos só vou o cine nas sesións infantiles, quedei satisfeito. Gústoume e quédome coas sensacións anque non sexa quén de transcribilas aquí e agora.
Só decir que ao sair encendin un pitillo, non co pretexto de que me matara, cruceime con un señor que ía en silla de rodas, pasou unha ambulancia nunha emerxencia e mesmo cando arranquei co coche tiven que cederlle o paso a un cura, facendo toda esta realidade que me sentira, por un intre, un pouco confuso neste mundo. Volverei ó cine e que se vaia preparando Pawley que vai quedar sen choio. Non é unha broma (quería decir "non, é unha broma)
"

PouSaDoiRo

<center>PouSaDoiRo</center>
Ser novo é non ser vello. Ser vello é ter opinións. Ser novo é non querer saber de opinións para nada...(F. Pessoa)

eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)

<center>eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)</center>
Pero la vieja puta ni siquiera sabía quién era ella,
cómo iba a saber quien era yo. (Charles Bukowski]

Teño que asumir esa parte bukoskiana que me fai cóchegas na pel. Moita culpa delo tivoa este home que me arrastrou, sendo eu un adolescente, coma un furacán por esa escura trastenda de todo ser humán.
Bukoswki, Allen Ginsberg, Charles Baudelaire... Bohemias noites do Orzán dende o patacón do amigo Vari Carames ao Kopas do Susiño de Soutelo dos montes e as irrepetibels borracheiras de vodka barata na discoteca Xornes ou cubalibre de garrafón en Rubí 28 na praia de Riazor.
Posivelmente moita poesía, sexo sen amor, porros e rock and roll para un aldeas coma min.

O fiLóSoFo Do aRaDo CoNTRaTaCa

<center>O fiLóSoFo Do aRaDo CoNTRaTaCa</center>
Deseguro que hoxe haberá centos de bitácoras razoando, con máis ou menos acerto, das eleccións americanas. Eu só quero facer unha pequena reflexión a xeito de arroutada porque para ós que, coma min, interpretamos o mundo dende acima da aldea non é doado entender algunha cousa dunha sociedade tan moderna ás veces e tan pureta noutras.
Parece ser que abonda con ter máis de mil millóns para poder chegar a Casablanca ou polo menos ese é o perfíl dos dous jichiños americanos. Nesta vida, o coeficiente intelectual do individuo e o exito non teñen porque ir da man agarradiños. Moitas veces son dous camiños paralelos. Dende logo que ós que chegan a tan altas cuotas de popularidade e devoción teríamos que medirlle o óco do recebro para enfriarlle o entusiamo a esas masas de imbéciles que só construien castelos no aire. Mesmo a politica da Galiza profunda e caciquil parece mirarse a ese espello yanki, cando o máis rico parece sempre o máis intelixente
Négome a crer na capacidade de Busch ou de Kerry para atallar os problemas que asolan este mundo e ainda vou máis alá para negarme a crer no perfíl do político de hoxendia.
Ao mellor son un incredulo ou mesmo un imbécil tamén, pero cústame moito crer que AMERICA poda ser un luz de esperanza para o resto do mundo.
O home é un lobo, tristemente non é un can.

o SeGReDo Da FeLiCiDaDe

<center>o SeGReDo Da FeLiCiDaDe</center>
Tanto se amaban, que se atormentaban continuamente.
Demasiado amor é incompatibel coa felicidade.
Felicidade e amor en grandes doses non pode misturarse.
Non caben xuntos no pequeno vaso do corazón.
Un vaso o corazón que derrama o sangue
se ó enchen máis do que aturar naturalmente pode.
Quizais un amor cativo e unha felicidade altiva poden convivir. Ou quizais un amor excelso e unha felicidade subalterna...
TANTO SE AMABAN, QUE SE ATORMENTABAN POR CALQUER COUSA...
MAIS SEN TAXA SE AMABAN AMBOS,
E NINGÚN DOS DOUS PODIA SER FELIZ.

Despois de ler este poema do mestre Carvalho Calero, senteime ó carón da minha compañeira e quedámonos mirando como nos medraban as unllas dos dedos dos pés.

o Que eu QueRo SeR QuaNDo FoR GRaNDe

<center>o Que eu QueRo SeR QuaNDo FoR GRaNDe</center>
Andaba eu na quarta classe e fiz uma redacaâo
sobre o que eu quería ser un día quándo crecesse.

Quero ser un marinheiro, sulcar o azul mar
vaguear de porto en porto até un día me cansar.
Quero ser un santimbanco, saber truques e cantigas,
ser un dos que sobe ao palco e encanta as raparigas.

A sessôra chamou-me ao cadro e deixoume descomposto,
Ó meninho atolombado, que gracinha de mau gosto.

Là fizz outra redacçâo, quero ser funcionário
ser zeloso, ter patrâo, deitar cedo e ter horário
ser un barquinho apagado sem prazer em navegar
humilde e ben comportado sem fazer ondas no mar.

A sessôra bateu palmas e deu-me muitos louvores
apontu-me como exemplo e passou-me con quince valores.
(Rui Veloso&os samurais)

TeNRoS e CaBRóNS

<center>TeNRoS e CaBRóNS</center>
Os homes non metro-sexuais tamén temos dereito a un cachiño de ceu.
Todos deberíamos deixar aflorar un pouco máis esa doce muller que levamos dentro, anque so fose á hora de tendela roupa ou de barrelo lixo.
(Xa o dixo Manu Chao : Eu non son un intelectual da múseca, son un parrandeiro)

aGaSaLLo

<center>aGaSaLLo</center>
A bitácora de Dorvisou bríndalles a oportunidade de ganar unha botella de viño ao que primeiro acerte o nome do personaxe que está no centro da foto.
A botella será dun dos meus viños preferidos e tanto poderá recibila no seu domicilio como compartila con un servidor tan pronto como fisicamente nos sexa posibel.
Mais como nesta sociedade de consumo todo ten unha data de caducidade, o Domingo as oito da tarde rematará o prazo do concurso.
¡Ala veña, a ver como andades de cultura xeral!