Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2003.

20/12/2003

Vestixios

vestixios.JPGMudou o verbo,
apagáron-se as luces
e detívo-se o reloxio do tempo...
20/12/2003 15:35 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

Os elementos

oselementos_min.JPGÉ coma unha ecuación antre a vida e a literatura,
sempre na procura da beleza
na terra, no mar e ata no ceu...
20/12/2003 15:39 #enlace. Tema: Natureza No hay comentarios. Comentar.

Os elementos 2

oselementos2_min.JPGMoitos día­s vólvome un pouco taliban co disparador automatico,
pásame nesos días nos que todo está a flor de pel...
20/12/2003 11:36 #enlace. Tema: No hay comentarios. Comentar.

Ollares do tempo

Ollaresdotempo_min.JPGUnha estampa da minha aldea.
Este é o decorado permanente do teatro onde lle dou vida ás ideas.
Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os sonos
e onde non houbo nenos progres nen haberá executivos.
Son filho de emigrantes, neto de caseiros....cando eu nacin o meu mundo xa estaba feito,
xiraba sempre para o mesmo lado. Moi pouco puden facer por cambealo.
20/12/2003 15:38 #enlace. Tema: Natureza Hay 1 comentario.

21/12/2003

tres sombreiros...

tresEse sol do carallo que me faí sentir extranxeiro
nesta terra propia de lagartos.
As veces pecho os olhos e percibo,
cómo nun recuncho da memoria, aínda chove e zoa o vento....
21/12/2003 02:24 #enlace. Tema: Contrastes Hay 1 comentario.

22/12/2003

A pedra do rio

ttt.JPGDetras do outeiro, nunha pedra furada,
había un bacelo que o vello prantara.
Veu unha cabra e comeu o bacelo que o vello prantara,
detras do outeiro, nunha pedra furada...
22/12/2003 20:42 #enlace. Tema: Natureza Hay 5 comentarios.

23/12/2003

Elas... as máis fermosas

elas.jpgTenho a sensación......
de que, na vida, compenso a falta de moitas cousas contigo.
De que, na vida, hai sonhos que nunca se farán realidade
pero son como a luz dunha nova espranza.
Teño a sensacion.......
de que sempre vou na procura dos teus sorrisos
como querendo apreixar algo máis que un sentimento
nun secreto compartido.
Teño a sensacion.......
de estar vivo.
23/12/2003 15:33 #enlace. Tema: Natureza Hay 4 comentarios.

24/12/2003

Ecce home

ecce home_1.JPGUnha barca achégase o peirao con dous pescadores,
mentras o mar baila unha balada
¿Traerán algo de peixe? ou ¿ o cadaver dalgun negro?...
Ao fondo, coma un estampado,
a montaña roxa é un inalcanzabel horizonte
sempre rompendo e xuntando,
tan preto, tan lonxe.....
24/12/2003 14:33 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

25/12/2003

contrastes da vida

contrastes_0.JPGPecha-los olhos para percibir a sombra da luz,
mentras reflexionas atrapado no tempo.
Todo é como moi incerto cando dudas...
25/12/2003 14:31 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

26/12/2003

Un guanche na bicycle

contraluz_011.jpg¿Os guanches? Algúns cronistas os describirón como tipos altos, fermosos e tirando a rubios( i eu que pensaba que éste era o perfil dos celtas).Hai quen dí que descenden do home cromañon e que están emparentados con os vascos e tamén con algunhas tribus bereberes do Cáucaso.
Bueno,ou moito dexenerarón ou a hestoria minte
26/12/2003 04:03 #enlace. Tema: Contrastes Hay 1 comentario.

27/12/2003

GALIZA CALIDADE

simon.jpgCON DENOMINACIÓN DE ORIXE
TETILLA Conhecido tamén polo nome de teta, co que garda un gran parecido, queixo suave, cremoso e uniforme...
SAN SIMÓN Queixo peculiar, máis graxo, afumado e dunha curación de dous a tres meses. Tamén parece estar inspirado nunhas tetas de mulher anque doutras medidas...
ULLOA-ARZUA queixo das nabizas ao que había que envolverlle un pano darredor para que non se esparramase. Tamén ten unhas connotacións eróticas pronuncidas...ou non?, a non ser que alguén se lle ocurra falar da fugacidade do tempo.

PD- Nada, e que estou a probar os enlaces...
27/12/2003 14:28 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

28/12/2003

O ARTISTA

Uxio.jpgO méno tinha um ar tranquilo
E a calma dum falsário
Tocava suavemente e com estilo
Para enervar o adversário

Ele tinha já algo de artista
Naquele seu jeito de pluma
A sábia pose dum mestre bilharista
Que nem o próprio tempo esfuma...

Tinha já algo de artista
Só pelo modo de andar
Podia até ser um vocalista
Nem precisava de cantar (mago do bilhar by Rui Veloso)
28/12/2003 15:39 #enlace. Tema: Xente Hay 4 comentarios.

29/12/2003

OUTRO XEITO DE MIRAR

compos.jpgOllando, palpando, escoitando, ulindo e saboreando.
Analizando cos radares o estado material das cousas,
como querendo sentir con máis forza, por dentro,
todo aquelo que che rodea por fora...
29/12/2003 04:01 #enlace. Tema: Hay 2 comentarios.

31/12/2003

PRAIA DO MEDANO

roxa.JPGAo fondo a cónica e volcánica montaña roxa do Médano.
Un espazo ameazado polo proxecto dun macro porto comercial para a ilha de Tenerife.
O povo e certos colectivos en pe de guerra.
Unha vez máis David contra Goliat.
31/12/2003 15:29 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]