|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2004.
02/04/2004
NO PEIRAO Escoitou pola radio que a nova ministra de agricultura e pesca é unha muller galega de Ourense.( "Espinosa" carteira a da cultura do agro e pesca). Está feliz, nótaselle nos músculos da cara. Ela Tamén soña con un mundo moito mellor...
03/04/2004
IRIA Perguntoulle unha amiga a minha cativa: ¿ e logo Iria, quen é a máis lista da tua escola? -Carmen Noelia, contestou a nena. -¿Carmen Noelia? -si, Carmen Noelia, a minha mestra,
Está claro que hai perguntas que non lle deberíamos facer os nenos a non ser que non nos importe facer o parvo.
05/04/2004
DESASOSEGO Nunha viñeta vese un dormitorio cunha cama de matrimonio. O marido asomado no peitoril da ventá ollaba pasmado o carapucho explosivo da bomba atómica, que non deixa de ser unha especie de incendio provocado, sobre os tellados e azoteas da cidade. A mulher, ainda deitada e soñolienta, escoita o ruido da explosión e pergunta ó marido moi inqueda: -¿qué pasa? Ao que lle resposta, como se dun bombeiro se tratase, para mante-la calma: - Tranquila, tranquila, que non pasa.
07/04/2004
UN POST DE AMOR NA TERRA Esta é unha desas fotos que pasou moito tempo no caixon do olvido. Unha foto desas das que pensaba que técnicamente non merecían a pena e resulta que rematou sendo unha das minhas preferidas. A máxia do desenfoque dalle un aire anxelical a eses dous seres humanos. Unha bela estampa de amor antre un filho e unha mamae. Bueno, eso penso eu.
09/04/2004
AREAIS Areais da praia das torradas, salvaxe natureza, mar, ceu e terra...
11/04/2004
XÉNEROS... El chamoulle "eletrodoméstico" i ela quedou calada, sem palavras. Sentíndose aldraxada e ferida no seu ego. Xa estaba cansa de escoitar aquel estrebillo socarrón, mil veces repetido, da vella escola machista. Pola tarde escoitou na radio que vinteduas mulleres morreran asasinadas no que levamos de ano. E chorou de mágoa e medo, na soedade, de non estar nen con ela mesma...
12/04/2004
KOPAS EN SALVAXE COMPAÑA Chegamos o Tropicana e ainda non rematara a camareira de poñernos uns habanas xa estaba Rodrigo desafiando a sorte na pista de baile con duas extranxeiras. Cando se acercou a busca-la copa díxolle con malicia Luis de Malpica: ¡Oes, non sexas parvo e mórdelle a orella! -¿Cal delas?,perguntou coma quen non quere a cousa, Rodrigo ¡Home!...será a que non ten pendiente, non vaia ser o demo que rompas un dente.
13/04/2004
NOSA SEÑORA DE FENOSA Aqueles xeitos de felina engatusaronme deseguida e a temperatura das súas fazulas plantoulle lume a minha curiosidade por saber se chegarían a fundirse os nosos corpos abrazados...
15/04/2004
ARROUTADAS EN DO MAIOR As persoas non somos nada fronte a inmensidade do ceu que nos cobre e podemo-lo ser "todo" na propia soedade. Vivimo-lo tempo que nos parece. Nada o pode medir, nada o pode deter. A vida é unha burbulla de relatividade no infinito. unha bagatela, unha xoia....sempre depende de nos. Xa o dixo Manu chao: "Eu son un parrandeiro, non un intelectual da múseca"
16/04/2004
¿ SAPIENS, BRUTUS OU ERECTUS ? Perguntaron-lle a alguén sobor dos efeutos da meditación e respostou: Antes de practica-la meditación estaba moi deprimido. ¿E agora? - Agora sigo igoaliño de deprimido, pero xa non me importa.
¿Serán esas, acaso, as sensacións da maioria dos políticos despois de deixa-la política?
17/04/2004
SEN DEUS Queremos mitos viventes, reais e verdadeiros. Unha nova vara para reconduci-lo rebaño. Xa estamos cansos de tanta farsa acochada detras de vestutos espantallos de farrapos.
18/04/2004
A METAMORFOSE Hainos de tódolos cores, gordos, fracos, altos e baixos, rubios e morenos, con pelo, sen pelo, bigotudos, canosos e barrigudos. Profesores do ensino a maioria, empresarios, funcionarios e aprendices da vida... Un circo de variedades onde todo escomenza con abrazos e curiosidade para rematar bébedos e confundidos no espello, non máxico, do paso do tempo. Reloxio non marques ás horas, parecen decir algúns mentras outros se resisten a cree-lo.
Non sei. E que as ceas de antigos alumnos, cando se escomenzan os coarenta, parecen outra cousa. Gústanme, sí, pero...
19/04/2004
ECUACIÓN ... Un home namorado xeme como un louco na ausenza da sua amada: -Leyla, Leyla...E cando ao fin se presenta ela, di él: Vaite,vaite de ahí. Non me quites o pracer do meu sofremento.
¿somos raros ou que?
20/04/2004
GRACIAS por tu me escolheres, LUPITA Vejo melhor os ríos,cando vou contigo pèlos campos até a beira dos rioS.Sentado ao teu lado reparando nas nuvensreparo nelas melhor.... Trouxeste-me a natureza para o pé de min, por tu existires vejo-a melhor,mas é a mesma. Por tu me amares, amo-a do mesmo modo, mas mais,
Por tu me escolheres para ter te e te amar, os meus olhos fitaran-na mais delongadamente belas todas as cousas.
Amanha virás, andaras comigo a colher flores pelo campo e eu andarei contigo pelo campo a ver-te colher flores...
FERNANDO PESSOA
22/04/2004
Sen título Gracias a minha amiga Piedad son un gregueriano convencido. Un sempre ten a curiosidade, non sei si é para sentirme máis vivo, de interpreta-lo que acontece.E acontecen, moitas veces, cousas na vida que mesmo se escapan os nosos límites. Sen ánimo de entrar en guerras, ¿ Quen se atreve a poñerlle o casacabel o gato? Ou, o que é o mesmo, Titula-la foto?
23/04/2004
KAGUYA Éramos poucos e pareu a avoa Xa me parecía que eses sorrisos ían máis alá dun pose. Estaban alucinadas. ¡Un home, un home!- decían
24/04/2004
OVNIS nas Canarias Estábamos sentados na azotea tomando unhas cervexas cando se achegou un obxeto voador non identificado que aterrizou no tellado. Baixaron dela uns jichiños moi espabilados e sen mediar palavra, de dous tragos, bebéronnos as cervexas e fuxiron de contado.
Vivo nunha ilha onde conviven un cento de razas, baixo un mesmo ceu, sol ou lúa...
25/04/2004
BANANAS A foto de hoxe adíco-lha a incombustivel jaio porque foi ela o primeiro que me veu o pensamento cando iba no coche e vin o cartel da fotoA verdade é que cando escribo son consciente das minhas limitacións linguísticas que non fan outra cousa que merma-la minha vontade. E ademáis, teño que confesalo, sempre que o fago, unha sombra a xeito de nube que ameaza con chover tápame o sol. Esa "nuvem" leva o nome de pawley, de jaio, descalza, vendell, graciela, a tola de María e outros que leo cada día. Nunha pequena conversa online con Pawley contábame que cando el escomenzara neste mundo bitacorero, esa forza instintiva de superación foi o que o levou a traballar con máis ánimo cada día. E con esas ansias de superarme ou motivarme me sento a diario neste recuncho. Esta bitácora non pretende ilustrar mentes inquedas nen aspirar a cuotas de popularidade non soñadas. Máis ben, pretende ser un berro calado contra os pecados capitales do mundo E a mediocridade dos deuses que o amparan... cousas intrascendentes que acontecen. Nada, que como xa tedes taxi eu son o cama-eros galego nas Canarias que non regresou a terra no xacobeo (soa ben e todo).
26/04/2004
VIVIR sen morrer no intento O difícil exercício do arte de vivir ben conformandose co suficiente sen deixarse deslumbrar polo que escraviza. A felicidade debe de ser outra cousa..
28/04/2004
GOZOS E SOMBRAS Dete-lo tempo conxelando o movemento. É unha das fotos que máis me fixo reflexionar sobor da fugacidade do tempo. Agora tenho a sensación de haver vivido aqueles anos na Corunha coma un bohemio en París. Todo escomenzou nunha velha pensión da rua do Orzan e rematou quince anos despois, nunha profunda reflexión na praia de Riazor. Atrás quedaba un tempo indefinido de indescifravels sabores e colores. De primaveiras, de manhans floridas, de febriles poesías inconcretas, do solsticio romeiro de veráns rendindo-lhe culto ao corpo, de outonos carregados de melancolia e sombras inconformistas E de invernos empapados de literatura da vida e roncas palavras...
30/04/2004
A MEMORIA DO BOI Catro sementales da cultura na horta da SOLAINA DE PILOÑO mais un louco sen colina Miguél Anxo Fernán-vello, Paco Penas, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Bragados de Xerais e Paco Lareo
Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss. O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez. Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas . Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala. Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis. A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme. ¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos. Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa. E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe; vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura. Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo. Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé. O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza. Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba. -Vai vello, Manuel. -Vai. -Son os anos, coma nos. -Son. E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas.
A MEMORIA DO BOI do meu amigo Xosé Vázquez Pintor
|
DoRViSou

 aaquier42222
Archivos
Enlaces
aNDaNDo PoLa CaSa
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|