Se muestran los artículos pertenecientes a Agosto de 2004.

02/08/2004

Nunha palavra
XENTE QUE VAI E VEN

xente_33.jpg
Dende logo que o mes de Agosto non é o mellor para postear. O horario de traballo viuse alterado por razons obvias e se temos en conta a minha tendencia a visitar certas terrazas de verao, xa vos podedes maxinar.
Neste mes de Agosto quero facer outras cousas que non me permiten as obrigas durante boa parte do ano.
E como Setembro está preto....¡SAUDE E TERRA
02/08/2004 02:21 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

03/08/2004

CARONTE (o gardián da torre)

torre_conde_2.jpg
Nestas pasadas vacacións fíxenme cunha Olympus modelo camedia C-10 para curiosear, máis que nada, na fotografía dixital e agora despois de percibir a ilusión de algúnha xente do blogomillo xa non atopo acougo. O meu amigo e fotografo Dominguez dime que non faga caso, que o encanto dos 35mm non o atoparei na dixital. Tamén sei que son un bon cliente seu e ten medo de perder eses centos de fotos que revelo cada mes. Xa lle dixen que coide do amigo.
Se alguén ten a ben aconsellar algunha cámara sobor dos catrocentos-quinientos euros que mo diga.
03/08/2004 10:48 #enlace. Tema: Contrastes Hay 8 comentarios.

05/08/2004

PEPE DA ZARRAGRANDE

pepe_4.jpg
Estaba o mestre morrendo e mandou chamar un virtuoso múseco para que lle ensinase novos aires de flauta.
Ante o desmesurado interés por aprender, un dos seus discípulos perguntoulle: Pero, ¿ para que quere aprender novos aires de flauta si vai morrer?.
E o mestre contestou : Para eso mesmo, para sabelo cando morra.


D.Xosé María López foi o practicante de Vila de Cruces moitos anos. Ao xubilarse decideu facer realidade un dos soños que aniñaran na sua cabeza cando era neno e púxose, nada menos, que a contruir un observatorio para contemplar os astros e o universo.
Iluminado no seu camiño pola sombra estelar de dous personaxes ilustres da comarca do DEZA como foron "o sabio de Lalin D.Ramón Aller e "o matématico de Bermés" D. Xosé Rodríguez púxose man a obra e escomenzou a construir o observatorio astronómico de Zarragrande sendo xa unha visita obrigada a todo aquel que se achega o concello de Vila de Cruces. Situado no monte da zarragrande, fronte o castro de Cumeiro e que até fai uns anos contaba co telescopio de maior alcance da Galiza.
Estudia matématicas, lé revistas e libros de astrofísica e mesmo está a escribir as súas memorias. Memorias, que se nos antoxa a quen escoitamos da sua boca mil batallas libradas, moi interesantes.
Un home desos imprescindibels para facer máis grande a hestoria dos povos.
"
05/08/2004 02:18 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 5 comentarios.

07/08/2004

¡DIVINA XUVENTUDE!

kultur_00.jpg
Falaba co meu filho dos estudos e díxenlle:
Mira, o tren pasa só unha vez. Así que, ou te subes a el ou quedas como un tonto na estación.
E contestoume: Non te preocupes paaaa.... Os tontos na estación son moi felices.
07/08/2004 13:06 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 3 comentarios.

08/08/2004

OLLARES DUN TEMPO

kenia_1.jpg
A vida xa non é unha festa onde se divirtan os pobres máis que os ricos.
Parece ser que houbo un tempo onde home construía o seu propio paraiso a partires do seu propio pensamento.
Era eu un adolescente, agora xa son un adulto...teño que ser razoabel.
08/08/2004 11:43 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 5 comentarios.

09/08/2004

SONS DA NATUREZA

rabacallos_12.jpg
Nestas pasadas vacacións baixei até a devesa para dar un paseiño por ese camiño que mesmo parece que remeda ó río. Un camiño feito de saudade, que me trae recordos da minha crianza. De cando íamos armarlle ós peixes ou pescar anguías debaixo das pedras, con un "jancho" especial de ferro, feito por nós adrede.
Os recordos ían sacudindo as emocións e as palabran esbouraban dentro de min co lume da paixón.
De súpeto escomencei a berralas, a cuspilas fora... eu miraba ao ceu e decía:
¡sobreira, aloumiño, abrigadoiro!
E as palabras aínda quentes batían nos valados do mundo para convertirse polo eco en múseca, en melodía...
09/08/2004 11:24 #enlace. Tema: Natureza Hay 8 comentarios.

11/08/2004

A POSTAL DOS TONTOS

colon_5.jpg
Eu tamén sofro. Esta de moda sofrer. Ás veces as ideas son como cadullos cangrosos no cerebro que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa no que se está a converter a minha vida.Hai noites nas que parece que voa un gato negro polo horizonte que non me deixa dormir.
Son noites nas que quixera deixar de eisistir.


¡Que non se asuste ninguén!...Son cousas que un escribía, fai xa un tempo, neses días non que non chegaba a sair o sol.
11/08/2004 12:52 #enlace. Tema: Natureza Hay 3 comentarios.

12/08/2004

TEMPOS DE ... ... E ROCK AND ROLL

bocasanta_2.jpg
Traguei dinamita
porque quero voar
a ponte da anguria
que vai da noite o día.

Un coitelo acaricia as minhas veas,
un tembror percorre a meu corpo
escachando vellas feridas
para inundarme de sangue...

E ao final escribía unha fraseciña de Lord byron que decía " A adversidade é o primeiro paso cara á verdade".
Non foi tan grande a dor dos meus días. Eu como os poetas finxía...
12/08/2004 12:44 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

13/08/2004

AS CARTAS DE AMOR RIDÍCULAS

fervenza_4.jpg

Como un rayo de luz que el sol envía
através de mi ventana sombría,
En mi frondosa y exuberante fantasía
brilla tu imagen hermosa y afrodita.

Ou mesmo

Se hará de noche
y ya no veré las olas
con su manto azul
acariciar las rocas.

Ou tamén

Yo pienso en ti
tu imagen está fija en mi mente,
sin tregua, a toda hora.
Tu ausencia es como una llama de fuego,
que en este momento,
entre el silencio me devora.


Naqueles tempos as cousas importantes escribíanse en castelan ¿non si, pawley?
Eu escribía en castelan i ela en galego pero deseguida me deixei seducir polo encanto da "lingoa" galega.
Ao final, como decía (Fernandinho Pessoa)

A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são Ridículas.
13/08/2004 12:25 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

14/08/2004

REFLEXIÓNS en do maior

olladas_2.jpg
"Os fracasos na vida fanme mudala espranza."

"A minha vontade non é suficiente para superala realidade."

"A vida segue o seu curso e o relóxio parece que só delonga o tempo nos intres máis miserabels."

"As debilidades dun pae non fortalecen en nada a aprendizaxe dun fillo."

"Os sonos, que pena máis grande, só poden ser un anticipo das nosas posibilidades."

"Vivo como nunha illa sen pontes e por onde non pasan barco con amigos abordo. Sendo a situación presente da minha vida triste e doorosa...¡amigoooo!


ESTAS E OUTRAS MOITAS FRASECIÑAS PULULAN POLAS NOTAS DOS MEUS DÍAS DE MAIOR INCONFORMISMO. TAMÉN HAI ROSAS E MIMOSAS, NON TODO ÍAN SER TOXOS.
14/08/2004 12:52 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

15/08/2004

MAQUILLANDO...que é xerundio.

tanque_2.jpg
O leiteiro aproveitou que non estaba a nae para decirlle a nena
¡Has decirlle a tua nai que non lle bote auga con lixos ao leite!
E a nena coa boca chea de inocencia espetoulle:
¡Non ho, a mamá sempre lle bota auga sen lixos, que a colle da billa!
15/08/2004 20:32 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 3 comentarios.

16/08/2004

¡XUSTICIA PARA TODOS!

maria.jpg
Hoxe prefiro adicar este post a unha causa que de verdade merece a pena, moito máis que as minhas arroutadas. Despois de ler na bitácora Delirios de un informático o caso da sua tía Mª José Arcosnon podo maxinar o grande sofremento e impotencia desa familia en todo este tempo.
Por eso, desde está humilde bitácora tamén nos queremos sumar a esas iniciativas solidarias co desexo de que se faga xusticia neste caso.
16/08/2004 22:46 #enlace. Tema: Hay 2 comentarios.

17/08/2004

BUSCANDO O SUR

roman_1.jpg

Román Morales preparando unha tortilla de rescoldo nun posadoiro da Patagonia.



Román Morales García é un camiñante canario que despois de recorrer todalas illas a pé, decideu saltar o Atlantico para emprender unha desas aventuras que nos fai perguntar moitas cousas os demais. No ano 82 descendeu o río amazonas desde Iquitos (Perú) até Manaus (Brasil) remando nunha rústica canoa de madeira. Mais foi a primeiros dos anos noventa cando emprendeu unha das maiores aventuras nas que se pode enfrascar un home, atravesar a pé, seguindo os destinos da cordilleira andina, todo sudamerica. Viaxe no que empregou tres anos e medio para cubrilos once mil kilómetros que separan a costa caribeña de Colombia da outra punta en Ushuaia, tierra de fuego. Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Argentina, Chile...

Fai uns anos publicou un libro "buscando el Sur" (E. La Palma) onde recolle unha boa parte da sua experiencia. Tamén conta con un valiosísimo arquivo fotográfico dunhas 5.000 diapositivas.
Eu teño a sorte de coñecelo e de ser amigo da sua familia, até fun participe das preocupacións que asolaban o seu pai nese longo tempo. Só recordar como o seu pai, D Manuel Morales Ruiz, foi ao seu encontro en Perú para darlle ánimos e restaurarlle o afecto.
D.Manuel adiantouse a ruta de Román. Sabía que o seu fillo visitaba os lugares de interes público de cada cidade por onde pasaba e deste xeito cando Romám chegou a unha desas prazas famosas dun povo do Perú, un limpabotas foi apresuradamente o seu atallo para perguntarlle:
¿É vostede Román Morales?
E Román xa acostumado a ser recoñecido, por facerse eco da sua aventura todolos xornais por onde ía pasando, contestoulle: -si, son eu.
- Pois o seu pai está aloxado nese hotel, dixo o limpabotas ante a incredulidade de Román.

Un dos poucos comentarios que atopei na rede desta aventura foi nesta páxina
"
Su libro es un raro libro, un homenaje "a esos hombres que habitan lo imposible, que duermen entre las estrellas y el olvido (…)¡Quechuas de la greda andina! ¡Pastores aymaras del altiplano!!Mofletones coqueros de la oscura minería del estaño! ¡Chipayas de la quinua auxiliadora! ¡Truequeros pobres del salar de Uyuni! ¡Danzarines potosinos del tinku! (…) hermanos tremendos…". Un homenaje a Bolivia.
"
17/08/2004 02:08 #enlace. Tema: Xente Hay 2 comentarios.

23/08/2004

Paquito_1.JPG
O vello ordenador esconchouse e xa escomencei a mercar as pezas para que o arquitecto que teño na casa construia outro. Mentras non remate terei que limitarme a ler só blogs porque esas son as condicións que me puxo o meu fillo para usalo seu.
Asi que, xa nos veremos.
Moitos bicos e apertas para todos.
23/08/2004 23:03 #enlace. Hay 10 comentarios.

31/08/2004

SENSACIÓNS PERDIDAS

picha_dura2.jpg
Díxolle unha vez Federico Fellini a José Luis Villalonga " Xúroche que son completamente incapaz de inventar; a única cousa que sei facer é interpretar os meus propios recordos", pois ben, a min pásame outro tanto.
Só onte as catro da madrugada pareceume recuperar algo de inspiración poetica, mais só foi un espellismo culpa do efeucto da augardente tostada do meu amigo Anxo Santos.
Non sei como fixo James Joyce escribindo novecentas páxinas de texto para describir tan só dazoito horas de vida.
¡Que bárbaro!
Tamén teño que decir que neste recuncho, antre posters de Eminem, Holly Hunter e Evan Rochel Wood, síntome como extraño na minha propia casa
31/08/2004 00:54 #enlace. Tema: Contrastes Hay 3 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]