Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004.

DiLLo a QueN MaLTRaTA

Armindo na Solaina

Fai xa un tempo que deixei de acuñar ou apropiarme de certas cousas que creía non me perteñecían. Unha delas foi decir "compañeira de viaxe" en vez de "a minha muller" ou "a minha dona". Todo coa boa intención de empezar por cambiar ó meu mundo e poñelo listón un pouco máis alto (cousa non difícil).
As parellas perdemos demasiado tempo xulgando a historia en vez de mirar cara adiante e como animales de costumes cústanos rompelo ciclo e poñernos man a obra. Quen somos pais de familia temos a obriga de educalos nosos fillos desafiando os derroteiros do destiño e facer un mundo máis habitable. É unha labor de todos, sen distincións de sexo, que como seres racionales deberemos afrontar para forxar seres máis libres
e con elo unha sociedade máis xusta.
Este modelo social do que estamos desembarcando está vello e caduco
anque parece que moitos néganse a abandoalo e prefiren arruinar a sua vida e arrastrar ó inferno tamén outras.

O meu amigo Armindo Salgueiro tamé llo dixo a quen maltrata
01/12/2004 02:35 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 12 comentarios.

a PRiMeiRa VeZ NoN é a MeLHoR...

comunion_2.jpg

No dia da comunhão solene
Fui de camisa engomada
Calças de terilene
E a garganta apertada

O velho alcino barbeiro
Levou-me o cabelo à faca
Fez-me um corte à francesa
Com cheirinho a talco e laca

Que domingo deprimente
Eu ali de fato e laço
A sorrir para o retrato
Com cartilha e fita no braço...

...Mas quando tudo acabou
Corri a casa disparado
E ao vestir a velha roupa
Fiquei logo confortado

O retrato que aqui vedes
Na cómoda da minha avó
Sou eu, sou eu
No dia da comunhão solene


(No Dia Da Comunhão Solene
Carlos Tê / Rui Veloso)
05/12/2004 12:17 #enlace. Tema: Contrastes Hay 10 comentarios.

oRa PoR NoBiS

momentos_4.JPG
No povo do Médano, preto da cova do Hermano pedro e nos lindes do futuro e polémico porto de Granadilla os galegos xa podemos presumir de ter santiño. Un agasallo da Xunta de Galicia, unha copia desas feitas en serie, esperemos que numerada, do Santiago Apostol para velar polos interes dos catorce mil galegos que andamos espallados,non podía ser doutro xeito, polo sur de Tenerife.
Eu, dende que vin un negro vendendo San Pancracios na carballeira do Santuario do Corpiño perdin algo de fe nos santos. mais este gústame, ten estilo, é calado e sabe estar...agora só esperamos unha milagre e que os galegos do sur de Tenerife podamos facer compatibles o cemento maila cultura porque é triste, a pesares da boa vontade de algunha xente, que un centro galego se convirta nunha simplona taberna.
06/12/2004 01:55 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

A BuRRa De PaCo PeNaS

burrica.jpg

Dóciles ata límites insospeitables, traballadores incansables, sufridores natos, cariñosos e ata intelixentes, a pesares dos pesares. Agora están en peligro de desaparecer, quedan na peninsula Ibérica arredor duns setenta e cinco mil burros mentras fai uns cuarenta anos superaban o millón.
Sinto pena que na nosa terra non haxa ningunha asociación en defensa de tan noble animal. Tan só se celebra unha feira anual de burros en A Portela ou a esistencia dun burródromo en Escairón. Mesmo lembro como na Parroquia de Cumeiro-Vila De cruces se celebraba polas festa unha carreira de burros e había un premio especial a aquel burro que despois da carreira primeiro ornease. Collían o animal e venga, cervexa que te criou ata que orneaban e poñían perdida de cervexa a toda a xente. Eu agora non lle atopo graza ningunha pero daquelas debíaa de ter porque nos esconchábamos de risa.


Aquí tendes uns enlaces de interés.
Se queredes escoitar ornear un burro picade nesta páxina.
Tamén podedes facelo nesta outra.
07/12/2004 12:07 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 19 comentarios.

DeReiToS HuMáNS

soedade_1.jpg
Hoxe leo nos xornais como un alto funcionario de Guatemala contaba que, fai vinte anos, tiraban ós subversivos dende un helicóptero ó interior do crater dos volcáns porque se non aparecian os cadáveres mellor. Así non había que preocuparse por esa moda adsurda dos dereitos humáns".

Hoxe leo nos xornais que un marine yanki declara nun xuicio como mataban civiles irakies ou como destruian probas das torturas a presos. Ou tamén como soldados israelís, nun control fronteirizo, obrigan a un violinista palestino a tocar para eles nun xeito de humillación. O mesmo que facían os nazis cos músicos xudios.

Hoxe leo que alguén pagou un millón de euros por unha miniatura do Greco ou case seis millóns de euros por outro cadro de pintura nunha famosa subasta de Londres.

Hoxe, nunha carta dun banco, chégame un boletin para facerme socio de ANESVAD e axudar a loitar contra a úlcera de Buruli. Despois de velas fotos no post de pawley, non podo negarme a facelo

Hoxe leo nos xornais que a infanta Cristina está "preñada" outra vez...
¡que pena me da! ¡pobriña muller!
"
11/12/2004 04:10 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

HoXe, LuNS, Día 13...

luces_1.JPG
Paciente varón de 41 anos de idade que ingresa para someterse a unha intervención quirúrxica dunha exeresis de quiste sebáceo na espalda. Así reza o meu episodio asistencial que me levou, esta mañan, por primeira vez, até un quirófano. Medo só lle tiña a agulla da xiringa da anestésia porque sabía que o bulto non era nada complicado, pero según ían pasando os minutos notábame un pouco máis inquedo. Alí, nun pequeno e claustrofóbico pasillo, esperábamos un monton de xente disfrada que mesmo parecíamos talibans de guantamano en verde. O guión da película era de risa, a enfermeira chamaba de un en un por unha porta e o celador ía metendo de tres en tres pola outra. Eu, ás veces non podía coutala risa e tíñame que meter no lavabo.
Cando cheguei o quirófano trincáronme un dedo cunha pinza que estaba conectado a un aparato e deseguida me preguntan que se tiña algunha alerxia, se estaba nervoso... i eu, nun arrebato de sinceridade, cheguei a decirlles senón sería mellor deixalo para outro día, que non dormira ben esa noite e que aínda tiña resaca.
- Non, nada deso. Se aínda tes resaca, mellor. Así xa non se precisa anestesia...contestoume o ciruxano.

Despois ó sair, fun buscar unha carta certificada a correos e cal non sería a minha sorpresa, cando ao abrila me atopo con que ademais dos 300 euros que xa paguei de multa, e da bronca por irresponsable da minha compañeira, retíranme o permiso de conducir un mes.
Menos mal que pola tarde, o meu fillo rematou de artellar este aparello despois de telo tres días destripado e tamén recibin unha chamada do meu amigo Octavio Vink para decirme que prontiño chegarán os reises a este recuncho das Illas Canarias.


Fotos: Uxio (meu fillo).
14/12/2004 02:24 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 10 comentarios.

¿HoMuS ou BRuTuS?

marcos_2.JPG
Parece ser que os humáns somos o animal que máis inmaduros nacemos e que sen esa estimulación que supón a educación non deixaríamos de ser uns primates. Agora, tendo en conta o papel do macho no reino dos primates, que se limita a procrear e que se desentende de tódalas obrigas, chego a conclusión de que a educación de moitos homes non foi a máis adecuada.
Bueno, en fin...¡homiños!

Nestes días ando co tempo comprimido.
Un aperta tan grande como un calambre para todos os aldeans do mundo.
16/12/2004 12:05 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 10 comentarios.

BoaS FeSTaS Do NaDaL

iria_nadal_2.JPG
Agora mesmo non se me ocorre nada. Xa veremos aí de madrugada, cando durman os paxaros.


Catro días despois...pois ten razón muralliña, moi listo non debo de ser porque o titudo para o post era de libro. A ver se agora, que xa estou de V.A.C.A.cións, son capaz de ordenalas neuronas (si, dixen ben, neuronas) e escribir algo máis.
18/12/2004 19:24 #enlace. Hay 5 comentarios.

o TiZóN Do NaDaL

cachopa_5.JPG
O tizón do Nadal era un cepo de carballo que se botaba a arder na lareira o Día de noiteboa, e darredor do lume xuntábase a xente a contar contos e a cantar panxoliñas. Agora, xa non hai lareiras, non se contan contos nen se cantan panxoliñas. Agora, mudamo-lo verbo para pasmar como bobos fronte a caixa tonta e o único ritual que amamantamos é a ese montruo consumista que todos levamos dentro e que se pon doente nestas datas.

O TIZÓN DE NADAL«É un cañoto grande dun árbore , que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de España. En Cataluña vén ser o que chaman tió, no que baten os nenos da casa para que lles boten dulces, que os pais meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos» ( Texto recollido por D.Ramón Otero Pedraio)

Desexo, de todo corazón, que pasedes unhas boas festas e que o ano 2005 sexa un ano de moitas luces e que ós nosos politicos non se lle dé por implantar os dez mandamentos nen aumentar os sete pecados capitales.
Paco Penas de Dorvisou.
20/12/2004 20:32 #enlace. Hay 8 comentarios.

o BeLéN ViVeNTe

LUTER.jpg
Fotos sacadas de aquí


Belén, campanas de Belén,
que os ánxeles tocan
¿qué novas me traedes?

Os homus sapiens, dada a nosa condición de cabezas pensantes, témola obriga de cambiarlle a letra as nosas panxoliñas de sempre, para reinventar un novo Nadal. E todos xuntos, a ritmo de hip-hop, montar outro Belén.
Hoxe preocupanme moito máis eses nenos que non teñen pesebre para nacer, eses nenos que están morrendo de fame, de SIDA, eses nenos violados ou maltratados en algures ou eses nenos a quén, dun balazo asasino, lle sesgan a vida...

Hoxe, máis que nunca, importame pouco que no portal de Belen entraran os ratos e que lle roeran os calzóns ao bon de S. Xosé.
21/12/2004 02:19 #enlace. Hay 7 comentarios.

MaLPaíS De RaSCa

paseo.JPG
Fai tanto tempo que é navidade que xa non me quedan papilas gustativas para seguir disfrutando neste tempo de viños e rosas.
Esta mañan levanteime e fun a pasear por un dos paraxes máis fermosos do sur de Tenerife. A dez minutos da minha casa, aparruñando por uns roleiros cheos de retamas, tabaibas, violetas do teide... e deixando atrás un mar de plataneiras e un mundo de encofrados e cementos, pérdome polo malpaís de Rasca. Un xardín en Marte, un corgo de auga no deserto, un paradiso para os sentidos mermados do home enfermizo de primeiros do século XXI.

Fai uns días facía un pequeno comentario sobor do porto industrial de Granadilla, e hoxe non quixera pasar por alto unha cuestión tan emerxente como é, a espada de Damocles que colga deste espazo ameazado. Ese mostruo, como é o sector inmobiliario(non perdan detalle da foto) nunha zoa turistica. Para escomenzala troula abonda con decir, que o supremo de Canarias volveu a decir que se rexeitaban os trámites da declaración de ben de interés cultural por estar o expediente caduco ou fora de plazo. Así que xa me vexo, cando sexa vello volvendo a camiñar cara a ningures.
O peor de todo foi que estaba tan relaxado que, ¡plas! de súpeto saltou un coello ao meu carón e destrozoume... deseguida me dei conta que son fraxíl como unha boliña da árvore do Nadal cando cae o chan.
Un balde cheo de bicos.

26/12/2004 10:11 #enlace. Hay 6 comentarios.

PaNCHiTo TaMén eRa GaLeGo...

negrito_2.JPG
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:

—Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco...(CaSTeLao en CouSaS)
29/12/2004 02:17 #enlace. Hay 8 comentarios.

¿SuPeRMaN ou TaRZaN?

man_xoven.jpg
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor...! (Rosalía de Castro, Follas Novas)

Confeso que xamais cheguei alí, que no rexistro da minha memoria non hai presenza física do home nen da sua obra...
Confeso que estou arrepentido de non habelo feito. Ao mellor, como sempre, non fun conscente da fugacidade e caducidade do tempo. Agora, cando vaia só poderei sentilo pulo do seu esprito no eterno gris do ceu, no libre voo das gueivotas ou nas indomables olas que acarician co seu manto ás tristes rocas.

Un loco pintor de caracolas e escultor de soños, do que non se sabe ben se primeiro se enamorou dunha muller galega ou dun cachiño da nosa terra.
Falar de este home é falar de libertade, amor, desamor, arte, natureza, vida e traxedia. (sempre tendo en conta de que a realidade da vida das persoas ou mesmo das cousas, pode verse vulnerada pola maxinación creadora ou a iñoranza de quen á trata)
Si, porque hoxe leo nos xornais que dous anos despois da sua morte, ás ilustres institucións políticas do noso país declaran que xa ten casa. Sí, casa e terra... ¿Tan difícil será que alguén non recoñeza os méritos acadados en vida?. Non sei, ao mellor como somos todos uns envidiosos é para non facer un desagravio o resto dos vivos é preferible facelo cando se morre. Vamos, como estos pobriños nunca se queixan.

¡Sen máis pistas que xa abonda coa foto, eh!
29/12/2004 11:22 #enlace. Hay 5 comentarios.

FELIZ ANINOVO

nadal.jpg
Os meus mellores desexos para´
que no ano 2005 os que queiran viño, tomen viño pero que haxa auga para todos.
Que os ricos coman caviar e angulas, pero que haxa tamén pan para todos.
Que non nos falte sexo, pero tampouco amor para os máis desfavorecidos.
E que nas guerras muden as balas polo verbo florido...
31/12/2004 14:10 #enlace. Hay 4 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros