|
Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2004.
O home-lobo fuxía da cidade en chamas co coitelo de mata-los porcos ensanguentado na man. Atras, na cidade en chamas, quedaba o corpo inmovil dunha mulher con coarenta coiteladas no corpo por haber mirado de lonxe a outro home-lobo. ¿ata cando, meu? ¡Chiquito emboste, muchacho! ¡Que jartada! Ahí o temos, abollado de papas con carne, arvejas e sancocho, arrayando un millo na cas de bello. Home desempercutido e desinquieto sempre de boncho en boncho, furrungueando... Reposo de descubridores, premio de conquistadores, refuxio de piratas e traidores, cova de apaixoados amores. ¿ canta vaidade acochada detras deses pensamentos egoistas dos que non queren ter fillos para vivir mellor? Eu, non podería maxinarme o meu mundo sen tan inagotavel fonte de amor...
 Si señores, un paisaxe rural. O tótem, non hai máis edén para éste armadanza criado no ocaso do arado romano. Non, non é unhas das fotos enviadas a terra polo opportuny ou a sonda Marss Express. Marte aínda non nos ofreceu esa paisaxe de tan abruptos cantís.
 Fágase a luz. E a luz fíxose. Así de fácil, da nada, sen ensuciarse, con só a forza da palavra... ZOOM Mentras estou a "postear" unha voz amiga encargase de deixarme clariño cales deberían ser as minhas prioridades nesta mañan, víspera da primaveira. É como a voz da minha conciencia. Un anxo con sexo que me sirve de guía. Ela,compañeira de viaxen, sabe moi ben que non teño outras que non sexan aquelas onde podan albiscar os meus sentidos un fisquito de pracer. ¡Agora subo, meu ben, a cortarche as uñas dos pes! Os humáns cústanos moito asumir a mediocridade, que coma un pano nos envolve. Vivimos nunha aura de endiosamento que mesmo nos descoñecemos. ¡Que se paren as máquinas e reflexionemos! HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR HORROR Rrimggg... rrrimggg... rrrimgggg... rrrimggg rrrimggg... rrrimggg E ninguén contestou porque estaban todos a dormir un longo sono Acercouse a ela mirandoa fixamente os ollos. Cunha man acariciaba-lle as meixelas, coa outra xogaba coas loiras guedellas que mesmo parescían fíos de ouro. E mentras se bicaban, el, meteu a man no bolsillo, sacou unha pistola e tirou-na o fundo do pantano. Amabaa e non o sabía. "Os rapaces da aldea somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos...Neira Vilas
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU. Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas. Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños. Cando eu nacin o mundo xa estaba feito, xiraba sempre do mesmo xeito e pouco puden facer por cambealo. Neto de caseiros, fillo de emigrantes... En Dorvisou non había nenos progres nen hoxendía hai executivos con garabata. Síntome un armadanza criado no ocaso do arado romano. Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os meus sonos Vexo chover a través dos vidros... é de noite... e a luz do farol reflicte no asfalto.
Un home enchoupado corre costa abaixo na procura de acubillo.
Vexo chover a través dos vidros... escoito o son intermitente das pingueiras sobre o frio pavimento.
O ruído dos motores cambia de rexistro... motores diesel con turbos flamantes.
Vexo chover a través dos vidros... e escribo estos versos mollados. (Poema da minha amiga Machi Moreira) Abrímo-la porta e os nosos ollos bateron coa sombra daquel cadaver colgado, nas escaleiras da azotea. Ela berrou coma unha porca polo San Martiño,cando lle clavan o coitelo. E coma un lostrego, sostendo un do outro, fuximos instintivamente cara a ningures. ¿Quén era? ¿quén era?...perguntaba ela cos ollos en branco mentras o seu corpo abaneaba coma unha xostra. Tranquila, tranquila, decía eu . (o mesmo que lle acertei a decir unha vez que lle dera un calambre nunha perna, a minha compañeira) Demasiada desproporción antre Ceu, Mar e Terra.
Nos tamén deixámo-la nosa seña, Facemos hestoria anque por onde pasemos non medre a herba nunca máis. Somos bichiños dominantes, cheos de razón... Ceos alternando nubes e claros con precipitacións durante a madrugada e primeiras horas da mañá nas Rías Baixas.Ventos do sudoeste na costa de Lugo. Pola tarde soprarán frouxos en todo o litoral e de dirección variable. Maruxía a marexada pola mañá e mar rizo a maruxía pola tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.
|
DoRViSou
Temas
Archivos
Enlaces
MeuS eNReDoS
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|