Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2004.

01/11/2004

o PaíS DoS eNCoRoS

aldea_1.jpg
Fai uns anos a nosa señora de Fenosa andaba a reclamar unha concesión do ano 1962 na que parece ser, se lle otorgaban tódolos dereitos a facer da cunca do rio Ulla, aquelo que lle viñera en gana. Agora leo que van perpetrar, nunca mellor dito, unha morea de encoros no meu férti e fermoso val. Leo tamén que uns cuantos alcaldes están a favor deste estroupicio, un deles é Xesús Otero, alcalde Vila de Cruces, que como todos os alcaldes do PP están a inteira disposición dos intereses criados. Non lles vale a experiencia do encoro de Portodemouros, da loita que manteñen dende fai catro anos os veciños das parroquias de Loño, Begonde e Santiso con Fenosa e a empresa encargada de dar servizo de barcaza dun cabo do pantano o outro lado. Moitos veciños teñen que recorrer unha distancia de 25 kms cos seus tractores con remolque para ir traballar as leiras que lle quedan do outro lado por negarse a empresa concesionaria da barcaza a subir a ela cousa que exceda as cinco toneladas, cando a asociación de veciños implicados aporta documentos onde a empresa que se faga cargo do transporte terá que dar cabida a 15 toneladas de peso, ter capacidade para xirar un carro de vacas e asentos para doce persoas.
O gracioso de todo esto é a tomadura de pelo de Fenosa cando lles conta que a medida da tonelaxe é a medida de MOORSON, que é menos que a métrica, mais os veciños din que esta é unha medida de volumen e non de peso.
Bueno, pois en fin, que teremos que seguir aturando estas néboas, que tan bonitas parecen nas fotografías e tan perxudiciales na realidade para a agricultura da zona e tamén para a visibilidade do maior aeroporto dunha Galiza sometida i entregada a interese alleos.

Santomé de Insua
01/11/2004 13:24 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

04/11/2004

O fiLóSoFo Do aRaDo CoNTRaTaCa

jalogueinaslajas_1.jpg
Deseguro que hoxe haberá centos de bitácoras razoando, con máis ou menos acerto, das eleccións americanas. Eu só quero facer unha pequena reflexión a xeito de arroutada porque para ós que, coma min, interpretamos o mundo dende acima da aldea non é doado entender algunha cousa dunha sociedade tan moderna ás veces e tan pureta noutras.
Parece ser que abonda con ter máis de mil millóns para poder chegar a Casablanca ou polo menos ese é o perfíl dos dous jichiños americanos. Nesta vida, o coeficiente intelectual do individuo e o exito non teñen porque ir da man agarradiños. Moitas veces son dous camiños paralelos. Dende logo que ós que chegan a tan altas cuotas de popularidade e devoción teríamos que medirlle o óco do recebro para enfriarlle o entusiamo a esas masas de imbéciles que só construien castelos no aire. Mesmo a politica da Galiza profunda e caciquil parece mirarse a ese espello yanki, cando o máis rico parece sempre o máis intelixente
Négome a crer na capacidade de Busch ou de Kerry para atallar os problemas que asolan este mundo e ainda vou máis alá para negarme a crer no perfíl do político de hoxendia.
Ao mellor son un incredulo ou mesmo un imbécil tamén, pero cústame moito crer que AMERICA poda ser un luz de esperanza para o resto do mundo.
O home é un lobo, tristemente non é un can.
04/11/2004 13:06 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 23 comentarios.

08/11/2004

MoSTeiRo De CaRBoeiRo

carboeiro_1.jpg
Trasdeza de Carboeiro,
no camiño de Santiago,
romerías da Saleta
e Santa Isabel de Escuadro.

Trasdeza do val ullán
Polo Toxa do cadeiro
ate as cumes do Candán.

Ansemil do cabaleiro,
Dornelas, Breixa, Trasdeza,
coa románica beleza,
co oxival feitizo
de Carboeiro.

Quen o fixo?
un home, un anxo¿
¿Que canteiros traballaron o miragre do mosteiro?

"Hay en el aire limpio de Carboeiro escuela de pájaros cantores. En el inmenso silencio de la tarde se escucha pasar el viento con sus pasos de seda. Y no sería extraño que en el crepúsculo vespertino, a la hora de entre lusco y fusco, alguien creyera ver pasar la procesión inacabable y eterna de los antiguos monjes, puntuales a los oficios".
ÁLVARO CUNQUEIRO


Outros enlaces interesantes:
O DeMo De CaRBoeiRo

o CiPRiaNiLLo NaS CReNZaS GaLeGaS
08/11/2004 13:54 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 11 comentarios.

09/11/2004

eSTaMPaS Do BeRCe

dorvisou_3.jpg
Ao fondo vemos a capilla de Dorvisou e tamén uns dos máis frondosos carballos da Galiza . A sombra deles xogábamos os pedriños e os rañolas da aldea.

o fogar de Pedriño
A casa dos calvetes e a palleira dos Alonso

O facer a carretera de "circunvalación" o camiño é unha testemuña de silenzo perpetuo.

Cando algún compañeiro comía unha mazán, Pedriño achegábase a el, paseniñamente, e decíalle con verdadeira humildade:
¡ Non tires o carazo, eh!
Despois Pedriño enfiaba os ollos de boi de Belén na gorxa do compañeiro…e decíalle moi untuoso:
¡Ben me podías deixar parte!
…e cada bocado que recibía a mazán Pedriño alarmabase:
¡ que chantada lle metiches! Se lle das outra nin chisco queda dela.
O mellor que se podía inventar para comer con acougo unha mazán, estando diante Pedriño, era darlle outra a el, guindándolla de lonxe. E cumplía manxar ben ás carreiras, porque senón aínda viña o larchán en demanda do carozo. (Castelao en os dous de sempre)
09/11/2004 13:35 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 8 comentarios.

11/11/2004

eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)

sex_2.jpg
Pero la vieja puta ni siquiera sabía quién era ella,
cómo iba a saber quien era yo. (Charles Bukowski]

Teño que asumir esa parte bukoskiana que me fai cóchegas na pel. Moita culpa delo tivoa este home que me arrastrou, sendo eu un adolescente, coma un furacán por esa escura trastenda de todo ser humán.
Bukoswki, Allen Ginsberg, Charles Baudelaire... Bohemias noites do Orzán dende o patacón do amigo Vari Carames ao Kopas do Susiño de Soutelo dos montes e as irrepetibels borracheiras de vodka barata na discoteca Xornes ou cubalibre de garrafón en Rubí 28 na praia de Riazor.
Posivelmente moita poesía, sexo sen amor, porros e rock and roll para un aldeas coma min.
11/11/2004 21:25 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 6 comentarios.

12/11/2004

PouSaDoiRo

sosego_10.jpg
Ser novo é non ser vello. Ser vello é ter opinións. Ser novo é non querer saber de opinións para nada...(F. Pessoa)
12/11/2004 20:29 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

13/11/2004

FaBaS De CoReS

fantasia_1.jpg
¡Non a viagra!
...Un pouquiño de augardente de herbas quenta a barriga e fai o home máis potente e valente.
13/11/2004 20:45 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 2 comentarios.

14/11/2004

iR PaRa NiNGuReS

jaaato.jpg
Os nenos da aldea cando tíñamos que facer algún recado sempre nos decían, que se atopábamos con alguén polo camiño e nos preguntaban que para onde íamos, lles dixéramos que para ningures.
E agora, con cuarenta e un anos, xa vou entendendo aquelo de que os nenos da aldea sempre van para ningures. Será que xa estou chegando.
Saúde e terra, compañeiros.
14/11/2004 20:42 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

15/11/2004

MaR aDeNTRo

arturbano.jpg
Decíame unha muller galega que fora ver mar adentro e que moito se reíra. Hoxe fun a vela e mesmo estou pensando si se habría equivocado de porta porque eu de reirme, case nada, máis ben sereno e reflexivo porque a vida, a morte e o amor son cousas moi sérias, ou non?. Até unha bágoa aflorou nese intre no que Ramón se despedía do seu sobriño e da sua cuñada.
Atopéime con un Ramón Sampedro de poucas e profundas palabras, que con certa retranca sempre alcanzaban á máis sublime das mensaxes.
Eu, que nestes últimos anos só vou o cine nas sesións infantiles, quedei satisfeito. Gústoume e quédome coas sensacións anque non sexa quén de transcribilas aquí e agora.
Só decir que ao sair encendin un pitillo, non co pretexto de que me matara, cruceime con un señor que ía en silla de rodas, pasou unha ambulancia nunha emerxencia e mesmo cando arranquei co coche tiven que cederlle o paso a un cura, facendo toda esta realidade que me sentira, por un intre, un pouco confuso neste mundo. Volverei ó cine e que se vaia preparando Pawley que vai quedar sen choio. Non é unha broma (quería decir "non, é unha broma)
"
15/11/2004 20:01 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

17/11/2004

ouTRaS HeRBaS

compo_1.jpg
Darwin tomaba opio para calmar as dores, joyce consumía cocaína para os seus problemas oculares, Nietsche atiborrábase de brevaxes, Aldo Huxley... i este non sei que toma, pero onte mireino pola mañan, nesa hora da pava, con un grande golpe na cara que aínda rezumaba sangue e dando tumbos ao camiñar.
Fai uns anos tiven unha boa relación con el. Moitas veces íamos paseando e sentábamonos en calquer terraza do Porto dos Cristianos a falar da vida, da locura, dos sonos e ve-la xente pasear dun lado ao outro, como nunha película muda onde todo sucede fóra de ti.
Si, onte mirei-no outra vez pasar. Pasaba como unha folla seca de carballo bailando ao son do vento...
17/11/2004 20:03 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

VeRDe LiMóN, VeRDe MaRuJiTa, VeRDe Que CHe QueRo...

machu_pichu.jpg
Para facer fotos non fai falta que ocorra unha catástrofe ó teu carón, a non ser que sexas un freelance desos. A posibilidade de facer fotos nun espazo determinado é inmensa. Só tes que ser como un ollo que mira.¿Que só hai herba?, pois aprende a mirar e fai como os polares que son capaces de diferenciar até vinte tonalidades da cor branco.
17/11/2004 20:23 #enlace. Tema: Contrastes Hay 8 comentarios.

22/11/2004

ReFLeXióNS eN Do MeNoR

sosego_a.jpg
Xa o decía Unamuno " O home do diario xa non apunta no seu diario o que a diario pensa, senón que pensa para apuntalo"... i esto, ven a resumir un pouco todo canto me pasa no blogomillo. Un, quixera disfrutar, ser un mesmo, postear sen ter en conta o que dirán ou pensarán os demais,. Todo elo, anque pareza unha contradición, sen sentirse axexado e moito menos criticado.
A calidade da maioria dos blogs escravízame e o mesmo tempo motívame que da gusto. Facía tempo que non tiña esta ilusión por seguir facendo fotos nen por escribir dun xeito máis ou menos ordenado que tamén axuda, en certo modo, a fertilizala mente e sementar ideas.
Graciñas a todos pola vosa paciencia.
22/11/2004 20:04 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

23/11/2004

PoLBo TaMéN Se eSCRiBe CoN B

polboapedra.jpg
Decía o inspector Carvalho que a excesiva alegría ao comer, gardaba relación directa coa propina que deberías de deixar. Que un camarero é un fino analista sicolóxico i en canto descubre o éxtasis acércachese e pídeche que llo confirmes mirandoche os bolsillos da alma e do corpo con unha complicidade de compañeiro de goce e para quén non será orgasmo, até que lle deixes o quince por cento da conta en conceuto de propina.

Eu teño clientes que non me deixan propina. Non importa, abonda que compartan conmigo a súa copa de viño.
Gracias.
Non hai de que.
23/11/2004 00:47 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 6 comentarios.

28/11/2004

He aQuí aL HoMBRe...dixo Federico.

P1010742_1.jpg
Certas cuestións profesionais fixeron que estivera afastado deste invento maquiavelico. E coido, que nestes días previos ao Nadal vou andar un tanto atareado demais polo que non podo prever da minha asiduidade por este queridiño blogomillo. A partires do vinte de decembro chegará o tempo do lecer. E coas vacacións, que por certo quedareime a descansar nas illas porque na Galiza non atopo acougo,non me chega o tempo a nada e sempre ando a unha velocidade vertixinosa de trescentos bicos por minuto, tamén espero que cheguen adiantados os reises e me traigan a tan desexada cámara de fotos. Pedinlle unha reflex dixital e, como este ano fun bon e traballei moito, espero que se porten ben. Pedir, pedinlle unha canon EOS 10D ou a canon EOS 20D anque tamén lle deixei caer que, se o presuposto non podera axustarse a tales pretensións, sería feliz con unha Nikon D70. No fondo, sei que os reises que pasan pola minha aldea son pobres, non teñen camellos, nen pajes...
28/11/2004 13:19 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 11 comentarios.

29/11/2004

ouToNo ou NoN ToNo

ifonche_ramas.jpg
Xa chegou o Outono. É incrible, dixo ela. Podo velo como si estivese dentro.
-Estás dentro, estás no Outono, dixo el. Pero sabía que non o escoitaba.
Ela só oía o estralo das follas secas baixo os pés. Notaba nas meixelas un vento ebrio de viño verde. O fume dun magosto imposible penetraba nos seus ollos. Unha fonte cantigaba á vella maneira das fontes
-Esta é a historia, esta é a minha historia
¿Va que é incrible?, dixo el.
Si, dixo ela. Incrible.
¡Pero, se estás chorando, dixo el sorprendido. ¿Por qué choras?
por nada, dixo ela. E abrazouse a el coas mans xeadas.
( Manolo Rivas arroutando non sei onde)
29/11/2004 10:06 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 4 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]