Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2004.

03/10/2004

SeNSaCioNS...

apostilys_2.jpg
Non estou para poesías...
O meu corpo levantouse hoxe sen alma, canso, sen ánimo de festa.
Teño impresións estrañas,os músculos dooridos e os dedos destemplados.
Non son funcionario...¡ Que mágoa, carallo!
03/10/2004 12:01 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

04/10/2004

CHiSMoLoGia

xaquinmarin_3.jpg
O divorcio é a goma de borrar do matrimonio
04/10/2004 02:42 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 6 comentarios.

06/10/2004

DeLiRiuM TReMeNS

frontos_b.jpg
En fin, o dano que lle fixo Caperucita ó lobo é irreparabel.
06/10/2004 20:54 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

07/10/2004

HoMo FaBeR

frontos_1.jpg
E ademais, Caperucita non fixo outra cousa que vivir do conto
07/10/2004 12:02 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

08/10/2004

HaJi ABDaLHaSiB

Un galego de Besexos

fotoabdelhasib[1].jpg
Ramón Castiñeira Pardo, de familia orixinaria de Vila de Cruces pasou a chamarse Haji Abdalhasib aos 27 anos, logo de converterse ao Islam tras unha estancia de ano e medio en Gran Bretaña. Asegura que os valores tradicionais da cultura galega non distan moito dos ideais espirituais musulmáns.

Castiñeira foi un dos fundadores, en 1980, da Comunidade Islámica en España, con sede en Granada e delegación en Galicia. Na actualidade vive nos Emiratos Árabes, onde dirixe un centro de estudios islámicos, o Jumeira Islamic Learning Centre. Ademais, é responsable dos programas en lingua inglesa sobre o Islam na TV de Dubai e na canle vía satelite IQRA.

Tamén é membro directivo do Islamic Mint, organización que acuña e distribúe o dinar de ouro e o dirham de prata, e que avoga polo retorno a un sistema monetario baseado no diñeiro de valor intrínseco.

Abdalhasib ten 46 anos, dúas mulleres e nove fillos, algúns residentes en Galicia. Con respecto á guerra de Iraq, condena a "brutal agresión" de Estados Unidos e critica "o apoio incomprensible que lle está prestando España á política imperialista dos Estados Unidos" ( Texto recollido en VIEIROS).

Tamén podedes ver en nese portal unha entrevista ou a mesma conversa inteira nun CHAT para saber algo máis de este singular personaxe
08/10/2004 21:31 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 7 comentarios.

09/10/2004

aGaSaLLo

trio_4.jpg
A bitácora de Dorvisou bríndalles a oportunidade de ganar unha botella de viño ao que primeiro acerte o nome do personaxe que está no centro da foto.
A botella será dun dos meus viños preferidos e tanto poderá recibila no seu domicilio como compartila con un servidor tan pronto como fisicamente nos sexa posibel.
Mais como nesta sociedade de consumo todo ten unha data de caducidade, o Domingo as oito da tarde rematará o prazo do concurso.
¡Ala veña, a ver como andades de cultura xeral!
09/10/2004 03:01 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 11 comentarios.

11/10/2004

oLLaReS Do TeMPo

iria_a.jpg
Obra de arte: Iria


O liño despois de sacalo do corgo estendíano tres ou catro días para secalo ben e levalo a un mazadeiro que había na casa de Valle, na ponte de San Xusto.
De volta na casa estirábano coas mans e facían unha manda para espadelalo,
quitándolle o tasco co restrelo para separar a estopa do liño.
Coa roca e o fuso, mollando as puntas dos dedos na auga, fiábase.
E nunha sarilla facíase a maraña e cocíase con borralla.
Nun sarillo desfacíase a maraña e enterrábase nun recuncho da corte.
Chegaban os novelos ó tear e escomenzaba a orquestra a tocar.
A lanzadeira a facer surf antre as canavelas.
O queixal ¡plas, plas! apreixando o fío a máis non dar.
¡fiúúúúú...lanzadeira vai, lanzadeira ven!
E logo, pisábase cos pes a espremeira para levantaba o vestido do tear,
adiantando o organo to begin again.

Máis ou menos, sen múseca, contoumo por teléfono esta tarde minha nae.
11/10/2004 00:35 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

12/10/2004

ViVa a Nai Que Me PaReu

mant_2.jpg
Teas do tear: Gloria Penas


Esta colcha é un agasallo da minha nai.
Está feita de trapos no tear e non deixa de ser unha mostra da sensibilidade desta muller,
filla de caseiros, emigrante nos seus tempos mozos e "labrega"
da Galiza profunda no resto dos seus días.
Licenciada en letras pola facultade da vida i en matemáticas pola falcultade da necesidade.
Como non facía as milagres, cavou ó monte, sementou trigo e fixo un boliño de pan para que non lle morreran os fillos de fame.
¡Moito che quero mamá!
12/10/2004 01:34 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 9 comentarios.

14/10/2004

TeNRoS e CaBRóNS

arehucas_1.jpg
Os homes non metro-sexuais tamén temos dereito a un cachiño de ceu.
Todos deberíamos deixar aflorar un pouco máis esa doce muller que levamos dentro, anque so fose á hora de tendela roupa ou de barrelo lixo.
(Xa o dixo Manu Chao : Eu non son un intelectual da múseca, son un parrandeiro)
14/10/2004 13:25 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

15/10/2004

aNaCoS De NóS

parella_2.jpg
...por aquí o tempo está moi revolto, chove un día, neva outro e o siguente fai sol.
Minha nai enferma, meu pai cabreado, os cans no palleiro I EU PENSANDO SEMPRE EN TI.

Polo outro bando eu escribía:
Através da ventá que da o patio vexo pasar soldados en ringleira co bolso na man dereita, traxe de paseo... Mesmo percibo o brilo dos seus ollos e o sorriso feliz do retorno os brazos das suas amadas. Todo pasa mentras eu, afogo as minhas penas neste triste vaso de viño ¡ puta mili!
15/10/2004 10:28 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 3 comentarios.

16/10/2004

o Que eu QueRo SeR QuaNDo FoR GRaNDe

veleiro.jpg
Andaba eu na quarta classe e fiz uma redacaâo
sobre o que eu quería ser un día quándo crecesse.

Quero ser un marinheiro, sulcar o azul mar
vaguear de porto en porto até un día me cansar.
Quero ser un santimbanco, saber truques e cantigas,
ser un dos que sobe ao palco e encanta as raparigas.

A sessôra chamou-me ao cadro e deixoume descomposto,
Ó meninho atolombado, que gracinha de mau gosto.

Là fizz outra redacçâo, quero ser funcionário
ser zeloso, ter patrâo, deitar cedo e ter horário
ser un barquinho apagado sem prazer em navegar
humilde e ben comportado sem fazer ondas no mar.

A sessôra bateu palmas e deu-me muitos louvores
apontu-me como exemplo e passou-me con quince valores.
(Rui Veloso&os samurais)
16/10/2004 13:11 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 12 comentarios.

18/10/2004

aRRouTaDaS III

iria_01.jpg
Os sonos sempre poden ser un anticipo das nosas posibilidades
18/10/2004 00:39 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

aRRouTaDaS II

Iria_10.jpg
A realidade das cousas sen fantasía é angustura.
18/10/2004 00:39 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

aRRouTaDaS I

iria_13.jpg
Carapuchiña vermella foi o meu primeiro amor. Tiña a sensación de que, si me houbera casado con ela, habería coñecido a felicidade plena ( Charles Dickens)
18/10/2004 00:39 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

19/10/2004

aS MiLaGReS Da FoNTe Do NoVeLLo

inventos_2.jpg
Vivir na aldea sempre conleva unha serie de atrancos. As distancias e os camiños que non separan das vilas fan que, ás veces mesmo haxa que deixar voar a maxinación para buscarlle unha solución a calquer problema. Polo menos esto foi o que fixo o meu amigo cando tiña que cortala herba do seu xardín e non estaba pola labor de perder un día para ir mercar unha maquiniña desas tan xeitosas que venden por ahí. Así que, Como ben podedes ver na foto, colleu unha armadura de ferro, acoploulle un taladro, un disco dunha rebarbadora, un interruptor para acender e apagar e a traballar que son dous días.
Hai mentes prodixiosas que non se oxidan por estes lares, ¿non vos parece?
Saúde e terra.
19/10/2004 01:49 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 20 comentarios.

20/10/2004

¿...ou CoMo é?

agropop.jpg
Que será, será...
daqueles jichiños da minha aldea que sempre estaban en prol do progreso.
Que se hai que facer unha pista, faise, sempre que non pase polas minhas leiras.
Se hai que poñer unhas torretas de alta tensión para que pase a luz, que ás poñan, pero nas jicholas dos veciños, eh.
Se fan falla contenedores para ó lixo, sen problema, mais non diante dos meus fuciños.
Esos que sempre andaban decindo , eu teño, eu teño... e cando chegaban as festas da aldea decian: ¡eu que carallo vou ter! que paguen os da costa dos arrieiros, que esos si que teñen.
Vivir para ver.
20/10/2004 23:45 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 16 comentarios.

22/10/2004

o SeGReDo Da FeLiCiDaDe

vaivoana.jpg
Tanto se amaban, que se atormentaban continuamente.
Demasiado amor é incompatibel coa felicidade.
Felicidade e amor en grandes doses non pode misturarse.
Non caben xuntos no pequeno vaso do corazón.
Un vaso o corazón que derrama o sangue
se ó enchen máis do que aturar naturalmente pode.
Quizais un amor cativo e unha felicidade altiva poden convivir. Ou quizais un amor excelso e unha felicidade subalterna...
TANTO SE AMABAN, QUE SE ATORMENTABAN POR CALQUER COUSA...
MAIS SEN TAXA SE AMABAN AMBOS,
E NINGÚN DOS DOUS PODIA SER FELIZ.

Despois de ler este poema do mestre Carvalho Calero, senteime ó carón da minha compañeira e quedámonos mirando como nos medraban as unllas dos dedos dos pés.
22/10/2004 06:03 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 18 comentarios.

23/10/2004

DiáSPoRa GaLeGa

plancha.jpg
...Quiero a mis padres, pero a veces, cuando voy somnolienta en el autobús escolar, sueño que no se detiene, que crecemos en edad por el camino, hasta llevarnos a Suiza, Londres, Barcelona o Canarias. Tengo una prima en Barcelona que ya es peluquera. Me gustaría parecerme a ella, Yo que soy tímida, envidio mucho su desparpajo. En verano, en un baile, un chico le dijo: "Tienes unos ojos muy lindos". Y ella le contestó: "Tú lo que quieres es echarme un polvo, ¿verdad?. Lo dejó pasmado.
(Texto recollido en, Galicia-Galicia de Manolo Rivas)
A todas esas "murallas" galegas cultas e rexas que se foron ou non,un bon día, polo mundo adiante."
23/10/2004 01:11 #enlace. Tema: Xente Hay 15 comentarios.

25/10/2004

o GaLLeGuiTo De CaRBia

manuel_maria_.jpg
Manuel Iglesias naceu en Carbia (Vila de Cruces) o día 22 de xaneiro do ano 1870. Aos catorce anos emigra a Arxentina levando unha carta de recomendación para outro paisano das terras de Carbia que vivía por aqueles lares e unha maleta de madeira chea de ilusións e esperanzas.
O seu primeiro traballo foi de carpinteiro ingresando anos máis tarde nos ferrocarriles arxentinos. Foi aquí onde escomenzou a forxar un novo sono. O entusiasmo que despertou nel o último grito de inxenieria como era a máquina de vapor, levouno a estudar e curiosear por cantas publicacións técnicas chegaban a el. No ano 1896 construie un torno na sua propia casa que lle servirá máis adiante para facer as pezas do que sería o primeiro coche feito na Arxentina.
Con moita paciencia e outra tanta destreza emprega uns catro anos en darlle xeito a idea de construir o seu propio automóvil. Os engranaxes do cigüeñal, o diferencial, a caixa do cambio con marcha adiante e marcha atrás e tantas outras pezas feitas artesanalmente con inxenio e inventiva.


A algarabía que se montou na rúa co enredo de D, Manuel foi monumental, os rapaces ían detras como rapaces que eran, os vellos quedaban pasmados como vellos que eran a até os cans chegaron a morderlle unha roda porque o confundiron con um monstruo. De ahí que lle chamaran ó coche "el mataperros".
Mais a sua capacidade de criar non rematou aquí senón que continuou facendo outras cousas como unha máquina que aproveitaba as virutas das carpinterias para criar enerxia ou mesmo un proxecto para arranxar certos problemas que acaecian no termo municipal onde vivian cando chovía. E tamén coido que foi o primeiro en ter familia numerosa porque xa me diredes como se poden facer tantas cousas e ter trece fillos. ¡ menudo tio!
Se queredes saber da sua vida picade aquí


casa natal en Carbia, ano 1960.

casa natal en Carbia, ano 2000.
25/10/2004 12:36 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 15 comentarios.

27/10/2004

HoMuS BRuTuS...

guaguas.jpg
Porta dun wc da estación de guaguas de Santiago de compostela. Xuño do 2004



Porta dun wc da estación de guaguas de Santiago de Compostela. Finais dos setenta, tempos da transición. Foto do amigo Xisbe.


Amigos meus:
Este pasado vran pasei pola estación de autobuses de Santiago de Compostela e quedeime verdadeiramente sorprendido pola imaxen tan denigrante que comtemplaron os meus ollos. Esta caterva de animais non ten nome, cabróns, bestas bravas, fillos da ira, ... ¡que máis da!
E non só as portas, tamén un apestante cheiro que mesmo daban ganas de ir mexar fora, polos valados de S. Caetano. ¡Que pobre imaxen para eses miles de turistas ou non turistas que cada día se acercan a coller unha guagua na estación dunha cidade patrimonio da humanidade!
Será que como é ano santo tódolos pecados son perdoados polo santo patrón.
¡que lle imos a facer!
27/10/2004 00:18 #enlace. Tema: Contrastes Hay 5 comentarios.

29/10/2004

eSTReLaS SeN Ceu

luar_2.jpg
O cerebro é como un paquete de ideas arrugadas que levamos na cabeza (Gómez de la Serna)

Cando aquel mestre nos preguntaba se habíamos entendido todo, sempre había algún listillo que decía que si mentras a min a única sensación que me podía era a de que non había entendido nada. O máis curioso era que cando preguntaba se alguén quería que volvese a explicalo todo de novo, ninguén decía que si. Despois, nos examens, algúns de aqueles que decían que habían entendido todo non demostraban que viran unha luz moito máis nítida que ós que calaban.
Agora, como podedes ver na foto, adícome a descubrir o universo através das estrelas.
29/10/2004 11:46 #enlace. Tema: aRRouTaDaS No hay comentarios. Comentar.

31/10/2004

a TRiBo SaBe De oFiCioS

zokos_1.jpg
María Elena Ferreiro é unha fermosa moza da parroquia cruceña de Merza. Filla e neta de zoqueiros de quen herdou a esporta carregada de ferramentas para darlle xeito o pao de cerdeira, abidueira ou ameneiro e seguir a facer zoquiños no século XXI. Hoxe, a diferencia do seu pai e avó que ían de feira en feira vendendo zocos para que a xente tronzase sebes e corredoiras, adícase o mundo da artesania. Feiras de mostras en Galicia, país Vasco, Catalunya, Castela, Andalucia e até levou o seu oficio a Londres e Suiza.
Se queredes vela cravear ou sacar pao, non tedes máis que achegaros o lugar de Reboredo-Merza. A sua destreza coa gubia, coa llerda, co revoquín ou mesmo coa mangueira de facer a xabreira fará que viaxedes através do tempo para saber de onde vimos, quen somos, e quen sabe se tamén a onde imos.
O meu amigo Xosé Vazquéz Pintor recréase, neste outro libro, nesa Fisterra que ainda mantén firme e teso o orgullo de ser fillos e netos de oficiantes da vida (por certo,a rapaza da portada é María Elena). Un libro, que xunto con os vellos oficios e o recén publicado tal era vivir, axudan a manter viva a memoria da nosa xenuina estirpe de artesans.
31/10/2004 02:02 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]