Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005.

HoT- QueNTe-CaLieNTe

hot.jpg

Un venres máis, unha foto máis...
O tema de hoxe era caralludo para unha foto un pouco máis voyeur, mais como non quero ferila sensibilidade de ninguén, ímolo deixar así.
¿Onde se vota?
...Pois, entrades polo enlace de photofriday, que está debaixo da foto, e atoparedes na parte superior o siguente texto:
"VOTE! Cast your votes for Noteworthy from the 'Tiny' Challenge!"
Picades na palabra Tiny, xa que sempre se vota a foto da semana pasada,e a dereita aparecen todas as fotos publicadas, entrades na páxina de arroutadas e tamén, por favor, na de jaio la espia, exercendo o voso dereito a votar en "cast noteworthy vote"
Só se pode votar até o domingo pola noite. Así que veña....VoTaNDo que é XeRuNDio
02/04/2005 11:02 #enlace. PHoTo FRiDaY Hay 3 comentarios.

PLaSTiC - PLáSTiCo

plastic.JPG


Unha aRRouTada visual como a de hoxe non precisa dos meus comentarios.
Xa sei que estou un pouco vago. Farei algo por amañalo.
Bicos e apertas.
09/04/2005 02:58 #enlace. PHoTo FRiDaY Hay 4 comentarios.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

CoReS QueNTeS

picachu_5.jpg
Para min a cámara non deixa de ser un ollo que ve.
Sempre teño a necesidade de incorporala como unha articulación máis do corpo cada vez que saío da casa.
A minha compañeira xa escomenza a estar celosa.
12/04/2005 02:31 #enlace. Contrastes Hay 3 comentarios.

o NoSo CuRa

20060826212532-img-26001-1.jpg
Escoiteille dicir a minha nai de que non era cura, que era un diácono e pensei que xa estaba a falar mal do cura novo.
Mais deseguida entendin que non era certo cando dixo que, daba gloria escoitalo cando predicaba e que moito se preocupara de ir a pedirlle cartos ao Obispo para arranxala igrexa.
Cada día estou máis orgulloso de ser da república independente de Dorvisou.
14/04/2005 03:13 #enlace. SeMeNTe Da TeRRa Hay 2 comentarios.

DeixaNDo Que CoRRa o aiRe...

boyas_5.jpg
Ao final das boyas está a felicidade do home. Lástima que para alcanzala haxa que ir saltando de unha en unha e non caer.
16/04/2005 02:57 #enlace. aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo

relax_6.JPG

-¡Que fermoso é todo isto! Xamais me sentira tan ben en ningures.
Tareixa a do longo rabo asentiu cun sorriso sabichón:
Si, é fermoso. Pero non vais pensar que é así todos os días ¡ Que máis quixeramos nós! (cousas de Xenoveva)
17/04/2005 10:06 #enlace. PHoTo FRiDaY Hay 6 comentarios.

¿De oNDe ViMoS?(...dunha cea)

ra_3.JPG
Jajaja...a verdade é que rímonos ben pouco de nós mesmos. Tamén é certo de que somos os únicos animais que o facemos.
19/04/2005 01:58 #enlace. aRRouTaDaS Hay 6 comentarios.

FoTuS PaCuS

fotus_6.jpg
E de fondo a illa da Gomera...
Esta escultura de ferro vaise convertindo nun dos meus lugares preferidos para facer fotos. E un dos recunchos máis soleados da illa, é un deses paraisos onde aínda se pode soñar e reflexionar. como dicía o meu amigo running: ¡Cantas cousas pode inspirar un vello blues! ¡ cantas vidas podes vivir en tres minutos!... e que lindo é darte conta de todo elo.
20/04/2005 18:51 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 10 comentarios.

BiCoS No eSPeLLO...

frores_2.JPG
Eso é, bicos nos espellos é o que fago coa alegría que me da este novo apeiro de labranza. Só fixeron falta dúas fotos para darme conta de que ese obxetivo tiña algo especial no xeito de ollalas cousas. Foi un amor a primeira vista.
Tamén teño a obriga de recoñecer que a nova cámara supúxome mercar un coche sen moito futuro e agora, por culpa do obxetivo, a minha "companheira de viagem" tivo que elexir unha lavadora de segunda categoría. Eso si, custoume moito chegar a convencela de que todas as lavadoras son igualiñas.
¡Ay deus! ¡canta salíva temos que gastalos pobres por un pedazo de ceu!
21/04/2005 10:36 #enlace. Natureza Hay 3 comentarios.

aS FoToS DoS VeNReS

solf_1.jpg

É unha pena ter que rebaixar tanto a calidade das fotos para postear. Esta, que xa non é a primeira vez que aparece nesta páxina, é unha das minhas preferidas. Aparece un pouco maquillada porque estou a xogar co PIKASA, que é un programiña moi completo para rescatar, ordear e tratar os arquivos e as imaxes..
Desde Tenerife bicos "analóxicos e dixitais" con moito sol.
22/04/2005 12:35 #enlace. PHoTo FRiDaY Hay 4 comentarios.

ZooNMaNía...

reflex_1.jpg
Agora podo entender aquelo de que non hai mellor zoon que os pes.
Unha lente fixa ofrece unha boa calidade a cambio de ter que andar moito máis, pois cada vez que queres un novo encadre tes que moverte de un lado ao outro.
Entendo, que neste mundo non se poda ter todo e tamén que o tamaño non importe, pero...
¡coño, un 70-300 axudaríame a fotografiar o mundo sen ter que viaxar!
23/04/2005 03:05 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

mar_11.jpg
25/04/2005 18:50 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

oLLaReS

mar_10.jpg
Só hai unha portada pero tíñamos outras, rezaba aquela revista de contido "político" que se chamaba "eL JueVeS"...pois aquí tamén.
25/04/2005 18:47 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 5 comentarios.

FaNCY - iMaXiNaCióN - FaNTaSía

fantasi.jpg


Con imaxinación, así é como se pode retratar ese mundo tan máxico das ilusións, dos sentimentos...
Unha foto co paso do tempo tamén é un reflexo da nostalxia. Si, esta foto foi na primaveira do ano 1991, nunha tardiña das moitas que subía co meu fillo até a Torre de Hércules...
30/04/2005 18:40 #enlace. PHoTo FRiDaY Hay 6 comentarios.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris