Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2005.

02/12/2005

BoN PRoVeiTo...

20051202031043-lomitos.jpg
Eu tampouco como calquer cousa...
canta razón tiña aquel que dicía que os ingleses inventaran a sobremesa para esquencerse da comida.
Esta foto pertence a unha serie de fotos que estou facendo para expoñer no propio restaurant onde traballo . É un dos pratos que máis me gusta recomendar  pola sua presentación. Un carré de cordeiro de leite asado cunha salsa de romeiro e mel.
A vista é o primeiro dos sentidos que participa nesa comuñon entre o cliente e os manxares, sempre que o cliente non sexa cego, claro está. Tamén é onde un cociñeiro pon de manifesto a seu arte. Sempre digo, que un mal cociñeiro nunca deberá perder o tempo decorando un plato, ademais de mal cociñeiro sería tamén un insensato.
Espero que vos aproveite a todos...Amén

02/12/2005 03:11 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Na LaReiRa Hay 7 comentarios.

03/12/2005

PiCaDiLLo CoNTRaTaCa...

20051203124834-tartar.jpg
TaRTaR oF TXaKa

Sen comentarios... ¡non vaia ser o demo que me pechen o blog por axitador de masas!
03/12/2005 11:53 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Na LaReiRa Hay 3 comentarios.

04/12/2005

RiNCóN DeL aRRoZ

20051204103516-empedrat.jpg
eMPeDRaT
L’empedrat é un prato que non ten nada que ver coa realidade política do País Catalán,
a non ser pola cantidade de ingredientes do que está composto.
Anque moitas veces cando ofrezo este plato a xente quedanseme mirando e din " xa estamos outra vez co estatut"
Os meus clientes sempre teñen sentido do humor. Comer ben, ademais de ser unha necesidade fisiolóxica, é unha boa terapia e tamén, como non, un gran prazer.
Bueno, pois xa sabedes onde...El Rincón del Arroz, Los Cristianos - Tenerife.
Outro día postearei sobor dos seus postres orgásmicos

04/12/2005 09:35 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Na LaReiRa Hay 6 comentarios.

05/12/2005

-eXPeRiMeNTaL-

20051205223532-doce.jpg
 - PHoToFRiDaY
É algo experimental. Non é un doce. Non se come.

.
05/12/2005 21:48 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 6 comentarios.

06/12/2005

FuTuRo iNCeRTo....

20051206020412-eles-1.jpg
Os nenos galegos que non nacen están agochados coma paxariños de inverno tralas silveiras.
Albiscan. Axexan. Ven o panorama e din: ¡ Que naza outro!. A min deíxame estar aquí quentiño, no ventre dos soños...

Nós xa estamos resabiados. Aceptamos como normal o goberno da mediocridad.
Pero o neno galego que aínda non naceu tómase tempo para reflexionar.
Mira polo ollo da pechadura, colle medo, e agóchase nun recuncho do faiado onde se fai invisible.


-¡ Anda, ho! Sae de aí.
-Non quero nacer.
-¿E logo por que ?.
-Non vexo porvir.
-Veña, ho, sae, que xa falaremos con Cacharro...


Texto de Manolo Rivas recollido nas páxinas de Secundino Lorenzo . Un home coa conciencia moi tranquila, apaixoado da natureza e defensor da Galiza dos mil rios.
06/12/2005 02:12 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Xente Hay 8 comentarios.

11/12/2005

a FeLiCiDaDe DoS MiCHiÑoS De DoRViSou

20051211130248-gatus.jpg
No antigo Egipto foron deuses e iso non se esquece tan fácilmente.

O mesmo que os congregados de Theleme que non tiñan leis nen estatutos e que, nun interesante exercicio democrático, cada un facía o que lles viña en ganas, durmían, bebian, comían, follaban... eu tamén quero ser un D. GaTo .


11/12/2005 12:03 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

14/12/2005

JaTuS_SeRiaL

20051214103112-jatus-2.jpg
Había máis jatus...É o que ten a fotografía dixital, despois da primeira todas son gratis.
14/12/2005 09:52 #enlace. Tema: Contrastes Hay 2 comentarios.

RaZoaMeNToS MeTa-FíSiCos...

20051214112221-fervenza0.jpg
-Weight - PHoToFRiDaY - PeSo
Ás veces é un gran peso que non che deixa voar e noutras non che fai máis que soñar...
¡a familia ten estas cousas!
A foto é unha das minhas preferidas, o meu fillo Uxio, a minha compañeira de viaxe, mirador da fervenza do Rio Toxa, ano 89-Municipo de Silleda ...

14/12/2005 10:25 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 6 comentarios.

20/12/2005

SoCieDaDe CoNSuMiSTa...

20051220122535-papercu.jpg
"señorita azafata
o menú fíxome dano,
sería vostede tan grata
de achegarme ao baño"...mecano
Pozi, un non pode chegar a darse conta da cantidade de cousas que se pode chegar a fotografiar. Unhas mereceran máis a pena que outras pero do que non teño dubida e que sempre hai que levar a cámara ata os lugares máis insospeitables...

20/12/2005 11:33 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 5 comentarios.

BoaS FeSTaS...

20051220131341-eu-3.jpg
Como pensei en ti esta noite, Whitman, mentres camiñaba polas rúas baixo as árbores con dor de cabeza tímido mirando a lúa chea....
¡Que melocotones e que penumbras!¡Familias enteiras comprando de noite!¡Corredores cheos de maridos!
¡Esposas nos aguacates, nenos nos tomates!- e ti, García Lorca. Que facías entre as sandías?
 
Entendo que o texto de Allen Ginsberg non sexa correctamente político para desexar unhas boas festas do nadal a ninguén pero aínda así, máis de un debería dar grazas a Deus por non ter escollido algún outro que dicía :
"Va Jack
Ponme sobre tus rodillas
Pégame y fóllame
Gólpeame el culo con la mano...
Empálmate pegándome
Cuando estés empalmado fóllame..."
O que máis me gusta do Nadal son os bons viños que se beben para celebrar que aínda estás vivo.

Boas Festas do Nadal e oxalá no vindeiro ano cúmpranse  todolos vosos mellores desexos.
20/12/2005 12:13 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 6 comentarios.

21/12/2005

eXPo

20051221102825-cartel-23.jpg
A arte é a única forza capaz de reconquistar ao ser humano sometido ao poder político ou á tecnoloxía. (Nadine Gordimer)

21/12/2005 09:26 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 9 comentarios.

23/12/2005

NoN é PReCiSo LeR NaDa, aBoNDa CoN VeLa FoTo...

20051223015331-teyde-1.jpg
Nestes dias de vacacións ao levantarme sempre subo a azotea para darlle os bons dias as prantiñas e o noso señor Teide. Mesmo pensaba ir a darme un baño a praia pero cando vin aquel carapucho do Teide todo nevadiño, baixei a todo meter , collín o coche, a cámara e...claro, esto pásame por vivir nunha Illa tan agradecida, cando non hai vendaval ou chove que trona.
Subindo ao Teide atopei con sol e outras veces con néboa, o día prometía mentras ía escoitando a Mercedes Peón e a Brat. Xa no Teide, había moitas nubes que viaxaban dun lado para o outro como si estivesen de mudanza, ás veces mesmo tiña que quedarme pensando mentras se apartaban para que Lorenzo me iluminase. Saquei fotos ata que se abarrotou a tarxeta, o mesmo que facían os pescadores de troitas cando picaban e tamén cando había rios e troitas, claro está. Despois baixei polo meu monte da Esperanza, ás veces chovía, saía o sol e mesmo non se vía a carretera da néboa...Cheguei ata Guamansa para almorzar na casa do millo, ensalada de salmón e aguacate, potaxe de berros e un bacalao fresco con mojo verde e batatas, unha caña, un pouquiño de viño e...
¡Joder, como se nota que estou de vacacións, con tanto rollo xa me olvidaba de colgala  foto!
23/12/2005 00:56 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza Hay 7 comentarios.

BRaNCo e NeGRo...

20051223121513-teideb-n.jpg
Sinto nostalxia, será cousa do Nadal, nen quero pensar...

23/12/2005 11:15 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza Hay 4 comentarios.

CaÑaDaS Do TeiDe...

20051223132046-teideluz.jpg
Ainda hoxe me doen os ollos de telos tanto tempo abertos.
Había momentos nos que o silenzo ata metía medo...
23/12/2005 12:36 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza Hay 4 comentarios.

FaR-WeST MaDe iN TeNeRiFe

20051223134759-indio.jpg
O vaquero estaba a posar para a súa amada.
Eu só decidin incorporalo como modelo a minha foto
para demostrar que pouquiña cousa somos fronte a inmensidade da natureza.
Anque a algúns se lle ocurrira bombardealas nubes para cambiar puntualmente a climatoloxía.
23/12/2005 12:55 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza Hay 4 comentarios.

25/12/2005

PRoFuNDiDaDe De CaMPo

20051225220957-marabillas.jpg

PHoToFRiDaY_Depth of Field_ PHoToFRiDaY

Vai chegar o día que na minha aldea só se podan sacar fotos con moi pouca profundidade de campo por mor das putas néboas dos encoros de Merda. Xa sei que estamos no Nadal e hai que manter a calma, pero mecajundios...(si con minúscula, non sexa que se ofenda alguén ou me peche Blógia o blog por blasfemar o día de Navidá.)

Eu quería falar sobor da profundidade de campo , que foi unhas das primeiras cousas que me entusiasmou no mundo da fotografía, pero xa non me queda jás. O carnaval acaba conmigo, espero que as fotos vos sirvan de exemplo.

un día sen néboas


Moita profundidade de campo é como cando non hai néboas e se pode ver todo nítido desde a eira ata o cabo da horta. Bueno, máis ou menos...

25/12/2005 22:05 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 5 comentarios.

26/12/2005

20051226231312-dedo.jpg
eSPaZo PaRa uNHa ReFLeXióN...

26/12/2005 22:15 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 2 comentarios.

20051226234126-bico.jpg
Un bico...é un bico
26/12/2005 22:41 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

27/12/2005

20051227002328-monito-2.jpg

SeN CoMeNTaRioS...


27/12/2005 23:25 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 5 comentarios.

CHuPa... CHuS

20051227114233-chupa.jpg
¡Que como se chama a muller do inventor do chupa-CHUS está claro...!
27/12/2005 10:43 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

FoTo DeNuNCia...

20051227210306-cautividade.jpg
Despois de ler este artigo , que me serviu de reflexión, teño que aclarar, por unha cuestión de ÉTICA, que a minha visita o zoo onde saquei esas fotos de animais en cautividade non foi puramente ociosa ou de recreo. Antre outras cousas serviu tamén para compartir coa a minha filha Iria de sete anos a idea de que o habitat natural de todos eses animais era a propia natureza i en libertade.
Non quero que ninguén se sinta ferido na súa sensibilidade e amor por estos animais  coas fotos nen polo caracter informal das minhas arroutadas. De aí, que por hixiene mental, decida retirar os comentarios e deixalas fotos como denuncia.
Ah, e sintoo por Marinha que se queda sen poesía...noutra ocasión será, minha ruliña.
¡Rectificar non me vai a facer máis sabio, un pouco máis humano se cabe!

27/12/2005 20:07 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 6 comentarios.

29/12/2005

aRRouTaNDo...

20051229104813-move.jpg
¡Se a arruga era bella o movemento tamén é arte!
...Ao mellor son dous xeitos diferentes de prolongala  descomposición

29/12/2005 09:52 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 8 comentarios.

ReTRaToS...

20051229172742-jatus.jpg
A insatisfación que produce ollarse nun espello debe ser un reflexo do desaxuste que hai antre o corpo e a alma.
Somos os humanos uns bichos raros...
De aí, o meu pracer en retratar aparte de outras cousas, "jatus "
29/12/2005 16:27 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 13 comentarios.

31/12/2005

2005 veces adeus...

20051231122154-noitevella.jpg

Hai xente que se enterou pola radio, a outros contáronllo por teléfono, algúns lérono nos xornais, e os máis despistados, que sempre os hai, enteraranse mañan.

Esta noite moita xente morrerá rebentada e desangrada antre os ferros dun coche, outros esnaquizarán a cabeza ao caer polas escaleiras dunha discoteca ou contra o recanto dun penedo, moitísimos terán que empuñala palma da man na boca do estómago para non vomitalos fígados... xa sei que todo soa un pouco forte, é o que ten a realidade cando é visceral. tamén é certo que moita xente "morrerá" de pracer, pero botando un polvo deses que faga tembrala terra para despedilo ano e escomenzalo outro, algúns vivirán a noite máis feliz da súa vida bailando e ata ligando, moitos se aburriran coma nunca pero manán levantaranse convencidos de que foi unha noite especial. E outros, os poucos, serán quen de ata superar un control da garda de tráfico...
¡Eu, eu...cústame crer que faga tembrala terra, como moito, no millor dos casos, levantareime pola mañá convencido se que foi unha noite especial. Tampouco é o pior!
Feliz día e mellor noite a todos os meus amigos.


31/12/2005 12:07 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 12 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]