Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2005.

01/07/2005

uSeD - uSaDo - ...

esqueleto_2.jpg
É a minha "pequena" homenaxe a un "grande" home.

O meu amigo Román Morales é un camiñante canario que pateou en tres anos e medio Sudamérica dende a caribeña Santa Marta, Colombia, ata a terra do fogo, Ushuaia. Conta con un arquivo fotográfico de cinco mil imaxes da viaxe, un libro "buscando el Sur" onde recolle unha boa parte das peripecias vividas e podo dicir, que a caixa da súa memoria aínda bota fume doce anos despois da aventura.
Un dos mellores artigos que atopei pola rede é este de Eduardo Galeano, un escritor nado en Montevideo, e que nos acerca un pouco a realidade dos feitos.

h5>
01/07/2005 11:59 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

05/07/2005

aRTe eN DoRViSou

carmedorei_1.jpg
Cando as flores do xerrón se miran ao espello acordasen do recuncho do xardín no que naceron. (Ramón Gómez De La Serna)

Ela pediume que non a sacara na foto. Eu díxenlle que perdera coidado porque só me interesa o cadro... Mais xa se sabe, que con estes angulares non se pode fiar de ninguén.
Posiblemente foi a última vez que engañei a unha muller.
05/07/2005 02:21 #enlace. Tema: Greguerías Hay 2 comentarios.

06/07/2005

oLLaReS Do TeMPo...

barreiros_top_1.jpg
Moito aGRo, pouco PoP e menos aRT.
A minha querida aldea de Dorvisou está a convertirse nun museo. Hórreos asolados pola indiferencia, fontes esquencidas no tempo, muiños sen fariña nen relón, corrupiñas e corredoiras tupídas de silvas e toxos...e o vello barreiros de Jaime Do Souto sen vida á sombra dos sabugueiros.
06/07/2005 03:06 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 2 comentarios.

13/07/2005

LaBiRiNToS Da ViDa...

eles.jpg
"Ao queixo, en Francia chámanlle fromage; pero é igual: todo o mundo sabe que é o queixo" dicía un galego culto e resabido licenciado na facultade da vida.
13/07/2005 03:03 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

16/07/2005

SiLKy - SeDoSo
Arte na Solaina de Piloño

camisanejra.jpg
O cadro é de Paco Lareo

16/07/2005 12:01 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 5 comentarios.

17/07/2005

Os CRaVoS De CRiSTo

passiflora.jpg
Foto adicada a peke, quen padeceu nas súas carnes o feito de ver como unha pasiflora súa florecía cara o xardín do veciño
17/07/2005 08:05 #enlace. Tema: Natureza Hay 7 comentarios.

20/07/2005

LeTaNíaS DoS BiCoS

pakito.jpg

O día que atopemos un bico fósil poderemos saber se o amor existeu na era cuaternaria.(R. Gómez De La Serna)


Ao final, os amigos sempre son os que mellor saen nas fotos. Sintoo polos máis tímidos pero voulle fazer unha pequena homenaxe desde esta humilde bitácora durante os vindeiros días. Se algún se sinte ferido ou ben, non é amigo, que se atreva a dicirmo...
20/07/2005 01:08 #enlace. Tema: Greguerías No hay comentarios. Comentar.

21/07/2005

ReTRaToMaNía

pacolareo_3.jpg
A única diferencia entre un tolo máis eu é que eu non estou tolo.(Salvador Dali)
21/07/2005 02:44 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 3 comentarios.

22/07/2005

aTTRaCTiVe - aTRaTivo...

navi_1.jpg

Recordo a minha xuventude e aquel sentimento que nunca máis volverá; o sentimento de que eu podía durar máis que todo, máis que o mar, máis que a terra, máis que todos os homes...

(Charles Colton)



Non vou entrar a xuzgalo sex-appeal dos meus modelos...Só dicir que me encanta o descaro, o desafío co que se enfrentan o obxetivo.
¡ ay, divina xuventude!
22/07/2005 11:02 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 5 comentarios.

27/07/2005

VoLVeR, VoLVeR...a SeR uN NeNo ouTRa VeZ

pol_1.jpg
Non podes volver atrás
porque a vida che empuxa
como un oubeo inacabable.
Fillo meu é mellor vivir
coa alegría dos homes
que chorar ante o muro cego. (José Agustin Goytisolo)


Ás veces teño sensacións ou pensamentos vagos que me deixan descomposto.
Fai un pouco, ollando nesta foto do meu amigo Pol, un rapaz que coñecin fai uns días e que vive en Catalunya, sentin unha necesidade, como de ir a praia a facer castelos de areia, pero dos de verdade, para pechalos políticos mentireiros. Ganas de xogar a pelota e esbourala dunha patada contra a sociedade para meterlle un gol o SIDA ou mesmo, de xogar a facer máxia e que desapareza a xente do mundo uns días, para que este respire e colla un pouco de cor.

Non sei, será esta puta calor ou a queimada da noite pasada. Atópome raro, como medrado...
27/07/2005 11:06 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 7 comentarios.

29/07/2005

Eu Tamén QuiXeRa SeR uN SNoB...

sneuro_5.jpg

O pensamento é unha reflexión da luz nun punto concreto das nosas neuronas, pensar é contemplar de maneira interna o reflexo da realidade. Somos fotosensibles.(frases, citas)



Xa chegou ese momento máis axitado no meu termómetro laboral, as dores corporais confunden as minhas neuronas e moitas das sensaciones non deixan de ser unha bagatela.
Para acompañalas fotos dun texto, sen perder moito tempo ou mesmo para aproveitalo mellor, sempre me quedará esa longa biblioteca de homes que altruistamente escriben como anxos para os homes que povoamos esta terra.
29/07/2005 10:56 #enlace. Tema: Ecce Home No hay comentarios. Comentar.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]