Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005.

09/10/2005

ReaLiDaDe PoLiTiCaMeNTe DeSViRTuaDa...

espellismo_2.jpg
¡Ai Deus,Deus,Deus...!
¡Canta desgana, canta perguiza...!
Sinto a necesidade de volver a beber auga desta fonte, na procura desa dose de inspiración para seguir facendo fotos, para seguir enchendo de fabas de cores o meu saco da fantasía, para seguir medrando...axeno os esforzos de Zapatero e Rajoi por arranxar cada un a súa nación.
Intentarei buscar un oco para pasear pola muralla nesos días estranhos agarrado da man de Gradicela, a sombra dun paleon para investigar na dorfunteca unha cuestión personal na costa dos arrieiros... para seguir soñando con un mundo máis xusto e "máis" mellor.
09/10/2005 12:47 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 6 comentarios.

12/10/2005

ouToNo TRoPiCaL...

lusco_fusco_1.jpg
E pensar que moita xente só mira para o chan...
12/10/2005 03:18 #enlace. Tema: Natureza Hay 3 comentarios.

15/10/2005

NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa

troitas_1.jpg
Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas sobor duns fentos verdes, que cheiraban a frescura, a vida...
Un pouco máis tarde él mesmo, tixola, tesoiras na man, se dispoñía a fritilas con un pouco de unto
para unha maior comuñon dos nosos sentidos.
Ás veces penso, que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla
ía desaparecer,debaixo das augas, dos malditos encoros...
15/10/2005 03:14 #enlace. Tema: Natureza Hay 4 comentarios.

18/10/2005

aRRouTaDaS by PaCo PeNaS

fotograma_1.jpg
Ninguén pode ollar por ti. A técnica é un aprendizaxe pero o xeito de velo mundo é algo unico e intransferible. Podemos saber manexar a mellor das cámaras fotográficas pero sen esa dose de "locura" que se precisa para vela vida baixo outro prisma, non se poden facer grandes cousas no mundo da arte. A beleza das cousas está nos nosos ollos, e tamén no corazón diría peke..así que, a xeito de moralexa, exercita os sentidos se non queres que a túa vida perda sentido.
18/10/2005 10:13 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

19/10/2005

Eu...PaSaBa PoR aQuí

voyeur_1.jpg
"Non penses que che espío,
non chego a ser tan ruin;
é unha parvada que ti creas
que quero pillarte nun desliz"(Luis Eduardo Aute)
19/10/2005 10:59 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

22/10/2005

¿SeRá, SeRá...?

20051022110246-xan_one.jpg
¿Será verdade que ó pechar os ollos o mundo desaparece para sempre?
¿será como senón houbesemos vivido nunca ...?
22/10/2005 10:05 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

24/10/2005

Que PaSa NeNG...???

20051024123113-quietoparado-jpg

Menos mal que non me atrevin a preguntarlle que miraba, Cool
cada día gústame menos facer fotos a descoñecidos.
calquer día...
24/10/2005 11:49 #enlace. Hay 5 comentarios.

26/10/2005

ToDa a TeRRa éCHe PaíS...

20051026101158-canary-4-jpg
Ollando esta foto, lémbrome daquelas palabras do sobranceiro Bush
cando dicía que para loitar contra dos incendios,
o mellor era tala-los árbores.
26/10/2005 09:17 #enlace. Tema: Natureza Hay 6 comentarios.

29/10/2005

PouCo MeNoS Que ReiNVeNTaNDo a FeSTa

20051029024005-pote-1-jpg
Agora si que chegou o tempo de apaga-lo móvil, a televisión, o ordenador, aparcar o coche, desconeta-lo GPS...para sentarme fronte a unha lareira a debulla-lo futuro.
¡Ai se non fose pola múseca e polo Citadelle!
29/10/2005 01:50 #enlace. Hay 4 comentarios.

30/10/2005

SeMeNTe Da TeRRa

20051030115917-clodomirus-1-jpg
Hai homes que mercan unha illa para ser felices. Hai outros homes que lles chega con ter un muiño.
Xosé Taboada é un deses que para ser feliz non precisa dun camión ou dunha parcela na lúa.
Un home que vive na parroquia de Cumeiro, Vila de Cruces,
en armonía e agradecido a esa terra onde se criou.
Un home que traballou arreo na vida para dar uns estudos as súas fillas e manter unha familia.
Emigrante nos seus tempos máis mozos, albañil de profisión, artista de corazón.
Pintor, escultor... e poeta de silenzos e grandes soños.
A súa casa é un verxel en pleno corazón do Deza,
centos de esculturas de madeira e pedra deixan sen palabras a quen se achega a ela.
Unha galería acocha numeradas unha morea de obras de arte talladas en madeira,
outra galería, como un museo , nos permite facer un percorrido a través do tempo para amolecer a alma.
Ese muiño, que aparece na foto, é unha das súas grandes paixóns,
un muiño propiedade dos seus devanceiros.
Restaurado coas súas propias mans e do seu mesmo peto.
O muiño foi inagurado polo alcalde do concello anque como el dixo
" a placa de mármore conmemoradora do feito tívena que pagar eu tamén"
¡Vivir para contar...!

30/10/2005 11:05 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 4 comentarios.

31/10/2005

LeoNoR, LeoNoR...FRoiTo Do ReaL aMoR.

20051031215518-leonor-1.jpg
Éramos poucos e pariu a avoa...
¡Xa veremos como chegamos agora ao fin de mes!
31/10/2005 20:43 #enlace. Tema: Contrastes Hay 5 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]