Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2006.

THe BeST 2005

20060103210611-paco-4.jpg
Amigo ata o esquecemento, ata a indiferenza, ata a ingratitude: o sublime da amizade. (D’Aurevilly)
Paco Lareo
Estas dúas son as minhas millores fotos do ano 2005, non teño dúbida.
¡Posiblemente a nosa amistade non me deixe ser máis obxetivo, son as cousas que ten o querer...!
03/01/2006 20:45 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 15 comentarios.

ViVaN oS ReiS...(magos)

20060106120028-reloxo-3.jpg
Foi nese momento no que nin estas dormido nin esperto, no que non tes os ollos nen abertos nin pechados...
nese momento no que regresas do sono ou do soño sin ter aínda conciencia da realidade,
cando escoitei berrar a minha cativa que alguén había entrado pola noite na casa...
Levánteime coma un lóstrego e deseguida me dei conta que fora para deixar agasallos, que non roubaran nada.
Que desta vez foran os reis, os reis Magos...

06/01/2006 11:01 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 9 comentarios.

a PaiSaXe é FeRMoSa...

20060108231630-torvisc.jpg
"...A paisaxe é fermosa porque os meus ollos atopan o lecer nela."(Manuel María)
DeSCoMPoSióN : 1_ alteración, corrupción, podremia, putrefacción 2_ desmembramento, desunión, división 3_ illamento, separación. 4_ disgregación, dispersión. 5- desacerto, desconcerto. 6- descompustura. 7- desorde. 8- diarrea, cagarría, furrica, furriqueira.
¿Alguén se atreve a clasificar nunha soa palabra o desastre urbanístico que se olla na foto?
Non vale enriquecerse, prevaricación...nin palabras mal sonantes que podan ferir a insensibilidade deses canallas, insensatos.
08/01/2006 22:22 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 11 comentarios.

MiL VeCeS uN MiLLóN De VeCeS NoN...

20060110224804-encoro-2.jpg
 
A Carixa_Merza 
 
OS ENCOROS SON A MORTE DOS NOSOS RIOS, DICIR SI AOS ENCOROS É DICIR NON A VIDA .

10/01/2006 21:48 #enlace. Tema: Natureza Hay 11 comentarios.

Día De "JaRaBuLLoS"

20060113111539-jarabullos-1.jpg
Só dúas palabras...Hoxe é día de garabullos, día de rutina, día de letanía.
Xa remataron as vacacións, toca arrimalo lombo e facer país.
¡ En fin, que como dicían Siniestro total...corren malos tempos para a lírica. Pero, corren, corren que non vexas!
Onde di Siniestro total debería dicir Golpes Baixos...pero, eu tampouco podo renunciar a deliciosa libertade de equivocarme. Estas cousas só me pasan por ser humano, demasiado humano...
13/01/2006 10:16 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 11 comentarios.

oS De MouReiRa De aBaiXo...

20060117015156-moureira.jpg
Na Moureira de Abaixo estaba o persoal nervioso. Viñera de lonxe unha putiña nova e garrida e todos querían.
Don Damián. o cóengo, mandaba recados polos fidalgos do sexo para que a discreción fose á misa .
Liborio, alcalde, xa tiña as escusas para marchar con ela a Vimianzo, onde tiña casa de herdanza,
e despois iren ao faro de Fisterra, a lle pedir en plan profesional unha gracia marabillosa:
" os lugares máxicos deben ser testemuños da felicidade", lera o cacique nun libro vello, dun tal Charles Baudelaire ou algo así...
(Xosé Vázquez Pintor ,en a memoria do boi )
17/01/2006 01:21 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

o CReGo VaLVeRDe...

20060117113234-morena.jpg
-¡O Pecado vístese tamén de luces bonitas!
Escachaba así os muros do interiore de Santa María o crego Valverde, pechando os ollos para non ver o que tiña.
Criada Carme era de andacio gordecha e revellida e xa gastara outro párroco, estaba resumida e mesmo - si o sabía - Don Pépe trocara as mínimas aten cións por solitarios na sacristía.
Velaí por que a Carme daba risa morna cando escoitaba ao seu amo no púlpito, irado e firme,
Así no lo conta o meu amigo Vázquez Pintor , eu como sempre, non podo facer máis que deixar unhas imaxes para que vos fagades unha pequena idea do que estaba a suceder en Moureira de abaixo co aquela morena de Guaiaquil , cousa nunca vista.
17/01/2006 10:32 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 5 comentarios.

LaBiRiNToS Na NoiTe...

20060122114700-caminos-1.jpg
Din que o home que sempre está serio é que non entendeu nada...agora xa sei porque onte pola noite, me reía tanto no HaRR’YS BaR e hoxe pola mañan case non me rio nada.
Despois das vacacións sempre sufro unha pequena metamorfose. Ao rematar de traballar, Calquer luceciña de neón anula a minha vontade e me deixa sen GPS no medio da noite...e, o que é pior, sen saber quen manexa a meu carriño feito de nabos. É cuestión só de días ou semanas...deseguida me desbodará o caudal do encorol dos meus triglicéridos para dicir " BaSTa Xa"

Bueno, pois de aí, que a minha presenza polas leiras do BLoGoMiLLo sexa máis ben escasa. Xa sei, que para postear non teño que pasar ningún control de alcolemia, pero tampouco quero que as minhas arroutadas lle fagan sombra as minhas fotografías.
Unha aperta de ledicia a toda a minha parroquia.
22/01/2006 10:47 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 18 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros