Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2006.

FaLaNDo eN PLaTa...

20060902092117-paisaxe-11-1.jpg
 
En plata é o idioma no que tiñan que falar os nosos políticos... 
 

Etiquetas: , ,

02/09/2006 08:34 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 2 comentarios.

aRTe No RuRaL

20060904154326-vaka-2006-07811-3.jpg
"TRaPaLLaDa"
Pedra, madeira, ferro, tella, poliester e herbaseca.
129 x 88
Autora: Angustia de Marica

Etiquetas: , ,

04/09/2006 14:56 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 2 comentarios.

¿Ti eS DaQuí ou VeS aS FeSTaS...

20060906115605-img-32487.jpg
Domingo, 3 de Setembro, medianoite no sur de Tenerife , festas do Carme no povo dos Cristianos.
Como cada ano celébrase a procesión levando a virxe polas rúas máis céntricas até o peirao.
Alí mesmo, suben a virxe a un barco e acompañada doutros barcos engalados para as mellores ocasións
e continuan coa procesión polo mar entre grolos de viños e talladas de cochino.
De volta a terra, unha sen par sesión de fogos de artificiais esbozan na oscuridade da noite a máis bela escintilación de fantasía e cores.
Mentras, nun pequeno palco unha orquestra ameniza a festa na que participan os lugareños mailos turistas que deseguida
se chegan alí onde hai traxín. E foi nese lúdico intre, cando se achegaron dous caiucos ao porto arrastrados polos barcos de salvamento enmudecendo a terra e aterrando o ceu. Lonxe queda aquela imaxe dos primeiros caiucos , parece que fai moito tempo e só pasaron uns meses. Debe ser que este povo está acostumado o sofremento e asimila con facilidade tanta penuria e tanto horror.
Unha viaxe que non vai a ningures, como os camiños que pretende inagurar o alcalde do meu povo según versións da oposición ou mesmo, aquela ponte que inagurara Baltar sen rio.
Un sinsentido da vida, unha fuxida a ningures...
A sensación de contrastes e tan grande como unha feira de mentiras, un povo rico, un povo pobre, un home branco, un home negro...un que arrouta porque está cheo e o outro porque ten fame.

Etiquetas: , , ,

06/09/2006 11:42 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 5 comentarios.

A FoTo do VeNReS...eN PHoToFRiDaY

20060909041305-img-62461-3.jpg
BoY_ PHoToFRiDaY _CHiCo
Esta semana PHoToFRiDaY bríndanos a oportunidade de colgar unha foto baixo o lema "BOY".
Despois dun tempo, decanteime por esta sen saber moi ben por que.
Posiblemente porque son dous nenos moi queridos por min e que non deixan de sorprenderme sempre,
coa sua naturalidade i estilo ao poñerse fronte ao toro.
O titudo de muchachos tamén podíase prestar a outras connotacions que non estarían acompañadas demais
con algunha desas poesías de Allen Ginsberg
que tantas referencias fan ao mundo dos adolescentes.
Pero, en fin,hoxe non será o día...

Etiquetas: , ,

09/09/2006 18:12 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

aS CoReS DuNHa FaLCaTRuaDa...

20060912012505-img-32801.jpg
Hoxe escoitei dicir que cada inmigrante chega a pagar entre setecentos e mil euros por unha viaxe cara a ningures,
coa condición de que se fosen repatriados se lles devolvería a mitade dos cartos.
Hoxe escoitei dicir que os inmigrantes cando teñen frio van os abrigos ,
cando teñen fame van as Galletas, que cando teñen moita fe van os Cristianos ...
Hoxe escoitei falar o povo dos Cristianos na boca dos entendidos.


O que está claro e que ninguén quere mollarse e atallalo problema alí onde escomenza,
desenmascarando o engano e a mentira, consentida polos políticos e artellada polas mafias

Etiquetas: , ,

12/09/2006 01:19 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

oS CeN MeTRoS oBSTáCuLoS...

20060913110758-img-32752-1.jpg
Os cen metros obstáculos que separan unha verdade doutra.
As correntes inmigratorias non deberan deixar de ser unha alarma para despertala conciencia dos que viven na opulencia .

Etiquetas: , ,

13/09/2006 10:29 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 2 comentarios.

BRiGHT eN PHoToFRiDaY...

20060915110623-prestige-1.jpg
BRiLLo- BRiGHT
Se alguén dixese "que foto máis coruscante " daríame que pensar
pero daríame máis que pensar...
se ninguén dixese nada.

Etiquetas: , ,

15/09/2006 10:28 Autor: dorvisou. #enlace. No hay comentarios. Comentar.

SiLeNZo...

20060915104023-naturalemorta-23-2.jpg

Vellas pantasmas
agochadas nas negruras do tempo
volven unha e outra vez
coas súas sicofonías monocordes
as pálpebras anegadas de negra viscosidade
onde pervive o medo
cos restos dun vello naufraxio.

Silenzo
outra vez silenzo.
 
(Texto de caladiña  en toxos e mimosas )
 
 Metín a man no gabeta e saquei unha foto.
Puxen unha palabra no google e saiume o blog de Caladiña,
Metino todo nunha coteleira e saiume un posteo...umbrío
 
 

Etiquetas: , ,

17/09/2006 03:10 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 5 comentarios.

GiRL eN PHoToFRiDaY...

20060924030017-img-36372-3.jpg

Non é unha girl of Ipanema... é unha girl galega de Noaio (Prevediños).Guiño

Etiquetas: , ,

24/09/2006 02:12 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 4 comentarios.

Adicado a Nai que me pariu...


 

 


 

 

 

 

 

De niños creemos que mamá todo lo puede, que no siente cansancio,que no sufre... esa imagen que guardamos de ella con el tiempo no coincide con la que vemos cuando pasan los años... Entonces descubrimos que mamá también sufre, se cansa, esta triste, no tiene fuerza, calla ocultando el dolor... La vemos como un héroe sobrevivir a grandes tragedias, llevarnos de la mano conteniéndonos y mostrándonos la vida siempre del lado más bello... De niños no entendemos sus lágrimas... de adultos nos preocupan... o no las comprendemos... Así como nosotros necesitamos tantas veces de la protección de esos brazos fuertes, de la comprensión de nuestros gestos o de nuestros silencios, de nuestro dolor... ella también nos necesita... Por eso debemos detenernos y observarla... abrazarla y hacer que sienta que estamos allí... que nos importa, que es valiosa... y de esta forma regresaremos a ella el más hermoso sentimiento que nos enseñó, el sentimiento que lleva paz y tranquilidad en los momentos difíciles de la vida, el que nos contiene, el que minimiza el dolor, el que nos hace luchar por nuestros sueños e ideales...

pero por sobre todo nos enseña a dar sin pedir nada a cambio: El Amor.

Reflexión: Graciela Heger


Etiquetas: ,

27/09/2006 10:32 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 7 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros