Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2007.

03/11/2007

Strength

Padel_1

STReNGTH_ PHoToFRiDaY _FueRZa


Etiquetas: , ,

03/11/2007 22:12 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

04/11/2007

Padel_4
04/11/2007 11:20 Autor: dorvisou. #enlace. No hay comentarios. Comentar.

Padel_5
04/11/2007 11:24 Autor: dorvisou. #enlace. No hay comentarios. Comentar.

Padel_2
04/11/2007 11:27 Autor: dorvisou. #enlace. No hay comentarios. Comentar.

Padel

Padel_7
O que máis me amola ás veces é non poder facer o que me gusta.
Ando maluco. Unha tendinitis manténme á espera...
Aos cuarenta hai que quentar ben antes, aínda correndo o perigo de chegar xa cansado ao partido :-)
04/11/2007 12:42 Autor: dorvisou. #enlace. Hay 6 comentarios.

06/11/2007

PoLBo á FeiRa

Pota de Cobre

Ás veces, cando miro ese polbo xa cocido e cortado envasado ao vacío nas tendas, danme arrepíos. A min o que me gusta é comelo na feira, que che sirvan o pan e o viño sen preguntar e compartir mesa longa con descoñecidos. O máis curioso pasoume este pasado verán na feira do doce, na Golada, ao pidir a conta díxome a señora, "O pan e o viño sonlle dúas mil pesetas das de antes..."

¡Viva María Castaña !

NOTA DA EDITORIAL : Como teño pendente unha invitación da Rapaza do Arco para contar oito cousas que me pete, deixo este post como primeira declaración dun amor enfermizo polo polbo á feira :-)

 

Polbo á Feira

Etiquetas: , , ,

06/11/2007 01:46 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 5 comentarios.

07/11/2007

oS RíoS GaLeGoS

Río Arnego-4
Voume aproveitar do *meme das oitos cousas para postear un día máis. Na primeira "memez", como introito, esbocei unha pincelada chea de morriña e nesta segunda oportunidade quero rescatar do álbum da minha vida, unha estampa dos nosos ríos.
E para escomenzar, nada millor que uns versos do meu paisano Xosé Neiras Vilas:
"Río da minha infancia,
auga e nenez que non retornan.
Río meu para sempre."
Si, tes razón Xosé, a auga e a nenez non retornan, non. Quen retornaban eran os salmóns do Ulla cando os había.
Eu, que tamén nacín nunha aldea solaina dun río gardo no rexistro da memoria os máis belos sons das augas cantareiras río abaixo.
Sen esquecer das minhas queridas fontes, nais de tódolos ríos, onde tantas veces bebín auga delas nas cunchas das minhas mans.


Hoxe adícolla foto do río Arnego ao seu paso por Tuiriz, a Secundino Lorenzo , o mesmo que fixo o amigo Manuel Busto de Aquam Latam , fai uns días .
Secundino Lorenzo, a quen non teño o gusto de coñecer persoalmente, pero si teño o prazer, de disfrutar do seu traballo nesa irrefutable paixón polos ríos galegos. Un home que, de non haber nacido home coido que non lle importaría ser unha troita e vivir no río Arnego por ser este, un dos ríos galegos menos contaminado.
¡Longa vida aos ríos galegos!

Etiquetas: , ,

07/11/2007 04:40 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Natureza Hay 6 comentarios.

08/11/2007

QuéRote, Meu BeN

Uxio

Hoxe, terceiro post das minhas oito cousas, que por H ou B acho de menos neste desterro voluntario, teño presente a un rapaz do seu tempo.

Chámase Uxio, pola graza do señor do Caurel, estudante das novas tecnoloxías no campus de Elviña , socio do Playa Club e membro non numerario da real Academia do botellón na praza do humor...

Naceu nun Hospital de Santiago de Compostela sen avisar nunha noite de lúa chea... medrou aos poucos cada día ata sacar o carné de conducir. Como estudante na súa primeira etapa sempre aplicou a lei do mínimo esforzo, sendo unha prioridade na súa vida, aprobar denantes que saber:-) . Agora, conscente da lei da gravidade, que sempre nos está empurrando cara abaixo, soña que as semanas teñan oito días e os días vinte e cinco horas para acadalo sumum da felicidade.

Como pai, síntome tremendamente agradecido e querido. Atrás quedan tempos de discordia onde eu percibía indiferencia naqueles acenos involuntarios que ao fin e cabo, non deixaban de ser un proceso máis da crianza. Unha das cousas que xamais esquecerei será aquela tarde, na que confuso e arrepentido da minha conducta represiva, se así se pode chamar, refuxieime na azotea da casa a chorar como un desconsoladiño despois de releer "cartas ao pai" de Kafka. Un libriño que, sen lugar a dúbidas, pode sarabullar até a pel dun burro.

E nada máis, só dicicir aos máis imberbes, que un pai non nace, un pai faise día a día ata morrer .

Etiquetas: , ,

08/11/2007 04:26 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 12 comentarios.

09/11/2007

DoRViSou... capítulo IV do meme VIII

Dorvisou
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambialo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.



Unha das primeiras palabras que tecleei nun buscador, recordo que foi DORVISOU.
E o resultado da busqueda foi bastante simple e esclarecedor "Su búsqueda - DORVISOU - no produjo ningún documento".
Dorvisou, virtualmente non existía... e foi, nese preciso momento cando decidin que había algo que facer para atallar esa inmensa laguna e espallar a palabra DORVISOU pola rede. Cheguei entón ao blog Días estranhos do amigo Pawley e foi dende a súa cova como enlacei a outros blogs , unha cuestion personal , sin que sirva de precedente , ventanas , paleon... daquelas, era doado lelos todos nunha noite, eramos poucos non como hoxe que xa somos unha aldea moi grande. Bueno, pois así foi como naceu este blog co nome de ARROUTADAS, Un nome co que non engañaba a ninguén.
Hoxe, cinco anos despois,  tecleas Dorvisou e atopamos o siguente "Resultados 1 - 10 de aproximadamente 31.500 de dorvisou. (0,08 segundos) ". Claro, que tamén teño que agradecer a grande colaboración do amigo e paisano Pepe Penas en Costa dos arrieiros e outros blogs como "o gremio de Dorvisou ", "fortuna vicio e demais familia " Sen esquencer a man de Sechú Sende , conspirador e culpable destes dous últimos blogs, froito dunhas actividades escolares. Magoa que non os seguiran actualizando. Agora ben , tendo en conta que en DORVISOU non se pode conectar un a internet por mor deses teléfonos terceimundistas da epoca do Sr. Fraga,  Dorvisou, posiblemente sexa a aldea máis cibernética da Galiza.
E para rematar o meme hoxe,  un aturuxo para todas as aldeas do mundo. 
 

Etiquetas: , ,

09/11/2007 21:40 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 4 comentarios.

12/11/2007

AO AMIGO...

paco Lareo_6

A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.

Dous ríos circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.

Sentarse naquela horta, unha noite de verán e lúa chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.

cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.

A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.

Paco Penas.

Ás veces, atrapallado polas palabras, cústame moito ordealas para escribir e darlle xeitos as ideas. Pero neste caso, nun pequeno homenaxe que lle adiquei fai uns anos anos ao meu amigo PACO LAREO , saíume da alma, escribino co corazón, con sangue...

Por iso, quero recatalo hoxe para este V meme das minhas lembranzas.

Etiquetas: , ,

12/11/2007 02:53 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home No hay comentarios. Comentar.

13/11/2007

Ao MeSTRe...

IMG_1800
Na minha vida cruceime con xente de todalas castes. Xente ruín, xente íntegra, xente inolvidable e xente simplemente que suman e fan un montón. Pero hoxe quixera ter unha lembranza para esas persoas que, ao seu paso polo meu caron, afondaron coa súa semente. Eses analistas da crianza que sempre che andaban medindo o cerebro.
De tódolos mestres que tiven na vida, que tampouco foron moitos, hai algúns que sempre están presentes na minha memoria de cada día e polo que, nestes últimos tempos teño unha extraña sensación, a conciencia un pouco escocida por haber sido moi pouco agradecido, que é o mesmo que un desagradecido . Fastídiame un pouco ter que recoñelo pero agás dalgún encontro casual pola rúa, non houbo ningún acercamento ou recoñecento pola minha parte. Tan só ese lembranza ou cariño.
Cando "escoito" falar a peke da súa marabillosa relación cos seus ex-alumnos síntome un pouco doente. A min gustaríame volver a compartir un tempo con algún deles, tan só para escoitalos, agora si, atento e en silenzo... anque tamén teño medo, de que ao millor tampouco se acorden de min :-)
As minha primeiras lembranzas andan nesa Escola Mixta de Dorvisou tendo sempre como mestra a Doña Virginia Vilariño Villamayor, Sete longas tempadas... por Deus! como vou esquecer do seu nome, sería boa.
cada mañá, en fila india,debaixo dos carballos, soaba a letanía... buenos días tenga la señorita. Mentras, D.Luis, o seu marido que a traía cada mañá, pisaba forte o acelerador do seiscentos para fuxir decontalo da aldea.
Máis que recordos da aprendizaxe ou amor polos libros venme á mente os castigos que padecía, non deixarme xogar coas nenas, escribir cinco centas veces que non se debía blasfemar, xa cando eu o sabia...

O derradeiro curso daquela "Educación General Básica" fíxeno no grupo de Vila de Cruces.A mestra dixéralle aos meus pais que se quería seguir estudando, o millor era que completase o meu ciclo na Vila. Agora estou pensando se non sería para que lle deixase tranquila a sobriña . Deste ano pouco que dicir, a non ser Fernando, un mestre de música, ética e relixión que se mostraba afable e amigo.

Despois de acadalo graduado escolar e algún escarceo con levarme ao seminario, non sei a que, pero bueno...rematei en Santiago, concretamente no Castiñeiriño, na escola de hosteleria, Aquí escomenzou a grande travesía do deserto pola vida. Tan listiño, tan falador, tan juapiño...¡camarero xeitiño!
¡Que magoa de non ir ao seminario, puñetas!
Da minhas vivenzas en terras compostelanas, falaremos outro día. So nomear a Xosé Luís, xefe de internado moitos anos, Sr. Murillo de Língoa e Don MANUEL BLANCO HERMIDA, así en maiúsculas porque se o merece.

E continuará, pero xa está a chamar a señora da mesa do fondo, esa que pide un café e cando llo levas di que ela non quere café, que o que quere é que lle peches a porta, que fai moita corrente... :-)
Con cariño tamén para Uxía Casal, Marinha de Barreiros, Oscar Sánchez, Xavier Dopico, descalza, Séchu Sende, a rifenha, Manuel Busto, jcabellacruz... e outros mestres blogueiros.

Etiquetas: , ,

13/11/2007 12:22 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 8 comentarios.

15/11/2007

CuaRTo oSCuRo

faro

Foi alí, na Torre de Hércules, nunha marabillosa mañá da sempre alegre primaveira. Pero desta vez non foi con ela, tirado na herba e mirándolle aos ollos como saltou a chispa do amor. Foi na azotea da Torre cunhas acuarelas...

Gustábame a pintura, mesmo me apuntara nun taller na calle da Torre que era onde vivía. Aquela mañá subira á torre para pintar non sei que. Ao fondo, Santa Cristina, Bastiagueiro, o faro de Mera. Máis preto a cárcere, Monte Alto, Riazor, San Pedro de Visma... aquelo era tan inmenso como imposible de pintar para min e preferin deixalo como estaba. Nacendo desta frustación e impotencia o meu interés pola fotografía. Xa vivía cun dos grandes artistas nunha casa que parecía un grande cuarto oscuro, Santiago Mato e Cesar Dopico, así que, non era difícil contaxiarme do entusiasmo desta xente, nesta outra aventura. A fotografía axudoume a descubrir un marabilloso mundo arredor e dentro de min mesmo, a mirar, a soñar... Agora mesmo, a minha vida sen a fotografía sería como un libro sen letras.

 

 

 

 

Etiquetas: , ,

15/11/2007 13:17 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

22/11/2007

¿oS MoNoS e oS ouTRoS...

IMG_8223
Non é o que parece pero non estaría de máis como escarmento.
Nós adentro e eles á fora... anque xa non teñan paraiso a onde ir na terra.

Etiquetas: , ,

22/11/2007 13:04 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 8 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]