De impresionante podería calificar a minha experiencia no taller de cine. Xamais pensei que na preprodución , na rodaxe e aínda despois nunha montaxe dunha película houbese tal tinglado orquestado. Agora tamén sei que no cine 3+3 non son 6. Para un corto de tres minutos fixeron falta duas horas e media de gravacións , unhas 20 horas de traballos, doce persoas, catro caixas de cervexas, uns tres dúcias de bocatas, uns tres cartón de malboro...e todo sen contar o tempo perdido pedindo de porta en porta (Tres coches de luxo, unha caixa de mortos....) ou mesmo ter que botar man dun de nós por non chegar algún actor seleccionado nun casting. Tamén é certo que isto pasa cando se fan as cousas por amor ao arte, se lle pagáramos mil euros por xornada durmiría na porta dúas noites antes. Se lles conto que fixemos dous... nuns días xa estaran listos para colgar na rede.
Gustaríame destacar deste taller, a calidade humana do grupo, un grupo tan diverso (Venezuela, colómbia, Chile , Argentina, Cuba, Galiza, Andalucia, País Vasco, Canarias...) que dende o primeiro momento demostrou que, cando hai corazón e vontade o camiño é sempre de rosas, non de pedras. Tampouco podería deixar de falar das persoas que dirixiron o taller, a súa capacidade creativa e os seus coñecementos técnicos son de categoría, así o demostra a seu curriculum e non tardarán moito tempo en soar os seus nomes nos mellores festivales de cine do país.
Eu só pregunto, ¿que fago eu falando de cine?... eu, que unha das últimas veces que fun ao cine foi en Compostela porque chovía, estaba de resaca e non tiña onde botar unha sesta. Xa o vedes, non hai como non ter frío cando non se ten abrigo :-)
Chegadas estas datas non podo deixar de recuperar esa ilusión que tan felices fai aos máis cativos. Esperar que Papa Noel e os reises magos premien con certa xenerosidade o comportamento no exercicio de todo un ano.
E como fun un rapaz aplicado nos estudos, axudei nas labores da casa e non cheguei tarde os Sabados pola noite (algúns incluso cheguei o Domingo antes de sair o sol) trouxéronme este ano un auténtico electrodoméstico. Mesmo nen esperaron a que lle escribira a carta.
Vacacións ata o día 15 de Xaneiro, agora volverei a madrugar outra vez, como fan os cans da aldea, para estar máis tempo sen facer nada.
Estou como un louco por estrear o xoguete novo, unha video cámara pola que perdin a cabeza no primeiro instante, foi un flechazo, un amor á primeira vista...
Outro Nadal máis, para rematar de conquistar as illas. Na axenda teño apuntado un viaxe ao macizo de Anaga, un recuncho de Tenerife que sempre se fixo de rogar e que espero nestes días poder disfrutar.
Tamén intentarei achegarme unha vez máis á Gomera, pois a derradeira vez foi unha visita puntual e moi accidental. Resulta que Xunto do amigo Luis cancela de Malpica, fun desayunar á Gomera despois de andar de baranda toda unha noite, e como a Gomera é redonda, xa se sabe, a cabeza daba voltas... Desta vez procurarei chegar en plenas facultades para disfrutar do parque Garajonay e da súa vexetación de laurisilva.
Descansar e outra das prioridades. De ordear o disco duro, nin falar. Como moito limpar o escritorio. O disco duro é cousa imposible... visitar con máis frecuencia os blogs amigos, agradecer o cariño de algunha xente que dun xeito altruista non para de enviar aloumiños sen o minha atención debida. Sempre coa mesma disculpa do pouco tempo... e eso non vale.
Eh, que xa paro... voume a dar un chapuzón e amornar este subidón.
Para os galegos, a brétema é un pano fino de fantasía que nos leva sempre máis alá do entendemento. Un estado de ser que nos permite adentrarnos sen medo nas profundidades do pensamento.
E con esta música, voume a meter na cociña... hoxe, os meus invitados están de festa.
O Palmar é un dos meus recunchos preferidos do Sur de Tenerife, pero xa só para deixar o coche e perderme a pé por Malpaís de Rasca cara ó faro. Na foto podesdes comprobar algo desa grande contraste antre a incongruente civilización e o doce primitivismo da natureza.
Un cortometraje (12 m.) de costo 00.000.000 € que resultou ser o traballo dun taller de cine, levouse onte o premio ao mellor guión e á mellor fotografía (concedido a un servidor e a dous compañeiros máis, Nina e Gervasio). En total uns 3.000 €, que serviran para emprender un novo proxecto que está madurando.
As felicitacións e cariño recibido ao longo do festival e despois do fallo do Festival deixáronnos alelados e sen palabras de agradecemento. Directores, productores, críticos dos xornais e outras persoas do mundo audivisual animáronnos a seguir traballando para vindeiros certames.
Hoxe levanteime e baixei a buscar a prensa, pero como é día de festa aínda non chegou (isto pasa por vivir noutra aldea)
Mañán, contarei máis.
Ah, xa tiña pensado subir o corto para que o disfrutedes todos, pero como foi elexido para este festival, dixéronme que mellor sería esperar a que rematara. Un día deste...
Xa non aguanto máis, a noticia ten que estár ben artellada para que resulte creible pero ao final hay que desenmascarala para que sexa unha inocentada e non quede en mentira. É certo que fixemos dous cortos no taller de cine, mais de aí a ser seleccionada para un certamen de cortometraxes hai un bo treito. Se algún día sucede algo así, non teño dúbida de que as minhas primeiras palabras, serán para todos vos.
Sintoo moito, ao mellor hai xente que non volverá a deixar un comentario, e digoo por Ana e os Alarcón, para un día que te decides a deixar un comentario... ¡Vaia día escolliches Anita!
Ramón Domínguez e un ser vivo feito de carne e poesía. A súa música é unha paisaxe de palabras con arrecendos a compromiso e ilusión por construir sempre un mundo feliz... onde para crecer, non faga falta facerse maior senón que chega con facerse mellor.
O Venres, posiblemente nun dos lugares onde é máis feliz cantando, no bar "El Faro" do seu amigo Carlos e xunto ca súa banda, fíxonos disfrutar unha vez máis dese poeta, músico e neno grande que leva dentro.