Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.

HaBeMuS FoTuS...

IMG_0357

Non podía maxinarme este agasallo para rematar o ano. Modestia aparte, tampouco é que non o merecera :-(.
Onte e hoxe a minha fachenda non me deixou andar como os homes pola terra, vou como un anxo, nunha nube.
Xa como, xa non me doe a cabeza, xa non teño acougo...
Grazas, compañeira de viaxe, irei contigo ata ó Q do mundo. Grazas Uxio e grazas Iria.
¡Agora, véndese cámara de Fotos!

Etiquetas: ,

01/01/2008 22:12 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 5 comentarios.

uN, DouS, uN, DouS...ProBaNDo

Canon  EOS D40

Nestos intres non teño ollos para buscar novos horizontes. Só me miro ao embigo . Gústome, que máis vou a dicir...jeje

Etiquetas: ,

02/01/2008 19:53 dorvisou #enlace. Natureza No hay comentarios. Comentar.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres



Foto 3

Foto 4
05/01/2008 14:03 dorvisou #enlace. sin tema No hay comentarios. Comentar.

VoLVeR a NaCeR...


Foto 1


Si tus fotos no son lo bastante buenas, es que no estabas lo bastante cerca. (Robert Kapa)

E a min onte pola mañá pasoume algo parecido. O que se presentaba como unha linda mañá de fotos rematou por convertirse na pior das pesadillas. Eu tamén estaba demasiado preto do perigo e do enemigo...non había forte oleaxe, tampouco estaba o mar plato. Só podo dicir que de súpeto chega unha ola e secuestra a vontade desta familia. Unha familia que se librou polos pelos de escribila crónica máis triste, no sur de Tenerife, onte pola mañá.

Ao final, apesares das mazaduras e do susto, unha anédocta máis que contar aos amigos.

Foto 2

 


 

 

Etiquetas: , ,

05/01/2008 17:02 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 4 comentarios.

NaTuReZa HuMaNa...

 

IMG_0615

Son as cinco da tarde, día de reises, a minha compañeira está á botar a sesta no sofá,

a cativa baixou á xogar coas amigas e o outro home da casa trunfou esta noite e está á soñalo outra vez...

Coido que está a pasarme o mesmo que o rei bobón, que onte cumpreu setenta anos.

"Quitate tú que me pongo yo"

¡Manda carallo...que dura é a sucesión!

Etiquetas: , ,

06/01/2008 23:45 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 2 comentarios.

Puertito de Adeje

IMG_0600-1
Ao Puertito de Adeje aínda non chegaron esas moles de cemento armado que asolan as costas do sur de Tenerife .
O Puertito é un dos poucos reductos da illa que conserva ese encanto dos pequenos povos mariñeiros. Un baño na praia de blancas areas e transparentes augas pode chegar a restaurarche os osos e despois, unha cerveza con uns camaróns no bar de Pépe e Lola, axuda a redimila carne. E para que máis...
¡Que lle den a civilización!

IMG_0648

Etiquetas: , ,

07/01/2008 23:58 dorvisou #enlace. Contrastes No hay comentarios. Comentar.

UNHa CaSa en CHaCHaHuí

IMG_0624


Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipício o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.


Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o míar estremecedor do puma negro.


Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.


Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.

Pero as estrelas son máis grandes.
Ter unha casa en Chachahuí.
Avilés de Taramancos
De Cantos caucanos (1985)

Etiquetas: , ,

08/01/2008 22:14 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 3 comentarios.

PLaNeTa oCéaNO

A Caleta de Adeje

IMG_0672
"Que inapropiado chamar Terra a este planeta, cando é evidente que debería chamarse Océano."
(Arthur Clarke. Escritor británico)

Etiquetas: , ,

09/01/2008 23:44 dorvisou #enlace. sin tema No hay comentarios. Comentar.

EsTaMPaS RuRaLiTaS

IMG_0658

Se non se queixa a terra cando lle esnaquizan un río ou un monte, nen se queixa a terra cando cando lle esfolan a tona e lle rouban os diamantes... tampouco me vou a queixar eu.

¿Que pasou?...pois que fun ao dentista e dixenlle que quería facer unha limpeza de boca

e o home rematou por quitarme tódolos dentes.

Dixo que era a mellor limpeza das posibles.

Agora toca esperar, aprender a comer, a rir, a falar, a calar...

A reconstrución será unha tarefa longa e custosa, implante de oso, tornillos de titanio, e os dentes pedireille ao doutore, que xa postos, sexan de granito "rosa porriño". Din os entendidos que son os mellores para atacarlle ao churrasco.

 

Etiquetas: , ,

10/01/2008 13:40 dorvisou #enlace. aRRouTaDaS Hay 5 comentarios.

CiDaDe FuTuRiSTa

IMG_2233

Andiven buscando as placas co xugo e as frechas pero non as atopei, pero mesmo parece que os arquitectos desta urbanización de luxo no Sur de Tenerife se inspiraron naquela " obra social " do cabalo de Franco

Este gusto por vivir na montaña, mellor dito, dentro da montaña e con vistas ao mar, non o poderei entender. Ou quen sabe, ao mellor é que non me chegan os cartos para entendelo :-)


 

 

Etiquetas: , ,

15/01/2008 21:44 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 2 comentarios.

aLToFaLaNTe...

IMG_2222

Non se pode ir de autodidacta toda a vida.

De cando en vez hai que coller os libriños de instruccións e leelos,

anque só sexa para explorar as nosas posibilidades.

 

Etiquetas: , ,

16/01/2008 11:46 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 6 comentarios.

20/01/2008 23:24 dorvisou #enlace. Natureza No hay comentarios. Comentar.

LuCeS e SoMBRaS


Os diferentes microclimas fan que a vexetación e a paisaxe se convirtan nun paraiso de contrastes. Pódese pasar de tomar o sol nas praias do sur da illa a disfrutar dun espectáculo natural de luces e sons nun curto espazo de tempo.Baixando do Teide cara a Laguna, nos montes da Esperanza, nese límite do mar de nubes quedei sen palabras, unha néboa adentrábase antre os pinos, que ao mesmo tempo deixaban colar os finos raios que reflexaban a luz no chan. A cada instante a luz ía cambiando e con ela as cores do mundo e da vida.
Eu sen tempo nen calma, como si se acabase o mundo naqueles intres, disparaba fotos irreflexivas. Na próxima visita levarei os soños preñados no peto para acadar mellores resultados.

Etiquetas: , ,

21/01/2008 09:53 dorvisou #enlace. Natureza No hay comentarios. Comentar.

PiNuS CaNaRieNSiS


Levanteime raro, pensei en ir a darme un baño á praia dos enoxados e ao final decanteime por ir pasealas extrañas sensacións polo monte da Esperanza. Alí, antre aquela frondosa natureza, frío e humidade, afasteime dos meus males intemporales.

Etiquetas: , ,

21/01/2008 10:01 dorvisou #enlace. Natureza Hay 10 comentarios.

FeiRa Do CoCiDo en laLín

A matanza do porco

Pido talvez o que non podes dar-me.

O que talvez ninguén

pode dar-me. Isso pido.

 

Mas se tenho necesidade

desse alimento, pouco consolo é

para a minha fame que tal grao

non se dê nas estepas desta terra...

Estos versos do grande mestre Carvalho Calero, resumen que nindiola o meu estado de ánimo nestas datas.

Etiquetas: ,

DeSeNFoQue iLuSoRio...

 


MISTY in PHOTOFRIDAY

A ilusión daquel neno feliz ao que os reises lle trouxeran unha cámara nova de fotos está un pouco diluida. Vinte días despois do agasallo, un problemiña fixo que deixara de furrular. O tendeiro díxome que debía de aceptalo como un chisco de mala sorte, pero claro, sabendo do seu orixe Hindú, só me queda pensar naquelo de que as cousas máis importantes da vida, non son cousas.


 

30/01/2008 12:59 dorvisou #enlace. Ecce Home No hay comentarios. Comentar.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris