|
Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2008.
01/02/2008

En busca e captura está o noso amigo Pepe Penas de Dorvisou que xa fai unha boa tempada que non revule pola Costa Dos Arrieiros. Desde que cobra dos fondos do estado e non pega golpe xa non aparece nen a tomarlle uns viños cos amigos pola taberna de Baldomero. As últimas novas que se teñen del é que lle roubou o coche os policias que o intentaron deter. Dixeron uns testigos que os policias lle berraron !Alto, maos arriba, queda vostede detido! e o Pepiño, aproveitou ao erguer os brazos para apuntar ao ceu e decirlle ¡ mirade, mirade, cantos paspallás voando!.... e aproveitandose da inocencia dos gardames, ata hoxe. Moitas grazas, Pepe, pola foto. Calquer día tuneo o meu FIAT PuNTo co nome de DoRViSou.
05/02/2008

ZooM Creo que a fotografía, como outras maneiras de expresión, precisa doutras linguaxes para enriquecerse e potenciarse, non hai regras nin límites. Só paixón e loucura.... Vari carames Vari Caramés, con quen compartin tantos momentos sen cámaras polo Orzán, está nun dos momentos artísticos máis doce. O seu xeito tan particular de enfocalo mundo, rematou por atopar un espazo no limbo reservado só para un cantos elexidos. Varí Caramés é un home que traballou arreo e case sempre contra corrente. Un home ao que non lle gustan os traxes novos, como el di...e que foi capaz de atrapar un soño alí onde non había nada e de construir un mundo onde a fotografía e a poesía camiñaran da man aínda falando distintos idiomas, lonxe das modas ou novas tendencias.. As súas fotografias veñen de inaguralo festival internacional de fotografía, Fotoencuentros 08 en Murcia e tamén están presentes na galeria SCQ de santiago de Compostela.
Etiquetas: Fotografia, Galicia, arte
06/02/2008
ZooM Cando chegou o verán, algún desalmado nunha acción imperdonable plantoulle lume ao monte ....e agora, cando aínda non chegou a primaveira e no medio dunha paisaxe desoladora, uns almendros xa nos bríndan con frores todo o seu esplendor. NaTuReZa Sabia, xenerosa e superior.
Etiquetas: Tenerife, Canarias, fotoblogs
08/02/2008

Zoom Hai xente que non se da conta de que todo esto é un enredo para chegar tarde a verdadeira comuñón...
10/02/2008
 ZooM
Xa non hai escalas Alfas, Betas nen Gammas, só enxeñeiros informáticos cabreados, abogados repoñendo mercaduría nos supermercados Claudio e licenciados en historia traballando de camareiros. Aquel mundo feliz de Aldo Huxley sigue e seguirá sendo una utopía, un mundo sen guerras onde ser feliz consistía simplemente en ser feliz. Onte recibín un correo do meu fillo onde me transmitía a seu desasosegó cara ao seu futuro profesional. Unha preocupación que non lle pode animar moito a afrontar con certo optimismo una carreira de informática como a súa. Unha dura carreira que aínda non atopa un oco nos organigramas das empresas por culpa da mediocridade dos propios empresarios, que moitas veces, buscan incrementar os beneficios a conta da situación laboral dos traballadores. A INFORMÁTICA e unha carreira con futuro, si... pero no futuro ou lonxe do berce.
¿Como non o vai a ver negro escuro o meu fillo, se non pode aspirar a gañar moito máis do que lle envía seu pai cada mes?... e que por certo, tampouco lle chega a moito. ¿ Ou mesmo ao pensar que nunca chegará a gañar o que gaña seu pai traballando de camareiro, anque sexa en Canarias? Animo meu rei, Ti sigue estudiando e disfruta do teu tempo , que moitas veces as cousas non son como parecen, aínda poden ser peores :-) Etiquetas: Galicia, fotoblogs
11/02/2008
ZooM As maus que incharon o Río Grande de Fornelos navegan arestora polas pedras resecas e teñen os ollos todos cubertos de noite sen luz nin esperanza algunha para a deshora, cando o sismo rompa as previsións e alcance o récord do tremor sobre a códea da Terra que mancaron. As maus que daban couto ao camiño natural das augas mansas, crucifícanse en Serra Armada e piden clemencia polo estrago e a traición. Pero endexamais o gromo da cerdeira nova que a penas alcanza un metro enriba da agonía e a sobreira que deu pel para a casa de abellas e o carballo do San Ramón que case era músico e a Pedra da Laxe dos magostos e os iconos protohistóricos e o fume branco da mañá que anuncia xente en acordar e ánimas de almorzó e a figura da nai abrindo a porta do ceo para o can, as vacas, a egua, os porcos, as galiñas... de certo nunca entenderán nada do que foi culpable desta morte e non se cagan en Deus Xosé Vázquez Pintor en Banzados (I Premio Uxío Novoneira)
Etiquetas: Galiza, fotoblogs  Vázquez pintor no centro da foto, arroupado pola calor humana de Damían Paío, Xabier Parcero, Carlos Negro e Antón Lamazares. Na Solaina de Piloño, nunha tardiña desas que ensanchan o corazón dos homes. Através do maior dinamizador de AQUAM LATAM polo mundo, atopeime coa grata nova do premio da letra E da asociación de escritores galegos , a laboura de Xosé Vázquez pintor no eido das letras. Poderíamos dicir que os premios moitas veces non son xustos; unhas veces porque non se fai acopio de tal recoñecemento e outras porque quédanse curtos. Neste caso, eu daríalle ao amigo Xosé todas as letras do abecedario, polo sua laboura como escritor de poesía, teatro, ensaio, narrativa... pola súa actividade dinamizadora no mundo do teatro, Pola defensa dos valores de identidade da nosa terra através de calquer manifestación cultural que reclamase da sua presenza... e sobretodo, por algo que xamais debe quedar nun segundo plano, eses anos dedicados ao oficio de mestre. Ao millor, mira ti, é nesta silandeira actividade, no mundo da ensinanza, onde se faga merecedor, o noso amigo Xosé de tódolos premios que aínda non se criaron. Abofé que si... O día 7 de Xuño, nas terras de Melide, o sol brilará con máis intensidade que nunca para dar, se cabe, máis claridade ás ideas da tribo. O día 7 de Xuño, quen estivera alí cun sacho na man para axudarlle a plantar ese buxo ou sobreira. Estou seguro que o xosé é capaz de facer un enxerto de sobreira en Buxo para deixar deste xeito corpo e alma na memoria do tempo. Os meus parabéns, labrador de palabras, como decía onte...e amante das abellas, como digo hoxe. Etiquetas: Galiza
13/02/2008
 ZooM Nesta casa acostumamos a escribir moito das cousas que non sabemos. Coido que sempre coa sana intención de aprender a escribir e a saber un pouco das cousas. Como algo xa sabedes da minha alma taberneira quero compartir as minhas experiencias acumuladas tanto no exercicio do oficio como amante dos tenderetes. Prometo escribir máis dos placeres mundanos e profundar menos no trasteiro do ser humano :-) Os meus primeiros escarceos no mundo do Deus Baco escomenzaron, coma todos os nenos da aldea, baixo a promiscuidade do pecado. Cando na minha casa había que ir a buscar viño, aí estaba sempre eu predisposto a enfilar a toda presa ata o fondo do pasillo, que é onde estaba o lagar e os pipos do viño. Xa denantes de encher o xerro daba boa conta do néctar dos deuses, nun trago largo sen folgo propio do libro guinnes. Cando chegaba co viño de volta a cociña decía con certa sorna meu avó " límpa os bigotes, rapaz..." i eu inocentemente, coa manga do xersei limpábame ao mesmo tempo que me relamía. Este post adícollo a CaPiTuLo 0 en agradecemento por traerme até a minha diáspora tantos arrecendos primarios
Continuará... Etiquetas: Galiza, fotoblogs
14/02/2008
 ZooM Cando un cliente me pide un bon viño, teño por costume falarlle de economía. Non me chega con preguntarlle se o quere blanco ou tinto. Cáseque prefería que me dixesen " Paco quero cen euros de viño". pero bueno, teño a sorte de que o 90% dos meus clientes son coñecidos, cousa non doada nunha zoa turística e que me fai máis sinxela a tarefa de aconsellar ou sorprender. Máis difícil é ter que facer un maridaxe sen coñecer o "delincuente" anque para eso están as nosas supostas dotes de sicoloxía, din os decálogos. En canto ao viño da foto que foi un dos meus últimos descubrimentos non podo máis que quitarme o sombreiro. Os meus viños preferidos son os tintos, pero neste caso atendendo os desexos da minha compañeira que prefería un viño blanco para acompañar unha parrillada de peixe e marisco, acabei máis que satifeito. Nora da neve é un dos mellores viños blancos galegos, un viño blanco con crianza, deses oleosos que che vai marcando as olas do placer polas paredes da copa ao mesmo tempo que che deleita o paladar, non ten unha acidez pronunciada e garda como un tesouro esencias das froitas doces e maduras. Un viño que polo seu prezo, sobor dos trinta euros, está destiñado a ser partícipe dos momentos máis solemnes. Un viño que acompaña de marabilla arroces e peixes.
 Etiquetas: Galicia, fotoblogs
19/02/2008

LoS ReiNoS DeL CoNDoR
Caminar la infinita naturaleza es, de alguna manera, un retorno a la vida nómada y a las esencias poéticas del ser humano... (Román Morales, Buscando el sur , Ed. La Palma) Un home que é capaz de percorrer os once mil kilómetros que separan a costa caribeña de colombia, concretamente dende a cidade de Santa Marta que foi onde partiu, até a punta máis austral da terra, Ushuaia, no sur da Arxentina, sempre merecerá a pena escoitalo con pleitesia. O martes tiven, unha vez máis , o pracer de disfrutar da súa conversa. Forón tres horas intensas de anédoctas, de diapositivas, de aventura pura e dura ... mais que dura penso que inhumana, porque tres anos e medio á pé cruzando Colombia, Perú, Bolivia, Chile, Ecuador e Arxentina sen máis teito que o firmamento, hotel de mil estrelas como el mesmo gustaba de chamarlle, só está ao alcance duns escollidos. De feito unha das súas preocupacións cando xa estaba a piques de rematar, era o medo a non poder parar cando tocase a súa singular Fisterre. Non hai dúbida que a soedade coa que afrontou esta aventura foi o seu maior desafío, mesmo nunha das dedicatorias do seu libro "Buscando el Sur" lémbrase dos homes e mulleres de sudamérica que agardaban nas orelas dos camiños para restaurarlle os osos e o afecto, Despois da exposición tamén eu fun na procura do meu querido Sur , cheguei dúas horas tarde ao traballo, non tiña presa, pola autopista escoitaba música mentras soñaba, non quería que se diluira aquela sensación de libertade que me atrapara e me posuía ao pensar na cruel realidade dos que atrapados pola voráxine dunha sociedade consumista non temos máis camiños que os que fan as diputacións ou cabildos. Agora mesmo, Román está a escribir outro libro pois a mediados deste ano pasado, rematou outra alucinante viaxe en canoa, a través dos ríos Parana, Orinoco, Amazonas e afluentes durante dous anos e medio... non sei canto tardará en editalo, Román non atende a razóns establecidas nen mide o tempo, aborrece do nosa esclavitude moderna, prefire o "primitivismo" indíxena e a libertade da selva. ¡Chapeau, amigo guanche!
Etiquetas: Tenerife, Canarias, fotoblogs
20/02/2008
Claro que é posible fotografiar os sentimentos. Só fai falla que estes afloren e se reflexen nos ollos da xente.
Este pasado fin de semana celebraronse os carnavales no povo dos CRISTIANOS. En Tenerife son moitos os povos que teñen por costume honrar a Don Carnal unhas semanas despois de facelo a capital. Este ano propúxenme un reto, Captar o espíritu da festa e a verdade é que quedei bastante satisfeito dos resultados, sobretodo tendo en conta a dificultade de traballar sen flash, sen trípode e até a minha falta de descaro para retratar a xente descoñecida cara a cara :-) Etiquetas: Tenerife, fotoblogs
21/02/2008

ZooM Este xigante que parece que arrasa ao seu paso cunha cidade ficticia ben podera encarnar o xuíz Nelson na súa batalla contra da corrupción en Arona . APUNTE DO EDITOR: Como este home siga tirando da manta xa podo ir pensando en cambiar de traballo pois vaime deixar sen clientes :-) Pero de política xa falaremos outro día e a outra hora... Etiquetas: Tenerife, fotoblogs
22/02/2008
 ZooM Non é unha versión do 3 de Maio de Goya. A foto é unha interpretación do sonho dunha noite de Carnaval...pero non me preguntedes como coño a fixen. Só podo decir que estaba alí. Etiquetas: Tenerife, fotoblogs
24/02/2008

ZooM Na vida hai dúas cousas que son máis verdade que outras. Unha que en Canarias sempre é unha hora menos e a outra que para un español é máis barato enviar un paquete postal á Polónia ou Rumanía que á Canarias. Non, non estou de coña... Moitas empresas non queren enviar os seus productos a Canarias polo feito de ter que pagar o imposto de aduanas . Fai uns meses holfmann envioume unha nota decíndome que sentían moito non poder seguir mantendo o seu servizo de álbunes dixitais porque os gastos de envío superaban en moitos casos o valor da mercancía. Hai un mes tiven que negarme a recoller un agasallo de unha empresa coa que colaboro porque me parecía un atropelo ter que pagar os quince euros que me reclamaba correos e fai unhas semanas volvín a sofrer nas carnes un nova coitelada ao ter que enviar a nova cámara fotográfica , recén comprada, á Canon Madrid cos seus correspondentes gastos ao meu cargo... e para rematar, isto xa non ten perdón de Deus, tiven que suplicarlle a minha nai que deixase de enviarme máis chourizos do Deza e queixos de Bama porque me arruinaba.
Xa estou pensando que cando morra será mellor que me enterren en Canarias porque, tamén neste caso, os portes superarían en moito o valor do fiambre.
Etiquetas: Canarias
26/02/2008
TaNaJaRa Viños Canarios
ZooM TANAJARA 2005 O 70% da uva que se cultiva en Canarias é listán blanco, un 25% listán negro e nese resto dun 5% podemos contar ata un cento de variedades. Esto da unha idea do problema canario para intentar facer novos caldos. O caracter minifundista, aparte das súas tamén ancestrales prácticas na agricultura non axudan a pensar nun futuro doado para alcanzar maiores momentos de gloria. Mais tamén quero suliñar que hai persoas capacitadas traballando e acadando uns resultados notables. Hoxe quero compartir con todos o soño de catar este Tanajara 2005 da Illa do Hierro, e digo soño cando me gustaría decir realidade. Terei que levarme unhas botellas cando me vaia a terra, porque ninguén dos meus amigos se decide a facerme unha visita :-) Bueno, pois nese 5% temos unha uva que se chama baboso negro e do que as bodegas Tananjara do Hierro coa participación de bodegas Viñatigo da guancha, tenerife, consiguen un viño tinto que nos invita a reflexión, de que merece a pena levar a cabo esa recuperación de uvas auctótonas para seguir soñando con un futuro máis ilusionante. Parece ser que os romanos lle chamaban a esta uva "la enriscada" porque non chegaban a elas, ás veces tan só as cabras eran quenes superar os atrancos de barrancos ou peñascos. A falta de filoxera favoreceu que se conservaran tantas variedades de uvas através do tempo.
O TANAJARA 2005 é un viño pobre en sensación olorosas pero recupera alegría na boca, corto en nariz e largo en boca, para ser máis claro. Aceptables taninos, fruta madura e no que, Como cáse en todos os viños tintos canarios, a orografía volcánica da illa deixa boa identidade. Etiquetas: Canarias, fotoblogs
27/02/2008
CRuCeSaRTeHoxe tiña que falar de min pero non sei que decir... Este pasado fin de Semana celebrouse no auditorio de Vila De cruces o Festival CRUCESARTE . A xuntanza inagurouse o día 23, coa exposición de pinturas de Paco Lareo (Piloño), Armindo Iglesias (Piloño), Lucía Dubra (Carbia) e Xosé Sánchez (DORVISOU). A escultura estivo presente no acto con obras de Xosé Sexto (Loño) e Xosé Taboada (Cumeiro) e da fotografía encargouse, Paco Penas (como non, DORVISOU). Pola tardiña actuaron as bandas locais de música, primeiro fixoo a Unión Musical de Ponteledesma e despois a Artística de Merza. O Domingo, continuou o certame cultural das terras de Carbia, cos grupo de gaitas O ARCO DE Merza, PUNTEIROLO das Cruces, as corales de Cumeiro, Carbia Camanzo, o orfeón Nosa señora de Hoy-Vas, os gaiteiros de Tras Xoán de Cruces e pechou o festival Voces Da Terra xunto do Tenor Cesáreo torres (Carbia). Unha xuntanza na que tiven o pracer de participar pero non o de estar alí presente, motivos laborales non me deixaron voar. Ben que o sentín, outra vez será. Está claro, que ese rapaz da foto non son eu. É o meu querido corresponsal en Galiza, recollendo un agasallo e diploma a nome de D. Paco Penas :-). Moitas grazas a todos. Etiquetas: Galiza, fotoblogs
|
DoRViSou

 aaquier42222
Archivos
Enlaces
aNDaNDo PoLa CaSa
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|